Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Angola

Coord.:12°21′S17°21′L / -12.35,17.35
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Angola (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaAngola
República de Angola (pt)
Angola (pt)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoAngola Avante!Editar o valor en Wikidata

Lema«Virtus Unita Fortior(en)Traducir»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 12°21′S17°21′L / -12.35,17.35
CapitalLuandaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación36.749.906(2023)Editar o valor en Wikidata (29,48hab./km²)
XentilicioAngolano, angolana
Lingua oficiallingua portuguesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.246.700 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMorro de Moco (2.619 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de agosto de 1992Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
presidencialismoEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataJoão Lourenço(2017–)Editar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataJoão Lourenço(2017–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional de Angola(pt)Traducir ,(Escano: 220)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal5.930.503.400 (1980)Editar o valor en Wikidata
MoedaKwanzaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.aoEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+244Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia113,115 e116Editar o valor en Wikidata
Código de paísAOEditar o valor en Wikidata

Sitio webgoverno.gov.aoEditar o valor en Wikidata
BNE: XX452312

Angola,[1][2] oficialmenteRepública de Angola (enportugués:República de Angola; enquicongo,kimbundu,umbundu echócue:Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental deÁfrica, limitado ao norte e ao leste polaRepública Democrática do Congo, ao leste porZambia, ao sur porNamibia e ao oeste poloocéano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave deCabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital éLuanda.

Coloniaportuguesa ata1975, tenrecursos naturais considerábeis, entre os que destacan opetróleo e osdiamantes. O seu sistema degoberno é ademocracia, cunréximepresidencialista eelecciónsmultipartidistas.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome Angola é unha derivación portuguesa do termobantúN'gola, título dos reis doreino de Ndongo existente na época en que os portugueses se estabeleceron enLuanda, noséculo XVI.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Angola.

Primeiros habitantes

[editar |editar a fonte]
Mapa do antigoreino de Ndongo.
Encontro deportugueses coa familia real doreino do Congo.

Os habitantes orixinais de Angola foroncazadores-recolectoreskhoisans, dispersos e pouco numerosos. A expansión dospobos bantús, chegando do Norte a partir do segundo milenio, forzou aos khoisan (cando non eran absorbidos) a recuar cara ao sur, onde grupos residuais existen ata hoxe, en Angola (ver mapa étnico), enNamibia e enBotswana.

Os bantús eran agricultores e cazadores. A súa expansión, a partir da África Centro-Occidental, efectuouse en grupos menores, que se relocalizaban de acordo coas circunstancias político-económicas e ecolóxicas. Entre osséculos XIV eXVII, establecéronse unha serie de reinos, sendo o principal oReino do Congo que abrangueu o noroeste da Angola actual e unha franxa adxacente da hoxeRepública Democrática do Congo, daRepública do Congo e doGabón; a súa capital situábase enM'Banza Kongo e o seu apoxeo deuse durante osséculos XIII eXIV. Outro reino importante foi oReino de Ndongo, constituído naquela época ao sur/sueste do Reino do Congo. No nordés da Angola actual, mais co seu centro no sur da actual República Democrática do Congo, constituíuse, sen contacto cos reinos atrás referidos, oReino de Lunda,[3] coloca este período no contexto rexional e continental.

En1482, chegou áfoz dorío Congo unha frotaportuguesa, comandada polonaveganteDiogo Cão que, de inmediato, estabeleceu relacións co Reino do Congo. Este foi o primeiro contacto doseuropeos con habitantes do territorio hoxe abranguido por Angola, contacto este que viría a ser determinante para o futuro deste territorio e das súas poboacións.

Período colonial

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:África Occidental Portuguesa.
Ilustración da raíñaNzinga en negociacións de paz cogobernador portugués enLuanda en1657.
Vista da cidade de Luanda en1883.

A partir do fin doséculo XV,Portugal seguiu na rexión unha dobre estratexia. Por un lado, marcou continuamente presenza no Reino do Congo, por intermedio de (sempre poucos, mais influentes) padres cultos (portugueses e italianos) que promoveron unha lenta cristianización e introduciron elementos da cultura europea. Por outro, estabeleceu en1575 unha factoría en Luanda, nun punto de fácil acceso ao mar e próximo aos reinos do Congo e de Ndongo. Gradualmente tomaron o control, a través dunha serie de tratados e guerras, dunha franxa que se estendeu de Luanda en dirección aoReino do Ndongo. Este territorio, dunha dimensión aínda bastante limitada, pasou máis tarde a ser designado como Angola. Por intermedio dosReinos do Congo, doNdongo e daMatamba, Luanda desenvolveu untráfico de escravos con destino a Portugal, ao Brasil e á América Central que pasou a constituír a súa base económica.[4] Este proceso ten que ser visto contra o pano de fondo dunsistemático trafego de escravos a partir de Luanda.[5]

Osholandeses ocuparon Angola entre1641 e1648, procurando estabelecer alianzas cos estados africanos da rexión. En 1648, Portugal retomou Luanda e iniciou un proceso de conquista militar dos estados do Congo e Ndongo que terminou coa vitoria dos portugueses en1671, redundando nun control sobre aqueles reinos.[6]

Non obstante, Portugal comezara a estender a súa presenza no litoral en dirección ao Sur. En1657 estabeleceu unha poboación preto da actual cidade dePorto Amboim, trasladada en1617 para a actualBenguela que se tornou nunha segunda factoría, independente da de Luanda. Benguela asumiu aos poucos o control sobre un pequeno territorio a norte e leste, e iniciou á súa vez un tráfico de escravos, coa axuda de intermediarios africanos radicados no Planalto Central da Angola de hoxe.

Desde o inicio da súa presenza en Luanda e Benguela, houbo incursións ocasionais dos portugueses máis ala dos pequenos territorios baixo o seu control, pero os esforzos serios de penetración no interior só comezaron nas primeiras décadas doséculo XIX, desacelerando a mediados daquel século, mais recomezando con máis vigor nas súas últimas décadas.[7] Estas incursións eran en parte militares, visando o establecemento dun dominio duradeiro sobre determinadas rexións, e tiveron xeralmente que vencer, polas armas, unha resistencia maior ou menor das respectivas poboacións.[8] Noutros casos tratouse, no entanto, só de crear postos avanzados destinados a facilitar a extensión de redes comerciais. Formas particulares de penetración económica foron desenvolvidas no Sur, a partir de Moçâmedes (hoxe Namibe).[9] Finalmente, implantáronse as primeiras misiónscatólicas nos perímetros controlados por Luanda e Benguela.[10]

Soldados portugueses embarcando para Angola durante aprimeira guerra mundial.

No momento en que se realizou en1884/85 aConferencia de Berlín, destinada a resolver a distribución de África entre aspotencias coloniais, Portugal podía polo tanto facer valer unha presenza secular en dous puntos do litoral, e unha presenza máis recente (administrativa/militar, comercial, misioneira) nunha serie de puntos do interior, mais estaba moi lonxe dunha "ocupación efectiva" do territorio hoxe abranguido por Angola. A aparición dos primeiros misioneirosprotestantes, non portugueses en áreas non controladas porLuanda ouBenguela, enfraquecia aínda mais a posición portuguesa.[11]

OMapa Cor-de-Rosa, que mostraba as pretensións de ocupar toda a franxa africana entre Angola eMozambique, foi presentado en1886 polaSociedade de Geografia de Lisboa, chocando cos interesesingleses de conectarO Cairo coaCidade do Cabo portren, e provocando un conflito que culminou noultimato británico de 1890 e o Tratado anglo-portugués de1891.[12]

Perante a ameaza das outras potencias coloniais, de se apropiaren de partes do territorio reclamado por Portugal, este país iniciou finalmente, tras aConferencia de Berlín, un esforzo que visaba a ocupación de todo o territorio da actual Angola. pero como consecuencia dos seus recursos limitados, os progresos neste sentido foron, no entanto, lentos: aínda en1906, só do 5% a 6% dos territorios podían, con algunha razón, ser considerados "efectivamente ocupados".[13]

Só despois da chegada daPrimeira República Portuguesa, en1910, a expansión do Estado colonial avanzou de forma máis consecuente. A mediados dosanos 1920 alcanzou un dominio integral do territorio, aínda que houbese aínda en1941 un breve gromo de "resistencia primaria", por parte daetnia Vakuval. Aínda que lento, este esforzo de ocupación non deixou, porén, de provocar novas dinámicas sociais, económicas e políticas.

Descolonización

[editar |editar a fonte]

Tras unha longa guerra coas forzas coloniais dePortugal, en1975 Angola acadou a independencia. Entón comezou unha guerra civil entre oMPLA (Movemento Popular de Libertação de Angola), oUNITA (União Nacional para a Independência Total de Angola) e oFNLA (Frente Nacional de Libertação de Angola). O FNLA abandonou a loita, deixando que o marxistaMPLA e oUNITA (respaldado por occidente) loitasen polo poder. No1991, ambas faccións acordaron converter Angola nun estado democrático, politicamente pluralista e non racial, pero despois de que o presidenteJosé Eduardo dos Santos doMPLA gañase as eleccións supervisadas polaONU, oUNITA denunciou que houbera fraude e comezou novamente a loita.

En1994 firmouse a paz. Instaurouse un goberno de unidade nacional no1997. O presidenteJosé Eduardo dos Santos suspendeu o funcionamento das institucións democráticas debido a un novo conflito iniciado no1998.

O22 de febreiro do2002,Jonas Savimbi, líder do UNITA foi asasinado dun disparo e acordouse un alto o fogo. OUNITA abandonou o seu brazo armado e asumiu o seu papel como maior partido na oposición. O MPLA seguiu conseguindo amplas maiorías nas eleccións de 2008, 2012 e 2017. Angola enfróntase a unha grande catástrofe humanitaria debido á guerra, á abundancia de campos de minas, e ás accións dalgunhas guerrillas que loitan pola independencia doenclave setentrional deCabinda. No aspecto económico o país experimentou un forte crecemento pero con grandes dificultades que o obrigaron a solicitar o apoio do FMI, sen conseguir a eliminación dunhas grandes desigualdades económicas e sociais.

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]

Angola está dividida en18 provincias:

Provincias de Angola
  1. Cabinda
  2. Zaire
  3. Uíge
  4. Luanda
  5. Bengo
  6. Cuanza Norte
  7. Malanje
  8. Lunda Norte
  9. Cuanza Sul
  10. Lunda Sul
  11. Benguela
  12. Huambo
  13. Bié
  14. Moxico
  15. Namibe
  16. Huíla
  17. Cunene
  18. Cuando Cubango

As provincias están divididas enmunicipios que, á súa vez, subdivídense encomunas.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Angola.

O país tornouse un membro daOPEP o2006, e a súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís.[14]. A clasificación do país nosíndices internacionais de desenvolvemento humano é 148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en situación de pobreza extrema[15]

Exceptuando os sectores de petróleodiamantes, os demais foron moi prexudicados polos 26 anos deguerra civil.[14] Desde o2005, o goberno ten utilizado créditos de axuda daRepública Popular da China, oBrasil,Portugal,Alemaña,España e toda aUE na reconstrución da súa infraestrutura.[14]

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Angola.

Os habitantes de Angola son, na súa maioría,negros (90 %), que viven ao lado dun 10 % debrancos emestizos.

Mapa etno-lingüístico de Angola

A maior parte da poboación negra é de orixebantú, destacando osambundos, osbakongos e oschócue-lundas; porén o grupo máis importante é o dosovimbundus.

No suroeste existen diversas tribos deboximanes ehotentotes (non bantús).

Á parte da poboación autóctona, ao longo doperíodo colonial constituíuse en Angola unha poboaciónportuguesa que, en1975 contaba con entre 320 000 e 350 000 persoas.[16][17][18] Entre as varias fontes sobre este número, a que máis crédito merece é a de Gerald Bender & Stanley Yoder,[19] e José Manuel Zenha Rela.[20] Destes, unha parte estaba establecida no país a título permanente, moitas veces na segunda ou mesmo na terceira xeración; a outra parte viñera na fase do "colonialismo tardío" dos anos1960-70, xeralmente a título temporal. Na súa gran maioría saíron de Angola na época da independencia, pero, porén, algúns deste grupo, por riba de todo outros portugueses, afluíron ao país nas dúas últimas décadas, na busca de empregos ou de posibilidades empresariais. O número de portugueses que viven actualmente en Angola estímase en aproximadamente nunhas de 200 000 persoas (rexistros consulares), en2012,[21] pero é probabelmente superior. Como ao mesmo tempo houbo unha forteinmigración delatinoamericanos, especialmentebrasileiros ecubanos, a poboación "caucasiana" volveu a constituír un grupo seguramente non inferior ás 300 000 persoas.

Adensidade demográfica é globalmente baixa, con cerca de 15 habitantes por quilómetro cadrado, pero extremadamente desigual: ás áreas urbanas, en constante expansión, contrapóñense grandes extensións pouco habitadas, particularmente nas provincias situadas ao leste e ao sur do país.

As principais áreas urbanas, ademais da capital,Luanda e a súa área de arredor de oito millóns de habitantes (conViana,Cacuaco,Belas eCazenga[22]), sonLubango (antiga Sá da Bandeira, enHuíla),Huambo (antiga Nova Lisboa), Cabinda (naprovincia homónima) eBenguela. Esas áreas metropolitanas están constituídas por diversos concellos oumunicípios.[23]

Municipios de Angola por poboación:

Artigo principal:Lista de municipios de Angola por poboación.
PosiciónMunicipioProvinciaPoboación
1LuandaProvincia de Luanda2 776 125
2VianaProvincia de Luanda1 838 291 (2018)
3CacuacoProvincia de Luanda1 237 477 (2018)
4BelasProvincia de Luanda1 230 101 (2018)
5CazengaProvincia de Luanda1 011 397 (2018)
6LubangoProvincia de Huíla876 339
7HuamboProvincia de Huambo815 685 (2018)
8MatalaProvincia de Huíla800.000
9CabindaProvincia de Cabinda699.053 (2018)
10BenguelaProvincia de Benguela513 000
11UígeProvincia de Uíge581 835 (2018)
12MalanjeProvincia de Malanje569 474 (2018)
13CuítoProvincia de Bié512.706 (2018)
14SaurimoProvincia de Lunda Sul501 904 (2018)
15TalatonaProvincia de Luanda500 000 (2018)
15LobitoProvincia de Benguela436 467 (2018)

Cultura

[editar |editar a fonte]

A cultura angolana está por unha parte influída polas distintas etnias que habitaron o actual territorio do país desde hai séculos, principalmente osovimbundu,ambundu,congo,chócue eovambo. E por outra, pola presenza portuguesa na rexión de Luanda e máis tarde en Benguela a partir do século XVI, ocupando o territorio correspondente á Angola de hoxe desde o século XIX ata 1975. Esta presenza tivo fortes influencias culturais, coma a introdución dalingua portuguesa e ocristianismo.

Literatura

[editar |editar a fonte]

Malia ser un país plurilingüe, a maior parte da literatura de Angola está escrita en portugués.

Agostinho Neto, o primeiro presidente do país, foi tamén un recoñecido poeta. Outros escritores relevantes son Viriato da Cruz, Antonio Jacinto, Oscar Ribas, Ana Paula Ribeiro Tavares, Mario Antonio,José Eduardo Agualusa,Arlindo Barbeitos, Henrique Abranches,Pepetela, Botelho de Vasconcelos, Luandino Vieira eOndjaki.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraangolano.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed.Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 120.ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  3. Elikia M'Bokolo (2003). Vulgata, ed.África Negra: História e civilizações, tomo I, Até ao Século XVIII. Lisboa. 
  4. David Birmingham,Trade and Conflict in Angola. The Mbundu and their Neighbours under the Influence of the Portuguese. 1483–1790, Londres: Oxford University Press, 1966
  5. Ver James Duffy,A Question of Slavery, Oxford: Clarendon Press, 1967
  6. António Custódio Gonçalves (2005). Estampa, ed.A história revisitada do Kongo e de Angola. Lisboa. 
  7. David Birmingham (1965). Oxford University Press, ed.The Portuguese Conquest of Angola. Londres. 
  8. René Pélissier (1977). Edição do autor, ed.Les guerres grises: Résistance et revoltes en Angola (1845-1941). Montamets/Orgeval. 
  9. William G. Clarence-Smith, Slaves, peasants and capitalists in southern Angola, 1840-1926, Cambridge: Cambridge University Press, 1979
  10. Manuel Nunes Gabriel (1978). Literal, ed.Angola: Cinco séculos de cristianismo. Queluz. 
  11. Comerford, Michael; Grenfell, F. James (2000-11)."Historia da Igreja Baptista em Angola 1879-1975".Journal of Religion in Africa30 (4): 493.ISSN 0022-4200.doi:10.2307/1581588. 
  12. Portugal cedeu, provocando en consecuencia graves danos á imaxe dogoberno monárquico.
  13. Douglas Wheeler & René Pélissier (1971). Pall Mall, ed.Angola. Londres. 
  14. 14,014,114,2"The World Factbook.". Arquivado dendeo orixinal o 06 de maio de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  15. Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo, ed. (2011)."Informe sobre Desarrollo Humano 2011"(PDF). Consultado o 10 de febreiro de 2013. 
  16. "Flight from Angola".The Economist. 1975-08-16.ISSN 0013-0613. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  17. "Angola - The Portuguese Coup d'Etat and the End of the Colonial Era".countrystudies.us. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  18. Portugueses em Angola quadruplicaramArquivado 11 de marzo de 2009 enWayback Machine.,Jornal de Notícias, 10 de marzo de 2009. Consultado o 24 de setembro de 2019.
  19. Bender & Yoder 1976.
  20. Zenha Rela 1992.
  21. Das Glück liegt in Angola. Zehntausende Portugiesen kehren in die einstige Kolonie zurück, um als Gastarbeiter der wirtschaftlichen Misere in ihrem Heimatland zu entfliehen (A sorte está en Angola. Decenas de miles de portugueses regresan á antiga colonia para fuxiren, como traballadores convidados, da miseria económica no seu país de orixe)(enalemán). Consultado o 24 de setembro de 2019.
  22. Non confundir conCazengo, cidade duns 200.000 habitantes, enCuanza Norte.
  23. "Lista de municípios de Angola por população"(enportugués). 2021-12-15. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AngolaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Agadjanian, Victor & Ndola Prata (2002): "War, peace and fertility in Angola",Demography,39 (3): 215-231.
  • Gerald & Stanley Yoder (1976): "Whites in Angola on the Eve of Independence: The politics of numbers",Africa Today,21 (4): 23-37.
  • Zenha Rela, José Manuel (1992):Angola entre o presente e o futuro. Lisboa: Escher e Agropromotora.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Países membros daUnión Africana
Estados soberanos
Enteiramente
en Africa
Parcialmente
en Africa
Control de autoridades
Identificadores

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrexeografía é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Angola&oldid=6920942»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp