Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Cundinamarca | |||
Provincia | Tequendama Province(en)![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 12.911(2005)![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.657 m![]() | |||
Sitio web | anolaima-cundinamarca.gov.co…![]() |
Anolaima é un concello dodepartamento deCundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia do Tequendama, a 71 km deBogotá. Considérase a capital froiteira deColombia.
Os "anolaymas" eran unha tribo indíxena danación panche. Foron das primeiras tribos con que se atoparon os españois ó descender porZipacón en1538; ese mesmo ano foron derrotados naBatalla de Tocarema pola expedición comandada porGonzalo Jiménez de Quesada. Pouco despois,Hernán Pérez de Quesada tomou represalias contra osanolaymas por terse aliado a outrospanches para invadir asabana de Bogotá.
Inicialmente, a vila formouse na parte baixa do actual centro urbano, sobre a crebada e o alto do Resgardo, onde foi erixida inicialmente a capela de San Vicente Ferrer. O sacerdote dominico frei Lope de Acuño, evanxelizador da comarca dos panches, iniciou a doutrina de Anolaima, nome que se coñeceu en1541. Dita doutrina foi dependente do curato de Tocarema, que en1593 foi encomenda de Francisco Ortiz Carvajal. Cara a1604, a vila compoñíase dos agregados de Tocarema e Matima (no presente, vereas dependentes de Anolaima).
En1606 a vila foi erixido como curato e déuselle comosanto patrón a San Vicente Ferrer. Porén, a data exacta de fundación do actual poboado non puido precisarse.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anolaima![]() |