Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Anhedonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anhedonia
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedianon dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Aanhedonia (do grego ἀν-:an- ‘falta de’ e ἡδονή:hedoné ‘pracer’) é a incapacidade para experimentarpracer, a perda de ter interese ou satisfacción na realización de moitas actividades. Considérase unha falta de reactividade ante os estímulos habitualmente pracenteiros. Constitúe un dos síntomas ou indicadores máis claros dedepresión,[1] aínda que pode estar tamén presente noutros trastornos, compo por exemplo, nalgúns casos de demencias (Alzhéimer), en trastornos psicóticos e notrastorno esquizoide da personalidade.[2]

Hai diferentes escalas para a avaliación da anhedonia, como a de Fawcet (escala de pracer/despracer) e a Escala de Avaliación dos Síntomas Negativos (Andreasen, 1981), que inclúe unha subescala de "anhedonia e retracción social". É común en escalas de depresión conter elementos sobre o tema como naEscala de Depresión de Beck (BDI).

Está asociado con baixos niveis demonoaminas no sistema nervioso, como aserotonina,dopamina,adrenalina enoradrenalina, mais principalmente ocorre unha disfunción dopaminérxica e noradrenérxica. O tratamento dependerá da intensidade do síntoma e da asociación con outros posibles síntomas de depresión. Se a anhedonia for predominante, unha opción de tratamento farmacoterápico son os inibidores selectivos da recaptación de dopamina e noradrenalina (IRND), comobupropiona emirtazapina.

Tantoterapias cognitivo-comportamentais comoterapias analítico-comportamentais poden ser auxiliares do tratamento medicamentoso.[3]

Sen a discriminación dereforzo positivo é esperado que varios comportamentos saudables entren enextinción e o individuo pase a ser controlado principalmente porreforzo negativo (evitar sufrimento) e porpunición. Unha persoa con anhedonia xeralmente dificilmente se adhire ao proceso terapéutico, por iso é importante a participación da rede social de apoio caso exista.[4]

Definición

[editar |editar a fonte]

Mentres que as primeiras definicións da anhedonia salientaban experiencia pracenteira, modelos máis recentes puxeron en relevo a necesidade de considerar diferentes aspectos do comportamento divertido, como a motivación ou o desexo de participar nunha actividade («anhedonia motivacional»), en comparación co nivel de goce da actividade en si mesma («anhedonia consumatoria»).

A anhedonia adoita confundirse coaapatía, mais son conceptos diferentes.

A cultura ten unha grande importancia na cuestión. Unha conduta pode ser aceptada positivamente por un grupo cultural e non ser ben vista por outro.

Diagnóstico

[editar |editar a fonte]

Os criterios xerais para diagnosticala como un trastorno son ver o grao de insatisfacción coas capacidades e logros do paciente, avaliar as súas relacións interpersoais e a forma en que afronta os acontecementos da súa vida. O importante é que o paciente aprenda a aceptar os feitos como se presentan; se o seu comportamento lle causa un dano a el ou aos demais, entón transfórmase nunha patoloxía que debe ser tratada.

Escalas de Chapman

[editar |editar a fonte]

En1976 L. Chapman e M. Raulin propuxeron dúas escalas, coñecidas como «escalas de Chapman», para a valoración da anhedonia: a escala para a anhedonia física e a escala para a anhedonia social.[5] Posteriormente ambas as escalas foron revisadas pero, aínda que amplamente difundidas, non chegaron a ser publicadas de forma oficial. A Escala Revisada para a Anhedonia Física é un cuestionario autoaplicado de 61 preguntas que valora a capacidade de experimentar pracer de estímulos físicos típicos, como a comida, otacto, osexo, etc., mediante preguntas como «Sempre me gustarion os decorados fermosos».[6] A Escala Revisada para a Anhedonia Social é un cuestionario autoaplicado de 40 preguntas que valora a capacidade de experimentar pracer de estímulos como o trato coa xente, parolar, intercambiar impresións ou sentimentos, etc., mediante preguntas como «Unha viaxe en coche é máis agradable se alguén me acompaña».[7]

Inicialmente, os que desenvolveron as escalas creron que a escala para a anhedonia física sería a máis útil das dúas escalas, e que a escala para a anhedonia social veríase afectada pola presión social e o rumbo derivado do desexo de agradar. Estes supostos non se viron confirmados nas investigacións posteriores. En primeiro lugar, a escala para a anhedonia social resultou ser a máis útil das dúas escalas, e demostrou ser un robusto indicador do desenvolvemento posterior de trastornos do espectro esquizoide. En segundo lugar, a escala para a anhedonia social resultou ser estable no tempo para casos de individuos diagnosticados deesquizofrenia.

A anhedonia social demostrou ser tamén un trazo característico dotrastorno do espectro autista, o que motivou, por exemplo, o estudo do solapamento diagnóstico entre asíndrome de Asperger e otrastorno esquizotípico da personalidade.[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Peters, U. H. (2007):Lexikon Psychiatrie, Psychotherapie, Medizinische Psychologie. München, páx. 37.
  2. Aubry, Michel (2000) Anhédonie, Désir et Dépression, in Dépression et Libido, H. Cuche, L’Esprit du Temps, Psychologie.
  3. http://www.medcenter.com/medscape/Content.aspx?id=7168&langtype=1046Arquivado 12 de xuño de 2008 enWayback Machine. Sarah Guzofski, MD, Staff Physician, Department of Psychiatry, University of Massachusetts Medical School / Co-autora: Brian R Szetela, MD / Editores: Alan D Schmetzer, MD / Francisco Talavera, PharmD, PhD / David Bienenfeld, MD / Stephen Soreff, MD
  4. DOUGHER, Michael J. e HACKBERT, Lucianne. A behavior-analytic account of depression and a case report using acceptance-based procedures. Rev. bras.ter. comport. cogn. [online]. 2003, vol.5, n.2 [citado 2011-07-06], pp. 167-184 . Dispoñible en: <http://pepsic.bvsalud.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1517-55452003000200007&lng=pt&nrm=iso>. ISSN 1517-5545.
  5. Chapman, L. J., Chapman, J. P., & Raulin, M. L. (1976). "Scales for physical and social anhedonia".Journal of Abnormal Psychology, 87, 374-407.
  6. Chapman, L. J., & Chapman, J. P. (1978). "Revised physical anhedonia scale" (Available from L. J. Chapman, Department of Psychology, 1202 West Johnson Street, University of Wisconsin, Madison, WI 53706).
  7. Eckblad, M. L., Chapman, L. J., Chapman, J. P., & Mishlove, M. (1982). "The revised social anhedonia scales". (Available from L. J. Chapman, Department of Psychology, 1202 West Johnson Street, University of Wisconsin, Madison, WI 53706).
  8. Ruth M. Hurst, Rosemery O. Nelson-Gray, John T. Mitchell and Thomas R. Kwapil. "The Relationship of Asperger’s Characteristics and Schizotypal Personality Traits in a Non-clinical Adult Sample",Journal of Autism and Developmental Disorders, Volume 37, Number 9 / October, 2007.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anhedonia&oldid=6258433»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp