Unanacronismo (dogrego ἀνά 'contra' e χρόνος 'tempo') refírese a algo que non se corresponde ou parece non corresponder coa época á que se fai referencia. Por exemplo, se nunha obra de teatro que se desenvolve durante a antigarepública romana aparecera un personaxe usando unhacomputadora, a computadora sería un anacronismo.
Hai dous tipos de anacronismos: paracronismos e procronismos. Oparacronismo consiste en situar feitos do pasado nunha época posterior, por exemplo unha carruaxe de cabalos circulando por unhaautovía. Oprocronismo consiste en colocar feitos dunha época posterior nunha anterior, por exemplo, unlexionarioromano levando unreloxodixital. Os anacronismos poden ser reais ou ficticios e, se son ficticios, intencionados ou non intencionados.