Hauts-de-France[1] é unharexión francesa. Creada a partir dareforma territorial de 2014 coa fusión deNorte-Paso de Calais ePicardía, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralaseleccións rexionais de decembro de 2015.[2] O Consello de Estado de Francia aprobou Hauts-de-France (Alta Francia) como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016.[3] A rexión abarca unha área de máis de 31 813 km2 (12 283 sq mi) e contaba no 2015 cunha poboación de 6 009 976 habitantes.[4] A súa capital e cidade máis poboada éLille.
O nome temporal deNord-Pas-de-Calais-Picardie foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada[5] dos nomes das agora abandonadas denominacións rexionais deNorte-Paso de Calais e dePicardía.
O 14 de marzo de 2016, con suficiente anticipación á data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional aproba "Hauts-de-France" como o nome definitivo da rexión[1][5], supoñendo o abandono do nome provisional para o 30 de setembro de 2016.[3]
Ao igual que sucede coa rexión doGran Leste, o nome deAlta Francia non contén referencia algunha á historia ou identidade da área, limitándose a describir a súa posición xeográfica dentro da Francia metropolitana.