Alofi é acapital deNiue, un país situado noocéano Pacífico. Ten unha poboación estimada de 639 habitantes segundo o censo realizado en2011. A cidade está formada por dous barrios;Alofi Norte eAlofi Sur, sendo este último o máis poboado e onde se atopa a sede do goberno. Alofi ten a distinción de ser a segunda cidade capital de país máis pequena en termos de poboación (logo deNgerulmud, capital dePalau).
Atópase no centro dabaía Alofi na costa oeste da illa, preto do único paso noarrecife de coral que rodea a Niue a unha distancia de 2481´43 km deAuckland, capital deNova Zelandia. A baía esténdese polo 30% da lonxitude da illa (uns sete quilómetros) desde Halagigie Point no sur ata Makapu Point no norte.
Enxaneiro de 2004, ociclón Heta matou dúas persoas e destruíu a maior parte da illa, incluíndo o hospital. Os edificios gobernamentais foron, a partir de entón, transferidos a unha área menos exposta chamadaFonauakula, que se sitúa 3 km cara ao interior da illa,[1] pero aínda dentro dos límites de Alofi Sur.
Alofi conta cunclima ecuatorial naClasificación climática de Köppen, sen unha perceptibletempada seca. A cidade conta cunha tempada notablemente máis seca de xuño a setembro. Pero, todos estes meses cae unha media de máis de 60 mm de choiva, o límite para un mes seco. Do mesmo xeito que outras cidades con este clima, as temperaturas medias mantéñense relativamente constantes durante todo o ano, a 25 graos Celsius.
A gran maioría das rúas da cidade atópanse pavimentadas, na cidade non existen liñas de autobús debido a que non é necesario pola súa baixa poboación, o que se que existen son autobuses que se collen no centro da cidade e trasládanche a outro punto deNiue, tamén existen algúns cidadáns que a cambio de algo de diñeiro exercen de taxistas, posto que a localidade tampouco dispón detaxis. No terreo aéreo, a cidade é servida poloAeroporto Internacional de Niue, situado 7 km ao norte da mesma e que ten voos operados porAir New Zealand con destinoNova Zelandia.