Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Amanita branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amanita branca
Clasificación científica
Reino:Fungi
División:Basidiomycota
Clase:Homobasidiomycetes
Subclase:Hymenomycetes
Orde:Agaricales
Familia:Amanitaceae
Xénero:Amanita
Especie:A. ovoidea
Nome binomial
Amanita ovoidea

Aamanita branca[1] (Amanita ovoidea) é uncogomelo que adoita medrar nos terreos calcarios en toda clase de bosques e bordos destes. É unha especie de fungo presente enGaliza.

Morfoloxía

[editar |editar a fonte]
Exemplares vellos de amanita branca

Tipicamente presenta unha tonafariñenta. Por iso enlingua catalá coñéceselle comafarinera. Estafariña cobre as marxes dochapeu e a superficie do pé, e está formada por millóns deesporas abrancazadas (de aí o nome galego) e restos doveo universal. Estaborralla despréndese de xeito doado, emporcando as mans de branco cando se toca.Primordio: en forma deovo, redondo pola parte superior e cuberto dun groso veo universal de 1 mm.

Chapeu: de 10 a 20 cm. dediámetro, primeiro hemiesférico e despois aberto, de corbranca, concutícula brillante, separábel, normalmente lisa mais algunhas veces con restos do veo universal en forma de escamas planas e irregulares. Marxe ceiba, grosa, fariñenta e floconosa.

Himenio: cubrindo a parte inferior dochapeu, formado porlamelas brancas, desiguais, serradas e achegadas.

: groso, de 10-20 x 2-4 cm., rexo, cilíndrico, un pouco bulboso na base, de cor branca, floconoso.

Anel: feble, pouco consistente, fariñento e de cor branca.

Volva: ampla, alta, membranosa, que persiste nos exemplares adultos, de cor branca a branca amarelenta.

Carne: consistente, de cor branca, de cheiro e sabor afariña.

Esporas: numerosas formando unha especie de masa fariñenta que cobre a marxe do chapeu e o pé, con esporas elípticas, de cor branca en masa e de 10 x 7micrómetros.

Hábitat

[editar |editar a fonte]

Terreos calcarios, enaciñeirais,piñeirais, marxes dos bosques e beirís dos camiños.

Risco de confusión con outras especies de cogomelos

[editar |editar a fonte]

Pódese confundir coaAmanita proxima, especie considerada tóxica, moi semellante áA. ovoidea pero máis miúda, co anel bastante persistente e estriado e a volva dunha marcada corocre.

Comestibilidade

[editar |editar a fonte]

É comestíbel mais é considera de baixa calidadegastronómica, non se recomenda o consumo para evitar confusións coaAmanita proxima ou copan da morte (Amanita phalloides).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nome vulgar galego enDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Amanita branca

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Amanita_branca&oldid=5607185»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp