Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alvinella pompejana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alvinella pompejana
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Annelida
Clase:Polychaeta
Orde:Terebellida
Familia:Alvinellidae
Xénero:Alvinella
Especie:A. pompejana
Nome binomial
Alvinella pompejana
Desbruyères e Laubier, 1980

Alvinella pompejana, chamado verme de Pompeia, é unha especie de vermeanélidopoliqueto de augas profundas. É unextremófilo que se encontra só enfontes hidrotermais mariñas doocéano Pacífico, descuberta a inicios da década de 1980 nos fondos dasillas Galápagos porbiólogos mariños franceses.

Nome

[editar |editar a fonte]

O verme de Pompeia recibe ese nome pola cidade dePompeia doImperio Romano, que foi destruída durante unha erupción volcánica domonte Vesubio no ano 79 d. C. O seu nome xenérico e de familia (Alvinella eAllvinellidae) derivan do nome do vehículo submerxible de grandes profundidadesAlvin, que leva tres tripulantes e foi utilizado durante o descubrimento de chemineas hidrotermais e a súa fauna a finais da década de 1970. A familia Alvinellidae contén outras oito especies, en dous xéneros, pero ningunha é quen de igualar o límite de tolerancia á calor ao que chegaA. pompejana.

Introdución

[editar |editar a fonte]

En 1980Daniel Desbruyères eLucien Laubier, uns poucos anos despois do descubrimento do primeiro sistema dechemineas hidrotermais, identificaron un dos animais máis tolerantes á calor da Terra,Alvinella pompejana, o verme de Pompeia.[1] Foi descrito como un poliqueto de augas profundas que reside nos tubos próximos ás chemineas hidrotermais, do leito mariño. En 1997, o biólogo mariñoCraig Cary e colegas atoparon os mesmos vermes nunha nova sección do océano Pacífico, preto deCosta Rica, tamén asociado ás chemineas hidrotermais. O novo descubrimento e os traballos seguintes supuxeron importantes progresos no coñecemento científico destes vermes especiais.[2]

Poden alcanzar os 13 cm de lonxitude e son grises claros, con branquias parecidas a tentáculos vermellos nas súas cabezas. Quizais o máis fascinante desta especie é que o extremo da súa cola está a miúdo exposto a temperaturas de ata 80 °C, mentres que a súa cabeza plumosa sobresae fóra dos tubo en auga que está proporcionalmente moito máis fría, a 22 °C.[3] Os científicos intentan comprender como o verme de Pompeia pode soportar temperaturas tan extremas estudando as bacterias que forman unha cuberta pelosa no seu dorso. Como vive nunha relaciónsimbiótica coas bacterias, o verme segregamucus por pequenas glándulas do seu dorso cos que alimenta as bacterias, e estás á súa vez, protéxenos con certo grao de illamento. As bacterias sonquimiolitótrofas, contribuíndo á ecoloxía da comunidade do respiradoiro hidrotermal. Investigacións recentes suxiren que as bacterias poderían xogar tamén un importante papel na alimentación dos vermes.[4]

Estes vermes viven adheridos áschemineas negras e prosperan a temperaturas constantes de 45 a 60 °C e mesmo de ata 105 °C durante un certo tempo,[3] o que fai que o verme de Pompeia sexa o animal complexo máis tolerante á calor coñecido pola ciencia despois dostardígrados, que poden sobrevivir a temperaturas de 150 °C.

Bioloxía

[editar |editar a fonte]

Alcanzan unha lonxitude de 13 cm, e teñen dorsos "peludos"; estes "pelos" son en realidade colonias debacterias, comoNautilia profundicola, que se cre que lle dan ao verme certo grao de illamento da calor. As glándulas do dorso do verme segregan un mucus do cal se alimentan as bacterias, o que é unha forma desimbiose. Os vermes de Pompeia forman grandes colonias agregadas encerradas en delicados tubos finos como o papel.

Este verme ten unha cabeza con aspecto plumoso. As plumas son estruturas con forma de tentáculo, que son asbranquias, coloreadas de vermello polahemoglobina.

Bacterias simbióticas

[editar |editar a fonte]

Aínda que non se sabe con exactitude como o verme de Pompeia pode sobrevivir nas severas condicións reinantes nos respiradoiros hidrotermais, sospéitase que a resposta está na capa de bacterias de aspecto peludo do dorso do animal; esta capa pode ser de ata 1 cm de grosor. As bacterias poden posuírproteínas especiais, "encimaseuritérmicos", que proporcionan ás bacterias, e por extensión aos vermes, protección fronte a un amplo rango de temperaturas. As bacterias poden tamén proprocionarillamento térmico.[3] Os estudos están dificultados polas dificultades de tomar mostras; ata agora non se conseguiu que estes vermes sobrevivan á descompresión.

O estudo dos vermes de Pompeia e as súas bacterias simbióticas podería levar a significativos avances nas industriasbioquímica,farmacéutica,téxtil,papeleira e dosdeterxentes.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. D.Desbruyères, L. Laubier -Alvinella pompejana gen.sp. nov., Ampharetidae aberrant des sources hydrothermales de la ride Est-Pacifique - Oceanologica Acta, 1980
  2. "NSF-OLPA - Scientists Succeed at First-Ever Attempt to Sequence DNA at Sea (2001)". Arquivado dendeo orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  3. 3,03,13,2Grime, J. Philip; Pierce, Simon (2012).The Evolutionary Strategies that Shape Ecosystems.John Wiley & Sons. pp. 121–123.ISBN 978-1-118-22327-7. 
  4. Grzymski, J. J.; et al. (2008)."Metagenome analysis of an extreme microbial symbiosis reveals eurythermal adaptation and metabolic flexibility".PNAS105 (45): 17516–17521.Bibcode:2008PNAS..10517516G.PMC 2579889.PMID 18987310.doi:10.1073/pnas.0802782105. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alvinella_pompejana&oldid=6820143»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp