Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Almonte

Coord.:37°15′40″N6°31′03″O / 37.2612,-6.5176
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlmonte

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 37°15′40″N6°31′03″O / 37.2612,-6.5176
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de HuelvaEditar o valor en Wikidata
CapitalAlmonteEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación24.863(2024)Editar o valor en Wikidata (28,88hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie861 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Altitude75 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataQ131177044TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal21730Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE21005Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webalmonte.esEditar o valor en Wikidata
BNE: XX454560

Almonte é unconcelloespañol daprovincia de Huelva, enAndalucía. En2011 o municipio tiña 22.525 habitantes sendo o terceiro municipio provincial en poboación (só superado porLepe eHuelva) e a cuarta cidade (superada ademais porIsla Cristina).

Atópase situada a unha altitude de 75metros e a 55 quilómetros da capital de provincia,Huelva. No termo municipal de Almonte, o máis extenso daprovincia de Huelva, atópanse a praia deMatalascañas, a aldea deEl Rocío, coñecida pola súaromaría, e o Parque Nacional deDoñana.

Historia

[editar |editar a fonte]

Están localizados restos daidade de bronce no termo almonteño, o cal indica que a presenza dunha poboación no termo onde agora se sitúa a Almonte remóntase moito máis atrás na liña do tempo. Esta poboación, segundo as investigacións realizadas sobre a situación e os seus cascallos, puido ter un contacto comercial activo congregos efenicios.

Tamén se ten constancia de que osromanos estiveron en Almonte, xa que no Cerro do Trigo hai unha factoría dedicada a actividades pesqueiras da época dos romanos. Tamén houbo presenzaárabe en Almonte, xa que casualmente, o nome da localidade provén dunha raíz arabesca.

Praza no centro da cidade (Praza Virgen del Rocío).

Almonte foireconquistada a comezos doséculo XIII, mediante a incorporación áCoroa de Castela daTaifa de Niebla, baixo réxime deprotectorado. Tras a revolta dos mudéxares de1264, estataifa incorporouse ao territorioreguengo doreino de Sevilla. En 1369 creouse oCondado de Niebla, no cal non se incluíu Almonte. Noséculo XIV Almonte chegou a enfrontarse co condado por motivos municipais. Podémonos atopar aos Duques deMedina Sidonia como señores de Almonte, acabándose os enfrontamentos con Niebla (xa que estes eranCondes de Niebla). Os Duques de Medina Sidonia buscaban un territorio unido con Niebla, Sanlúcar e a propia Almonte.

As guerras e crises xurdidas noséculo XVII minguaron a poboación de Almonte nunha porcentaxe próxima ao 50% (de 420 de 1642 a 273 en1713), aínda que se recupera de xeito espectacular unhas décadas despois, superándose a finais doséculo XVIII os mil cincocentos habitantes.

Durante o século XVIII e o XIX, os almonteños viven daagricultura (como ooliveiral e oviñedo) e, grazas á abundante superficie forestal na zona, tamén puido sosterse unha gran poboación gandeira, da calcabras,ovellas,porcos ecolmeas habitaban en maior número. O gran territorio da súa provincia permite aos habitantes de Almonte que non falten os recursos alimenticios.

O nome de Almonte e Doñana proxéctanse a España grazas á ermida deEl Rocío a finais do XIX. Hoxe en día Almonte vive daagricultura, como viña facendo desde oséculo XVIII, aínda que o sector servizos estase convertendo nun motor de riqueza moi importante. O turismo de sol e praia que se desenvolve na próxima praia de Matalascañas xunto á proxección mundial da súa aldea deEl Rocío.

Demografía

[editar |editar a fonte]

En2007, o municipio superou en habitantes aIsla Cristina e ségue en poboación aLepe eHuelva a nivel provincial grazas ao desenvolvemento do núcleo de poboación de Matalascañas que alcanzaba en 2009 os 2.927 habitantes, e á cada vez maior poboación censada enEl Rocío, que alcanzaba no mesmo ano os 1.604 habitantes.

Evolución demográfica
1900193019501970198120002010
6.9178.28710.50011.56612.95917.68722.204

Festas populares

[editar |editar a fonte]
Igrexa parroquial
  • Semana Santa: a Semana Maior almonteña experimentou grande auxe desde os anos noventa, contando actualmente con cinco desfiles procesionais. ODomingo de Ramos sae desde a ermida do Cristo o Señor da Borriquita. OMércores, desde o mesmo templo, é a quenda da Irmandade de Xesús Cativo e a Virxe do Rosario. O resto de Confrarías saen da parroquia da Asunción: oXoves Santo Xesús do Gran Poder e a Virxe da Quinta Angustia, oVenres Santo o Cristo da Misericordia e a Virxe das Dores e oSábado Santo o Santo Enterro e a Soidade.
  • Romaría de El Rocío: É a festa popular de Almonte na cal reúnense millóns de peregrinos todos cun mesmo pensamento ver á Branca Pomba, a romaría dura exactamente unha semana para os habitantes de Almonte tendo o seu día de maior esplendor é o domingo de madrugada.
  • A Feira: está recollida no recinto municipal do Chaparral. Comeza ao empezar o verán tendo o seu día de maior esplendor o sábado. Esta festa é en honra ao patrón de Almonte, San Pedro cuxo día é o29 de xuño. O último día de feira que sempre cae en luns, é festa local e celébrase unhacorrida de touros, no recinto gandeiro. O26 de xuño chegan a Almonte as eguas desdeEl Rocío, é a coñecidaSaca das Eguas, que xa leva máis de 510 anos celebrándose.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Almonte


Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Almonte&oldid=6593936»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp