Angoulême (Iculisma) conquistounaClodoveo I aosvisigodos no ano507, osnormandos conquistárona noséculo IX. En1360 poloTratado de Brétigny pasou a poder inglés, pero foron expulsados en1373 polas tropas deCarlos V de Francia, que deu á cidade numerosos privilexios.Durante as Guerras de Relixión resultou duramente afectada, en especial en1568 cando os protestantes a capturaron.O condado de Angoulême data doséculo IX, a liñaxe deWilliam Taillefer retivo o condado ata oséculo XII. Pasou ao rei Xoán de Inglaterra polo seu matrimonio coa filla do Conde Adhémar. En 1220 pasou á familia Lusignan, condes de Marche. En 1302 pasou á coroa. En 1394 o condado pasou á casa de Orleáns, un dos seus membros,Francisco I de Francia, converteuse en rei de Francia en1515.