Amébidos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Amoeba sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Amoeba |
Osamébidos ouAmoebidae son unha familia de microorgnismos eucarióticos do grupo dosamebozoos,[1] nos que se inclúen as amebas que producen moitos pseudópodos de lonxitude indeterminada. Os seus pseudópodos son case cilíndricos con endoplasma granular e sen subpseudópodos como os que se encontran noutros membros da claseTubulinea. Durante a locomoción un pseudópodo é xeralmente o dominante e os outros retráense a mediada que o corpo se despraza. Nalgúns casos a célula móvese como se "camiñase", utilizando pseudópodos relativamente permanentes que lle serven como unha especie de "patas".
Os xéneros máis importantes na familia sonAmoeba eChaos, que se diferencian dos demais por teren cristas lonxitudinais.
Algunhas fontes inclúen neste grupo aDictyostelium discoideum.[2]