Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Angela Gheorghiu

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaAngela Gheorghiu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ro)Angela BurlacuEditar o valor en Wikidata
7 de setembro de 1965Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Adjud, RomaníaEditar o valor en Wikidata
EducaciónNational University of Music Bucharest(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera, música, actrizEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1990Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoÓperaEditar o valor en Wikidata
ProfesoresArta Florescu eMia Barbu(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
TesituraSopranoEditar o valor en Wikidata

InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI ClassicsEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto Alagna(1996–2013)Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEICEditar o valor en Wikidata
Sitio webangelagheorghiu.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0315636Allocine: 540949Allmovie: p298026
BNE: XX1679461Spotify: 5pLMWE1tVs9C7F9Qqauo44Musicbrainz: 875705c2-152d-4ead-bfb2-16982ab419c3Songkick: 427025Discogs: 899551Allmusic: mn0000179761Editar o valor en Wikidata

Ro-Angela Gheorghiu.oggAngela Gheorghiu (axuda · info) (nome realAngela Burlacu), nada o7 de setembro de1965 enAdjud (Romanía),[1] é unhasoprano romanesa. Dende o seu debut profesional en1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas naMetropolitan Opera deNova York, aRoyal Opera House deLondres, aWiener Staatsoper deViena, oTeatro alla Scala deMilán e moitos outros teatros de ópera deEuropa e dosEstados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selosEMI Classics eDecca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas dePuccini, se ben é considerada, a raíz das súas interpretacións deLa traviata, como unha das mellores Violetta do mundo.[2]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]

Gheorghiu naceu en1965 enAdjud, unha pequena cidade na provincia romanesa deMoldavia a 300 km deBucarest, filla dun maquinista ferroviario amante da música e dunha modista. Gheorghiu creceu nunha familia sen tradición musical e sen interese no canto, «nin sequera la la la», bromea agora.[3] A relación co canto da soprano romanesa remóntase á súa primeira infancia, cando xa cantaba na escola infantil, sendo dende aquela cantante de ópera e estudante, Gheorghiu afirmaba nunha entrevista: «Son cantante dende que nacín».[4] Cando era nena, ocompositor edirector de orquestraestadounidenseLeonard Bernstein tiña un programa semanal na televisión romanesa, e o pai de Angela sintonizábao para velo coas súas dúas fillas, isto motivou que, xunto coa súa irmá máis novaElena Dan, Angela cantase ópera dende moi nova, converténdose as dúas en pequenas celebridades na súa cidade natal, como indicou: «Eramos as divas da vila».[5][6] Gheorghiu cantou por primeira vez en público aos seis anos de idade, xunto a súa irmá Elena, un canto de berce deBrahms no Pazo da Cultura da súa localidade natal. O seu evidente talento levaríaa finalmente á capital romanesa aos 14 anos de idade para estudar no George Enescu Lyceum.[3]

AOpera Națională Română din Cluj-Napoca, onde Gheorghiu realizou o seu debut operístico profesional en1990.

Estudos e inicios como profesional

[editar |editar a fonte]

Aos 14 anos, Gheorghiu comezou a estudar canto naUniversitatea Națională de Muzică București (Universidade Nacional de Música de Bucarest), principalmente conMia Barbu e conArta Florescu.[7][8] En1990 graduouse como a primeira da súa especialidade cun grao de honra.[6] A súa graduación seguiu ao derrocamento deNicolae Ceaușescu o ano anterior, o que lle permitiu procurar unha carreira internacional inmediatamente. Se ben o seu debut profesional foi con 18 anos interpretando a Solveig enPeer Gynt deEdvard Grieg, o seu debut operístico profesional tivo lugar naOpera Națională Română din Cluj-Napoca (Ópera Nacional Romanesa Cluj-Napoca) encarnando a Mimì enLa Bohème en 1990, e ese mesmo ano gañou a Belvedere International Competition.[8][9]

Gheorghiu realizou o seu debut internacional en1992 naRoyal Opera House deLondres no papel de Zerlina enDon Giovanni.[10] Ese mesmo ano debutou naWiener Staatsoper no papel de Adina enL'elisir d'amore, e en1993 fixo o seu debut naMetropolitan Opera deNova York encarnando a Mimì enLa Bohème, dePuccini.[2][11] Ao ano seguinte, en1994, debutou enLa Monnaie deBruxelas no papel de Micaëla na ópera deBizetCarmen, nunha representación que atraeu o interese de críticos como Joel Kasow, da revistaOpera News. Ese mesmo ano regresou á Royal Opera House para encarnar a Nina na ópera deMassenetChérubin.[12]

Éxito internacional

[editar |editar a fonte]

En1994, foi escoitada por SirGeorg Solti para unha nova produción deLa traviata que sería retransmitida polaBBC e gravada en directo porDecca. Durante un ensaio o propio Solti declarou:

Estaba en bágoas. Tiña que saír. A moza é marabillosa. Pode facer todo.[13]

O seu debut como Violetta no escenario londiniense levouna á fama internacional, os xornais e revistas anunciaron «Naceu unha estrela», e dende ese momento as súas aparicións nos teatros de ópera máis importantes do mundo non pararon de aumentar. En1995 asinou o seu primeiro contrato en exclusiva con Decca, gravando para o selo británico numerosos CDs e DVDs. Porén, unha traxedia familiar chegaría pouco despois, cando en1996 a súa irmá, a tamén soprano Elena Dan, morría a causa dunataque ao corazón aos 30 anos de idade o mesmo ano no que Angela contraía matrimonio cotenorfrancésRoberto Alagna. Co seu marido formaría parella artística durante moito tempo, sendo considerados a «Parella de Ouro da Ópera».[5][13]

En1998 asinou o seu segundo contrato en exclusiva, desta vez conEMI Classics, e ao ano seguinte participou cun grande éxito no concerto «Michael Jackson and Friends» que se celebrou na cidadealemá deMúnic[13]

Roberto Alagna e Angela Gheroghiu enCannes.

En decembro de2000, Gheorghiu interpretou o papel principal na películaTosca, dirixida por Benoit Jacquot, xunto conRoberto Alagna eRuggero Raimondi.[14] Ao ano seguinte, en2002, Gheorghiu interpretou a Xulieta na películaRomeo e Xulieta, xunto a Roberto Alagna eTito Beltrán, tamén realizada en DVD.[15]

En2003 debutou no papel de Nedda enPagliacci e no de Marguerite enFaust. GravouTosca (tamén levada ao cine en2001, dirixida polo director francésBenoît Jacquot) e Leonora enIl trovatore para EMI, e cantou por primeira vez o papel de Tosca na Royal Opera House en2006, colleitando un grande éxito.

Gheorghiu participou en numerosos concertos, cantando en solitario ou con outros compañeiros. Entre algúns dos máis importantes, a reapertura da Royal Opera House Covent Garden (1999) e oTeatro Malibran deVenecia (2001), e a inauguración doPalau de les Arts Reina Sofía deValencia en presenza da raíñaespañolaSofía en2005. Cantou tamén no «Prom at the Palace» en2002, o evento que sinala o Xubileu da RaíñaIsabel II, un concerto dispoñible en DVD. Tamén cantou na Gala do Xubileu da RaíñaBeatriz enÁmsterdam (2005), no New Year's Eve Concert doPalais Garnier enParís (2006), no «Met Summer Concert» enProspect Park (Nova York,2008), ou no concerto homenaxe aLuciano Pavarotti enPetra (2008). En2009, Gheorghiu foi invitada para homenaxear aGrace Bumbry durante o 32ºKennedy Center Honors, enWashington, D.C.. No acto cantou «Vissi d'arte» da ópera de PucciniTosca, en presenza do presidente dosEstados Unidos,Barack Obama.[16]

En novembro de2010, Gheorghiu realizou o seu debut na ópera deCileaAdriana Lecouvreur, unha nova produción da Royal Opera House,Covent Garden.The Observer escribiu:

É difícil imaxinar a alguén mellor que Angela Gheorghiu neste papel. A súa voz, lixeira como unha pluma e cremosa mais cun núcleo de aceiro, coincide coa forma líquida que se move no escenario. Ela é unha actriz natural e fixo a escena da morte desgarradoramente crible e a súa pegada na aria 'Poveri fiori' simplemente inesquecible.[17]

Por outra banda,The Telegraph sinalou:

Adriana é coñecida como unha bonita, doada de cantar para as envellecidas ou experimentadas prima donnas (non hai notas agudas difíciles, e unha orquestra dócil), así que Gheorghiu, no seu mellor momento vocal, debera tela atopado un xogo de nenos. Mais a súa primeira aria foi desigual e nerviosa, e amañou o final da segunda. Noutros momentos, en duetos e declamacións, cantou decotío de forma exquisita.[18]

En xullo de2011, Gheorghiu cantou o papel principal deTosca na Royal Opera House baixo a dirección deAntonio Pappano, e o seguinte setembro regresou alí para a reposición deFaust, que foi retransmitida en directo en salas de cine de todo o mundo. En abril de2012 debutou noTeatro Colón deBuenos Aires nun concerto de duetos con Roberto Alagna.[19]

En xuño de 2012, Gheorghiu celebrou os seus 20 anos dende o seu debut no escenario da Royal Opera House (Londres) nunha representación deLa Bohème con Roberto Alagna. En xullo dese mesmo ano impartiu a súa primeiramasterclass na Georg Solti Accademia deCastiglione della Pescaia,Italia. En novembro de 2012 regresou á San Francisco Opera para representar novamenteTosca, de Puccini. Nunha entrevista á revista austríaca Kurier en febreiro de 2014, Gheorghiu expresou o seu interese en representar o papel de Norma e de gravar o de Desdemona (Otello).[20] O seu debut máis recente nun papel foi o de Charlotte enWerther deMassenet en marzo de 2015 naWiener Staatsoper, cun grande éxito de crítica.[21]

Premios e recoñecementos

[editar |editar a fonte]

Gheorghiu ten gravado numerosos álbums de recitais e óperas completas, e ten aparecido en televisión e concertos. A gravación paraEMI Classics doManon deJules Massenet con Gheorghiu no papel principal gañou unPremio Gramophone á «Mellor Gravación de Ópera», e foi nomeada aoPremio Grammy á «Mellor Gravación de Ópera» en2002.[22][23] A gravación para EMI Classics deTosca dePuccini con Gheorghiu,Roberto Alagna eRuggero Raimondi nos papeis principais reportoulle oDeutscher Schallplattenpreis en 2002.[24]

Tamén ten gañado o Diapason d'Or, o Choc du Monde de la Musique enFrancia, o Cecilia Prize enBélxica, oPremio Echo, o Musica e dischi enItalia, o Foreign Lyric Production Award e o USA Critics' Award. Gheorghiu gañou o título de Female Artist of the Year dosClassic Brit Awards en2001 e2010,[25] e recibiu a Medaille Vermeille de la Ville deParís, así como o nomeamento deOfficier de l’Ordre des Arts et Lettres eChevalier de l’Ordre des Arts et Lettres polo Ministerio de Cultura de Francia.[13] En decembro de 2010, Gheorghiu foi nomeadaDoutor Honoris Causa pola Universidade de Artes en Iasi (Romanía)[26] e obtivo tamén a Estrela de Romanía, o máis alto galardón entregado polo Presidente de Romanía.[27] En outubro de2012, Gheorghiu recibiu a condecoración real Nihil Sine Deo do reiMiguel I de Romanía, como recoñecemento á súa contribución para promover a cultura romanesa no mundo.[28]

Controversias co Met e outros teatros

[editar |editar a fonte]
Gheorghiu mantivo unha difícil relación con diversos teatros, entre eles o Met.

En ocasións, Gheorghiu tivo difíciles relacións cos xerentes e directores dos teatros de ópera. Algúns, mais non todos, destes conflitos xurdiron pola súa oposición aos directores que, como ela mesma sinalou nunha entrevista ao xornalespañolABC «queren expresar as súas propias fantasías, esquecéndose das personaxes. Ás veces, o que se representa no escenario vai en contra da historia e da música».[29] Gheorghiu ten atribuído a súa franqueza á súa crianza en Romanía baixo o réximetotalitario de Nicolae Ceaușescu:

Porque eu crecín nun país no que non había a posibilidade de ter unha opinión, iso fíxome máis forte agora. Moitos dos cantantes teñen medo de non ser invitados novamente a un teatro de ópera se opinan. Mais eu teño o valor de ser, en certo modo, revolucionaria. Eu quero loitar pola ópera, para que sexa tomada en serio. Amúsica pop é para o corpo, mais a ópera é para a alma

— Angela Gheorghiu paraThe Times.[30]

Gheorghiu tivo unha relación problemática co antigo xerente da Metropolitan Opera (Met)Joseph Volpe logo do seu debut neoiorquino en1993 como Mimì. En1996, Gheorghiu foi elixida para encarnar a Micaela nunha nova produción deCarmen, conWaltraud Meier ePlácido Domingo. A produción de Franco Zeffirelli exixía a Micaela a levar unha perruca loira, co que Gheorghiu non concordaba. Cando o Met realizou unha xira poloXapón en1997, ela negouse a levala na primeira noite, e Volpe declarou: «A perruca continuará, con ou sen ti» e substituíuna por unha suplente.[31][32] En1998 regresou ao Met para seis representacións deRomeo e Xulieta xunto co seu marido, o tenor Roberto Alagna, como Romeo. Volpe planeara contratar a Gheorghiu para encarnar a Violetta Valery para unha nova produción deLa traviata, que se estrearía en novembro dese mesmo ano e estaría dirixida novamente por Zeffirelli. Alagna cantaría o papel do amante de Violetta, Alfredo Germont. Segundo Volpe, Gheorghiu e Alagna discutiron co persoal e o director sobre detalles da produción e demoraron continuamente a sinatura do contrato. Finalmente ambos firmaron os seus contratos e os enviaron ao Met un día despois da data límite. Volpe negouse a aceptalos e finalmente a produción contou conPatricia Racette eMarcelo Álvarez interpretando aos amantes.[31]

En setembro de2007, Gheoghiu foi despedida polo Xestor Xeral daLyric Opera of Chicago, William Mason, dunha produción deLa bohème por faltar aos ensaios e probas de vestiario, e en xeral por un comportamento «pouco profesional». Gheorghiu dixo nun comunicado que se perdera algúns ensaios por pasar tempo co seu marido, que estaba cantando no MetRomeo e Xulieta e ensaiando paraMadama Butterfly de Puccini, e engadiu:

Teño cantadoBoheme centos de veces, e pensei que perder uns poucos ensaios non sería unha traxedia. Era imposible facer as probas de vestiario ao mesmo tempo que estaba en Nova York.[33]

Seis meses despois, Gheorghiu realizou o seu debut naSan Francisco Opera, recibindo críticas favorables pola súa Magda na nova produción deLa rondine.[34][35] A produción da San Francisco Opera orixinouse na Royal Opera House de Londres, onde se estreou o7 de maio de2002 con Gheorghiu e Alagna como Magda e o seu amante Ruggero. É unha que admira en particular:

Cando o pano abre enLa rondine no Covent Garden, o público quedou sen alento e aplaudiu. A xente quere soñar. Se os directores queren facer algo novo coas óperas, por que non fan algo fermoso?[36]

A pesar destes desacordos, Gheorghiu e Alagna regresaron á Metropolitan Opera para cinco representacións deL'elisir d'amore en1999 e para catro representacións deFaust en2003. Gheorghiu tamén interpretou no Met a Liù enTurandot no ano2000; como Violetta enLa traviata xunto aJonas Kaufmann en2006 e2007; como Amelia enSimon Boccanegra en 2007; como Mimì enLa bohème en2008;[37] encarnou a Magda na tempada2008-09 na coprodución da Royal Opera House e a San Francisco Opera deLa rondine, a primeira representación desta ópera no Met dende1936;[38] e tamén na tempada2009-10, cando encarnou a Violetta, substituíndo o seu contrato previo como Marie Antoinette nunha nova e rara montaxe deThe Ghosts of Versailles deJohn Corigliano, que foi cambiada por problemas de presuposto da compañía.[39]

O31 de decembro de2008, Gheorghiu estreou unha nova produción deLa rondine no Met xunto con Roberto Alagna,Marius Brenciu,Lisette Oropesa eSamuel Ramey. A ópera fora interpretada por última vez no teatro máis de 70 anos atrás. Gheorghiu recibiu algunhas críticas favorables pola súa interpretación de Magda: «Gheorghiu encarna o papel, como actriz e cantante, cun carisma natural».[40] A opinión doNew York Times foi máis variada: «Vocalmente, os dous protagonistas son algo decepcionantes. A Sra. Gheorghiu, como Magda, canta cun son brillante e cores escuras no rexistro máis forte da súa voz. Mais o terreo rico do seu rexistro medio ás veces tórnase velado, e o seu rexistro grave é curiosamente feble».[41]

En agosto de2009, Gheorghiu cancelou todos os seus contratos para representacións deCarmen no Met de 2010 por «motivos persoais».[42] Debía ter sido a súa primeira representación pública do papel principal (escrito e normalmente cantado por unhamezzosoprano). Tamén cancelou outros contratos co Met cerca do final de2010. En marzo de2011 cancelou todos os seus contratos para a representación doRomeo e Xulieta de Gounod no Met alegando enfermidade. Só días despois de que cancelara todos os seus contratos para as representacións dunha nova produción deFaust durante a tempada2011-12. Segundo o seu representante, «ela sentíase incómoda co concepto». Peter Gelb, o xerente do Met, dixo que as súas frecuentes cancelacións se converteran nun «problema cada vez máis difícil para o Met». Gelb chegou a dicir que, dende aquela, os plans para que Gheorghiu regresara ao escenario do Met continuaban, e engadiu: «Isto non ten nada que ver con perrucas».[43] Gheorghiu regresou ao Met en decembro de 2014 para representar con éxito de crítica o papel de Mimi enLa Bohème, xunto a Michael Fabiano.[44] Para a tempada 2015-2016, está programado que represente Tosca por primeira vez no Met, na produción de Bondi.[45]

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Angela Gheorghiu casou, cando aínda era estudante, co enxeñeiro hidráulico Andre Gheorghiu,[6] de quen tomou o apelido e conservou logo de divorciarse del por consello da súa discográfica. Andre Gheorghiu pertencía a unha importante familia de músicos de Romanía.[3]

Roberto Alagna, segundo marido de Gheorghiu, en2004.

En1992, Gheorghiu coñeceu ao que sería o seu futuro marido,Roberto Alagna (con quen ten cantado frecuentemente no escenario e en gravacións de estudio), cando cantou con elLa Bohème naWiener Staatsoper. Dende o primeiro instante, segundo o esposo, sentíronse apaixonados, mais os dous estaban casados, e só casaron en1996 despois da morte da dona de Alagna por un cáncer de cerebro e do divorcio de Gheorghiu. A cerimonia tivo lugar durante unha representación deLa Bohème no escenario da Metropolitan Opera, na cidade deNova York coa presenza do daquela alcalde da cidadeRudolph Giuliani.[46]

Gheorghiu ten dúas fillas adoptivas: Ornella, filla de Alagna coa súa primeira muller, que vive enParís; e Uana, que vive enLondres e é a súa sobriña, filla da súa irmá Elena, que morreu nun accidente automobilístico en1996.[47]

Famosa polas súas esixencias e pola súa oposición ás producións que modernizan a acción ou a trama das óperas, a soprano viuse envolta nunha serie de escándalos debido aos cancelamentos e malos entendidos en producións nas que participou.[48] En2003, abandonou unha produción deLa Traviata enMadrid por discordar coa interpretación, que consideraba «vulgar». En2007, foi despedida daLyric Opera of Chicago por faltar a ensaios mentres viaxaba a Nova York.[49]

Estes feitos, sumados ao comportamento presuntamente imperioso da parella, reportáronlles a ela e a seu home Roberto Alagna unha especial cobertura dos medios, que lles outorgou varios alcumes:La Draculette,Bonnie & Clyde,Ceausescus.[46] Sobre o seu comportamento exixente e voluntarioso, Angela Gheorghiu confesou nunha entrevista:[50]

Porque eu crecín nun país onde non había ningunha posibilidade de ter unha opinión, iso fíxome máis forte agora. Moitos cantantes teñen medo de non ser convidados novamente por un teatro de ópera se se impoñen. Mais eu teño a coraxe de ser, en certo modo, revolucionaria. Eu quero loitar pola ópera, pois ela debe ser tomada en serio. A música pop é para o corpo, mais a ópera é para a alma.

Encarnando o modelo da diva ao estilo antigo, Gheorghiu é paradoxalmente unha estrela da ópera bastante moderna. Xa ten realizado numerosos rexistros discográficos e aparece frecuentemente en televisión e en concertos de grandes audiencias. O seu primeiro grande éxito, unha produción deLa Traviata dirixida porGeorg Solti, chegou a ser vista por máis dun millón de persoas noReino Unido.[51][52]

En 2006 foi escollida no posto 74 das «mulleres máis sexis do mundo» pola revistaFHM.[53][54] En outubro de2009, Alagna dixo nunha entrevista enLe Figaro que el e mais Gheorghiu se separaran.[55]

Despois da separación, Gheorghiu negouse a cantar con Alagna nunha produción deCarmen naMetropolitan Opera en decembro de 2009.[56] O divorcio, non obstante, foi cancelado en decembro dese mesmo ano.[57] Nunha entrevista en marzo de2011 para oDaily Express afirmou que ela e Alagna estaban xuntos de novo, e se lles viu de novo xuntos nobackstage daRoyal Opera House deLondres, onde Alagna estaba a interpretarAida. Tamén afirmou nunha entrevista que aínda quería cantar separada do seu home por un tempo.[58][59][60] Máis tarde ese ano, ambos inauguraron un anfiteatro grego noEmirato de Qatar.[61] En xuño de2012, cantaron xuntos en dúas representacións deLa Bohème na Royal Opera House para conmemorar os 20 anos dende que se coñeceran na mesma produción. Tamén cantaron nun concerto conxunto enBuenos Aires, e planearon representar xuntosManon Lescaut eAdriana Lecouvreur en tempadas futuras.[62] Gheorghiu dixo da súa separación: «Foi estúpido pola nosa parte estar separados».[63] Porén, en xaneiro de2013, Gheorghiu anunciou que acordaran o seu divorcio.[64]

Repertorio

[editar |editar a fonte]

Os papeis máis destacados que ten interpretado Gheorghiu ao longo da súa carreira inclúen, entre outros, a:[65]

Repertorio operístico
PersonaxeTítuloCompositor
CarmenCarmenBizet
AdrianaAdriana LecouvreurCilea
FannyMarius et FannyCosma
AdinaL'elisir d'amoreDonizetti
FedoraFedoraGiordano
XulietaRomeo e XulietaGounod
MargueriteFaustGounod
SuzelL'amico FritzMascagni
ManonManonMassenet
CharlotteWertherMassenet
NeddaPagliacciLeoncavallo
MimìLa BohèmePuccini
Cio-Cio SanMadama ButterflyPuccini
GiorgettaIl tabarroPuccini
AngelicaSuor AngelicaPuccini
LaurettaGianni SchicchiPuccini
MagdaLa rondinePuccini
ToscaToscaPuccini
LiuTurandotPuccini
LeonoraIl trovatoreVerdi
ViolettaLa traviataVerdi
NannettaFalstaffVerdi
AmeliaSimon BoccanegraVerdi

Características

[editar |editar a fonte]

Moitos críticos teñen aclamado a Angela Gheorghiu como unha das voces máis electrizantes do mundo da ópera, especializada na interpretación de heroínas románticas do repertorio francés e italiano.[12] Moitos dos que teñen escoitado á soprano romanesa coinciden na beleza do seu canto, a súa pulcra emisión e unha técnica depurada, malia que segundo as súas propias palabras, nunca tivera un instrutor para a voz ou canto.[2] Gheorghiu é unha intérprete bastante coidadosa coa súa voz, que construíu a súa carreira lentamente, concentrándose nos papeis cos que posúe unha maior afinidade vocal e interpretativa. Entre eles están: Violetta (La traviata), Mimì (La Bohème), Magda (La rondine), Adina (L'Elisir d'Amore) e Xulieta (Romeo e Xulieta).[66] En2003, ampliou o seu repertorio cos papeis de Nedda enPagliacci e Marguerite noFaust deGounod.

Gheorghiu ten sido eloxiada tanto polo seu talento dramático como pola súa voz. O colaborador da revistaOpera News John Allison referiuse á falla de novas divas no mundo da ópera como as sopranos que precederon a Gheorghiu, afirmando:

Gheorghiu, coa súa beleza animada, un ton de soprano suave e escuro que é á vez firme e vulnerable, máis presenza no escenario que moitas das súas predecesoras, chegou xusto no momento axeitado.[12]

Neil Crory defínea como unha soprano cun gran rexistro e unha voz escura que é tamén capaz de cantar papeis despinto.[67] Por outra banda, Alan Blyth define a voz da soprano romanesa como a «máis natural e persoal da súa xeración, capaz tanto dunha notable flexibilidade e de expresar un intenso sentimento».[8]

Discografía

[editar |editar a fonte]
A maior parte das gravacións de Gheorghiu foron realizadas co selo EMI Classics.
Artigo principal:Discografía de Angela Gheorghiu.

Angela Gheorghiu ten gravado numerosos discos, tanto de estudio como en directo, que colleitaron eloxios da crítica e numerosos premios.[13] Os seus rexistros discográficos abranguen óperas completas e discos recompilatorios de arias. A maior parte dos seus traballos discográficos tenos realizado co selo discográficoEMI Classics, mais tamén ten gravado conDecca, e en menor medida conRCA,Teldec,Warner Classics, Larghetto,Deutsche Grammophon, ouMediaPro Music. O seu primeiro contrato discográfico foi co selobritánico Decca en1992, e catro anos máis tarde realizou a súa primeira gravación con EMI Classics xunto co seu segundo marido Roberto Alagna,Duets and Arias (1996), con este último selo asinou un contrato en1998.[12]

Tamén ten realizado numerosas gravacións en vídeo de óperas e recitais, principalmente co selo EMI Classics, e en menor medida conDecca,Arthaus Musik,Kultur Video,Beckmann Visual Publishing eOpus Arte. Estas gravacións están dispoñibles enDVD eBlu-ray.[68]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. John Warrack and Ewan West, 'Gheorghiu, Angela',The Concise Oxford Dictionary of Opera, Oxford University Press, 1996; Nicolas Slonimsky and Laura Diane Kuhn,Baker's Biographical Dictionary of Musicians, Gale Group, 2001, p. 1264; David M. Cummings,'Gheorghiu, Angela',International Who's Who in Classical Music, Routledge, 2003, p.274
  2. 2,02,12,2Angela Gheorghiu en laopera.net
  3. 3,03,13,2"Biography". Arquivado dendeo orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  4. «Yo tengo el control en la ópera»ABC, 18 de maio de 2007
  5. 5,05,1Roberto Alagna – People Magazine, 21 de xuño de 1999
  6. 6,06,16,2Romania's divine diva has the voice of the age
  7. "Perfil en IMG artists". Arquivado dendeo orixinal o 31 de decembro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2013. 
  8. 8,08,18,2Blyth, Alan (2008). Oxford University Press, ed.The Grove Book of Opera Singers.Nova York. p. 188.ISBN 978-0-19-533765-5. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  9. "Vienna Chamber Opera: International Hans Gabor Belvedere Singing Competition". Arquivado dendeo orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  10. "Biography on Official website (2004)"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  11. "Biography of Angela Gheorghiu – The Metropolitan Opera". Arquivado dendeo orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  12. 12,012,112,212,3Angela Gheorghiu Biography
  13. 13,013,113,213,313,4"Biografía no sitio web oficial (2014)". Arquivado dendeo orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2014. 
  14. Tosca de Jacquot enInternet Movie Database
  15. Roméo et Juliette de Jacquot enInternet Movie Database
  16. Torrance, Kelly JaneKennedy Center honorees reflect America's diversity,The Washington Times, 7 de decembro de 2009
  17. Pritchard, StephenThe Observer, Londres, 21 de novembro de 2010
  18. Christiansen, RupertThe Daily Telegraph, Londres, 19 de novembro de 2010
  19. Artigo no Bucharest HeraldArquivado 14 de abril de 2012 enWayback Machine., 9 de abril de 2012.
  20. ""Warum muss sie sterben?"".Kurier(enalemán). 16 de febreiro de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  21. "Aufwühlender Seelenschmerz: Massenets Werther an der Wiener Staatsoper".Bachtrack(enalemán). 10 de marzo de 2015. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  22. 2002 Grammy NomineesArquivado 12 de setembro de 2008 enWayback Machine., Grammy Award Spotlight,CNN. Nota: os premios Grammy recoñecen os logros dos músicos no ano anterior.
  23. Paul CuttsAlagna scores second Gramophone Awards success,Gramophone, 19 de outubro de 2001.
  24. Deutscher SchallplattenpreisArquivado 22 de xullo de 2011 enWayback Machine. Detalles sobre o premio
  25. "Angela Gheorghiu won Classical Brit Award in 2010". Arquivado dendeo orixinal o 31 de decembro de 2010. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  26. Victoria CantirZiarul de Iasi, 07.12.2010
  27. Monitorul OficialArquivado 07 de outubro de 2011 enWayback Machine., Decretul 921 din 27 septembrie 2010 privind conferirea Ordinului National Steaua Romaniei in grad de Comandor
  28. "Decoratia regala Nihil Sine Deo". Arquivado dendeo orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2013. 
  29. "que quiere expresar sus fantasías, olvidándose de los personajes. A veces, lo que se representa en el escenario va en contra de la historia y de la música." por Susana Gaviña,«Yo tengo el control en la ópera»,ABC, 18 de maio de 2007. Consultado o 3 de xuño de 2008.
  30. Warwick Thompson,Her serene highnessArquivado 15 de xuño de 2011 enWayback Machine.The Times, 4 de maio de 2007
  31. 31,031,1Tommasini, Anthony (4 de abril de 1998)."Hesitating Celebrity Couple Loses a Met Opera Contract".The New York Times.
  32. Fiedler, Johanna (2001).Molto Agitato: The mayhem behind the music at the Metropolitan Opera. Doubleday, p. 299.ISBN 0-385-48187-X
  33. Lyric Opera of Chicago fires soprano Angela Gheorghiu Associated Press, víaThe International Herald Tribune, 28 de setembro de 2007. Consultado o 3 xuño de 2008.
  34. Joshua Kosman,Gheorghiu's debut worth the wait in Opera's 'La rondine',San Francisco Chronicle, 9 de novembro de 2007
  35. Georgia Rowe,"Angela Gheorghiu is the wind beneath the wings ofLa rondine",The Oakland Tribune, 13 de novembro de 2007
  36. Robert Thicknesse,The angel comes down to earthArquivado 15 de xuño de 2011 enWayback Machine.,The Times, 11 de xuño de 2004. Consultado o 3 de xuño de 2008.
  37. "Todas as representacións de Gheorghiu no Met"(eninglés). Nova York: The Metropolitan Opera. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  38. "[Met Performance] CID:352796"(eninglés). The Metropolitan Opera. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  39. Gelbert, Bruce-Michael."Thanks to Manhattan School, “Ghosts of Versailles” Return to Entertain & Haunt Again".QOnStage.com(eninglés). Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  40. Fruehauf, Rosemarie,"The Met'sLa rondine Charms"Arquivado 21 de outubro de 2013 enWayback Machine.,The Epoch Times, 15–21 de xaneiro de 2009
  41. Tommasini, Anthony (1 de xaneiro de 2009)."Puccini and Operetta? He Does It His Way".The New York Times. Consultado o 16 de abril de 2011.
  42. Walker, Tim,"Soprano Angela Gheorghiu refuses to sing in New Year",The Telegraph, 13 de agosto de 2009
  43. Wakin, Daniel J.."Gheorghiu Withdraws FromFaust at Met".The New York Times, 7 de marzo de 2011.
  44. "Winter Surprises at the Met: A Star is Born and a Stunning Voice Returns".Observer(eninglés). 18 de decembro de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  45. "The Metropolitan Opera"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 24 de marzo de 2015. Consultado o 2 de novembro de 2015. 
  46. 46,046,1Angela Gheorghiu and Roberto Alagna: A double act of arias and anger
  47. Lynn Barber (29-06-2003)."The soprano"(eninglés). Consultado o 28-12-2014. 
  48. Marty Umans (decembro de 2008)."Angela Assoluta"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 06-12-2008. Consultado o 18-02-2014. 
  49. Matthew Westphal (28-09-2007)."Angela Gheorghiu Responds to Lyric Opera Firing"(eninglés). Consultado o 28-12-2013. 
  50. "Warwick Thompson, Her serene highness"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 15 de xuño de 2011. 
  51. "La Traviata sensation clears BBC Two schedule".BBC(eninglés). 19 de xuño de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  52. "Angela Gheorghiu"(eninglés).Junta de Andalucía. Arquivado dendeo orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  53. Ed Vulliamy,Angela Gheorghiu and Roberto Alagna: A double act of arias and anger,The Observer, 17 de decembro de 2006;With a voice like that, she's allowed to be a nightmareArquivado 25 de setembro de 2019 enWayback Machine.,The Times, 11 de xuño de 2006.
  54. "ANGELA & ...demoni"(eninglés). enricostinchelli.it. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  55. Lutaud, Léna"Roberto Alagna et Angela Gheorghiu se séparent",Le Figaro, 8 de outubro de 2009
  56. Bernheimer, Martin"Carmen",Financial Times, 4 de xaneiro de 2010
  57. Antena 3."Soprana Angela Gheorghiu nu mai divorțează" 12 de decembro de 2009(enromanés).
  58. Grant, Brigit."Diva Angela Gheorghiu is a Little Angel".Daily Express, 13 de marzo de 2011.
  59. Angela Gheorghiu and her husband, tenor Roberto Alagna are back together, nova no Bucharest Herald do 14 de marzo de 2011
  60. Alagna nunha entrevista no Diapason de setembro de 2011.
  61. Townson, Peter (13 de decembro de 2011)."Cultural village amphitheatre opens with inspiring concert"Arquivado 14 de xaneiro de 2012 enWayback Machine..Gulf Times
  62. Franini, Piera Anna (26 de setembro de 2010)."Gheorghiu: è il mio periodo «zen»".Il Giornale. Consultado o 7 de xaneiro de 2013(enitaliano).
  63. Smith, Julia Llewellyn (25 de novembro de 2011)."Opera singer Angela Gheorghiu says of her marital difficulties with Roberto Alagna: 'It was stupid of us to be apart'".The Daily Telegraph. Consultado o 7 de xaneiro de 2013.
  64. Eden, Richard. (6 de xaneiro de 2013)."Opera's Posh & Becks, Angela Gheorghiu and Roberto Alagna, bow out".The Daily Telegraph. Consultado o 7 xaneiro de 2013.
  65. "Repertoire. Career"(eninglés). angelagheorghiu.instantencore.com. Arquivado dendeo orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  66. "Biografía. Angela Gheorghiu"(eninglés). last.fm. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  67. Crory, Neil (2005) "Recommended CD Recordings: Puccini: Angela Gheorghiu"Opera Canada 46(2): p.47
  68. "Discography. DVD"(eninglés). angelagheorghiu.com. Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Angela Gheorghiu

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Angela_Gheorghiu&oldid=6849664»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp