Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Anticomunismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capa da banda deseñada propagandística "Is this tomorrow", editada en 1947 pola Catechetical Guild Educational Society.

OAnticomunismo é a oposición aocomunismo. Historicamente, a palabracomunismo foi empregada para referirse a varios tipos de organización social e os seus partidarios, mais, dende mediados doséculo XIX, a corrente dominante do comunismo no mundo foi omarxismo. O comunismo marxista conseguiu moitos máis seguidores e opoñentes que todas as demais formas de comunismo xuntas. Así mesmo, o termoanticomunismo emprégase principalmente para referirse á oposición activa ao comunismo marxista.

O marxismo, e a forma de comunismo asociado a el, acadou a súa notoriedade no século XX. O anticomunismo organizado desenvolveuse como reacción á crecente popularidade do movemento comunista, e adoptou moitas formas ao longo do século XX. Osmonárquicosconservadoreseuropeos loitaron contra a primeira onda derevolucións comunistas dende1917 a1922. Ofascismo e onazismo baseáronse nunha forma violenta de anticomunismo; incitaban o medo á revolución comunista para obter poder político, e tentaron destruír o comunismo nasegunda guerra mundial. Osnacionalistas loitaron contra os comunistas en numerosas guerras civís por todo o mundo. Tanto oconservadorismo como oliberalismo clásico conformasen gran parte das políticas exteriores anticomunistas das potencias occidentais, e dominaron o pensamento intelectual anticomunista na segunda metade do século XX.

TralaRevolución de Outubro enRusia, o comunismo marxista quedou principalmente vencellado áUnión Soviética na imaxinación pública (aínda que había moitos marxistas e comunistas que non apoiaban á Unión Soviética e as súas políticas).[1] Como resultado, o anticomunismo e a oposición á Unión Soviética fixéronse practicamente indistinguibles, especialmente en política exterior. O anticomunismo foi un elemento importante na política exterior dasPotencias do Eixo durante os anos 30 (Pacto Antikomintern) e dosEstados Unidos, oReino Unido, oXapón,Corea do Sur,Australia, oCanadá,Israel, e outros países capitalistas durante aguerra fría.

Anticomunismo democrático

[editar |editar a fonte]

Movementos liberais en contra de gobernos autoproclamados comunistas déronse en diversas partes do mundo na década dos anos80 doséculo XX aproveitado as mudanzas producidas naURSS baixo o goberno deMikhail Gorbachev, algúns deles en:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. https://archive.today/20120628234410/findarticles.com/p/articles/mi_m1510/is_1987_Fall/ai_5151511 The emerging left wing in the Soviet Union

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Anticomunismo

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Conceptos básicos
Aspectos
Variantes
Internacionais
Líderes individuais
Temas relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anticomunismo&oldid=6491142»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp