Amalfi é unconcelloitaliano daprovincia de Salerno, na rexión deCampania. Ten 5.480 habitantes (en 2004) e esténdese por unha área de 6 km², cunha densidade de poboación de 904 hab/km².
Os primeiros testemuños da cidade datan doséculo VI, no século IX convértese nunha república marítima que rivalizaba con Pisa, Venecia e Xénova polo control doMediterráneo e a hexemonía do comercio de gran, escravos e sal. O seu código marítimo,Tavole Amalfitane, foi recoñecido no Mediterráneo ata1570. O máximo esplendor conseguiuno no século XI, aínda que decae rapidamente, no ano1131 foi conquistada polo normandoRoger II de Sicilia, e en1135 e1137 foi saqueada polos pisanos. En1343 un maremoto destrúe gran parte da cidade.
Destaca a catedral, en estilo árabe-siciliano. Comenzada no século XI, distínguese pola súa impoñente fachada, as portas en bronce realizadas o 1066 en Constantinopla e polo fermoso Coro do Paraíso.