Materia ósea dura e compacta de cor branca, da que está composta a parte máis resistente dos dentes dos mamíferos.Unha figura de marfil.O marfil dos dentes está cuberto de esmalte.
A etimoloxía alude aosdentes incisivos dos elefantes (mal denominadoscaíños oucairos, e mesmodefensas) pero, na práctica, a palabramarfil aplícase tamén aos dentes doutros animais coma omamut, amorsa, ocachalote ou ohipopótamo, de característica físicas similares ás dos incisivos do elefante.
Antes da aparición dosplásticos o marfil era moi usado como material para a fabricación das teclas dospianos, bólas debillar,botóns e artigos ornamentais dexoiaría.
Emprégase o marfil para adorno de mobles e na construción de multitude de obxectos tales coma cepillos, peites, puños de bastóns ou caixas.
O uso do marfil como material para a construción de elementos decorativos data da máis remota antigüidade. Escavacións nos países da concamediterránea permiten fixar o seu uso desde hai uns 4.000 anos a.C.
No sitio arqueolóxico deMostaxedda (An Nazlah al-Mustajiddah) encontráronse, nunha tumba doExipto predinástico brazaletes de marfil, máis ben pequenos, que poida que fosen adornos de mulleres ou de nenos, ou talvez obxectos de distinción social ou tribal.[3] E na antigaIndia encontráronse restos do uso de marfil no templo deTaxila (no actualPaquistán), que datan do século II a.C.[4]
Tanto os antigosgregos coma oshebreos empregaron o marfil como adorno na decoración de salas, mobles e templos.Salomón tiña un trono de marfil incrustado de ouro, e nos museos arqueolóxicos poden admirarse gran número de obxectos feitos con este material pertencentes ás máis remotas civilizacións. O uso do marfil nas estatuas que na antiga Grecia se produciron proba que abundaba naquela época. Con el,Fidias fixo as famosas estatuas xigantescas deAtenea noPartenón e deZeus, as cales medían 12 e 19 m de altura, respectivamente. Nestas esculturas empregouse o marfil para representar aquelas partes do corpo que non cubrían os vestidos.
Osromanos empregaron tamén o marfil para a escultura e a decoración. A artebizantina fixo ampolo uso do marfil; así, as portas do templo deSanta Sofía enConstantinopla estaban adornadas conbaixorrelevos deste material.
EnEuropa, ao final do primeiro milenio, o marfil foi aproveitado para crear non só obxectos senón tamén ornamentos litúrxicos, e alcanzou unha produción rica e notábel no mundobizantino. Na época dorománico fíxose habitual principalmente en báculos pastorais erelicarios, e na épocagóticaFrancia asumiu a primacía destas actividades artísticas.[4]
EnEspaña e enSicilia, os árabes que se asentaran alí fixeron grande uso do marfil, que trataban cortando círculos dos dentes de elefante en láminas delgadas que logo gravaban consuras doAlcorán ou outros textos sagrados coas que recubrían os ataúdes de madeira. A Igrexa os requiría para que efectuasen traballos especiais, coma relicarios, báculos pastorais, imaxes da Virxe e dos Santos, crucifixos, pías de auga bendita etc. Príncipes e reis coleccionaban obxectos de calquera xénero, entre eles os realizados en marfil.
A tendencia ao coleccionismo fíxose máis frecuente a partir doséculo XVI, incluíndo o desexo de adquirir colecciónsnaturalia et artificialia de estraños obxectos producidos espontaneamente pola natureza e obxectos orixinais creados pola man do home que confluíron na chamadaWunderkammer, ou gabinetes de marabillas, que acollían monstros da natureza e obras de arte, perlas, corais, dentes de elefante ao natural e obxectos de marfil habilmente deseñados. De1600 en diante, e polo menos durante catro xeracións, na corte do rei deDinamarca non só se recolleu unha cantidade incríbel de obxectos adquiridos ou recibidos como regalo dos gobernantes, senón que eles mesmos se divertían traballando o marfil no torno, e mesmo as damas de honor da corte considerábano o seu pasatempo favorito. OCastelo de Rosenborg, cerca deCopenhaguen, conserva aínda o banco de torneiro que pertenceu a Sofía Madalena, muller do reiCristián V.
EnÁfrica, onde podía obterse directamente, facíanse con marfil valiosos obxectos que a miúdo tiñan unha función relixiosa e social. Deste tipo eran algúns brazaletes do antigo reino deBenín (ou reino de Dahomei), imperio de complexa estrutura cuxo gobernante era considerado de orixe divina; os máis recentes datan doséculo XVI, cando comerciaban cosportugueses a partir dePorto Novo, e estaban decorados con figuras enaltorrelevo nas que parecen intentar copiar formas das xoias europeas con imaxes de soldados con armadura. Estas figuras militares dan idea dun uso masculino dos brazaletes.[4]
A finais doséculo XVIII e principios doXIX foi diminuíndo en Europa o interese polo marfil. A única liña de traballo que resistiu foi a referente aos intereses femininos. Aínda que de forma limitada, vendíanse obxectos como recordos, colares, pulseiras, pendentes, crucifixos, rosarios, marcos para fotos etc. Hoxe en día en Europa, a maior parte destes obxectos caeu en desuso: o marfil búscase só en pezas realizadas no pasado e, por tanto, do do mercado de antigüidades. Porén, a demanda actual aínda é importante enAsia e África, e o prezo das pezas é moi elevado pola case imposibilidade de adquirir materias primas debido ás prohibicións impostas pola lei.
Debido á rápida diminución das poboacións de animais que producen o marfil, a importación e a venda deste material está prohibida ou severamente restrinxida. A maior responsábel da diminución das poboacións é a caza ilegal de animais, antes e durante a década de 1980. Desde a prohibición mundial do comercio de marfil en1989 ocorreron altas e baixas na poboación de elefantes, pero a pesar das restricións á exportación e importación de marfil continúa a caza furtiva e o comercio ilícito deste material.
NoMuseo Británico deLondres hai un par decaíños, os máis pesados do mundo, de 3,5 m de lonxitude, diámetro de 47 cm e un peso de 97 kg un e 102 kg o outro, orixinarios deKenya.[3]
NoMuseo de arte lapidario Lizzardo de Elmhurt, nosEstados Unidos exhíbese Unhua incrustación de marfil do século XIX.[3]
EnHeidelberg inaugurouse un museo dedicado ao marfil con materiais provenientes principalmente do período comprendido entre os séculos XVI e XVIII.[3]
↑A etimoloxía é a mesma dealfil, peza do xogo de xadrez, que se fabricaba tradicionalmente con este material.
↑3,03,13,23,33,4VV. AA. (1993-1996):Il magico mondo di minerali & gemme. Guida pratica per scoprirli e collezionarli. Novara: Instituto Geografico De Agostini.
↑4,04,14,2VV. AA. (1964):Le muse: enciclopedia di tutte le arti. Novara: Instituto Geografico De Agostini.