Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Antepretérito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2016.)

Oantepretérito de indicativo, oupluscuamperfecto[1], é un dos temposverbais. Caracterízase por posuírvogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior:cando cheguei á estación, xa marchara o autobús.

Valores do antepretérito de indicativo

[editar |editar a fonte]
  • De cortesía: pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente:quixera falar con vostede.
  • Estar presente en oracións desiderativas:o demo o levara!
  • Pode indicar unha acción que cumpría realizar no pasado. Tería un valor enfático:se non xantaches, xantaras.

Formas

[editar |editar a fonte]
andaravarrerapartira
andarasvarreraspartiras
andaravarrerapartira
andaramosvarreramospartiramos
andaradesvarreradespartirades
andaranvarreranpartiran

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapluscuamperfecto.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antepretérito&oldid=5633490»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp