Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Angkor

Coord.:13°26′00″N103°50′00″L / 13.433333333333,103.83333333333
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAngkor
(km)ក្រុងអង្គរEditar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxicoEditar o valor en Wikidata
Parte deAngkorEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Siem Reap, CamboxaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 13°26′00″N103°50′00″L / 13.433333333333,103.83333333333
Composto por
54
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 35.100 haEditar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1992 (16ª Sesión),Criterios de Patrimonio da Humanidade:(i),(ii),(iii) e(iv)Editar o valor en Wikidata
En perigo1992 - 2004 Editar o valor en Wikidata
Identificador668-001
Historia
Cronoloxía
1992-2004lista do Patrimonio Mundial en Perigo
1431asedio de AngkorEditar o valor en Wikidata

Sitio webangkorenterprise.gov.khEditar o valor en Wikidata
BNE: XX456622

Angkor é un nome asociado á rexión deCamboxa na que se asentou o ImperioKhmer, que tivo o seu apoxeo entre os séculos IX e XV da nosa era. O período de Angkor pode definirse coma o período dende802, cando o monarca KhmerhinduístaJayavarman II se autodeclarou "monarca universal" e "rei divino" de Camboxa, ata1431, cando os invasorestailandeses saquearon a capital Khmer, provocando que a súa poboación tivese que migrar á áreameridional dePhnom Penh.

As ruínas de Angkor localízanse entre fragas e terras de labranza ao norte do Gran Lago (Tonle Sap) e o sur das Montañas Kulen, preto da actualSiem Reap. Foron declaradasPatrimonio da Humanidade polaUNESCO.[1] Os templos da área correspondente a Angkor superan o centenar, abarcando dende ruínas pouco definidas esparexidas nos campos de arroz ata a magníficaAngkor Wat, da que din é o monumento relixioso individual máis grande do mundo. Moitos dos templos de Angkor foron restaurados, e no seu conxunto constitúen as obras máis significativas da arquitectura Khmer. Son visitados anualmente por preto de dous millóns de persoas.

A área componse de varias localizacións arqueolóxicas de grande importancia:

En 2007 un equipo internacional de investigadores concluíu, mediante fotografías tomadas por satélite e outras técnicas modernas, que Angkor foi a meirande cidade preindustrial do mundo cunha expansión urbana de máis de 3.000 km². A segunda desta lista, a cidademaia deTikal (Guatemala) tiña entre 100 e 150 km².

Angkor participou na elección dasNovas sete marabillas do mundo como unha das 21 finalistas, aínda que finalmente non foi elixida.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "28th Anniversary of Angkor in the UNESCO World Heritage List".www.unesco.org(eninglés). Consultado o 05-03-2024. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AngkorModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Angkor (1992)  · Templo de Preah Vihear (2008)  · Sambor Prei Kuk (2017)  · Koh Ker (2023)
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Angkor&oldid=6854392»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp