Oano sideral é otempo que tarda aTerra en colocarse outra vez na mesma situación daórbita en relación coasestrelas consideradas fixas. Un ano sideral equivale a 365,25636042días solares medios. O ano sideral é 20minutos e 24segundos máis longo que oano tropical ou trópico.
Dado que oSol e asestrelas non se poden ver ao mesmo tempo, isto require pouca explicación. Ao mirar para o ceo deLevante mediterráneo1levante (de onde o seu nome, por onde se ergue o Sol) xusto antes do amencer, as últimas estrelas que se ven saír non son sempre as mesmas -naslatitudes medias-. Nunha semana pódese apreciar que se foron movendo para riba. Polo tanto, en xullo nohemisferio norte non se pode ver aconstelación de Orión no ceo, mais esta comeza a ser visíbel en agosto. Nun ano, todas as constelacións dozodíaco ouliña de eclipses semellan rotar a través de todo o ceo desaparecendo polo oeste, para volver saír polo leste xusto antes da saída do Sol, uns seis meses despois, o que se chamaorto helíaco.
Este movemento é máis notorio e máis doado de medir que a mudanza de norte a sur do punto do horizonte polo que se levanta o sol, que define oano tropical no que se basea ocalendario gregoriano. Por esta razón, moitas culturas comezaban os seus anos no primeiro día no que unha estrela especial determinada (por exemploSirio) aparecía no Leste no seu orto helíaco xusto antes do amencer. N'Os traballos e os días deHesíodo, por exemplo, as épocas do ano para sementar, colleitar etc, danse con referencia a cando as estrelas se ven por vez primeira.
Até a época do astrónomoHiparco, críase que os anos medidos polas estrelas (os anos siderais) eran igual de longos que os anos tropicais ou trópicos. De feito, os anos siderais son lixeiramente máis longos que os anos tropicais. A diferenza está ocasionada polaprecesión dos equinoccios. Un ano sideral é aproximadamente igual a 1 + 1/26000 ou 1,000039 anos tropicais.