Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Antoine Risso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntoine Risso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1777Editar o valor en Wikidata
Niza, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1845Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Niza, FranciaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria naturalEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, carcinólogo, ictiólogo, zoólogo, naturalista, entomólogoEditar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRissoEditar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRissoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata

Giuseppe Antonio Risso, coñecido comoAntoine Risso, nado enNiza (condado de Niza, nos estados daSavoia) o8 de abril de1777, e finado na mesma cidade o25 de agosto de1845 (quince anos antes da anexión aFrancia do condado de Niza —e doducado de Savoia—, que oreino de Sardeña tivo que ceder en virtude dotratado de Turín) foi unnaturalistanizardo.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Infancia e primeira xuventude

[editar |editar a fonte]

Membro dunha antiga familia docondado de Niza (Nissa Countea), pertencente ácasa de Savoia (o nome Risso está documentado desde oséculo XIV, e Antonio era da sexta xeración Risso vivente en Niza). Falaba onizardo[1] e a lingua oficial, que foi oitaliano desde1562 até1847. Durante toda a súa vida, Risso foi francés tan só desde1792 a1814, cando o condado foi invadido porFrancia.[2]

Do seu pai, Jean-Baptiste (1736-1789), que era un mestre carpinteiro e un bo burgués, herdou como único patrimonio o amor ao traballo ben feito e o exemplo dunha probidade severa. A súa nai, Thérèse Fidelle ou Fideu (1746-1791), pertencía a unha antiga familia nizarda de armadores de barcos de pesca, reconvertidos en empresarios da construción. Orfo de pai e nai, foi tío materno, André Fidel, quen o recolleu e lle dá unha sólida formación básica.[3]

Sumamente apaixonado polaHistoria natural, segue os cursos deGiovanni Battista Balbis (1765-1831) e entra aos 12 anos como aprendiz nunhafarmacia.

Risso na Niza napoleónica

[editar |editar a fonte]

O1 de outubro de1792, coa toma de Niza polas tropas francesas, Antoine, de 15 anos, entra en calidade de aprendiz no Laboratorio dos farmacéuticos e botánicos Balmossière-Chartroux pai e fillo. Os regulamentos da Universidade deTurín, de 1777, daquela vixentes no porto de Niza, como parte do Reino de Piemonte-Sardeña, obrigaban aos farmacéuticos e drogueiros "a ter un mozo de laboratorio que dose aprobado despois de sufrir un exame". Risso desempeña con grande habilidade todas as manipulacións do laboratorio, sen descoidar a asistencia a algúns cursos gratuítos e a lectura dalgúns libros cos que axudar aos seus estudos prácticos. Permanece no laboratorio 7 anos no curso dos cales foi, priomeirpo, un alumno destacado e, despois, aprobado. Augustin Balmossière-Chartroux (1729-1813), botánico distinguido (foi quen realizou o primeiro herbario da rexión nizarda contra 1780), e home político, alcalde de Niza (1800-1801) e masón, non fixo máis que estimular ao seu alumno un gusto xa afirmado pola botánica. El foi quen asinou o certificado de sufiiencia como auxiliar de farmacia, constatando a súa habilidade, asiduidade e probidade, o que lle servirá para superear o exame de farmacia o4 de novembro de1802.[2]

A partir de1799, eximido do servizo militar, Antoine Risso prosueguiu a súa formación no Hospital Militar de Niza como alumno e axudante do médico militar François-Emmanuel Fodéré (1764-1835), que ensinaba física e química experimental na Escola Central, e que foi un dos pais daMedicina Legal. Risso alcanzou no hospital a categoría de farmacéutico de 3ª clase. Ademais de traballar no Hospital Militar, despois sería xardineiro xefe da Escola Central dosAlpes Marítimos, nonivoso do ano X da República (decembro de1801, profesor de física e ciencias natuais no Liceo Imperial (hoxe "Liceo Masséna"), e na Escola Preparatoria de Medicina. Ocupouse igualmente doxardín botánico da cidade.[2]

O 15 dovendémiaire do ano XI (7 de outubro de1802), coa opinión favorábel da Facultade de Farmacia, Risso foi autorizado polaComisión Provisional de Saúde, que o goberno francés establecera en Niza, para comparecer perante ela para o seu exame como farmacéutico, o que tería lugar ennovembro de1802. O seu éxito foi eloxiado por F.-E. Fodéré, quen di que ve "o amencer dun día fermoso para a farmacia no seu país". Como farmacéutico, instalou a súa oficina na rúa de Igualdade (hoxe, Praza do Xulgado) conxugando o exercicio da profesión coa ensinanza da física e ciencias naturais no Liceo Imperial. Exerceu de farmacéutico até1826, ano en que vendeu a súa farmacia para poder dedicarse aos seus estudos favoritos.ref name=P/>

Últimos anos

[editar |editar a fonte]

Cando a morte o sorprende o25 de agosto de1845, Risso traballaba nunhaHistoire naturelle des figuiers. Por outra parte, o seu estudo sobre os cefalópodos e outros moluscos observadoss nas costas do condado de Niza sería obxecto dunha publicación póstuma, en1854.

Está inhumado no cemiterio du Château, no outeiro no que dirixiu a súa reforestación para convertelo nun xardín e darlle o seu aspecto actual. Joan Baptista Risso, o seu sobriño e herdeiro universal, fixo gravar na lápida esta inscrición:

HIC JACET
JOS: ANT: RISSO
NICAEENSIS
HISTOR: NATURA:
AMATOR
PHYSI: ET BOTANI:
ANTECESSOR
XXXI ACAD. SOCIUS
OBIIT DIE XXV AUG:
ANNO MDCCCXLV
———————
PRO DEVOTIONE
JOAN: BATISTA RISSO
EIUS NEPOS

Algunhas publicacións

[editar |editar a fonte]
  • 1810 –Ichthyologie de Nice
  • 1816 –Histoire naturelle des crustacés de la mer de Nice.
  • 1818 –Histoire naturelle des orangers (en colaboraciónn con Pierrentoine Poiteau (1766-* 1826 –Histoire naturelle des principales productions du midi de l’Europe et principalement celles de Nice (en cinco volumes con dous mapas xeolóxicos).
  • 1841 –Flore de Nice et des principales plantes exotiques naturalisées dans ses environs.

Ademais, Risso publicou varias memorias e opúsculos sobre a caprification,[4] sobre os insectos prexudiais das oliveiras ou sobre moitos outros asuntos de economía agrícola.[2]

Legado

[editar |editar a fonte]

Descubriu e clasificou unha cincuentena deespecies, ás que lles deu nomes de célebres nizardos.

Hoxe e día unha escola, un collexio e unboulevard levan o seu nome enNiza. Ademais, moitos autores denominan, en varios idiomas, aoGrampus griseus como "golfiño de Risso".

Epónimos

[editar |editar a fonte]

Epónimos

[editar |editar a fonte]
Especies vexetais

Abreviaruras

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Compan A. (1977): "Le vocabulaire niçois dans l'œuvre d'Antoine Risso".Nice Historique, Academia Nissarda, n° especial do bicentenario de Antoine Risso,1: 49-71.
  2. 2,02,12,22,3Joseph Antoine Risso, 1777-1845 en Paleopolis(enfrancés)
  3. Fighiera C. A. (1977): "L'ascendance d'Antoine Risso".Nice Historique, Academia Nissarda, n° especial do bicentenario de Antoine Risso,1: 26-48.
  4. Método para efectuar a polinización das figueiras que se usa desde hai miles de anos, e que consiste en colgar ramas de figuiera con "figos masculinos", chamados "figos de cabra" porque non son comestíbeis, cerca das figueiras de froito para que pequenas avespas femias vaian dunha planta a outra e efectúen a súa polinización.
  5. Fl. Nice214, 1844
  6. Ann. Soc. Linn. Lyon sér. 2,7: 426, in obs., 1861.
  7. Fl. Nice87, 1844.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Bibliographie d'Antoine Risso, sur paleopolis.rediris.es
  • Emig C. C. (2012): "Révision des espèces de brachiopodes décrites par A. Risso".Carnets de Géologie / Notebooks on Geology,[1]Arquivado 03 de agosto de 2020 enWayback Machine.
  • Gaston Fredj e Michel Meinardi (2007):L'Ange et l'Orchidée : Risso, Jean-Baptiste Vérany & Jean-Baptiste Barla: une lignée de savants de renommée mondiale à Nice au XIXe siècle. Nice: Serre Éditeur.ISBN 978-2-86410-490-2.
  • Monod T. & J.-C. Hureau (eds.) (1977) "Antoine Risso, 1777-1845". Volume publié à l'occasion du bicentenaire de sa naissance.Annales du Muséum d'Histoire naturelle de Nice,5, 214 p., 10 fig., 12 pl.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antoine_Risso&oldid=6241198»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp