Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ankhesenamon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnkhesenamon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1348 a. C.Editar o valor en Wikidata
Tebas, ExiptoEditar o valor en Wikidata
Morte1322 a. C.Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Menfis, ExiptoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVal dos ReisEditar o valor en Wikidata
Great Royal Wife(en)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Título real no antigo Exipto
  • Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónraíñaEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGreat Royal Wife(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de ExiptoEditar o valor en Wikidata
CónxuxeTutankamon y AyEditar o valor en Wikidata
FillosMomia 317b, momia 317a, Ankhesenpaaten TasheritEditar o valor en Wikidata
PaisAkhenatónEditar o valor en Wikidata  e NefertitiEditar o valor en Wikidata
IrmánsTutankhamon
Neferneferuaten Tasherit
Neferneferure
Setepenré
Meritaten Tasherit
Ankhesenpaaten Tasherit
Meritaten
MeketatenEditar o valor en Wikidata
Akhenatón, Nefertiti e as súas fillas

Ankhesenamon (tamén coñecida comoAnkesenamón ouAnjesenamón) foi a terceira das seis fillas deAkhenatón e da súa Grande Esposa RealNefertiti. O seu nome significaa que vive por Atón. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero é probable que fose a primeira das princesas reais que nacese na recentemente fundada capital de Exipto,Amarna.

Aparece en moitas representacións, acompañada sempre dos seus pais, Akhenatón e Nefertiti, así como das súas dúas irmás máis vellas. Crese ademais que, e un certo momento de finais do reinado do seu pai, foi casada con el mesmo, e ata se fala da existencia dunha filla nacida deste incesto real, de nomeAnkhesenpaatón-Tasherit.

Sexa como for, á morte do seu pai, contraeu matrimonio co príncipeTutankhAtón, irmán ou fillo de Akhenatón, converténdose así na Grande Esposa Real, en1327 adC. Cando o seu esposo restableceu o culto aAmón e reabriu os templos, tras a revolución relixiosa que levou a cabo o seu pai, ambos cambiaron os seus nomes, sendo respectivamenteTutankhamon eAnkhesenamon.

O paso pola historia desta raíña exipcia foi breve. Ao quedar viúva cando Tutanjamón morreu no ano 9 do seu reinado, casou co seu avóAy e logo desaparece dos documentos exipcios. Isto fixo pensar que ela puido ser a raíña viúva que escribiu unha carta aos hititas, os acérrimos inimigos dos exipcios, solicitando un príncipe co que casar e co que se converterían na nova parella real. É o caso deDahamunzu.

A repentina subida ao trono de Ay fixo pensar que foi tras desbaratar aquela insólita conxura, e é lóxico que a raíña viúva Ankhesenamon fose silenciada e ata eliminada pola súa traizón. Aínda así, aínda está por descubrir a identidade desta raíña, e formuláronse outras hipóteses, como as de Nefertiti (a que cobra máis forza ultimamente) ouMeritatón, a maior das fillas de Nefertiti e Akhenatón.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ankhesenamon&oldid=6725949»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp