Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Almiscre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oalmiscre (doárabeal-mísk e este dosánscritomusk, 'testículo') é un grupo de substanciasaromáticas que se usan comobase enperfumaría. Inclúense secrecións glandulares de animais, plantas que emiten cheiros similares e mesmo materiais artificiais con arrecendos parecidos. Orixinariamente denominaba un segregación de profundo cheiro obtido dunha glándula docervo de almiscre (cérvido do xéneroMoschus, orixinario da India, Paquistán, Tíbet, China, Siberia e Mongolia), que se converteu nun dos produtos animais máis caros do mundo, para logo estenderse a unha ampla variedade de substancias con ulidos semellantes, malia posuír estruturas químicas diferentes.

Fontes naturais

[editar |editar a fonte]

Así pois, o cheiro tamén se atopa noboi almiscreiro (Ovibos moschatus), narata de almiscre daIndia eEuropa (Ondatra zibethicus, coñecida dende o século XVII por segregar unha substancia con cheiro a almiscre e cun método extractivo ideado contra 1940, pero que comercialmente non compensaba[1]), naciveta africana (Civettictis civetta), nopato de almiscre do sur deAustralia (Biziura lobata), nomuraño de almiscre (Crocidura, do xénero dofuraño común e ofuraño de xardín), noescaravello de almiscre ou dosolmos (Aromia moschata eCalichroma moschata), natartaruga de almiscre (Sternotherus), nocaimán deAmérica Central (Alligator mississippiensis) e noutros animais. No reino vexetal está presente principalmente nas sementes de sementes dalgúnsabelmoscos (Abelmoschus moschatus), aínda que tamén naanxélica (Angelica archangelica), na flor de almiscre común (Mimulus moschatus) ou na madeira de almiscre de Australia (Olearia argophylla).

Ata o século XIX usábase o almiscre natural en perfumaría ata que motivos econónimos, éticos e ecolóxicos levaron á adopción actualmente case universal de almiscre sintético, pois para obtelo sacrifícase un animal que está en perigo de extinción para só quitarlle unha glándula (comercio que está regulado polo convenioCITES). Ocomposto orgánico que lle dá principalmente ó cheiro é amuscona. O almiscre natural úsase aínda na medicina tradicional chinesa. Este almiscre puro ten un cheiro moi intenso, insoportable para o nariz humano, razón pola cal só se usa se se deixa secar ben e en concentracións moi diluídas. Tras este proceso é roxo escuro, seco, suave e oleoso ó tacto e amargo ó gusto. Ningunha outra substancia natural ten un aroma tan complexo asociado con tantas descricións contraditorias, aínda que xeralmente se describe abstractamente como animalesco, terroso, amadeirado[2] ou algo parecido ó cheiro do bebé[3]. Ademais dos seus principios odoríferos, conténamoníaco,colesterol,graxa animal e outros principios.

Compostos artificiais

[editar |editar a fonte]

Dado que obter almiscre require matar oanimais en extinción, case toda a fragrancia usada en perfumaría actualmente é sintética. Chamada ás veces "almiscre branco", poden dividirse en tres clases principais: nitroaromáticos, policíclicos e macrocíclicos[2]. Os primeiros dous grupos teñen usos xerais na industria que varían dendecosméticos adeterxentes. Por exemplo, o galaxólido úsase para enmascarar o cheiro dos produtos químicos dos deterxentes. Tamén é o composto aromático responsable de darlle á roupa lavada o "aroma limpo" que os consumidores esperan e demandan. Con todo, a súa detección en mostras humanas e ambientais, así como as súas propiedadescarcinóxenas iniciou un debate público sobre a utilización destes compostos así como a prohibición ou redución da súa utilización en moitas rexións do mundo. Espérase que os substitutos sexan os almiscres macrocíclicos, xa que parecen ser máis seguros[2].

Imaxes das fontes do almiscre

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Almiscre
  1. Groom, Nigel (1997).New Perfume Handbook. Springer. pp. 219–220.ISBN 0-7514-0403-9.
  2. 2,02,12,2Rimkus, Gerhard G. (Ed.); Cornelia Sommer (2004). "The Role of Musk and Musk Compounds in the Fragrance Industry".Synthetic Musk Fragrances in the Environment (Handbook of Environmental Chemistry). Springer.ISBN 3-540-43706-1.
  3. Rowe, David J. (Ed.); Philip Kraft (2004). "Chapter 7. Aroma Chemicals IV: Musks".Chemistry and Technology of Flavours and Fragrances. Blackwell.ISBN 0-8493-2372-X.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Almiscre&oldid=4788583»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp