Antonino Pío (138-161) foi unemperador romano, pertencente á dinastía doscinco bos emperadores. Sucedeu aAdriano, que o adoptara como fillo.
Con Antonino Pío, itálico de ascendencia gala, aPax Romana e a estabilidade política chegaron ao seu cumio. Antonino contaba máis de 50 anos cando accedeu á maxistratura suprema e tiña unha ampla experiencia tras unha vida dedicada ao servizo do Estado, ao longo da cal foracuestor,pretor,cónsul egobernador enItalia eAsia. Como membro doConsilium principis estivera a carón de Adriano.
Dentro das fronteiras do Imperio reinou a paz, pero non así nas fronteiras mesmas. Nun primeiro momento houbo de asulagar unha rebelión das tribos mauritanas, ás que puido rexeitar cara aoAtlas, e despois foille preciso acudir aBritania, para conter a invasión dos brigantes, unha tribo que xa causara moitas perdas aos romanos. Esta tribo, orixinariamente establecida entre os ríos Forth e Humbert, rachou despois da súa derrota, e unha rama emigrou para aIrlanda. Antonino decidiu entón de facer outra muralla ao xeito deAdriano (142), pero un pouco máis ao norte, dende oFirth of Forth aFirth of Clyde, na liña das actuais cidades deEdimburgo eGlasgow.
No ámbito interno, Antonino non foi un reformador nin se distinguiu por ser un construtor de monumentos e obras públicas. As institucións seguiron un funcionamento normal, tras as medidas tomadas polos emperadores precedentes. As iniciativas centráronse en procurar benestar para os romanos e as xentes do Imperio mediante donativos, fundacións benéficas, axudas con motivo de sinistros, acollida para os orfos, pobres etc... A sorte dos escravos mellorou dentro do que o sistema daba de si, humanizándose as súas condicións de vida.
Antonino foi tamén un bo administrador, protector da agricultura e demais actividades produtivas, tolerante en materia relixiosa se os cultos foráneos non implicaban subversión da orde establecida.
Árbore familiar Nerva–Antonina |
|---|
- (1) = primeira esposa
- (2) = segunda esposa (non mostrada)
- (3) = terceira esposa
- O púrpura escuro indicaEmperador da dinastía Nerva-Antonina; púrpura claro indica herdeiro imperial designado que nunca reinou
- liñas discontinuas indican adopción; liñas punteadas indican relacións amorosas/fóra do matrimonio
- Versaleta = deificado póstumamente (Augusti,Augustae, ou outros)
|
|