América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e o Canadá, excluíndo a zona deMéxico a que ás veces se considera dentro deAmérica Central.[2]
Está aceptado amplamente que os nomes deAmérica do Norte e deAmérica do Sur denomináronse así porAmerigo Vespucci, e que foi ocartógrafoalemánMartin Waldseemüller quen lles puxo ese nome. Vespucci, que explorou América do Sur entre 1497 e 1502, foi o primeiro europeo en suxerir queAmérica non eran asIndias Orientais senón un novo mundo descoñecido para os europeos.[3]
Considérase Norteamérica como un subcontinente (ata México), noutros casos como un continente (os 3 tons de verde) ou unha subrexión da ONU (en verde claro).
Non hai un só criterio para definir este termo. Nos países castelanfalantes, o uso normalmente define Norteamérica como osubcontinente conformado poloCanadá, osEstados Unidos (incluíndoAlasca),México, oIstmo de Tehuantepec,Groenlandia e illas adxacentes. En cambio nos países angloparlantes e outros, adóitase considerar Norteamérica como uncontinente que está conformado polos territorios antes mencionado ademais deCentroamérica e asAntillas, presentando un límite natural conSuramérica máis ou menos á fronteira actual de Panamá/Colombia. Doutra banda, oxeoesquema da ONU usa "América do Norte" como descrición cultural angloamericana, conformando unhasubrexión conformada polos Estados Unidos e o Canadá (excluíndo México).
De acordo coas probasarqueolóxicas, a ocupación humana de América do Norte comezou durante oPlistoceno, no períodocuaternario, hai uns 50.000 anos. Probablemente, pobos mongoloides chegaron ao norte deAmérica desdeAsia en torno áúltima gran glaciación, a través dunha lingua de terra que atravesaba a zona que actualmente ocupa oEstreito de Bering, creando unha ponte terrestre, desde onde se empezaron a estender cara ao sur e o leste.[6]
Os primeiros habitantes eran pobos doPaleolítico que vivían dacaza e da recolección, e empregabanferramentas non moi diferentes das coñecidas enSiberia. Máis tarde foron desprazados por outros grupos que posuían ferramentas máis evolucionadas. Crese que estes pobos son os primeiros devanceiros dospobos amerindios, os cales desenvolveron culturas complexas e habitaban o continente na época na que chegaron por primeira vez oseuropeos.[7]
Osantropólogos teñen diversas teorías achega da orixe dasprimeiras poboacións que se estableceron en América do Norte. Os pobos indíxenas teñen toda unha serie de mitos cos que intentan explicar que xa estaban establecidos nesta terra desde que se creou. O consenso é que os indíxenas norteamericanos chegaron por primeira vez desdeAsia durante a últimaIdade do xeo, moi probablemente a través daponte terrestre de Bering, e posiblemente tamén, con barcos primitivos.
Antes do contacto cos europeos, os pobos indíxenas de América do Norte dividíanse en múltiples entidades políticas, desde pequenos grupos dunhas poucas familias a grandes imperios. Vivían en varias áreas culturais que se correspondían en grandes liñas coas distintas zonas xeográficas e biolóxicas que ocupaban e que dan unha boa idea dos distintos usos e costumes da xente que vivían alí (por exemplo, os cazadores debisontes dasGrandes Chairas, ou os agricultores deMesoamérica). Estes grupos indíxenas tamén se poden clasificar pola súafamilia de linguas (por exemplo, aatapascana ou auto-azteca), aínda que é importante ter en conta que as persoas con linguas da mesma familia non sempre compartían a mesma cultura material, nin sequera foron sempre aliados.
Os antropólogos cren que osinuit doÁrtico chegaron a América do Norte moito máis tarde que outros grupos indíxenas, como o demostra a desaparición das ferramentas dacultura Dorset, segundo osrexistros arqueolóxicos, e a súa substitución polas do poboThule. É posible que en Norteamérica houbese varios pobos entre os seus primeiros poboadores.[11] A evidencia máis coñecida que apoia esta teoría é o achado doHome de Kennewick.[12]
O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban os diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave noimperio azteca, civilización que caeu ante Cortés en1521. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polostlaxcaltecas, os cales convertéronse en aliados deHernán Cortés. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.[16]
Antes de1600, os casteláns dominaran os pobos indíxenas das illas máis grandes dasAntillas, deFlorida e do sur deMéxico. Por motivos administrativos, as colonias creadas polaCoroa de Castela na área deMéxico agrupáronse novicerreinado de Nova España. Logo de consolidar o seu control sobreNova España, as autoridades castelás avanzaron gradualmente cara ao norte, completaron aconquista de México e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son osEstados Unidos de América. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuaisTexas eNovo México nos Estados Unidos.[24]
MentresCastela consolidaba a súa posición na América do Norte meridional,Francia eInglaterra exploraron e colonizaron o subcontinente desde oCanadá cara ao sur. En xeral,Inglaterra eCastela eran aliados en política internacional durante a primeira metade doséculoxvi, polo que os ingleses non intentaron competir conCastela en Norteamérica.Francia (o principal rival de Castela pola hexemonía enEuropa) entrou na carreira colonial con algún atraso, con todo, as súas adquisicións noNovo Mundo foron importantes. Así, en1524, o naveganteflorentinoGiovanni da Verrazzano, ao servizo deFrancia, percorreu a costa norteamericana desde ocabo Fear, ao norte, ata o punto no que normalmente se identifica comoIlla de Cabo Bretón. No curso desta viaxe explorou as baías deNarragansett eNova York.[25] Pola súa banda, o francésJacques Cartier realizou tres viaxes entre1534 e1542, e explorou a costa que hai entre oGolfo de San Lourenzo, orío San Lourenzo e un asentamento de pobos amerindios onde máis tarde se situariaMontreal.[26][27]Francia reivindicou a parte setentrional de América do Norte a partir de todas estas expedicións pero, debido á crise provocada en Francia polaReforma protestante, os franceses estiveron obrigados a suspender a actividade colonial durante máis de medio século. Con todo, desde1599, estableceu postos de comercio de peles ao longo dorío San Lourenzo e, posteriormente, numerosos sacerdotesxesuítas franceses chegaron a estas rexións. Entre os máis destacados destes exploradores atópaseSamuel de Champlain (o cal fundouQuebec en1608 e explorou o territorio onde hoxe se atopaNova York),[28] o misioneiro xesuítaJacques Marquette e o naveganteLouis Jolliet, os cales percorreron xuntos a parte superior dorío Mississippi e baixaron cara ao sur ata a rexión que hoxe en día ocupaArcansas.[29][30] O1682, un dos máis destacados pioneiros de NorteaméricaRobert Cavalier e o seu socio, oitalianoHenri de Tonty, percorreron o Mississippi dende a súa unión corío Ohio ata ogolfo de México, e reclamaron todos os territorios bañados por aquel río paraLois XIV de Francia.[31][32] É na súa honra que bautizaron estas terras co nome deLuisiana.[33]
A coroa inglesa reclamou os seus dereitos sobre Norteamérica baseándose na viaxe deGiovanni Caboto entre1497 e1498, pero durante case un século non fixo ningún intento decolonización. A primeira colonia inglesa en América do Norte foi fundada en1583 preto da actual cidade deSaint John's (Terra Nova) polo navegante e soldadoHumphrey Gilbert,[34] pero os colonizadores volveron aInglaterra ese mesmo ano. Noutras dúas ocasións (nos anos1585 e1587)Walter Raleigh intentou establecer unha colonia nailla de Roanake (Carolina do Sur) pero, cando os exploradores ingleses visitaron Roanoke en1591 non encontraron rastro dos colonos.[35] Non foi ata o ano1607 en que se fundou a primeira colonia inglesa permanente en América do Norte, a deJamestown, Virxinia.[36] Máis tarde foi creada en1620 a colonia de Plymouth, á beira da baía doCabo Cod,[37] e a colonia da baía deMassachusetts estableceuse entre os anos1628 e1630.[38] Despois de1630, os ingleses colonizaron sistematicamente todo o litoral atlántico entreAcadia (unha antiga colonia francesa) eFlorida. O1664 anexionáronse a colonia holandesa deNova Ámsterdan (fundada en1624) e que rebautizaron comoNova York,[39] e os asentos xunto aorío Delaware que os holandeses arrebataran aos colonossuecos en1655.[40]
A principios da década de1690, a maior parte de América do Norte (dende oCanadá ata ogolfo de México) estaba ocupada porFrancia eInglaterra . As colonias francesas estaban moi dispersas: os principais asentamentos atopábanse noCanadá e preto da desembocadura dorío Mississippi, mentres que unha liña de postos comerciais e militares, situada ao longo dos cursos fluviais dos ríosOhio eMississippi, conectaba ambas as rexións.[41] As posesións inglesas consistían en doce colonias que se estendían polo litoral atlántico. A décimo terceira,Xeorxia, foi incorporada o1732.[42]
Como consecuencia dos seus intentos de expansión cara ao oeste, máis aló dasmontañas Allegheny, os ingleses entraron finalmente en conflito cos franceses no val dorío Ohio. En1689, as dúas potencias comezaron unha loita pola supremacía militar e colonial. En América do Norte, o conflito desenvolveuse en catro fases sucesivas:
Outros eventos marcaron a historia de América do Norte durante os séculosXIX eXX, e ocasionaron que a importancia dosEstados Unidos se incrementase como resultado do crecemento sen precedentes da súa poboación e da explotación da riqueza das súas terras, do aumento do seu territorio, así como a resolución de moitos problemas económicos e políticos internos (como aescravitude[48] e a unidade do novo país) e a súa aparición a finais doséculo XIX comopotencia mundial.[49]
A expansión territorial dos Estados Unidos estivo marcada por unha serie de guerras contra os pobosamerindios, os que se resistían á invasión das súas terras.[50]
Entre o1832 (cando o xefeamerindioFalcón Negro iniciou unha guerra na defensa das terras situadas ao leste dorío Mississippi) e o1877 (cando opobo nez perce deOregón foi derrotado)[51] os pobos amerindios dasGrandes Planicies, no suroeste, e dasMontañas Rochosas loitaron contra case todos os movementos migratorios dos colonos de orixeeuropea cara ao oeste. Gran parte da oposición armada á autoridade dos Estados Unidos orixinouse entre ossíux e chegou ao seu punto culminante nabatalla de Little Bighorn (25 de xuño de1876) que tivo lugar no territorio da actualMontana. Nesta batalla unha gran forza desíux echeyennes do norte aniquilaron un destacamento do VII Rexemento de Cabalaría dos Estados Unidos dirixido polo tenente coronelGeorge Armstrong Custer.[52] Ao final, con todo, non só foron os conflitos armados os que dominaron estes pobos, senón a asimilación pola forza e a expropiación das súas terras por medio dos tratados e alexislación.
Os Estados Unidos exerceron ao longo dos últimos séculos un papel hexemónico no continente, que comezou en1823 coadoutrina Monroe (proclamación feita polo presidenteJames Monroe pola que osEstados Unidos non permitirían que as potencias europeas controlasen máis territorios americanos dos que xa foran propietarios naquela época).[53] Esta doutrina conduciu a unha políticaimperialista, en especial naAmérica Central e noCaribe. O único conflito internacional serio foi a guerra entreMéxico e os Estados Unidos (1846 -1848) que provocou a perda por parte mexicana deTexas ,Novo México eCalifornia mediante oTratado de Guadalupe Hidalgo.[54] Durante oséculo XX, a tendencia ás boas relacións entre os diferentes estados americanos tomou forma en1910 co estabelecemento daUnión Panamericana.
A ponte de terra deBerinxia entre o ano 21000 a.C. e o tempo presente
Aínda que se perderon un gran número de linguas indíxenas desde aconquista europea, aínda se falan máis de 250 linguas autóctonas (pertencentes a máis de 40familias lingüísticas distintas), principalmente en México e os Estados Unidos. En México, recoñécense unhas 60 linguas indíxenas que están recoñecidas como linguas nacionais cooficiais. Nos Estados Unidos e o Canadá, as linguas indíxenas non teñen recoñecemento oficial, e a gran maioría delas sonlinguas ameazadas. En México as linguas indíxenas teñen recoñecemento oficial, e a secretaría de educación publica materiais escolares nalgunhas destas linguas.
En canto ás linguas alóctonas de América do Norte, oinglés, ofrancés e oespañol, teñen recoñecemento oficial. Ademais nos Estados Unidos existe un gran número de comunidades inmigrantes que seguen usando as súas linguas orixinarias.
Hoxe en día, aslinguas máis estendidas en América do Norte son oinglés, oespañol e ofrancés. O termoAngloamérica é usado algunhas veces para referirse aos países anglófonos de todo o continente americano. O termoAmérica Latina refírese á zona de América onde aslinguas romances (derivadas dolatín) predominan. Ambos termos poden ser empregados para o subcontinente norteamericano.
Alingua inglesa, aínda que non é oficial, é a lingua común deEstados Unidos. É a lingua maioritaria das dúas linguas cooficiais no Canadá. Tamén é a lingua oficial nas illasBermudas, que son unha dependencia británica.
Alingua castelá, aínda que non é oficial, é a lingua nacional[61] de México segundo aLey General de los Derechos Lingüísticos dese país e é a segunda lingua máis falada nos Estados Unidos. México ten a maior poboación de hispanoparlantes no mundo e os Estados Unidos o segundo.[62][63][64][65][66][67]
Alingua francesa historicamente xogou un papel importante en América do Norte e mantense presente en varias rexións. NoCanadá é a lingua oficial máis falada da provincia doQuebec, ademais de ser unha das dúas oficiais na provincia deNovo Brunswick. Fronte á costa deTerra Nova, as illas deSaint-Pierre-et-Miquelon son dependencias francesas, e no estado daLuisiana (ao sur dosEstados Unidos) quedan pequenas comunidades bilingües (francés e inglés).
Aagricultura é relativamente máis importante enMéxico que nos demais países de América do Norte e, segundo datos do ano2003, proporcionaba emprego a máis do 25% da man de obra (fronte ao 3% dosEstados Unidos e oCanadá).[72] Aagricultura de subsistencia é importante en todoMéxico, especialmente no sur, con todo, a agricultura comercial desenvolveuse adecuadamente en moitas áreas, sobre todo na chaira central e o norte do país. Os principaiscultivos son omillo, osorgo, otrigo e osfeixóns (destinados todos eles, na súa maior parte, o consumo doméstico), e oalgodón, ocafé e acana de azucre, cultivados principalmente para oexportación. Tamén produce importantes cantidades defroitas (comolaranxa,manga,limón,lima,sandía,uva epapaia, entre outros), e desenvolve unha notable actividade gandeira (vacún).[73][74][75]
A extracción de minerais é unha actividade económica que reporta cada vez máis importancia nos Estados Unidos, Canadá e México.[84] Estados Unidos foi un dos principais produtores mundiais de petróleo durante moitos anos,[85] Canadá foi un importante produtor desde finais da década de 1940[86] e México converteuse nun dos principais países na produción mundial depetróleo a finais da década de 1970.[87] Os Estados Unidos ocupa o segundo lugar entre os produtores degas natural do mundo e é tamén un dos primeiros países produtores decarbón, extraído todo nos vastos xacementos dosApalaches. O mineral deferro é desde hai tempo importante nos Estados Unidos e o Canadá, obtido sobre todo dos xacementos situados ao redor do extremo occidental dolago Superior. Recentemente extraéronse grandes cantidades deste mineral na área fronteiriza entre as provincias deQuebec,Terra Nova eLabrador, ao leste do Canadá. Entre os minerais que se explotaron en considerables proporcións atópanse ocobre, aprata, ochumbo, ocinc, oníquel, oxofre, oasbesto, ouranio, osfosfatos e opotasio.[88]
Aindustria foi desde hai moito tempo o principal sector económico dos Estados Unidos. A concentración defábricas está situada nas áreas urbanas do cinto industrial que se estende desdeBoston aChicago. Con todo, desde adécada de 1950 as manufacturas expandíronse considerablemente noutras partes do país, especialmente nas grandes cidades deCalifornia e os estados do sueste. A produción está moi diversificada, con énfase nos metais primarios e elaborados, o procesamento dealimentos, amaquinaria, o equipo electrónico e aerospacial, os vehículos de motor, os produtos químicos etéxtis, aconfección, opapel e o material impreso.[89]
A industria tamén é unha importante actividade económica noCanadá. As fábricas céntranse nas cidades deOntario, oQuebec, aColumbia Británica eAlberta, pero, sen dúbida,Toronto eMontreal constitúen os principais núcleos industriais. As empresas canadenses elaboran unha gran variedade de produtos, especialmente alimentos procesados e bebidas, equipamento paratransporte,papel e outros produtos derivados da actividade forestal, metais primarios e fabricados, produtos químicos e equipamento eléctrico e electrónico.[90]
A industria converteuse progresivamente unha parte importante da economía mexicana desde adécada de 1940. A industria pesada, coasiderurxia e a eléctrica, ten unha longa tradición enMéxico. Dentro da industria manufactureira destacan os produtos químicos, aroupa e ocalzado, os alimentos procesados, os vehículos de motor e os seus repostos, os materiais de construción, e os equipamentos eléctricos e electrónicos. As empresasmaquiladoras, establecidas preto da fronteira cos Estados Unidos, dedícanse á ensamblaxe de produtos para a importación a ese país. ACidade de México é, con diferenza, o seu principal centro industrial, pero algunhas outras cidades (comoMonterrey eGuadalaxara) contan con importantes concentracións fabrís.[91]
América do Norte consome grandes cantidades de enerxía. En canto ao Canadá, este país ten unha maior dependencia da hidroeléctrica ca os Estados Unidos de América e México, mais tamén usa altas cantidades de petróleo egas natural.[92] O gran consumo de enerxía dos Estados Unidos require grandes importacións de petróleo e gas natural, destinadas a complementar a considerable produción interna de carbón, petróleo,gas natural eenerxía hidroeléctrica enuclear.[93] A produción de enerxía de México aumentou de modo significativo nos anos setenta e principios de 1980, favorecida por un aumento na demanda interna e externa de petróleo e degas natural. En 2008, México foi o sétimo maior produtor de petróleo de todo o planeta e o terceiro de toda América.[94]
América do Norte tivo unha poboación dispersa ata épocas relativamente recentes. Coa importante excepción dos habitantes da zona central deMéxico (asmesetas e osvales que rodean o actualCidade de México), os pobosindíxenas do subcontinente vivían diseminados xeograficamente e posuían unha gran diversidade cultural. Os asentamentos europeos nosubcontinente iniciaron un cambio case total na súa xeografía humana, xa que oseuropeos minguaron e desprazaron os pobos indíxenas, a forma de vida destes sufriu grandes alteracións. A maioría da poboación actual de América do Norte é de ascendencia europea, pero tamén engloba outros grupos significativos tales comomestizos e negros así como existen importantes minorías de amerindios e de persoas provenientes de Asia.
Nel sitúase a segunda illa meirande do mundo (Groenlandia), e tamén medran as árbores máis altas do mundo (sequoias) que chegan ata os 83 metros de altura con diámetros de ata 9 metros. É osubcontinente con maior consumo enerxético e a rede de transportes e comunicacións máis densa do mundo. Inclúe a maior vía acuática de comunicación (golfo de México ->río Mississippi ->Grandes Lagos ->Canle de San Lourenzo ->Atlántico Norte).
A masa está asentada sobre a Placa de Norteamérica. Comprendendo oEscudo Canadense. A masa desprendeuse de Europa e de África do norte a finais da era precámbrica, hai 570 millóns de anos.
↑John McIntosh:The discovery of America by Christopher Columbus: and the origin of the North American Indians. Editado por W. J. Coates. Orixinal do ano 1836 da Universidade de Míchigan. Dixitalizado o 1 de xullo de 2005. 152 páxinas.
↑Samuel Eliot Morison:The European Discovery of America. The Northern Voyages A.D. 500-1600.Nova York: Oxford University Press (1971).
↑Laura Matthew i Michel R. Oudijk:Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica. Editado pola Universidade de Oklahoma Press,2007.ISBN 0-8061-3854-8.
↑David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US,1993.ISBN 0-19-508557-4
↑Salas Elgart, Pedro Félix:El Tratado Interamericano de Asistencia Reciproca de Rio de Janeiro,1947. Editado pola Editorial Jurídica de Chile,1962. 291 páxinas.
↑Según el estudio deDemografía de la lengua españolaArquivado 12 de xuño de 2009 enWayback Machine. (en la página 33), con datos de la Oficina de Censos de Estados Unidos, en el año 2005 había 42,71 millones de «hispanos», de los que el 85 % hablaban español como lengua materna (36,31 millones). Si en 2007 la población hispana es de 45,50 millones, el 85 % son 38,68 millones
↑International Energy Agency (iae) (ed.)."Resources to Reserves 2013"(PDF)(eninglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 28 de setembro de 2019. Consultado o 26 de novembro do 2017.Tecnoloxías do petróleo, gas e carbón para os mercados enerxéticos do futuro
↑Harold F. Williamson e outros (1963)).The American Petroleum Industry, 1899-1959, the Age of Energy. Evanston, Illinois: Northwestern Univ. Press.
↑W.A. Ver Wiebe (1950)).North American and Middle Eastern Oil Fields. Wichita (Kansas).