| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 525(Gregoriano) Dumbarton, Reino Unido |
| Morte | 600(Gregoriano) |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, escritor, Bardo |
| Pseudónimo literario | Neirin |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Aneu′rin Library of the World's Best Literature |
Aneirin ouNeirin foi un poetabritano do século VI. Crese que foi unbardo ou ‘poeta cortesán’ nun dos reinos deCumbria no “Vello Norte” “Yr Hen Ogledd”, probabelmente o deGododdin enEdimburgo, na modernaEscocia. Desde o século XVII o seu nome apareceu escrito incorrectamente comoAneurin.
As obras a el atribuídas consérvanse nun manuscrito de finais do século XIII coñecido como oLibro de Aneirin (ouLlyfr Aneirin engalés). A lingua foi modernizada ao galés medio, pero outras partes engalés antigo indican que polo menos algúns dos poemas datan de aproximadamente a época de Aneirin, e a súa atribución pode ser, xa que logo, xenuína. A obra puido ter sobrevivido pola tradición ora lata ser posta po rescrito por vez primeira, quizais noséculo IX.
A súa obra máis coñecida éY Gododdin, unha serie deelexías polos guerreiros do reino setentrional deGododdin que, aproximadamente no ano 600, caeron contra osanglos deDeira eBernicia nabatalla de Catraeth (se cadraCatterick enNorth Yorkshire). A poesía contén numerosas dificultades textuais e as interpretacións varían debido a iso. Unhastanza contén o que pode ser a máis antiga referencia aorei Artur, como un exemplo de bravura co que se compara un guerreiro morto: a identificación é, con todo, unha conxectura. O poema cóntanos que Aneirin estivo presente na batalla e, tras tomáreno prisioneiro, foi un dos catro (ou dous, noutras versións) sobreviventes britanos. Ficou cativo ata que Ceneu apLlywarch Hen pagou os eu rescate.
As mencións de Aneirin entre os fillos de Caw, un xefe do reino deStrathclyde, son tardíos e erróneos. A nai de Aneirin, Dwywei, é mencionada, con todo, en 'Y Gododdin'. Pode ser a mesma dona que segundo as liñaxes galesas antigas, casou co rei Dunod, quen se pensa que puido reinar enWest Yorkshire. Era tamén familiar doutro poeta britano, Cian Gwenith Gwawd.
A finais do século XVIII fixéronse intentos de identificar a Aneirin co escritor do século VIXildas, baseados na forma incorrecta do seu nome arriba indicada. Thomas Stephens pensou despois que o poeta fora fillo de Xildas. Ámbalas dúas ideas están agora desacreditadas.
Astríades galesas describen a Aneirin como "príncipe de bardos" e "de verso fluído".Nennio lóao entre os máis vellos poetas galeses ouCynfeirdd, contemporáneo deTalhaearn,Taliesin,Bluchbardd eCian. Hai referencias a Aneirin na obra dos Poetas dos Príncipes, pero a súa fama declinou a finais da Idade Media at ao rexurdimento da identidade gales apor parte de escritores anticuarios do período dosTudor. Hoxe, a reputación da súa poesía fica alta, se ben a identidade exacta do autor é algo máis controvertido.
| A Galipedia ten unportal sobre:Gales |
| AGalicitas posúe citas sobre: Aneirin |