Amán[1] ouAman[2] (Árabe:عمان ʿAmmān), a capital do reino deXordania, con máis de 1 200 000 habitantes, é o centro comercial, industrial e administrativo do país.
A historia urbana de Amán ten por berce oJebel al-Qal'a (a Cidadela), un outeiro rico en auga e dominante dos arredores. Ocupado con asentamentos dende oneolítico (achados do quinto milenio antes da nosa era), primeiro nun socalco intermedio e despois (cara ao 2200 aC) trasladado ó superior xa con muralla e terrapléns defensivos (2000-1550 aC), semella ter rematado coma recinto sacro cun pequeno asentamento retirado do socalco máis baixo do outeiro (1550-1200 aC)[3].
O lugar volta a adquirir relevo (en torno ao 1000 aC) coma capital, citada frecuentemente naBiblia, do reino rival dosisraelitas na outra beira doXordán, osamonitas, e co nome de Rabbat Ammon. No século VIII e VII aC, coma vasalo do imperio neoasirio, o reino amonita e a súa capital experimentaron unha gran prosperidade. Un novo recinto amurallado arredor de todo o outeiro, templos e pazo real asemade cunha rica estatuaria o testifican.
Trala caída no poder dos babilonios (582 aC) o reino amonita desaparece. Foi renomeada Filadelfia polos gregos dadinastía tolemaica (Tolomeo II Filadelfos, 283-246 aC) e coma tal pasou ao poder romano no século I aC (unha das integrantes da rexión da Decápolis).
Pero o reflorecemento da vila non tivo lugar ata oséculo II da nosa era[4]. Probablemente coma cidade intermedia na ruta entrePetra ePalmira, foi reconstruída có característico estilo clásico monumental do urbanismo romano: no val do pequeno río Sayl ao pé da Cidadela de Rabbat Ammon corría, de leste a oeste, undecumanus máximus porticado pola beira norte do río; na beira sur o foro co gran Teatro (6000 espectadores) na ladeira do outeiro veciño e oOdeón[5]. Uns propileos servían de entrada monumental ó acceso á antiga Cidadela novamente amurallada, na que os romanos concibiron unha acrópole presidida polo templo deHércules.
Máis ao oeste, por un val perpendicular ó do río, unha nova rúacolumnada remataba preto dunha gran fonte monumental (nympheum). Xusto no seu encontro co decumanus foi construída a basílica catedral cando o cristianismo deveu a relixión do imperio eFiladelfia en sé episcopal (polo menos dende o325)[6]. No ano363 un gran terremoto destruíu a Cidadela e os templos pagáns non foron reconstruídos, converténdose o outeiro no barrio bizantino da vila arredor de dúas igrexas.
Co establecemento doCalifato Omeia na próximaDamasco a vila (que árabes preislámicos renomearan Amman noséculo VI) foi unha importante capital provincial. No730 comezou a reconstrución da Cidadela onde se erixiu un conxunto palaciano conmesquita no socalco superior[7][8][9]. A mesquita do venres da vila foi erixida no val a carón da antigacatedral cristiá.
A prosperidade durou pouco: novos terremotos e o traslado da capital califal aBagdad cosabásidas (750) foron deixando progresivamente na ruína e abandono a Cidadela. Para o tempo das cruzadas (s. XII) Amán era xa unha vila sen importancia e noséculo XIV practicamente abandonada.
En1887 tivo lugar o renacemento de Amán coma cidade cando oImperio Otomán recolocou refuxiados musulmáns do norte doCáucaso (circasiáns que fuxiran daRusia tsarista) no terreo da antiga vila en ruínas. Pero foi a construción, na primeira década doséculo XX, do ferrocarril entreDamasco eMedina (en principio para facilitares a peregrinación áMeca) o que puxo novamente a Amán no mapa[10].
Precisamente a estación foi a primeira sede do novo Emirato deTransxordania (xermolo do Reino de Xordania) cando Abdullah I elixiu a vila como a súa capital en1921, que se mantivo coma unha pequena cidade ata despois dasegunda guerra mundial[11].
En1949, trala formación do estado deIsrael, unha primeira vaga de refuxiados palestinos fixo medrar considerablemente a súa poboación. O fenómeno reproduciuse de maneira dramática en1967 coaGuerra dos Seis Días e dende entón con cada un dos graves conflitos na rexión (os últimos as guerras do Golfo).
Coma consecuencia Amán ten acadado nunhas décadas as proporcións de metrópole pero cunha absoluta falla do planeamento axeitado, o que xera os problemas habituais (amoreamento, ausencia de infraestruturas e servizos) nas urbes do terceiro mundo[12].
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed.Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 134.ISBN84-9749-199-8. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014.
↑Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303.ISBN9788482887524.Aman (Xordania)
↑Planta da Cidadela de Amán; "Rabbath of the Ammonites", Timothy Harrison (pdf. páx. 16)[1][Ligazón morta]
↑Planta de Filadelfia na época romana; "Philadelphia of the Decapolis", Alastair Northedge (ibídem páx. 28)
↑Vista dende a Cidadela das ruínas do foro de Filadelfia co Teatro e o Odeón (fotografía de 1867)[2]Arquivado 17 de outubro de 2013 enWayback Machine.
↑Vista dende a Cidadela das ruínas do suroeste de Filadelfia: os restos do nymphaeum, a catedral e a mesquita omeia; en primeiro termo os propileos de ascenso á "acrópole" do Jebal al-Qal'a (fotografía de 1867)[3]Arquivado 17 de outubro de 2013 enWayback Machine.
↑Vista de paxaro da Cidadela dende o norte coa traza do Pazo Omeia en primeiro termo[4]