Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Antoine Watteau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntoine Watteau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Jean-Antoine WatteauEditar o valor en Wikidata
10 de outubro de 1684Editar o valor en Wikidata
Valenciennes (Reino de Francia)Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1721Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Nogent-sur-Marne (Reino de Francia)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculoseEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaÉglise Saint-Saturnin de Nogent-sur-Marne(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPinturaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoParís
Londres
ValenciennesEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor,gravador,debuxante arquitectónico,artista,artista gráfico,debuxante,artista visualEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1700Editar o valor en Wikidata- 1721Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFête galante(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
MovementoRococóEditar o valor en Wikidata
ProfesoresClaude Gillot eClaude Audran IIIEditar o valor en Wikidata
Influencias
InstrumentoMusette de cour(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Mecenasfamille Crozat(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiJean-Philippe WatteauEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDen Store Danske Encyklopædi
Enciclopedia Leksikon
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 207528BNE: XX967492Musicbrainz: 1a919252-dd1a-45a7-b2af-d4d910625a33Discogs: 1827369WikiTree: Watteau-8Editar o valor en Wikidata
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xaneiro de 2015.)
Antoine Watteau.

Jean Antoine Watteau, máis coñecido comoAntoine Watteau (10 de outubro de1684,Valenciennes -18 de xullo de1721,Nogent-sur-Marne), foi unpintor francés.

É considerado como un dos primeiros representantes do estilorococó. Inspirado nacommedia dell'Arte, gustáballe representar o mundo teatral nos seus cadros. Entre as súas obras máis célebres estánPierrot, e oEmbarque para illa de Citera (Pèlerinage à l'île de Cythère).

Unha das principais fontes sobre a súa vida é a biografía dirixida polo seu amigo oconde de Caylus.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Jean Antoine Watteau era fillo dun mestre tellador, de orixeflamenga, e membro dunha familia numerosa. Arredor dos dez anos de idade foi posto como aprendiz conJ. A. Gérin, un dos pintores de sona da cidade, de quen o museo e mais as igrexas de Valenciennes conservan obras, de valor medio, do gusto flamengo. Gérin morreu o 7 de xuño de1702. Pouco tempo despois, atopamos a Antoine enParís, desvalido e sen recursos, mais decidido a encontrar traballo. Empregado primeiro cun pintor sen clientes, Métayer, que nin o pode alimentar, pasou a traballar cun fabricante de pinturas, na ponte de Notre-Dame, que lle encargou, con outros aprendices, copiar numerosas pezas de imaxes relixiosas e cadros de xénero, especialmente unha "Vella aleixada" (Vieille Liseuse) deGerard Dou, e unSan Nicolao, moi solicitados polos devotos.

Logo de librarse desa "necesidade" que lle fornecía «tres libras por semana e a sopa de todos os días», Watteau asociouse cun pintor deAnveres,J. J. Spoede, alumno da Academia real, e conClaude Gillot, pintor, debuxante, gravador, decorador, de verba incansábel e fantasía orixinal. O acordo entre o mestre e o discípulo, tamén dotado de vivo humor, non durou moito. Porén, Watteau gardoulle sempre recoñecemento a Gillot, pois foi con Gillot, en efecto, con quen colleu gusto polas escenas de teatro, polas fantasías galantes, polos rebiricoques e os figurinos, polas mitoloxías e as enleadas nas tendencias naturais e na observación incesante das realidades da contorna, polo pracer delicado do espectáculo da vida mundana ou da rústica.

Watteau, probabelmente a través do mesmo Gillot, coñeceu aClaude III Audran, conservador do Palacio de Luxembourg, que lle encargou a decoración do castelo de Meudon (1699) e do castelo de La Muette (Gabinete do rei, ca. 1708). Nestes traballos empregou motivos exóticos e chineses. Na decoración do Hôtel de Nointel (Poulpry) utilizou escenas de galanterías xunto a motivos grotescos.

Volto a Valenciennes en 1710, dedicouse a temas militares, con matices realistas (Campo volante, 1709-10: Moscova, Museo Pushhkin). De regreso, novamente, en París, trata o sogro de Gersaint, do cal fai un retrato (Sirois sob traxe de mezzetin, 1717: Londres, Wallace Collection). Na capital dedícase outra vez aos temas teatrais do tipo dos de Gillot.

En1709 acadou o segundo posto nopremio de Roma. Tres anos máis tarde, en1712, presentouse de novo. Desta vez, a súa obra foi xulgada de tan gran calidade, que foi aceptado como membro de pleno dereito da Academia Real de Pintura e Escultura, aínda que coa influencia de La Fosse. Mais só en1717, logo de cinco anos de traballo, presentou a súa obra de ingreso, o famosoEmbarque para Citera (Pèlerinage à l'île de Cythère). A Academia creou un xénero especial para el: a «festa galante» (fête galante).
Nos anos intermedios, entre1712 e1715, frecuentou o tesoureiroPierre Crozat, o que permite ao artista estudar a súa notábel colección de debuxos de artistas flamengos. Tamén comezou a interesarse pola paisaxística (Verán, da serie deAs estacións, para Crozat, ca. 1715: Washington, National Gallery).

Nos anos últimos fixo varias viaxes, como unha aLondres en 1719, e realizou un número grande de pinturas, entre elas a segunda versión doEmbarque para Citera (1718: Berlín, Charlottenburg) e algúns nus femininos (A Toilette: Londres, Wallace Collection), retratos (Antoine Pater: Valenciennes, Musée des Beaux-Arts;Gentilhomme: París, Louvre), algunhas teas de tema relixioso, outras con amores galantes (Diversións campestres: Londres, Wallace Collection;Reunión no xardín: Berlín, Charlottenburg), e por suposto lenzos de temas teatrais (Comediantes: Nova York,Metropolitan Museum of Art;Gilles: París, Louvre).

Se ben Watteau parece condensar nos seus lenzos os espírito da Rexencia, cómpre notar que non sobreviviu aLois XIV máis de seis anos. Os máis dos seus clientes foron burgueses, banqueiros e mercadores.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Antoine WatteauModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antoine_Watteau&oldid=6771609»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp