Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Anomuros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anomuros / Anómalos
(Anomura vel Anomala)

Rango fósil:triásico superior -actualidade

O cangrexo ermitánPagurus bernhardus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Subfilo:Crustacea
Clase:Malacostraca
Orde:Decapoda
Suborde:Pleocyemata
Infraorde:Anomura
Macleay, 1838
Superfamilias

Osanomuros (Anomura, dos elementos dolatín científicoanom(o)-, tirado dogrego ανόμοιοςanómoios, "diferente", "distinto", e-ura, plural neutro de-urus, -a, -um, derivado do grego ουράourá, "cola", "rabo") literalmente, "os de cola diferente (á dos outros grupos de decápodos)", tamén denominados ás vecesanómalos (Anomala, nominativo plural do latín eclesiásticoanōmalus, -a, -um, "irregular"), son unhainfraorde decrustáceosdecápodos, cuxos representantes máis coñecidos son oscangrexos ermitáns.

Características

[editar |editar a fonte]

Os nomesanomura eanomala, como resulta evidente das súas respectivas etimoloxías, fai referencia á principal característica deste grupo, a forma pouco habitual do seu corpo, asimétrico. O nome alternativoAnomala reflicte a infrecuente variedade de formas nste grupo; considerando que todos os cangrexos comparten algunhas similitudes obvias, os diversos grupos de anomuros son bastante diferentes.[1]

Decápodo significa "con dez pés (ou patas", pero o quinto par de patas dos anomuros é moi reducido, quedando en ocasións oculto polocefalotórax, empregándose non para a locomoción, senón para manteren limpas asbranquias. Con esta distribución das patas, un "cangrexo" con "catro" pares de patas debe ser un anomuro e non unbraquiúro.

O termoAnomura deriva dunha antiga clasificación na que os decápodosreptantes (Reptantia) se dividían en:

  • Macruros (Macrura), de "cola" (abdome) longa.
  • Braquiúros (Brachyura), os de "cola" curta.
  • Anomuros (Anomura), con diferentes tipos de "cola".

Clasificación

[editar |editar a fonte]

A infraorde subdivídese en catro superfamilias que albergan 14familias[2] (ou 15, de contarmos a proposición de Boyko de considerar tamén á dosBlepharipodidae):

Munidopsis tridentata, un galateoideo.
Albunea carabus, un hipoideo.
Dardanus megistos, un paguroideo.

SuperfamiliaGalatheoidea (galateoideos)

SuperfamiliaHippoidea (hipoideos)

SuperfamiliaLomisoidea (lomisoideos)

SuperfamiliaLithodoidea (litodoideos)

SuperfamiliaPaguroidea (paguroideos)

A clasificación da NCBI[4] coincide basicamente coa da ITIS, pero nosPaguroidea inclúe só 5 familias; non incluúen a dosParapaguridae, e en lugar da dosPylochelidae(Bate, 1888) colocan a familia sinónima dosPomatochelidae(Miers, 1879).

No ano 2005 descubriuse especieKiwa hirsuta, que foi situada nunha nova familia, a dosKiwaidae.[5]

Ofósil máis antigo atribuído aos anomuros éPlatykotta, do noriano–retiano (triásico superior) dosEmiratos Árabes Unidos.[6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Gary Poore (2004). "Anomura – hermit crabs, porcelain crabs and squat lobsters".Marine Decapod Crustacea of Southern Australia: a Guide to Identification. CSIRO Publishing. pp. 215–287.ISBN 978-0-643-09925-8. 
  2. {{cita web |url=https://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=97698#null%7Ctítulo=Anomura%7Cpáxina-web=ITIS, the Integrated Taxonomic Information System|data-acceso=04 de decembro de 2019|lingua=en]
  3. Boyko, C. B. (2002)."A worldwide revision of the Recent and fossil sand crabs of the Albuneidae Stimpson and Blepharipodidae, new family (Crustacea, Decapoda, Anomura, Hippoidea)".Bulletin of the American Museum of Natural History272. Arquivado dendeo orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 08 de xaneiro de 2013. 
  4. NCBI:Anomura
  5. Furry 'lobster' found in Pacific en BBC NEWS.(eninglés) Consultada o 8/01/2013.
  6. Jérôme Chablais, Rodney M. Feldmann & Carrie E. Schweitzer (2011):"A new Triassic decapod,Platykotta akaina, from the Arabian shelf of the northern United Arab Emirates: earliest occurrence of the Anomura" enPaläontologische Zeitschrift85: 93–102.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AnomurosModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Anomuros

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anomuros&oldid=5881669»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp