Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ana, nai de María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Santa Ana.
Modelo:BiografíaAna, nai de María

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 55 a. C.Editar o valor en Wikidata
Belén, Estado de PalestinaEditar o valor en Wikidata
Mortec. 12Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Nazaret, IsraelEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturatumba da Virxe MaríaEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeuEditar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaparador(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IEditar o valor en Wikidata)
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de xullo (Católico romano)
December 9(en)Traducir (Cristianismo ortodoxo)
25 de xulloEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeXoaquínEditar o valor en Wikidata
FillosSanta MaríaEditar o valor en Wikidata
NaiEmerênciaEditar o valor en Wikidata
IrmánsSobe
EsmeriaEditar o valor en Wikidata
ParentesXesús de Nazaret,daughter's son
Xosé de Nazaret,xenroEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
visiónEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Ortodoxa Teolóxica
The Nuttall Encyclopædia >>>:Anne, St.Editar o valor en Wikidata

Santa Ana (dohebreoHannah,חַנָּה, que significa "graza"), descendente deDavid, foi a nai daVirxe María e avoa deXesús Cristo segundo a tradicióncristiá eislámica. O seu nome non aparece nosEvanxeos canónicos e noCorán.

Tradición

[editar |editar a fonte]

Segundo osEvanxeos apócrifos deSantiago e Pseudo-Mateo, un anxo visitou a Ana e o seu home,Xoaquín, despois de anos de infertilidade, para lles anunciar que ían concibir un fillo. Ana prometeu dedicar o meniño ao servizo de Deus. Xoaquín e Ana levaron a María a vivir ao templo cando esta tiña tres anos.

A historia non foi aceptada pola Igrexa de Occidente ata oséculo XIII, mentres entre aIgrexa ortodoxa o culto a Santa Ana data doséculo VI. Nos séculos XIV e XV existía a crenza do nacemento virxinal de Ana, denegada como erro poloVaticano en1677.

Santa Ana é a patroa deQuébec eBretaña, e das mulleres traballadoras e mineiros, e dos concellos galegos deCarballedo,Cedeira,Cortegada,A Lama,Monterrei,Oímbra,Petín eO Rosal.

En Galicia

[editar |editar a fonte]
Santa Ana, a Virxe e o Neno, escultura anónima (ca. 1520) daCatedral de Tui (Pontevedra).

En Galicia, Santa Ana é tamén titular de tres parroquias (Chaodarcas, noPereiro de Aguiar;A Portela do Trigal, do deCarballeda de Valdeorras; eA Barcia do Seixo, no daLama) e nome de cinco lugares.

Risco recolleu a seguinte lenda:

"Xesucristo tivo madre e non tivo padre. Santa Ana tivo padre e non tivo madre. Que como foi? Pois Santa Ana era filla dun hortelán que xa era santo e estando un día nun xardín coméu unha mazá das que había, e coa navalla con que a cortara, pois limpouna nunha perna, despóis de cortala, e de alí a pouco sintéu un timorciño alí na perna, andando alí cos dedos, e tivo aquil tumor nove meses, e de alí ós nove meses desapareceulle. Mais despóis viu unha neniña moi bonita no xardín, e il iba atrás dela, mais ela botaba a correr e desaparecía. E tivo un soño que lle decían que a chamase e que lle dixera: "Hija mía ven acá". E que logo había vir, e que a tivera por a súa filla. E foi Santa Ana."
Vicente Risco

Na cultura popular

[editar |editar a fonte]
  • Dixo doña Ana: terás sempre tela se non matas a raña.

Por terras deVerín, corre este dito que nomea así as sete semanas coaCoresma:Ana, Vagana[1],/ Rabeque, Susana,/ Lázaro, Ramos,/ en Pascua estamos.

Festa

[editar |editar a fonte]

26 de xullo

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nalgunhas fontes,Rabana.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • MOREIRAS SANTISO, Xesús:Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
  • RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", enHistoria de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, px. 348.
  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.):Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ana,_nai_de_María&oldid=6711809»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp