Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Antártida

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:90°S0°L / -90,0
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía físicaAntártida
Imaxe
Tipocontinente
rexión xeográfica
Terra nullius
área continental e illas circundantes
localización xeográficaEditar o valor en Wikidata
Epónimoanti-(pt)Traducir eÁrticoEditar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorFabian Gottlieb von Bellingshausen
Edward Bransfield
Nathaniel Palmer
Mihail Petrovich Lazarev(pt)Traducir
First Russian Antarctic expedition(en)Traducir(28 de xaneiro de 1820(Xuliano))Editar o valor en Wikidata
Parte demasa de terra
Antártica (região)(pt)Traducir
TerraEditar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficahemisferio surEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión do Tratado AntárticoEditar o valor en Wikidata
Editar o valor en WikidataMapa
 90°S0°L / -90,0
Composto por
Características
Punto máis baixoFenda Subglacial Bentley(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata  (−2.555 mEditar o valor en Wikidata )
Punto máis altoMacizo VinsonEditar o valor en Wikidata  (4.892 mEditar o valor en Wikidata )
Superficie13.720.000 km²
14.000.000 km²
14.200.000 km²Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1820Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 75513
Mapa da Antártida elaborado pola CIA.
Esquema da Antártida dende oPolo Sur.

AAntártida (Gl-Antártida.oggpronunciación (axuda · info)) é uncontinente do planetaTerra, situado nohemisferio sur. Ten unha superficie de 13 209 000 km², que diminúe debido aocambio climático. Non ten unha poboación autóctona debido ás condicións climáticas. Con todo, unhas 2000 persoas pisan esa terra cada ano, entre as que se encontran científicos, técnicos, especialistas, militares e turistas.

A Antártida está atravesada por unha das maiores cordilleiras mundiais, asMontañas Transartárticas, cunha lonxitude de 3058 km e unha altura media de case 5000 metros. Estas montañas dividen o continente en dúas partes, por un lado apenínsula Antártica oupenínsula de Palmer (coñecida en Chile como Terra de O'Higgins), e pola outra banda a extensa meseta antártica.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nomeAntártida é a versiónromanizada da palabragrega compostaἀνταρκτική (antarktiké), feminino deἀνταρκτικός (antarktikos),[1] que significa "oposto aoÁrtico", termo á súa vez derivado do grego ἄρκτος (arktos) "oso/osa", pola constelación da Osa Menor, que sinala o norte, ou sexa, "oposto ao norte".[2]

Antes de adoptar as súas connotacións xeográficas actuais, o termo foi empregado para outras localizacións que podían ser definidas como "opostas ao norte". Por exemplo, a efémera colonia francesa establecida noBrasil noséculo XVI que foi denominada "France antartique".

O primeiro uso formal do nome "Antártida" (na súa formainglesa"Antarctica") como nome do continente data dos anos 1890s e é atribuída aocartógrafoescocésJohn George Bartholomew.[3]

Historia

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Lista de expedicións á Antártida.

Formouse ó separarse deGondwana, rompendo as súas últimas ligazóns con outros continentes ó formarse oEstreito de Drake que o separa deSuramérica, hai entre 30 e 35 millóns de anos.[4]

Terra Australis Incognita.

Como non hai pobos nativos da Antártida, a súa historia é a da súa exploración. É moi probable que os pobos de rexións próximas ao continente foran os primeiros en exploralo: os pobosAush daTerra do Fogo, por exemplo, falan sobre o "país do xeo", e un xefemaorí de nome Ui-Te-Rangiora tería visitado a rexión no ano 650 d.C.[5][6] No entanto, eses pobos non deixaron vestixios da súa presenza.

As primeiras expedicións documentadas comezaron noséculo XVI.Américo Vespucio relatou o rexistro visual de terras a 52°S.[7] Varias expedicións aproximáronse gradualmente ao continente sen, no entanto, ter a certeza de que se trataba realmente dun continente ou dun conxunto de illas, ata as expedicións deJames Cook, o primeiro que ocircunnavegou entre1772 e1775 sen chegar a avistala, debido ánéboa e osicebergs.[6] Nese contexto, está a estudarse a posibilidade de que fose un galego,Francisco Seyxas e Lovera o primeiro en describir illas máis abaixo do paralelo 60º S, seguindo unha obra súa datada en1690, e tras ter identificadoGabriel de Castilla no1603 territorios ao sur de América.[8]

A Antártida foi divisada en1820/1821[9] polo menos tres barcos de diferentes emblemas, capitaneados porFabian Gottlieb von Bellingshausen (Mariña Imperial Rusa),Edward Bransfield (Mariña Real Inglesa -Royal Navy-), eNathaniel Palmer (explorador deConnecticut,EEUU).[10][11]

A ocupación humana propiamente dita comezou na primeira metade doséculo XIX, cando navíosbaleeiros chegaron á rexión dasIllas Sandwich do Sur. Nesa época,James Weddell eJames Clark Ross descubriran os mares que hoxe levan os seus nomes. Este último fixo unha viaxe deexploración na cal descubriu aIlla Ross, os montesÉrebo eTerror e aTerra de Vitoria, retornando en1843.[6] O sexto e o sétimo Congreso Internacional de Xeografía, realizados en1895 e1889 respectivamente, obtivo un éxito relativo no seu chamamento á exploración do continente meridional, asinándose unha colaboración mutua deGran Bretaña eAlemaña para a exploración científica da Antártida, dando como resultado diversas expedicións ao continente co apoio e a participación de diversas nacións.[12]

A expedición liderada polo norueguésRoald Amundsen foi a primeira en chegar aopolo Sur en 1911-1912.

A principios doséculo XX, os exploradores céntranse na conquista dopolo Sur.Ernest Henry Shackleton organizou unha expedición o20 de outubro de1908, véndose obrigado a volver sen chegar ao polo. A Shackleton seguironRoald Amundsen eRobert Falcon Scott nunha verdadeira carreira, pois partiron con apenas dúas semanas de diferenza en outubro de1911 a partir daplataforma de Ross.Amundsen chegou ao polo o14 de decembro de 1911, volvendo en xaneiro. O grupo de Scott chegou ao polo o17 de xaneiro e encontrou abandeira norueguesa que deixara Amundsen. No camiño de volta, os cinco expedicionarios morreron defame efatiga.[6]

Despois da conquista do polo, quedaba aínda a fazaña de atravesar o continente de costa a costa. Shackleton asumiu a tarefa naExpedición Imperial Transantártica en1914, que non tivo éxito por unha serie de dificultades, a primeira delas foi que os barcos quedaron atrapados noxeo e afundiron.[13]

Richard Evelyn Byrd, un explorador dos Estados Unidos, foi o primeiro a sobrevoar o polo Sur o29 de novembro de1929 ao que lle seguiron diversas viaxes en avión á Antártida nos anos 30 e 40.[13] Tamén realizou extensas investigaciónsxeolóxicas ebiolóxicas. Actualmente, tras o Tratado da Antártida, moitos países manteñen bases de investigación permanente e a ocupación humana é constante.[14]

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa da Antártida.

Asimetricamente centrado arredor doPolo Sur e en boa parte ao sur docírculo polar antártico, a Antártida é o continente situado máis ao sur e rodeado poloocéano Antártico; alternativamente pode considerarse que está rodeado polas augas meridionais doPacífico, oocéano Atlántico, e oocéano Índico, ou polas augas meridionais doocéano mundial. A Antártida ten unha superficie de máis de 14 000 000km2,[15] que o converten no quinto continente máis extenso, en torno a 1,3 veces maior queEuropa. Ten 17.968km de costa, que se caracterizan principalmente pola presenza de formacións de xeo, como se mostra a continuación:

Tipos Costeiros ao redor da Antártida[16]
TipoFrecuencia
Plataforma de xeo (fronte de xeo flotante)44%
Paredes de xeo (que descansan no solo)38%
Glaciares (frontes ou paredes de xeo)13%
Rocha5%

A Antártida está dividida en dúas partes polosmontes Transantárticos preto do estreitamento entre omar de Ross e omar de Weddell. A parte occidental do mar de Weddell e a oriental do mar de Ross é denominada Antártida Occidental ou Menor, e o resto é chamado Antártida Oriental ou Maior, debido a que se corresponden aos hemisferios occidental e oriental en relación aomeridiano de Greenwich.[17]

Imaxe coloreada coa elevación do relevo.

En torno ao 98% da superficie da Antártida está cuberta polomanto de xeo antártico, unmanto de xeo que ten un espesor medio de canto menos 1,6 km, sendo o seu espesor máximo 4.776 metros.[14][18]. Esa cuberta de xeo ten un volume estimado en 25,4 millóns dekm3,[19] e nela atópase en torno do 90% do xeo do mundo (e polo tanto sobre o 70% daauga doce do mundo). Se todo o xeo antártico se derretese, o nivel do mar ascendería uns 60m.[20] Na meirande parte do interior do continente asprecipitacións son moi baixas, por debaixo dos 20 mm ao ano; nalgunhas zonas de "xeo azul" as precipitacións son menores que a perda de masa porsublimación, e polo tanto o balance local é negativo. Nosvales secos prodúcese o mesmo efecto sobre a base das rochas, provocando unha paisaxe desecada.[17]

AAntártida Occidental está cuberta polomanto de xeo da Antártida Occidental. O manto chamou recentemente a atención pola posibilidade da súa desaparición. Se se derretese, onivel do mar podería subir varios metros nuntempo xeolóxico relativamente curto, posiblemente en cuestión de séculos. Varias correntes de xeo antártico, que representan en torno ao 10% do manto de xeo, diríxense a algunha das distintas plataformas.

AAntártida Oriental está do lado do océano Índico dosmontes Transantárticos e comprende aTerra de Coats,Terra da Raíña Maud,Terra de Enderby,Terra de Mac. Robertson,Terra de Wilkes eTerra de Victoria. Toda esta rexión, agás unha pequena rexión se encontra nohemisferio oriental. A Antártida Oriental está cuberta en boa parte polomanto de xeo da Antártida Oriental.

Relevo

[editar |editar a fonte]
Montañas Tangra.
OMonte Erebus, un volcán activo naIlla Ross.

Na Antártida Oriental encóntranse osmontes Transantárticos (ou Cadea Transantártica) que se estende por 4.800 km, dende aTerra de Vitoria áTerra de Coats. Na Antártida Occidental está apenínsula Antártica, ao sur da cal se encontra oMacizo Vinson, o punto máis alto da Antártida con 4.892 m, situado nosmontes Ellsworth. A Antártida conta conmoitas outras montañas, tanto no continente como nas illas que o rodean. Situado naIlla Ross, oMonte Erebus é o volcán activo situado máis ao sur do planeta. Outro volcán coñecido encóntrase naIlla Decepción, e é famoso pola grande erupción que tivo lugar en1970. Outras erupcións menores son frecuentes e o fluxo de lava foi visto nos últimos anos. Outros volcáns durmidos poden estar potencialmente activos.[21] En2004, investigadores estadounidenses e canadenses atoparon unvolcán submarino. Probas recentes mostran que este volcán sen nome pode estar activo.[22]

Montes de maior altitude
PosiciónMonteSistemaAltitude (m)
1Macizo VinsonCordilleira Sentinel4.892
2Monte TyreeCordilleira Sentinel4.852
3Monte ShinnCordilleira Sentinel4.661
4Monte CraddockCordilleira Sentinel4.650
5Monte KirkpatrickCordilleira Raíña Alexandra4.528
6Monte MarkhamCordilleira da Raíña Elizabeth4.350
7Monte KaplanCordilleira Hughes4.230
8Monte SidleyExecutive Committee Range4.181
9Monte DickersonCordilleira Raíña Alexandra4.120
10Monte WadeMontañas do Príncipe Olav4.085

Hidrografía

[editar |editar a fonte]

A Antártida conta con máis de 145lagos que se encontran baixo a superficie de xeo continental.[23] Olago Vostok, descuberto baixo a estación rusa deVostok en1996, é o maior desteslagos subglaciais. Durante un tempo pensouse que o lago quedara selado hai de 500.000 a un millón de anos, mais un estudo recente suxire que periodicamente hai grandes fluxos de auga dun lago para outro.[24] Tamén existen algúns ríos no continente, o maior dos cales é orío Onyx, cunha lonxitude de 30 km, que desemboca nolago Vanda a 75 metros de profundidade.[25]

Hai algunhas probas, en forma detestemuños de xeo recollidos a uns 400 m por riba do nivel da auga, que indican que o lago Vostok podería albergar vidamicrobiana. A superficie conxelada do lago mostra semellanzas conEuropa, unhas das lúas deXúpiter. Se se achase vida no lago Vostok, isto podería fortalecer o argumento da posibilidade de haber vida no satélite Europa.[26].

O7 de febreiro de2008, un equipo daNASA embarcouse nunha misión aolago Untersee, na procura deextremófilos nas súas augas altamente alcalinas. Se se atoparan, estas criaturas resistentes podería reforzar o argumento da vida extraterrestre en ambientes extremadamente fríos e ricos en metano.[27]

Xeoloxía

[editar |editar a fonte]

Historia xeolóxica e paleontolóxica

[editar |editar a fonte]

Hai máis de 100 millóns de anos, a Antártida estaba unida á India, África, Australia e América do Sur, formando un supercontinente denominadoGondwana.[28] Co paso do tempo, o Gondwana dividiuse e a Antártida como é coñecida hoxe en día formouse entre hai 25 e 23 millóns de anos, ao separarse deAmérica do Sur e quedar totalmente rodeada poloocéano Antártico, deixando illado no polo sur o que actualmente é a Antártida.[29] De acordo coa teoría datectónica de placas, é doado observar que, antigamente, o continente americano e o antártico estaban unidos pola zona que conforma aTerra de Fogo, zona actualmente disgregada, e formou a denominadapenínsula Antártica.

Paleozoico (540-250 millóns de anos)

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Paleozoico.

No períodoCambriano, entre hai 540 e 250 millóns de anos, o clima deGondwana era suave. A Antártida Occidental estaba parcialmente noHemisferio Norte, e durante este período acumuláronse grandes cantidades dearenito,calcaria existo. A Antártida Oriental estaba no Ecuador, ondeinvertebrados etrilobites habitaban no fondo mariño tropical. Ao comezo do períodoDevoniano (416 millóns de anos), Gondwana estaba en latitudes máis ao sur e o clima era máis frío, aínda que se encontraronfósiles de plantas deste período.Area elimos asentáronse no que agora son osmontes Ellsworth,Horlick ePensacola. A glaciación comezou no final do período Devoniano (360 millóns de anos) movéndose en dirección aopolo Sur e o clima arrefriou, mais aínda habíaflora. Durante o períodoPermiano,pteridófitas que crecían enpantanos dominaban apaisaxe. Co tempo estes pantanos transformáronse en depósitos decarbón nosmontes Transantárticos. Un quecemento continuou no final do Permiano evolucionando para a un clima quente e seco na maior parte de Gondwana.[30]

Mesozoico (250-65 millóns de anos)

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Mesozoico.

Como resultado do quecemento continuo, entre hai 250 e 65 millóns de anos, a cobertura de xeo polar derreteuse e gran parte de Gondwana transformouse nundeserto. Na Antártida Orientalpteridospermatophytas, unha especie de pteridófita actualmente extinta, volvéronse comúns, e grandes cantidades de arenito e xisto corresponden a esta época. A península Antártica comezouse a formar durante o períodoXurásico (entre hai 206 e 146 millóns de anos), e as illas subantárticas foron emerxendo gradualmente do océano. Plantas como osxinkgos e ascicadáceas eran abundantes durante este período, así como osréptiles como oLystrosaurus. No períodoCretáceo (entre hai 146 e 65 millóns de anos), a Antártida Occidental estaba dominada porbosques deconíferas, aínda que asnotofagáceas comezaran a dominar no final deste período. Osamonites eran comúns nos mares que rodeaban a Antártida, e tamén habíadinosauros, aínda que tan só se teñen atopado dúas especies antárticas ata o momento: oCriolofosaurus e oAntarctopelta. Foi durante ese período cando Gondwana comezou a separarse.[30]

División de Gondwana (160–23 millóns de anos)

[editar |editar a fonte]

África separouse da Antártida hai en torno uns 160 millóns de anos, seguida polosubcontinente indio a principios do Cretáceo (aproximadamente hai 125 millóns de anos). Hai 65 millóns de anos, a Antártida (aínda conectada aAustralia) tiña un clima entretropical esubtropical, unido a unha fauna demarsupiais. Hai 40 millóns de anos, Australia xunto conNova Guinea separouse da Antártida e o xeo comezou a aparecer. Hai en torno 23 millóns de anos, xurdiu apasaxe de Drake entre a Antártida eAmérica do Sur, facendo posible a aparición daCorrente Circumpolar Antártica.[29]

Neoxeno (23–0,05 millóns de anos)

[editar |editar a fonte]

O xeo propagouse, substituíndo os bosques que cubrían o continente, que está cuberto de xeo desde hai 15 millóns de anos.[31]

Períodos temperados intermitentes permitiron aos arbustos deNothofagus medrar no grupo Sirius noDominion Range hai en torno 3 ou 4 millóns de anos.[32] Despois disto, a idade do xeo doplistoceno cubriu a totalidade do continente e destruíu todas as plantas maiores que había nel.[33]

Xeoloxía actual

[editar |editar a fonte]
A Antártida sen a súa cobertura de xeo. (Ese mapa non considera que o nivel do mar e do continente se elevarían ao se derreter o xeo).

Os estudos xeolóxicos da Antártida foron dificultados polo feito de que case todo o continente está cuberto permanentemente por unha grosa capa de xeo. Non obstante, novas técnicas como ateledetección comezaron a revelar as estruturas por debaixo do xeo.[34]

Xeoloxicamente, a Antártida Occidental aseméllase aosAndes.[30] A península Antártica foi formada pola elevación e ometamorfismo de sedimentos do leito mariño durante o final da eraMesozoica. Esta elevación de sedimentos foi acompañada de intrusiónsígneas evulcanismo. As rochas máis comúns na Antártida Occidental son aandesita e ariolita formadas durante o períodoXurásico. Hai evidencias devulcanismo, mesmo despois da formación do manto de xeo, naTerra de Marie Byrd e naIlla Alexandre I. A única área atípica da Antártida Occidental é a dos montes Ellsworth, a rexión onde aestratigrafía é máis parecida coa da parte oriental do continente.[35]

A Antártida Oriental é xeoloxicamente moi antiga, datando doPrecámbrico, con algunhas rochas formadas hai máis de 3.000 millóns de anos. Está formada por unha plataformametamórfica eígnea que é a base doescudo continental. Enriba desta base hai varias rochas máis modernas, como arenito, calcaria, carbón e xisto, depositadas durante os períodos Devoniano e Xurásico para formar os Montes Transantárcticos. En áreas costeiras como acordilleira Shackleton e aTerra de Vitoria encontráronse algunhasfallas xeolóxicas.[35]

O principal recursomineral coñecido no continente é ocarbón.[31] Inicialmente, foi encontrado porFrank Wild preto doglaciar Beardmore na expedición de Nimrod, e coñécese a existencia de carbón de baixa calidade en moitas partes dos Montes Transantárticos. Asmontañas Príncipe Charles contan con depósitos significativos deferro. Os recursos máis valiosos da Antártida, localizados ao longo do continente, son campospetrolíferos e degas natural, atopados no mar de Ross en1973. A explotación de todos os recursos minerais está prohibida poloProtocolo de Protección Ambiental do Tratado da Antártica.[36] Ata o 2048, tal prohibición só poderá ser revogada ou alterada pola aprobación unánime dos países consultores do Tratado Antártico e despois do estabelecemento dun réxime legal para a explotación.[37]

Clima

[editar |editar a fonte]
Temperatura da superficie antártica no inverno e no verán.
Precipitacións anuais en mm, as áreas rosa escuro indican nulas ou moi escasas precipitacións; ou sexa, un deserto nival no centro do continente.

A Antártida é o continente máis frío e seco da Terra, un grandeserto nival. A precipitación media anual está entre os 30 e os 70mm.[5] As frontes de nubes raramente penetran no interior do continente, facendo do centro unha rexión fría e seca. As fortes nevaradas son frecuentes na parte costeira do continente, onde se teñen rexistrado nevaradas de 1,22 metros en 48 horas.

Atemperatura media do continente é de -17°C, e a máis baixa rexistrouse na estación rusa de Vostok o21 de xullo de1983, con -89,2 °C, sendo ademais a temperatura máis baixa rexistrada na superficie terrestre.[38][39] Por causa da influencia das correntes mariñas, as zonas costeiras presentan temperaturas máis suaves, cunha media anual de -10 °C (con valores entre 10 °C no verán e -40 °C no inverno). Por outra banda, no interior do continente, a media anual é de -30 °C, con temperaturas variando entre os -30 °C no verán ata temperaturas por debaixo dos -80 °C no inverno (tense rexistrado ata 89,2 °C)[40]. Estas baixas temperaturas débense non soamente á súa localización xeográfica na zona polar, mais tamén á súa elevada altitude media e á pouca radiación solar que recibe a rexión. Ademais, entre o 80 e o 90 % da radiación que recibe a Antártida é reflectida polo xeo novamente ao espazo, evitando o quecemento da superficie polar.[41] Polo contrario, a temperatura máis cálida foi rexistrada na estación neozelandesa deVanda, en xaneiro de1974, cando o termómetro ascendeu ata os +15 °C.[39][42] A Antártida Oriental é máis fría que a Occidental debido á súa maior elevación.

A Antártida é máis fría que oÁrtico por tres razóns. A primeira é que a maior parte do continente se encontra a máis de 3.000 m sobre o nivel do mar, e a temperatura descende coa elevación natroposfera. En segundo lugar, oocéano Ártico cobre a zona polar setentrional: a temperatura relativamente suave do océano transfírese pola bolsa de xeo e evita que as temperaturas nas rexións árticas cheguen aos valores extremos da superficie antártica. Debido á latitude prodúcense longos días de constante escuridade ou constante luz que crean climas descoñecidos para os seres humanos en boa parte do mundo.[41] A terceira razón é oafelio de xullo (isto é, a Terra está máis lonxe do Sol durante o inverno antártico), e o perihelio de xaneiro (isto é, a Terra está máis cerca do Sol durante o verán antártico). A distancia orbital contribúe a un inverno antártico máis frío (e a un verán máis cálido) mais os primeiros dous efectos teñen un maior impacto.[43]

A Antártida é considerada o lugar máis ventoso do planeta, aínda que as velocidades puntuais máis fortes prodúcense nos tornados deNorteamérica.[44][45] No bordo do continente, osventos catabáricos dameseta antártica sopran con forza, rexistrándose ventos superiores aos 200 km/h, sendo a velocidade media nestas rexións de 100 km/h e chegando a superar os 320 km/h.[46][40] No interior, con todo, os ventos adoitan ser moderados.[47]

Durante o verán, o continente ten unha superficie de 14 millóns de quilómetros cadrados, mais no inverno o mar que rodea o continente conxélase e a súa superficie chega aos 30 millóns de quilómetros cadrados, o que o converte no cuarto continente en extensión. Esta característica que se repite anualmente co cambio de estacións fixo que se denominase a Antártida, o "Continente pulsante".

En pleno verán, os días na Antártida teñen luz case as 24 horas do día, mais no inverno, os días permanecen nunha prolongada escuridade. Isto débese a que o eixe de rotación da Terra está inclinado en relación ao plano da órbita da Terra ao redor do Sol. Durante os días despexados do verán chega á superficie antártica máisradiación solar no Polo Sur que noecuador debido ás 24 horas de luz solar que se dan no Polo.[15]

Aaurora austral, coñecida como as "luces do sur", é un brillo observado durante a noite preto do Polo Sur, producida cando unha exección de masa solar choca co polo sur da magnetosfera terrestre. Outro acontecemento é opo de diamante, unhaborraxeira composta de pequenos cristais de xeo. Fórmase xeralmente en ceos despexados, polo que se refire a el como precipitación de ceo despexado. Falsos soles, brillos formados pola reflexión da luz solar en cristais de xeo, coñecidos comoparhelio, son unha manifestación óptica atmosférica común.[18]

Biodiversidade

[editar |editar a fonte]

Flora

[editar |editar a fonte]
Coñécense aproximadamente 400 especies deliques na Antártida.

Por causa das condicións extremas do clima da Antártida, no continente hai pouca vexetación. As principais dificultades para o crecemento de vexetais na Antártida son os fortesventos, o pequeno espesor do solo e a limitada cantidade de luz solar durante o inverno.

Por iso, a variedade de especies de plantas na superficie limítase a plantas "inferiores", comomusgos ehepáticas. Ademais hai unha comunidadeautotrófica formada porprotistas. A flora continental consiste enliques,briófitas,algas efungos. O crecemento e a reprodución prodúcense xeralmente no verán.[48][49]

Hai máis de 200 especies de liques e aproximadamente 50 especies debriófitas, tales como os musgos. No continente existen 700 especies de algas, a maioría das cales forman ofitoplancto.[48] Asdiatomeas e algas da neve, algas microscópicas que crecen na neve e no xeo dándolles cor, son abundantes nas rexións costeiras durante o verán.[50] Non hai máis que dúas especies de plantas vasculares con flores que medran só na Península Antártica:Deschampsia antarctica eColobanthus quitensis.[48]

Fauna

[editar |editar a fonte]
Pingüín emperador noMar de Ross (Antártida).

Na Antártida viven poucosvertebrados terrestres.[51] A vida invertebrada inclúeácaros microscópicos como oAlaskozetes antarcticus,piollos,nematodos,tardígrados,rotíferos,krill ecolémbolos. OmosquitoBelgica antarctica, de ata 6 mm de tamaño, é o maior animal puramente terrestre da Antártida.[52] Opetrel branco é un dos tres paxaros que se atopan exclusivamente na Antártida.[53]

A fauna dos mares en torno á Antártida é bastante rica. Está composta por unha gran variedade de invertebrados comoesponxas,[54]anemones,estrelamares eourizos de mar,[55]anélidos,crustáceos emoluscos e entre os máis comúns están oisópodeGlyptonotus antarticus e o moluscoNacella concinna, común nas zonas costeiras. As condicións ambientais afectan ao crecemento e á reprodución deses animais, que se fan maiores e medran máis lentamente, reproducíndose de forma máis lenta que os seus conxéneres de rexións quentes.[29]

Existe tamén unha gran variedade de animais mariños que dependen, directa ou indirectamente, dofitoplancto. A vida mariña da Antártida inclúepingüíns,baleas azuis,candorcas,luras colosais elobos mariños. Opingüín emperador é o único pingüín que se reproduce durante o inverno antártico, mentres que opingüín de Adelia reprodúcese máis ao sur que calquera outro. Opingüín saltador da rocha ten unhas plumas distintivas ao redor dos ollos, o que lle dá a aparencia de pestanas elaboradas. Opingüín rei, opingüín de barbicha e opingüín gentoo tamén se reproducen na Antártida.

Olobo mariño antártico foi vítima da caza masiva nosséculos XVIII eXIX polos cazadores de focas dos Estados Unidos e o Reino Unido, que querían as súas peles. Afoca de Weddell, recibe o seu nome en honra aSir James Weddell, comandante das expedicións que realizaron os británicos na procura de peles polomar de Weddell. Okrill antártico, que congrega grandescardumes, é aespecie chave doecosistema doocéano Antártico, e é un organismo importante para a alimentación de baleas, focas,leopardos mariños, lobos mariños,luras,blénidos, pingüíns,albatros e moitas outras aves.[56]

Durante oAno Polar Internacional, iniciouse un censo da vida mariña no que participaron uns 500 investigadores e que se publicou en2010. A investigación forma parte doCenso de Vida Mariña global (CoML) e permitiu algúns descubrimentos notables. Máis de 235 organismos mariños viven nas dúas rexións polares, cunha distancia entre ambas de 12.000 km. Os animais grandes, como algúns cetáceos e os paxaros, fan a viaxe de ida e volta anualmente. Máis sorprendentes son as formas pequenas de vida como ocogombro de mar e algúns moluscos que se poden atopar nos dous océanos polares. Diversos factores poden axudar nesta distribución: temperaturas bastante uniformes do fondo oceánico nos polos e no ecuador que non difiren en máis de 5 °C, e os sistemas principais actuais oucirculación termohalina que transporta ovos e larvas.[57]

Política

[editar |editar a fonte]

Como único continente inhabitado, a Antártida non ten ningún goberno e non pertence a ningún país. Varios países reivindican áreas, mais estas reivindicacións non son recoñecidas por outros. A área situada entre os 90°O e os 150°O é a única parte da Antártida e da Terra que non é reivindicada por ningún país.[58]

Tratado Antártico

[editar |editar a fonte]
Emblema do Tratado Antártico dende 2002.

OTratado Antártico é un documento asinado o1 de decembro de1959 na cidade deWashington, D.C. polos países que reclamaban a posesión de partes do continente antártico, no que se comprometen a suspender as súas pretensións por un período indefinido, permitindo a liberdade de exploración científica do continente, en réxime de cooperación internacional.[59] O Tratado Antártico entrou en vigor o23 de xuño de1961. O Tratado considera dous tipos de membros: osconsultivos ou de pleno dereito (con voz, voto e veto na toma de decisións vinculadas ao espazo austral) e os membrosnon consultivos, ou "adheridos", nomeados tamén "observadores" (que só teñen o dereito de opinar).

Dende1959, as reivindicacións na Antártida están suspendidas e o continente é considerado politicamente neutral. A súa situación está regulada polo Tratado Antártico e outros acordos relacionados, chamados no seu conxuntoSistema do Tratado Antártico.[60] Para os efectos do Sistema de Tratados, a Antártida está definida como toda a terra e plataformas de xeo en torno dos 60°S. O tratado foi asinado por 12 países, incluíndo aUnión Soviética e osEstados Unidos. Este tratado transformou a Antártida nunha área de preservación científica, estabeleceu a liberdade de investigación científica, a protección ambiental e prohibiu os exercicios militares no continente. Este foi o primeiro acordo para o control de armas estabelecido durante aguerra fría.[59]

O Tratado Antártico prohibe calquera tipo de operación militar na Antártida, tales como o estabelecemento de bases e fortificacións militares, ou a proba de calquera tipo de arma. O persoal e o equipamento militar está permitido unicamente para a investigación científica ou para outros fins pacíficos.[61] A única operación militar en grande escala documentada foi aOperación 90, emprendida polas forzas armadas arxentinas dez anos antes de se asinar o Tratado.[62]

En1983, os países que asinaron o Tratado Antártico comezaron as negociacións para regular a actividade mineira no continente.[63] Unha coalición de organismos internacionais puxo en marcha unha campaña de presión pública para evitar a explotación mineira na rexión, dirixida principalmente porGreenpeace, que estableceu a súa propia base científica (World Park Base) na rexión do Mar Ross e dirixiu expedicións anuais para documentar os efectos ambientais dos humanos no continente.[64][65][66][67] En1988 foi adoptada a Convención para a Regulación dos Recursos Minerais Antárticos (Convention on the Regulation of Antarctic Mineral Resources, CRAMRA).[68] Ao ano seguinte, con todo, Australia e Francia anunciaron que non ratificarían a convención, derrubando todas as tentativas e propósitos. Porén, propuxeron un réxime global para protexer a Antártida no seu lugar.[69] O Protocolo sobre Proteccíón Ambiental do Tratado Antártico (tamén coñecido como 'Protocolo de Madrid') foi negociado e o14 de xaneiro de1998 entrou en vigor.[69][70] O 'Protocolo de Madrid' prohibe toda actividade mineira na Antártida, designando o continente como unha "reserva natural consagrada á paz e á ciencia".

Países que reclaman posesións

[editar |editar a fonte]

Sete dos estados membros consultivos do Tratado Antártico manteñen reclamacións sobre sectores do territorio antártico. Como consecuencia da firma do tratado, existe unha virtual «conxelación» dos litixios antárticos por causa da prohibición de actividades militares non vinculadas á investigación científica, o que eliminou o perigo de incidentes e guerras, xunto co espírito de cooperación e entendemento. Mentres estea en vixencia o tratado, as reclamacións de soberanía territorial sobre a Antártida que foron feitas antes da sinatura do mesmo manterán a súa vixencia, mais non poden ser ampliadas nin se permiten novas reclamacións de soberanía. O tratado menciónaas, mais non as recoñece nin as rexeita, conservándose os dereitos de todas as partes.

Os seguintes países posúen reivindicacións territoriais na Antártida.[17]

DataPaísTerritorioComentariosLímitesMapa
1908Reino UnidoReino UnidoTerritorio Antártico BritánicoÉ reclamada como territorio de ultramar e está totalmente superposto á reclamación arxentina e parcialmente á chilena. Os seus límites actuais foron fixados en1962.20° O a 80° O
1923Nova ZelandiaNova ZelandiaDependencia de RossReclamación como territorio dependente de Nova Zelandia.150° O a 160° L
1924FranciaTerra AdeliaA reclama como un dos catro distritos dasTerras Austrais e Antárticas Francesas.142°2′ L a 136°11′ L
1929NoruegaNoruegaIlla Pedro I68°51′00″S90°35′00″O / -68.85000,-90.58333
1933AustraliaAustraliaAustraliaTerritorio Antártico AustralianoÉ reclamado como un dos sete territorios externos de Australia.160° L a 142°2′ L e
136°11′ L a 44°38′ L
1939NoruegaNoruegaTerra da Raíña MaudNon ten límites definidos ao norte nin ao sur, enténdese xeralmente que só reclamou a costa para protexer os seus dereitos na caza debaleas.44°38′ L a 20° O
1940ChileTerritorio Chileno AntárticoFoi delimitado en1940, mais non conta con límite ao norte. Correspóndese coa comunaAntártica, unha das dúas comunas daProvincia Antártica Chilena,XII Rexión de Magallanes e Antártica Chilena. Está superposto parcialmente coa reclamación arxentina e a británica.53° O a 90° O
1943ArxentinaAntártida ArxentinaForma un dos 4 departamentos daProvincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur, agás asillas Orcadas do Sur, que integran odepartamento Illas do Atlántico Sur desa provincia. A reclamación foi delimitada en1942 e superponse parcialmente coa chilena e totalmente coa británica.25° O a 74° O
-NingúnTerra de Marie Byrd
(territorio non reclamado)
Non inclúe aIlla de Pedro I, reclamada porNoruega.90° O a 150° O

AAlemaña nazi tamén mantivo unha reivindicación sobre unha parte do territorio antártico chamadaNova Suabia, entre1939 e1945. Os territorios reclamados por Alemaña estaban situados entre os 20°L e 10°O, superpoñéndose á reivindicación norueguesa.[29]

As reclamacións da Arxentina, Chile e o Reino Unido coinciden, o que causou friccións entre os países. O18 de decembro de2012, aForeign and Commonwealth Office británica nomeou unha área sen nomeTerra da Raíña Isabel como homenaxe aoxubileu de diamante da raíñaIsabel II.[71] O22 de decembro de 2012, o embaixador do Reino Unido na Arxentina, John Freeman, foi reclamado polo goberno arxentino como protesta contra a reclamación.[72] As relacións británico-arxentinas xa se foran danando durante o 2012 debido ás disputas sobre a soberanía dasIllas Malvinas, e o 30 aniversario daguerra das Malvinas.

As áreas que se mostran como reclamacións australianas e neozelandesas eran territorios británicos ata lles seren entregados trala independencia dos dous estados oceánicos. Australia reclama actualmente a área maior (42% do continente).[29] As reclamacións do Reino Unido, Australia, Nova Zelandia, Francia e Noruega están recoñecidas polos demais. Arxentina e Chile tamén recoñecen mutuamente os seus dereitos antárticos, sen establecer o límite común e denominan ao conxunto dos seus territorios antárticos como Antártida Suramericana. Pola súa banda, Estados Unidos e Rusia rexeitan calquera reclamación territorial, mais no momento de asinar o tratado reserváronse o dereito de facelo en caso de que outros estados intenten facer efectivas as súas.

Por outra banda, existen outros países que participan como membros do Tratado Antártico e que teñen interese polo continente antártico, mais as disposicións do Tratado non lles permite facer as súas reclamacións mentres estea en vigor.[73][74]

  • Brasil ten designada unha 'zona de interese' que non é unha reclamación actual.[75]
  • Perú reservou formalmente o seu dereito de facer unha reclamación.[73][74]
  • RusiaRusia herdou o dereito daUnión Soviética para reclamar territorio en virtude do Tratado Antártico orixinal.[76] Ademais reservouse o dereito de reclamar os «territorios descubertos polos rusos» que poden corresponder ao conxunto do continente.
  • SudáfricaSuráfrica reservou formalmente o seu dereito de facer unha reclamación.[73][74]
  • Estados Unidos de AméricaEstados Unidos reservou o seu dereito de facer unha reclamación no Tratado Antártico orixinal.[76]
  • EspañaEspaña reservou formalmente o seu dereito de presentar unha reclamación sobre o territorio.
  • BélxicaBélxica resérvase o dereito de facer unha reclamación se outros países cuestionan o acordo internacional do1 de decembro de1959.

Non obstante, ningunha das reivindicacións antárticas é recoñecida pola comunidade internacional. Nos termos do Artigo IV do Tratado Antártico, que regula as actividades humanas ao sur do paralelo 60°S, ningunha actividade durante a vixencia do Tratado pode ser considerada recoñecemento, reforzo ou negación das reivindicacións territoriais.[59]

Presenza humana

[editar |editar a fonte]

Demografía

[editar |editar a fonte]

Aínda que a Antártida non ten unha poboación permanente, algúns gobernos manteñen estacións de investigación permanentes en todo o continente. A poboación de científicos no continente e as illas subantárticas varía entre os 4.000 do verán e os 1.000 do inverno. Moitas destas estacións manteñen persoal durante todo o ano.[14] Adensidade de poboación oscila polo tanto entre os 0,00007 habitantes/km² e os 0,00035 habitantes/km² ao longo do ano. UnhaIgrexa ortodoxa, aIgrexa da Trindade, aberta en2004 na estación rusa deBellingshausen está aberta tamén todo o ano por dous sacerdotes, que se rotan de xeito similar cada ano.[77][78]

Os primeiros habitantes semipermanentes das áreas subantárticas eranmariñeiros procedentes deInglaterra e osEstados Unidos que acostumaban pasar un ano ou máis enXeorxia do Sur, desde1786. Durante a era dacaza de baleas, que durou ata1966, a poboación da illa variaba de 1.000 no verán (ou 2.000 algúns anos) a duascentas no inverno. A maioría dos baleeiros erannoruegueses, cunha crecente proporción de británicos. Os asentamentos incluíanGrytviken,Leith Harbour,King Edward Point,Stromness Harbour,Husvik Harbour,Prince Olav Harbour,Ocean Harbour eGodthul.[79]

Os administradores e outros oficiais encargados das estacións baleeiras moitas veces vivían coas súas familias. Entre eles estaba o fundador de Grytviken, o capitánCarl Anton Larsen, un importante baleeiro noruegués e explorador que adoptou a cidadanía británica en1910 xunto coa súa familia. No entanto, despois do final da caza de baleas na década de 1960, a poboación reduciuse drasticamente a menos de cen persoas.[79]

Museo dePort Lockroy.

A primeira persoa nada na rexión polar austral foi unha nena norueguesa,Solveig Gunbjörg Jacobsen, que naceu o8 de outubro de1913 na cidade de Grytviken, e cuxo nacemento foi rexistrado polo maxistrado británico residente na illa de Xeorxia do Sur. Solveig era filla de Fridthjof Jacobsen, administrador asistente da estación baleeira, e de Klara Olette Jacobsen. Jacobsen chegou á illa en 1904 para converterse en administrador de Grytviken, servindo de1914 a1921; dous dos seus fillos naceron na illa.[79]

Emilio Marcos de Palma foi o primeiro neno en nacer ao sur do paralelo 60 (o límite continental de acordo co Tratado Antártico),[80] así como o primeiro en nacer no continente antártico, concretamente na base arxentina deEsperanza (na punta da península antártica) en1978.[81][82] Seus pais foran enviados á Antártida xunto con outras sete familias polo goberno arxentino para determinar se a vida en familia era posible no continente. En1984, Juan Pablo Camacho naceu na base do Presidente Eduardo Frei Montalva, sendo o primeiro chileno nado na Antártica. Diversas bases son agora o fogar de familias con nenos que van aescolas en estacións.[83] En2009, once nenos máis naceron na Antártida (ao sur do paralelo 60): oito en Base Esperanza[84] e tres naBase Presidente Eduardo Frei Montalva.[85]

Investigación

[editar |editar a fonte]
Na Antártida existen diversas bases, permanentes, como aestación de investigación Concordia,[86] ou temporais. Países con estacións permanentes:Alemaña -Arxentina -Australia -Brasil -Chile -China -EUA -Francia -India -Xapón -Nova Zelandia -Polonia -Reino Unido -Rusia -Suráfrica -Uruguai
Países con estacións temporais:Bélxica -Bulgaria -España -Finlandia -Italia -Corea do Sur -Suecia

Meteoritos

[editar |editar a fonte]
Meteorito antártico, chamadoALH84001, procedente deMarte.

Osmeteoritos que caen na Antártida son unha importante área de estudo do material formado nos inicios dosistema solar, moitos dos cales se cre proveñen deasteroides, mais algúns puideron orixinarse enplanetas maiores. O primeiro meteorito foi atopado en1912 e foi designadoAdelie Land. En1969, unha expediciónxaponesa descubriu nove meteoritos. A maioría deles caeran sobre o manto de xeo nos últimos millóns de anos. O movemento do manto de xeo tende a concentrar os meteoritos en lugares inaccesibles como cadeas montañosas, coaerosión eólica levándoos á superficie despois de séculos baixo as nevaradas acumuladas. Comparado con meteoritos recollidos en rexións máis temperadas da Terra, os meteoritos antárticos están mellor conservados.[87]

Esta gran colección de meteoritos permite unha mellor comprensión da abundancia de tipos de meteoritos no sistema solar e como os meteoritos se relación con asteroides ecometas. Novos tipos de meteoritos emeteoros raros teñen sido encontrados na Antártida, entre eles hai pezas procedentes daLúa, e probablemente deMarte, a través de impactos. Eses exemplares, especialmente oALH84001 descuberto polaANSMET, están no centro da polémica sobre posibles evidencias devida microbiana en Marte. Como os meteoritos no espazo absorben e rexistran aradiación cósmica, o tempo transcorrido desde que o meteorito chegou áTerra pode ser determinado a partir de estudos de laboratorio. O tempo transcorrido desde a caída, ou idade de residencia terrestre dun meteorito, representa máis información que pode ser útil en estudos ambientais dos mantos de xeo antártico.[87]

En2006, un equipo de investigadores daUniversidade do Estado de Ohio empregou medicións degravidade por satélitesGRACE daNASA para descubrir os 480 km de lonxitude doCráter da Terra de Wilkes, que probablemente se formou hai cerca de 250 millóns de anos.[88]

Erupción volcánica

[editar |editar a fonte]

En xaneiro de2008, científicos daBritish Antarctic Survey (BAS), liderados por Hugh Corr e David Vaughan, relataron na revistaNature Geoscience que hai 2.200 anos unvolcán entrou enerupción baixo o manto de xeo da Antártida (baseándose na toma de imaxes aéreas deradar). Foi a maior erupción na Antártida nos últimos 10.000 anos e as cinzas volcánicas foron atopadas depositadas na superficie do xeo baixo asMontañas Hudson, preto doGlaciar de Pine Island.[89]

Economía

[editar |editar a fonte]

Actualmente non hai actividade económica na Antártida, agás a pesca ao longo da costa e o turismo en pequena escala, ambos con base fóra da Antártida. Odólar antártico, un obxecto de colección vendido nos Estados Unidos e o Canadá, non ten valor legal nin na Antártida nin en ningún país.

Pesca

[editar |editar a fonte]

A actividade primaria básica é a captura e comercio de peixe. A pesca antártica entre 2000 e 2001 chegou ás 112.934toneladas.[14] A pesca na Antártida en19981999 (1 de xullo -30 de xuño) reportou 119.898 toneladas. A pesca non regulamentada desembarcou de cinco a seis veces máis que a regulada, e a pesca presuntamente ilegal nas augas antárticas en1998 deu como resultado a incautación (por Francia e Australia) de polo menos oito barcos de pesca.

Recursos industriais

[editar |editar a fonte]
A vertedura de residuos en Bellingshausen, unha Base Rusa na Illa do Rei Xurxo, demostrou a necesidade dunha regulación ambiental na Antártida.

Estudos xeolóxicos detallados revelaron a presenza de numerosos recursos mineiros no continente. Tense verificado a existencia decarbón no continente. Os Montes Transantárticos conteñen parte do que pode ser o manto carbonífero maior do mundo e pénsase que nos montes Príncipe Carlos (preto da costa da Antártida Oriental) existen grandes reservas deferro. Ademais de carbón e ferro, estímase que baixo o xeo antártico existen reservas depetróleo, principalmente nas zonas costeiras da Antártida Occidental, de preto de 48.000 millóns de barrís, así como importantes cantidades decobre,ouro,uranio e outros minerais como oantimonio ou omolibdeno, aínda que en cantidades moi pequenas para a súa explotación.[14] Asemade existen enormes depósitos degas baixo oMar de Ross. OProtocolo de Protección Ambiental para o Tratado da Antártida (ou Protocolo de Madrid) de1991 tamén restrinxe disputas por recursos. En1998 estabeleceuse un compromiso pola prohibición da minería por 50 anos ata o ano 2048, e decidiuse o desenvolvemento económico e a exploración máis limitados.[36]

Hannah Point, un dos destinos turísticos máis populares da Antártida.

Turismo

[editar |editar a fonte]

O "turismo de expedición" a pequena escala existe na Antártida dende1957 e actualmente é obxecto das disposición do Tratado Antártico e o Protocolo Ambiental, mais en efecto autorregulado polaAsociación Internacional das Operadoras de Turismo Antártico (IAATO, eninglés). Non obstante non todas as embarcacións asociadas ao turismo antártico son membros da IAATO,[90] mais os membros da IAATO representan o 95% da actividade turística. A viaxe desenvólvese principalmente en barcos de tamaño pequeno ou mediano, centrándose en localizacións específicas con altas concentracións da fauna emblemática. Un total de 27.950 turistas visitou a Antártida no verán austral de2004-05,[91] e 37.506 durante o verán austral de200607, case todos eles procedentes de buques comerciais. Prevese que o número aumente a máis de 80.000 para o 2010.[92][93]

Houbo algunhas preocupacións recentes sobre os efectos ambientais causados pola afluencia de visitantes. Ecoloxistas e científicos fixeron un chamamento para a imposición de maiores restricións aos barcos e ao turismo.[94] A principal resposta dos membros doTratado Antártico foi o de desenvolver, a través do seu Comité para a Protección Medioambiental e en colaboración coa IAATO, as "directrices de uso do sitio" o establecemento de límites de aterraxe e restricións ou o peche nos sitios máis visitados. Había voos que sobrevoaban a Antártida (sen aterrar) que operaban en Australia e Nova Zelandia ata o fatal accidente doVoo 901 de Air New Zealand de1979 no Monte Erebus, no que morreron os 257 pasaxeiros.Qantas retomou os voos comerciais á Antártida a mediados dos '90.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Liddell, Henry George; Scott, Robert. Crane, Gregory R., ed."A Greek–English Lexicon - Antarktikos". Perseus Digital Library. Tufts University. Consultado o 18 de novembro de 2011. 
  2. Hince, Bernadette (2000).The Antarctic Dictionary. CSIRO Publishing. p. 6.ISBN 978-0-9577471-1-1. 
  3. John George Bartholomew e o nome da Antártida, CAIRT Issue 13, National Library of Scotland, xullo de 2008, ISSN 1477-4186, e tamén"The Bartholomew Archive". 
  4. https://www.divulgameteo.es/fotos/lecturas/Criosfera-CC.pdf
  5. 5,05,1Irina Izaguirre; Gabriela Mataloni (2000).Antártida, descubriendo el continente blanco. S. C. de Bariloche: Ediciones Caleuche. p. 24.ISBN 950-9681-95-4. 
  6. 6,06,16,26,3Roland Huntford (2002).O último lugar da Terra, a competição entre Scott e Amundsen pela conquista do Pólo Sul. São Paulo: Companhia das Letras. pp. 25–31.ISBN 85-359-0209-0. 
  7. Eduardo Bueno (2003).Novo Mundo, as cartas que batizaram a América. Planeta do Brasil.ISBN 978-85-7479-576-8. 
  8. Veiga, Andrea (2025-10-18)."O primeiro cartógrafo da Antártida era galego? A historia de Francisco Seyxas".GCiencia. Consultado o2025-10-24. 
  9. "Places in Antarctica named in honour of ice scientists".www.esa.int(eninglés). Consultado o2020-12-09. 
  10. "Antarctic Exploration Timeline - Early 1800s".ku-prism.org. Arquivado dendeo orixinal o 03 de agosto de 2008. Consultado o2020-12-09. 
  11. "Antarctic Time Line of Discovery".www.south-pole.com. Consultado o2020-12-09. 
  12. Dieter Fütterer (2006).Antarctica, contributions to global earth sciences : proceedings of the IX International Symposium of Antarctic Earth Sciences Potsdam, 2003. Birkhäuser.ISBN 978-3-540-30673-3. 
  13. 13,013,1Ulisses Capozoli (1991).Antártida, a última terra. EdUSP.ISBN 978-85-314-0031-5. 
  14. 14,014,114,214,314,4Central Intelligence Agency (2007).The CIA World Factbook Book 2008. Skyhorse Publishing.ISBN 978-1-60239-080-5. 
  15. 15,015,1Central Intelligence Agency, ed. (3 de maio de 2022)."Antarctica".The World Factbook. Arquivado dendeo orixinal o 9 de maio de 2022. Consultado o 9 de maio de 2022. 
  16. Drewry, D. J., ed. (1983).Antarctica: Glaciological and Geophysical Folio. Scott Polar Research Institute, University of Cambridge.ISBN 0-901021-04-0. 
  17. 17,017,117,2Beau Riffenburgh (2007). CRC Press, ed.Encyclopedia of the Antarctic2.ISBN 978-0-415-97024-2. 
  18. 18,018,1"Weather in the Antarctic".British Antarctic Survey(eninglés). 
  19. "Antarctic Factsheet Geographical Statistics"(PDF)(eninglés). British Antarctic Survey. maio de 2005. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  20. "How Stuff Works: polar ice caps". howstuffworks.com. Arquivado dendeo orixinal o 04 de febreiro de 2006. Consultado o 12 de febreiro de 2006. 
  21. British Antarctic Survey."Volcanoes". Natural Environment Research Council. Arquivado dendeo orixinal o 11 de xullo de 2007. Consultado o 13 de febreiro de 2006. 
  22. "Scientists Discover Undersea Volcano Off Antarctica". United States National Science Foundation. Consultado o 13 de febreiro de 2006. 
  23. John Roach (1 de novembro de 2004)."Antarctic Lakes: 145 and Counting, Scientists Say".National Geographic(en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  24. Briggs, Helen (19 de abril de 2006)."Secret rivers found in Antarctic". BBC News. Consultado o 7 de febreiro de 2009. 
  25. "Antarctica’s longest river"(PDF).National Science Foundation(eninglés). 26 de xaneiro de de 2003. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 01 de abril de 2010. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  26. "Lake Vostok". United States National Science Foundation. Consultado o 13 de febreiro de 2006.  andBortman, Henry (13 de abril de 2001)."Focus on Europa". NASA. Arquivado dendeo orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  27. "Extremophile Hunt Begins".Science News. NASA. Arquivado dendeo orixinal o 23 de marzo de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2011. 
  28. "Continental drift".British Antarctic Survey(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 17 de novembro de 2009. Consultado o 16 de agosto de 2009. 
  29. 29,029,129,229,329,4David McGonigal (2009). Frances Lincoln, ed.Antarctica, Secrets of the Southern Continent.ISBN 978-0-7112-2980-8. 
  30. 30,030,130,2Stonehouse, Bernard (2002). John Wiley & Sons, ed.Encyclopedia of Antarctica and the Southern Oceans.ISBN 978-0-471-98665-2. 
  31. 31,031,1Trewby, Mary (2002). Firefly Books, ed.Antarctica, An Encyclopedia from Abbott Ice Shelf to Zooplankton.ISBN 978-1-55297-590-9. 
  32. Retallack, G. J.; Krull, E. S.; Bockheim, J. G. (2001). "New grounds for reassessing palaeoclimate of the Sirius Group".Journal of the Geological Society, London158 (6): 925–35.doi:10.1144/0016-764901-030. 
  33. Stefi Weisburd (marzo de 1986)."A forest grows in Antarctica. (an extensive forest may have flourished about 3 million years ago)". Science News. Arquivado dendeo orixinal o 29-03-2015. Consultado o 2-11-2012. 
  34. Landsat Image Mosaic of Antarctica (ed.)."NASA Quest Challenge Educator Guide"(PDF)(en inglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de agosto de 2009. Consultado o 1 de setembro de 2009. 
  35. 35,035,1I. B. Campbell; G. G. C. Claridge (1987). Elsevier, ed.Antarctica, soils, weathering processes, and environment.ISBN 978-0-444-42784-7. 
  36. 36,036,1Antarctic Treaty Secretariat, ed. (4 de outubro de 1991)."Protocol on Environmental Protection to the Antarctic Treaty"(PDF)(en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2014.Art. 7. Any activity relating to mineral resources, other than scientific research, shall be prohibited 
  37. Antarctic Treaty Secretariat (ed.)."Protocol on Environmental Protection to the Antarctic Treaty"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 26 de setembro de 2014.Until 2048 the Protocol can only be modified by unanimous agreement of all Consultative Parties to the Antarctic Treaty. In addition, the prohibition on mineral resource activities cannot be removed unless a binding legal regime on Antarctic mineral resource activities is in force (Art. 25.5) 
  38. Gavin Hudson (14-12-2008)."The Coldest Inhabited Places on Earth". Eco Worldly. Arquivado dendeo orixinal o 18-12-2008. Consultado o 19-06-2013. 
  39. 39,039,1"ANTARCTIC WEATHER". The Antarctic Connection. Arquivado dendeo orixinal o 08 de xaneiro de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  40. 40,040,1"10 remarkable Earth facts".www.esa.int(eninglés). Consultado o2023-05-17. 
  41. 41,041,1"Weather in the Antarctic". British Antarctic Survey. Consultado o 19-06-2013. 
  42. Jeff Rubin (2005). Lonely Planet, ed.Antarctica.ISBN 9781740590945. , páx. 335
  43. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  44. "University Corporation for Atmospheric Research". Arquivado dendeo orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  45. "Antarctic Connection". Arquivado dendeo orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  46. "Weather"(eninglés). Australian Antarctic Division. Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 17 de agosto de 2009. 
  47. "Antarctic Winds & the Wind Chill Factor".Antarctic Connection(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  48. 48,048,148,2"Antarctic Flora".Australian Antarctic Division(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de setembro de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  49. British Antarctic Survey."Plants of Antarctica". Natural Environment Research Council. Arquivado dendeo orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  50. "Snow Algae".Australian Antarctic Division(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de setembro de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  51. British Antarctic Survey."Land Animals of Antarctica". Natural Environment Research Council. Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  52. Sandro, Luke; Constible, Juanita."Antarctic Bestiary – Terrestrial Animals". Laboratory for Ecophysiological Cryobiology, Miami University. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  53. "Snow Petrel Pagodroma nivea". BirdLife International. Arquivado dendeo orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2009. 
  54. "Sponges".Australian antarctic Division(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  55. "Seabed (benthic) communities".Australian antarctic Division(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  56. "Creatures of Antarctica". Arquivado dendeo orixinal o 14 de febreiro de 2005. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  57. BBC News
  58. Peter J. Beck (1986). Routledge, ed.The international politics of Antarctica.ISBN 978-0-7099-3239-0. 
  59. 59,059,159,2"The Antarctic Treaty"(PDF).Antarctic Treaty Secretariat(en varias linguas). 1 de decembro de 1959. Consultado o 16 de agosto de 2009. 
  60. "Antarctic Treaty system".Antarctic Treaty Secreteriat(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 03 de xuño de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  61. "Antarctic Treaty".Scientific Committee on Antarctic Research(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 06 de febreiro de 2006. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  62. "Argentina in Antarctica".Antarctica Institute of Argentina(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 06 de marzo de 2006. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  63. "Mining Issues in Antarctica"(PDF). Antarctica New Zealand. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 10 de maio de 2005. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  64. "Antarctic and Southern Ocean Coalition". Asoc.org. Arquivado dendeo orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  65. "World Park Antarctica".Greenpeace.org. Greenpeace International. 2010-02-25. Arquivado dendeo orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  66. "Greenpeace Antarctica". Greenpeace International. Arquivado dendeo orixinal o 20 de febreiro de 2006. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  67. "Antarctica: exploration or exploitation?". New Scientist. Consultado o 23 de xuño de 1991. 
  68. "Antarctica, a tale of two treaties". New Scientist. Consultado o27 May 2008. 
  69. 69,069,1"The Madrid Protocol". Australian Antarctic Division. Consultado o 22 de outubro de 2011. 
  70. Bobo, Jack A."Antarctic Treaty Papers". Arquivado dendeo orixinal o 23 de maio de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  71. "The Foreign Secretary has announced that the southern part of British Antarctic Territory has been named Queen Elizabeth Land".Foreign & Commonwealth Office. HM Government. 18 de decembro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  72. British Broadcasting Corporation, ed. (22 December 2012)."Argentina angry after Antarctic territory named after Queen".BBC News. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  73. 73,073,173,2"La Antartica". Library.jid.org. Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2013. 
  74. 74,074,174,2Afese.comArquivado 10 de abril de 2016 enWayback Machine.. (PDF)
  75. Morris, Michael (1988). Martinus Nijhoff Publishers, ed.The Strait of Magellan. p. 219.ISBN 0-7923-0181-1. 
  76. 76,076,1"Antarctica".The World Factbook. United States Central Intelligence Agency. 2011. Arquivado dendeo orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xuño de 2013.  ...os Estados Unidos e Rusia resérvanse o dereito de facer reclamacións...
  77. Igrexa ortodoxa serbia, ed. (24 de maio de 2004)."Flock of Antarctica's Orthodox temple celebrates Holy Trinity Day"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  78. "Владимир Петраков: 'Антарктика – это особая атмосфера, где живут очень интересные люди'"(en ruso). Arquivado dendeo orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2014.  (Vladimir Petrakov: "A Antártida é un mundo especial, cheo de xente moi interesante"). Entrevista co Pai Vladimir Petrakov, un sacerdote que pasou un ano dúas veces na estación.
  79. 79,079,179,2Robert K. Headland (1984). Cambridge University Press, ed.The Island of South Georgia (1 ed.).ISBN 0-521-25274-1. 
  80. Antarctic Treaty, Art. VI ("Area covered by Treaty"): "The provisions of the present Treaty shall apply to the area south of 60° South latitude."
  81. Old Antarctic Explorers Association."missing"(PDF).Explorer's Gazette(en inglés)9 (1). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 23 de xullo de 2011. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  82. Bone, James (13 de novembro de 2007)."The power games that threaten world's last pristine wilderness"(en inglés). The Times. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  83. Times, ed. (13 de novembro de 2007)."The power games that threaten world’s last pristine wilderness"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  84. Argentine Army (ed.)."Registro Civil Base Esperanza"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 17-01-2010. Consultado o 24-09-2014. 
  85. Corporación de Defensa de la Soberanía."Derechos soberanos antárticos de Chile"(en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  86. "Water on land and in the air".Chronicles from Concordia. 2019-03-22. Consultado o2019-10-08. 
  87. 87,087,1NASA (ed.)."Meteorites from Antarctica"(en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  88. Gorder, Pam Frost. Research News, ed."Big Bang in Antarctica—Killer Crater Found Under Ice"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  89. Black, Richard (20 de xaneiro de 2008)."BBC NEWS, Ancient Antarctic eruption noted"(en inglés). BBC News. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  90. Thomas G. Bauer (2001).Tourism in the Antarctic, opportunities, constraints, and future prospects. Routledge. 9780789011046. 
  91. "2004-2005 Tourism Summary".International Association of Antarctica Tour Operators(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  92. "Final Report, 30th Antarctic Treaty Consultative Meeting".Antarctic Treaty Secretariat. Arquivado dendeo orixinal(DOC) o 08 de agosto de 2007. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  93. "Politics of Antarctica". Arquivado dendeo orixinal o 14 de febreiro de 2005. Consultado o 5 de febreiro de 2006. 
  94. Mark Rowe (11 de febreiro de 2006)."Tourism 'threatens Antarctic'".The Daily Telegraph(eninglés). 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AntártidaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Antártida&oldid=7214979»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp