Aviso médico.Advertencia: A Wikipedianon dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Unaneurisma é unha dilatación que forma unha pequena protuberancia con forma de globo localizada e chea desangue, que se orixina na parede dunvaso sanguíneo en condicións patolóxicas, que nalgúns casos é mortal. Os aneurismas poden orixinarse en calquera vaso sanguíneo, pero os exemplos máis letais son os aneurismas docírculo de Willis (círculo arterial cerebral) nocerebro, oaneurisma aórtico, que afecta á arteriaaorta torácica e oaneurisma aórtico abdominal. Os aneurismas poden orixinarse no propio corazón despois duninfarto de miocardio, e entre estes están osaneurismas ventriculares e os septais auriculares.
A medida que un aneurisma aumenta de tamaño, o risco de rotura increméntase.[1] A rotura dun aneurisma orixina unhahemorraxia. Os aneurismas son o resultdo do debilitamento da parede dos vasos sanguíneos e poden orixinarse como resultado dunha condición hereditaria ou dunha doenza adquirida. Os aneurismas poden tamén ser un lugar de formación de coágulos (trombose) e deembolismos. A palabra procede dogrego ἀνεύρυσμα,aneurysma, 'dilatación', a partir de ἀνευρύνειν,aneurynein, 'dilatar'.
Un verdadeiro aneurisma é aquel que afecta ás tres capas da parede dunha arteria (íntima,media eadventicia). Os verdadeiros aneurismas son os ateroscleróticos, sifilíticos e conxénitos, xunto cosaneurismas ventriculares que se producen despois duninfarto de miocardio transmural (os que afectan a todas as capas da parede debilitada docorazón son tamén considerados aneurismas).[2]
Un falso aneurisma oupseudoaneurisma é unha acumulación de sangue que saíu totalmente fóra dunha arteria ou vea, pero que está confinado preto do vaso polo tecido circundante. Esta cavidade chea de sangue formará finalmente ou ben untrombo (coágulo) o suficientemente grande para selar o punto da hemorraxia ou ben se abre paso saíndo fóra do tecido que a rodeaba.[2]:357
Os pseudoaneurismas poden ser causados portraumas que perforan as arterias, como feridas de coitelo ou bala,[3] ou son resultado de procedementos cirúrxicospercutáneos como unhaanxiografía coronaria ou enxerto arterial (nun bypass),[4] ou pola utilización dunha arteria para inxectar substancias.[5]
Os aneurismas poden tamén clasificarse pola súa forma macroscópica e tamaño e descríbense como saculares ou fusiformes. A forma dun aneurisma non é específica dunha determinada doenza.[2]:357
Os aneurismas saculares son esféricos e implican só unha porción da parede do vaso; varían en diámetro de 5 a 20 cm de diámetro, e adoitan estar cheos, xa sexa parcialmente ou totalmente, por formarse neles untrombo.[2]:357
Os aneurismas fusiformes son variables tanto en diámetro coma en lonxitude; os seus diámetros poden chegar a 20 cm. Adoitan afectar grandes porcións doarco aórtico ascendente e transverso, aaorta abdominal ou menos fecuentemente asarterias ilíacas.[2]:357
Os aneurismas poden presentarse desde en forma de complicacións que poden ser mortais conshock hipovolémico aos que se encontran accidentalmente conraios X.[10] Os síntomas varían segundo o sitio onde se encontre o aneurisma e poden inclír os seguintes:
Os síntomas doaneurisma cerebral poden aparecer cando o aneurisma empuxa e preme algunha estrutura do cerebro. Os síntomas dependen de se o aneurisma rompeu ou non. Pode non haber ningún síntoma en absoluto ata que se produce a rotura do aneurisma.[11] Nun aneurisma que non rompeu poden parecer seguintes síntomas:
Os aneurismas fórmanse por diversas razóns. Contribúen moitos factores, incluíndo os que afectan a parede dun vaso sanguíneo e o sangue que circula por el.
Aterosclerose. Diferentes factores como aaterosclerose, poden contribuír ao debilitamento da parede dun vaso sanguíneo.[13] Os repetidos traumas causados polo fluxo do sangue por un vaso sanguíneo con parede debilitada poden contribuír á dexeneración de dita parede. Os danos causados pola hipertensión poden xerar esta dexeneración e acelerar a expansión do aneurisma. A medida que o aneurisma se expande, a tensión na parede do vaso increméntase, seguindo alei de Laplace.
A presión sanguínea no aneurisma expandido pode tamén danar os vasos que regan a propia arteria e que discorren pola súa parede (osvasa vasorum), debilitando aínda máis a parede. Sen tratamento, estes aneurismas progresan e finalmente rompen.[14]
Infección. Unaneurisma micótico é un aneurisma que é o resultado dun procesoinfecciosobacteriano (nonfúnxico malia o seu nome) que implica a parede arterial.[15] As localizacións máis comúns inclúen as arterias do abdome,coxa, pescozo e brazo. Un aneurisma micótico pode orixinar sepse, ou hemorraxias que poden ser mortais se o aneurisma rompe. Menos do 3% dos aneurismas aórticos abdominais son aneurismas micóticos.[16]
Deficiencia de cobre. Unha minoría dos aneurismas ten como causa adeficiencia de cobre, que produce unha diminucioón da actividade doenzimalisil oxidase, que afecta áelastina, un compoñente clave da parede do vaso[18][19][20] A deficiencia de cobre causa un adelgazamento da parede dos vasos,[21] e pode ser causa de morte en persoas con deficiencia de cobre,[22] polos e pavos.[23]
Aneurisma da arteria vertebral esquerda roto 7 mm que orixinou unha hemorraxia subaracnoidea vista con escáner de tomografía computarizada con contraste.
Odiagnóstico dun aneurisma cerebral roto faise normalmente ao encontrar signos de hemorraxia subaracnoidea nun escáner detomografía computarizada de raios X. Se o escaneo é negativo pero aínda se sospeita que pode haber un aneurisma roto baseándose en datos clínicos, pode realizarse unhapunción lumbar para ver se se detectasangue nolíquido cefalorraquídeo. Aanxiografía de tomografía computarizada é unha alternativa á anxiografía tradicional e pode realizarse sen necesidade decateterización arterial. Esta proba combina o uso dun escáner de tomografía computarizada tradicional cunha tinguidura de contraste que se inxecta nunha vea. Unha vez que se inxectou o contraste, este viaxa ata as arterias cerebrais, e as imaxes obtéñense utilizando o escáner tomográfico. Estas imaxes mostran como flúe exactamente o sangue polas arterias cerebrais. Outra técnica utilizada é aresonancia magnética.[24][25]
Historicamente, o tratamento dos aneurismas arteriais estaba limitado a intervencións cirúrxicas ou esperar en observación en combinación con controis dapresión arterial. En anos recentes, desenvolvéronse técnicas endovasculares ou minimamente invasivas para a maioría dos tipos de aneurismas. Os clips para aneurismas utilízanse en procedementos cirúrxicos.[26]
Hai actualmente dúas opcións de tratamento para osaneurismas cerebrais: os clips cirúrxicos (surgical clipping) ou as espirais endovasculares (endovascular coiling).[27] Hai actualmente un debate na literatura médica sobre cal dos tratamentos é máis apropiado en cada situación determinada.[28]
Osclips cirúrxicos foron introducidos porWalter Dandy doHospital Johns Hopkins en 1937. Consisten nunhacraniotomía para expoñer o aneurisma e pechar a base ou o colo do aneurisma cun clip. A técnica cirúrxica foi modificada e mellorada co paso dos anos.
Asespirais endovasculares foron introducidas porGuido Guglielmi enUCLA en 1991. Consisten en facer pasar uncatéter pola arteria femoral na ingua, e facelo chegar a través da aorta ata as arterias cerebrais, e finalmente ao aneurisma. As espirais de platino inician unha reacción decoagulación dentro do aneurisma que, se se fai con éxito, enche o espazo da bóveda do aneurisma e impide a súa rotura.[29] Aínda que o procedemento de seu foi e segue a ser comparado co clip cirúrxico, o desenvolvemento do concepto e do procedemento fixo que se converta no criterio de referencia en moitos centros.[29] Pode utilizarse undesviador de fluxo (flow diverter), pero non sen complicacións ás veces.[30]
Para os aneurismas na aorta, brazos, pernas ou cabeza, a sección debilitada do vaso pode ser substituída por un enxerto de bypass que se sutura na parte cortada. En vez de coser, os extremos do tubo do enxerto, que se fan ríxidos e expandibles por medio dun armazón de arame de nitinol, poden inserirse doadamente no seu reducido diámetro dentro do corte feito no vaso e despois expandidos ata teren o diámetro axeitado e fixados permanentemente alí por unha ligadura externa.[31][32] Recentemente desenvolvéronse novos aparatos para substituír a ligadura externa por un anel expandible que permite usalos nunha disección da aorta ascendente aguda e proporcionan unha anastomose estanca (é dicir, non dependente da integridade da coagulación) doada e rápida estendida á concavidade do arco.[33][34][35] Técnicas endovasculares menos invasivas permiten inserirenxertos stent metálicos cubertos a través das arterias da perna e despregalos a través do aneurisma.
Os aneurismas renais son moi raros e supoñen só do 0,1 ao 0,09% dos casos[36] e a súa rotura é aínda máis rara.[37] A opción primaria en aneurismas menores de 3 cm é un tratamento conservador controlando a hipertensión concomitante. Se aparecen síntomas ou se o aneurisma se agranda, entón debería considerarse facer unha reparación endovascular ou aberta.[38] As mulleres preñadas deberían ser tratadas cirurxicamente, debido ao alto risco de rotura do aneurisma, de ata o 80%.[39]
As taxas de incidencia dos aneurismas craniais estímase que están entre o 0,4% e o 3,6%. As persoas sen factores de risco teñen unha prevalencia do 2 ao 3%.[7]:181 En adultos, é máis probale que teñan aneurismas as mulleres. Son máis frecuentes en persoas entre os 35 e 60 anos de idade, pero poden darse en nenos tamén. Porén, os aneurismas son raros en nenos, nos que a prevalencia está entre o 0,5% e o 4,6%. A incidencia máis común dáse aos 50 anos, e normalmente non hai signos que a advirtan. A maioría dos aneurismas desenvólvense despois dos 40 anos.
Os aneurismas pediátricos teñen diferentes incidencias e características que nos adultos.[40] Os aneurismas intracraniais son raros na infancia, xa que o 95% de todos os aneurismas se dan en adultos.[7]:235
As taxas de incidencia son dúas ou tres veces maiores en homes que en mulleres, e nosvaróns hai máis aneurismas grandes e xigantes e menos aneurismas múltiples.[7]:235 En persoas brancas é 1,6 veces máis probable que as hemorraxias intracraniais se deban a aneurismas que a malformacións arteriovenosas cerebrais, mais son catro veces menos frecentes en certas poboacións asiáticas.[7]:235
A maioría dos pacientes de aneurisma intracranial, especialmente os nenos pequenos, presentan hemorraxia subaracnoidea e as dores de cabeza correspondentes ou déficits neurolóxicos. A taxa de mortalidade dos aneurismas pediátricos é menor que nos adultos.[7]:235
↑Norwood, M.G.A.; Lloyd, G.M.; Moore, S.; Patel, N.; Panditi, S.; Sayers, R.D. (2004). "The Changing Face of Femoral Artery False Aneurysms".European Journal of Vascular and Endovascular Surgery27 (4): 385–388.PMID15015188.doi:10.1016/j.ejvs.2004.01.001.
↑Li, JW; Wang, SM; Chen, XD (August 2004). "Management of femoral artery pseudoaneurysm due to addictive drug injection".Chinese Journal of Traumatology7 (4): 244–6.PMID15294105.
↑Lazar B. Davidovic, Slobodan I., Lotina Dusan M., KosticIlijas S., CinaraSlobodan D., Cvetkovic Dragan, M. Markovic, Bojan R. Vojnovic.Popliteal artery aneurysms World Journal of Surgery. August 1998, Volume 22, Issue 8, pp 812–817. doi:10.1007/s002689900475.
↑"A Cough Deteriorating Gross Hematuria: A Clinical Sign of a Forthcoming Life-Threatening Rupture of an Intraparenchymal Aneurysm of Renal Artery (Wunderlich's Syndrome)".Case Reports in Vascular Medicine2013: 1–3.doi:10.1155/2013/452317.
↑10,010,1Britton, the editors Nicki R. Colledge, Brian R. Walker, Stuart H. Ralston ; illustrated by Robert (2010).Davidson's principles and practice of medicine (21st ed.). Edinburgh: Churchill Livingstone/Elsevier. p. 604.ISBN978-0-7020-3085-7.
↑Manasco, Hunter. "The Aphasias".Introduction to Neurogenic Communication Disorders. p. 93.
↑Stephen J. Schueler, MD; John H. Beckett, MD; D. Scott Gettings, MD (August 18, 2010)."Berry Aneurysm in the Brain". freemd. Arquivado dendeo orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado oNovember 13, 2011.
↑Juvela, Seppo; Porras, Matti; Poussa, Kristiina (1 May 2008). "Natural history of unruptured intracranial aneurysms: probability of and risk factors for aneurysm rupture".Journal of Neurosurgery108 (5): 1052–1060.PMID18447733.doi:10.3171/JNS/2008/108/5/1052.
↑emedicine – Cerebral Aneurysm Author: Jonathan L Brisman. Coauthors: Emad Soliman, Abraham Kader, Norvin Perez. Updated: Sep 23, 2010
↑Rucker, RB; Kosonen, T; Clegg, MS; Mitchell, AE; Rucker, BR; Uriu-Hare, JY; Keen, CL (May 1998). "Copper, lysyl oxidase, and extracellular matrix protein cross-linking.".The American Journal of Clinical Nutrition67 (5 Suppl): 996S–1002S.PMID9587142.
↑Smith-Mungo, LI; Kagan, HM (February 1998). "Lysyl oxidase: properties, regulation and multiple functions in biology.".Matrix biology : journal of the International Society for Matrix Biology16 (7): 387–98.PMID9524359.doi:10.1016/s0945-053x(98)90012-9.
↑Tilson, MD (September 1982). "Decreased hepatic copper levels. A possible chemical marker for the pathogenesis of aortic aneurysms in man.".Archives of surgery (Chicago, Ill. : 1960)117 (9): 1212–3.PMID7202350.doi:10.1001/archsurg.1982.01380330070017.
↑Guenthner, E; Carlson, CW; Emerick, RJ (September 1978). "Copper salts for growth stimulation and alleviation of aortic rupture losses in turkeys.".Poultry science57 (5): 1313–24.PMID724600.doi:10.3382/ps.0571313.
↑Nazari Stefano (2010). "Expandable device type III for easy and reliable approximation of dissection layers in sutureless aortic anastomosis. Ex vivo experimental study".Interact CardioVasc Thorac Surg10: 161–164.PMID19933306.doi:10.1510/icvts.2009.216291.
↑Schorn B, Falk V, Dalichau H, et al. (1997). "Kidney salvage in a case of ruptured renal artery aneurysm: case report and literature review".Cardiovasc Surg.5 (1): 134–136.doi:10.1016/s0967-2109(95)00041-0.
↑Uflacker R. Interventional management of visceral artery aneurysms. In: Strandness DE, ed. Vascular Diseases: Surgical & Interventional Therapy. New York, NY: Churchill Livingstone; 1994:823–844.
↑Lumsden AB, Salam TA, Walton KG (1996). "Renal artery an?eurysm: a report of 28 cases".Cardiovasc Surg.4 (2): 185–189.