Ames é un concello daprovincia da Coruña, pertencente ácomarca de Santiago. Segundo oIGE, o 1 de xaneiro de2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en2012 29.331 habitantes, 27.900 no2010, 24.553 no2007, 23.219 no2006, 22.228 no2005, 20.840 no2004).O seu xentilicio(véxase no Galizionario) é «amesán».[1]
OtopónimoAmes, documentado naIdade Media comoOiames, podería ser unhidrónimo derivado da raíz indoeuropeaweg-, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural *Ugiamos ou *Ugiamas.[2][3]
O val da Amaía estivo moi vinculado desde aBaixa Idade Media ás principais e máis influentes liñaxes nobres. Situado no Camiño Xacobeo aFisterra, destaca aponte Maceira sobre orío Tambre en Agrón. No Milladoiro situábase o fito onde os peregrinos divisaban por primeira vez as torres da catedral compostelá. En 1812 constituíuse o concello de Biduído, adscrito ó partido xudicial de Santiago e á provincia única de Galicia. En 1821 o concello de Biduído integrouse na provincia da Coruña. En 1835 a capital pasou a ser a parroquia de Ames, cambiando o nome do concello. Destacan os Santuarios de Barouta e da Madalena e os pazos de Lens e Leboráns.