Anco Marcio (642-617 a.C.) foi o cuartorei da Roma primitiva, sucesor deTulo Hostilio e predecesor deLucio Tarquinio Prisco.
Tras a misteriosa morte deTulio, osromanos elixiron a Anco Marcio, un personaxe pacífico e relixioso, para que os gobernase como novo rei. Era neto deNuma Pompilio e, como o seu avó, apenas estendeu os límites de Roma, loitando tan só en defensa dos territorios romanos cando foi preciso. Foi quen construíu a primeira prisión romana no outeiro do Capitolio.
Durante o seu reinado se fortificou oXanículo, na ribeira occidental dorío Tíber, para así fornecer maior protección á cidade por ese flanco, construíndose tamén a primeiraponte sobre o río. Outras das obras do rei foi a construción do porto romano deOstia na costa doTirreno, así como as primeiras factorías desalgado. O tamaño da cidade incrementouse grazas á diplomacia exercida por Anco, que permitiu a unión pacífica de varias aldeas menores en alianza conRoma. Grazas a este método, conseguiu o control doslatinos, realoxándoos noAventino, e consolidando así a claseplebea de Roma.
Tras 25 anos de reinado morreu posiblemente de morte natural, coma o seu avó, sendo lembrado como un dos grandespontífices de Roma. Foi o último dos reis latino-sabinos de Roma.