Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: orío Amazonas enSuramérica, e orío Mississippi enAmérica do Norte.
A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura:amerindios eesquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América);europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), eafricanosnegros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.
Fálanse variosidiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é oespañol, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.
Outros idiomas importantes son(enumerado por número de falantes):
Mapuche (ou mapudungun) - lingua indíxena falada por aproximadamente 440 mil persoas enChile e aArxentina.
Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e no Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.
Segundo a teoría máis aceptada actualmente, osamerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixesiberiana que migraron a América poloestreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como osmaias, osaztecas e osincas.
A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.