Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oamarelo oumarelo é unha cor cunha lonxitude de onda comprendida entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro decores visibles. Pódese considerar unha mestura entre as coresvermella everde. O amarelo é a cor complementaria do azul; opigmento amarelo absorbe a luz azul.
O amarelo é unha dascores primarias.

Coordenadas aproximadas da cor

[editar a fonte]
Triplete hexadecimal#008000
RGB (r, g, b)(0, 128, 0)
CMYK (c, m, y, k)(100, 0, 100, 50)
HSV (h, s, v)(120, 100, 100)

Uso, simbolismo e expresións coloquiais

[editar |editar a fonte]
  • É considerado o máis expansivo entre os matices, así como o que máis atrae aosollos. A exploración do seu uso ten unha grande importancia na obra deVincent van Gogh.
  • O amarelo era a cor símbolo do Emperador daChina, e por consecuencia, daMonarquía chinesa.
  • En moitos países, ostaxis son de cor amarela. Esta práctica, aparentemente comezou enNova York, por mor deHarry N. Allen que pintou o seu vehículo de cor amarela, logo de saber que esta cor era a máis visible a distancia.
  • A cor amarela, no teatro seica dá mala sorte polo contratempo que tivoMoliere, que morreu ó ve-la súa obraTartufo representada, e onde abundaban no decorado elementos desa cor.
  • A cor amarela tamén acostuma a se usar en moitos países nas "páxinas amarelas", que son directoriostelefónicos decompañías.

O marelo na cultura popular galega

[editar |editar a fonte]
  • Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi marelo por riba do rego.

Cantigas

[editar |editar a fonte]
  • A do refaixo amarelo/ vai na popa do navío,/ téndeme conta con ela,/ que non se caia no río.
  • Aínda que estou aquí cantando,/ triste está o meu corazón;/ téñocho máis amarelo/ que unha casca de limón.
  • Maruxiña, Maruxiña,/ a do refaixo amarelo;/ se te atopo no camiño/ non che ha de valer ‘non quero’.
  • Miña nai e maila túa/ van á feira a Paradela/ vende-lo becerro branco/ e maila vaca amarela.

Galería

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  amarelo
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  marelo
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AmareloModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Gran Enciclopedia Galega, Vigo 2003, tomo 2 s. v.amarelo.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Lista de cores

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Amarelo&oldid=5957682»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp