AAntigüidade clásica localízase no momento de plenitude das civilizacións grega e romana (século V a. C. aoséculo II) ou no sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a. C. aoséculo V d. C.). O termo oponse áAntigüidade tardía e remite á herdanza dacivilización grecorromana. É, sobre todo, empregado pola historiografía anglosaxoa para describir a Antigüidade. Neste senso, considérase que este período comézase co poema grego deHomero (século VIII-VII a.C), o máis antigo atopado intacto até os nosos días. Este período abrangue o auxe docristianismo e o declive doimperio romano e remata coa disolución da cultura clásica e o principio do período denominadoAntigüidade tardía (300-600 d. C.) e daAlta Idade Media (500-1000 d.C).
A dimensión espacial coincide coaconca do Mediterráneo, espallada cara aoOriente Próximo co Imperio deAlexandre Magno e oHelenismo, e cara aEuropa Occidental coImperio Romano. O emprego deste termo é unha referencia para a Europa dos séculosXVIII eXIX, fortemente influenciada poloclasicismo, ademais doneoclasicismo na súa cultura, reiventándose unha continuación dese pasado por medio dunha prolongación indirecta. A laxitude ao redor das ideas transmitidas polo Occidente cristián é, pois, evidente.
O termoclásico significa 'digno de imitación', e derívase da admiración pola arte, a literatura e a cultura en xeral de Grecia e Roma que se redescubre noRenacemento tras unhaIdade Media cuxos valores se desprestixiaron. O mesmo aconteceu coNeoclasicismo, movemento intelectual e artístico que segue ao descubrimento das ruínas dePompeia a mediados doséculo XVIII.
Tal mostra ampla de historia e territorio cobre moitos períodos e culturas dispares. Por iso, a "Antigüidade clásica" refírese máis que nada a unha visión idealizada posterior sobre o que era esa época. A civilización dos antigos gregos foi inmensamente influente na lingua, política, sistema educativo, filosofía, ciencia, arte e arquitectura no mundo moderno, volvendo durante oRenacemento na Europa occidental e rexurdindo novamente durante varios movementosneoclásicos no século XVIII e XIX.
Así, Grecia entrou ao século IV a.C. baixo unhahexemonía espartana. Pero, para 395 a.C., os gobernantes espartanos destituíron a Lisandro do seu cargo eEsparta perdeu a súa supremacía naval.Atenas,Argos,Tebas eCorinto, os dous últimos antigos aliados espartanos, desafiaron o dominio de Esparta naguerra de Corinto que tivo un fin non concluínte no 387 a.C. Logo, os xenerais tebanosEpaminondas ePelópidas gañaron unha vitoria decisiva nabatalla de Leuctra (371 a.C.). O resultado desta batalla significou o fin da supremacía espartana e o establecemento dahexemonía tebana. Tebas procurou manter a súa posición ata que, finalmente foi eclipsada polo poder crecente doReino de Macedonia no 346 a.C.
Baixo o reinado deFilipo II (359-336 a.C.), Macedonia expandiuse aos territorios dospeonios,tracios eilirios. O fillo de Filipo,Alexandre o Grande (356-323 a.C.) logrou estender brevemente o poder de Macedonia non só sobre os estados-cidade da Grecia central, senón tamén aoimperio persa, incluíndoExipto e as terras orientais tan lonxe como os lindeiros coaIndia. Convencionalmente, o período clásico termina coa morte de Alexandre no 323 a.C. e a fragmentación do seu imperio, divido entre osDiádocos.
O período helenístico terminou co ascenso daRepública romana a un poder suprarrexional noséculo II a.C. e coa consecuente conquista de Grecia en146 a.C.
A extensión darepública romana en 218 a. C. (vermello escuro), 133 a. C. (rosado), 44 a. C. (laranxa), 14 d. C. ( amarelo), despois 14 d. C. (verde) e unha extensión máxima baixo o goberno deTraxano, 117 d. C. (verde claro).
O período republicano da Roma antiga comezou co derrocamento damonarquía romana509 a.C. e durou máis de 450 anos ata a súasubversión, por medio dunha serie de guerras civís, nunprincipado como forma de goberno e o período imperial. Durante o medio milenio da república, Roma emerxeu de ser un poder rexional noLatium a unha forza dominante en Italia e máis aló. A unificación de Italia baixo a hexemonía romana foi un proceso gradual, provocado por unha serie de conflitos no século IV e III: asguerras samnitas,guerras latinas eguerras pírricas. A vitoria romana nasguerras púnicas e nasguerras macedónicas estableceron a Roma como un poder suprarrexional para o século II a.C., seguida pola adquisición deGrecia eAsia Menor. Este incremento tremendo de poder foi acompañado por inestabilidade política e malestar social, factores que levaron áconxuración de Catilina, aguerra social e oprimeiro triunvirato. Como resultado, a república romana transformouse no imperio romano na última metade do primeiro século a.C.
A extensión do Imperio romano baixo o mandato de Traxano, 117 d.C.
Determinar o final preciso da república romana é unha tarefa de disputa para historiadores modernos;[1] Os cidadáns romanos desa época non se decataron que a república deixara de existir. Os "emperadores" temperáns dadinastía Xulio-Claudia mantiveron que ares publica aínda existía, aínda que baixo a protección dos seus poderes extraordinarios, e eventualmente retornaría á súa forma completamente republicana. O estado romano continuaba chamándose a si mesmo unres publica tanto tempo como o que mantivo olatín como idioma oficial.
Culturalmente, o Imperio romano foi significativamente helenizado, pero tamén asumiu tradicións orientais sincréticas, tales como omitraísmo, ognosticismo e, máis particularmente, ocristianismo. O imperio comezou a declinar nacrise do século III.
↑O evento preciso que sinalou a transición da República romana no imperio romano é un asunto de interpretación. Algúns historiadores propuxeron a designación deXulio César como ditador perpetuo (44 a.C.), aBatalla de Actium (2 de setembro de 31 a.C.) e a concesión de poderes extraordinarios aOctaviano por parte doSenado romano baixo oprimeiro pacto (16 de xaneiro de 27 a.C.), como candidatos para converterse no evento central definitorio.