Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alice Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlice Augusta Ball

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1892Editar o valor en Wikidata
Seattle, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1916Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Seattle, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
ResidenciaOahuEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericanoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Havaí(pt)Traducir
Universidade de Washington
Broadway High SchoolEditar o valor en Wikidata
Tese académicaThe Chemical Constituents of Piper Methysticum; The Chemical Constituents of the Active Principle of the Ava Root(en)TraducirEditar o valor en Wikidata (1915Editar o valor en Wikidata)
Actividade
Campo de traballoQuímicaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímica, farmacéuticaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Havaí(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
ParentesJ. P. Ball,avóEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteWomen In Science, (p.44-45)
Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World, (p.117-119)
OngekendEditar o valor en Wikidata
WikiTree: Ball-10330

Alice Augusta Ball, nada enSeattle o24 de xullo de1892[1] e finada o31 de decembro de1916, foi unhaquímicaestadounidense que desenvolveu o único tratamento eficiente para tratar alepra ata a chegada dosantibióticos na década dos40.[2][3]

Tamén foi a primeira muller e a primeira muller negra en graduarse naUniversidade de Hawai e obter untítulo de máster e dar clases na universidade.[1]

Vida persoal e educación

[editar |editar a fonte]

Tiña dous irmáns máis vellos e unha irmá máis nova. A súa familia era de clase media, e o seu pai era un editor de xornal, fotógrafo e avogado. O seu avó, James Presley Ball, foi un famoso fotógrafo e o primeiro afroamericano dosEstados Unidos en aprender odaguerrotipo.[4] Viviron en Seattle até 1902 en que marcharon aHawai para tratar a artrite do avó. Alí estiveron até 1904 en que morreu o seu avó. Daquela, retornaron a Seattle.[5][6]

Alice estudouquímica farmacéutica naUniversidade de Washington[1][7] e en catro anos recibiu unha segunda licenciatura enfarmacia.[8] Co seu profesor de Farmacia publicou un artigo de 10 páxinas na prestixiosa revistaAmerican Chemical Society titulado "Benzoylations in Ether Solution".

Despois de graduarse, Alice recibiu bolsas naUniversidade de California en Berkeley e na Universidade de Hawai.[6] Optou pola Universidade de Hawai onde obtivo omáster en química, converténdose na primeira muller e na primeira mullerafroamericana en obter un máster na institución.[2]

Investigacións

[editar |editar a fonte]

Na Universidade de Hawai, para o seu traballo de posgrao, Alice estudou a composición química e o ingrediente activo dokava (Piper methysticum), unha planta orixinaria das illas doocéano Pacífico.[2] Debido a este traballo, foi contactada polo Dr. Harry T. Hollmann no Hospital Kalihi en Hawai, quen necesitaba un asistente para a súa investigación sobre o tratamento da lepra.[6] Nese momento, a lepra ou a enfermidade de Hansen era unha enfermidade altamente estigmatizada con apenas ningunha posibilidade de recuperación. Mesmo as persoas diagnosticadas con lepra eran levadas á illa hawaiana de Molokai coa intención de que morreran aló.[5][9]

O aceite de chaulmoogra xa era empregado dende moito tempo antes para tratar aenfermidade de Hansen, ou alepra con resultados problemáticos: era demasiado pegañento para ser empregado de xeito efectivo por vía tópica, e como inxección, a consistencia viscosa do aceite creaba unha ampolas por baixo da pel e lugar de ser absorbido e estas ampolas orixinan unha fileiras e semellaba que " a pel do paciente foa remprazada por un envoltorio de burbullas".[10] Finalmente, a toma oral do aceite tampouco era moi efectiva polo sabor agre que provocaba o vómito dos pacientes[5] e dores de estómago.[11]

Alicia conseguiu desenvolver un proceso para illar osésteres etílicos dosácidos graxos no aceite de chaulmoogra para que poideran ser inxectados,[6] pero morreu antes de publicar os resultados.[8] Arthur L. Dean, químico e presidente da Universidade de Hawai, continuou o seu traballo e publicou os resultados, comezando a produción a grande escala do extracto de chaulmoogra inxectable.[4] Publicou a investigación sen mencionar a Alice e nomeou a técnicaDean Method, ata que Hollmann o advertiu sobre o traballo de Alice.[12]

En 1918, un médico de Hawai publicou noJournal of the American Medical Association que 78 pacientes foron dados de alta do hospital de Kalihi tras ser tratados coas inxeccións.[2][4] O ingrediente activo foi o mellor método para tratar a enfermidade de Hansen ata que se desenvolveron fármacos consulfonamida na década de 1940.

Morte e legado

[editar |editar a fonte]

Alicia faleceu aos 24 anos, o 31 de decembro de 1916. Enfermou mentres investigaba e regresou aSeattle para recibir tratamento mais morreu poucos meses despois.[2] No 1917 , un artigo o xornalPacific Commercial Advertiser suxeriu a hipótese de que a causa da súa morte puidose deber ao envelenamento porcloro mentres investigaba e impartía clases.[6] Porén, a causa real da morte é descoñecida pois o certificado de defunción orixinal foi, posteriormente, modificado indicando atuberculose como causa.[13]

Aínda que a súa carreira foi curta, Alice introduciu un novo tratamento para a enfermidade de Hansen que permaneceu en uso ata a década de 1940,[4] salvando centos de vidas.

A Universidade de Hawai non recoñeceu o seu traballo ata a década dos noventa. En 2000, a universidade finalmente recoñeceu e honrou o nome de Alice Ball cunha placa xunto á árbore do chaulmoogra.[6] O mesmo día, o ex gobernador de Hawai, Mazie Hirono, declarou o 29 de febreiro o Día Alice Ball, que se celebra cada catro anos.[14]

Alice foi honrada, postumamente, polo consello de administración da Universidade de Hawaii cunha medalla de honra no 2007.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,3Brown (2012)
  2. 2,02,12,22,32,4Jackson, Miles (20-9-2007)."ALICIA AUGUSTA BALL (1892-1916)".blackpast.org(eninglés). Consultado o 9-2-2020. 
  3. Valdés, Isabel; Rubio, Isabel."Alice Ball".elpais.com(encastelán). Consultado o 9-2-2020. 
  4. 4,04,14,24,3Wermager, Paul; Heltzel, Carl (febreiro de 2007)."Alice A. Augusta Ball. Young Chemist Gave Hope to Millions"(PDF).ChemMatters (American Chemical Society)25 (1): 16–19.ISSN 0736-4687. Archived from the original on 13 de xullo de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2020. 
  5. 5,05,15,2Swaby (2015), pp. 11-13
  6. 6,06,16,26,36,46,5Mendheim, Beverly (setembro de 2007)."Lost and Found: Alice Augusta Ball, an Extraordinary Woman of Hawai'i Nei".northwesthawaiitimes.com(eninglés). Arquivado do orixinal o 6 de outubro de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 9-2-2020. 
  7. Gutman & Golden (2011), p. 15
  8. 8,08,1Collins, Sibrina Nichelle (5-12-2016)."Alice Augusta Ball: Chemical Drug Pioneer".undark.org(eninglés). Consultado o 9-2-2020. 
  9. Pasternack, Ellen (29-2-2016)."Alice Ball and the Fight against Leprosy".blue-stocking.org.uk(eninglés). Consultado o 9-2-2020. 
  10. Inglis-Arkell, Esther (5-8-2015)."We Had A Cure For Leprosy For Centuries, But Couldn't Get It To Work".gizmodo.com(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 10-03-2016. Consultado o 9-2-2020. 
  11. "African Americans in Hawai'i".Social Process in Hawai'i43. 2004. Arquivado dendeo orixinal o 10 de febreiro de 2020. Consultado o 09 de febreiro de 2020. 
  12. "A tribute to Alice Bell: a Scientist whose Work with Leprosy was Overshadowed by a White Successor".The Daily of the University of Washington. 29 de febreiro de 2008. Arquivado dendeo orixinal o 06 de agosto de 2014. 
  13. Jackson (2004)
  14. Cederlind, Erika (29-2-2008)."A tribute to Alice Bell: a scientist whose work with leprosy was overshadowed by a white successor".dailyuw.com(eninglés). Arquivado do orixinal 6-8-2014. Consultado o 9-2-2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Alice Ball

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Brown, Jeannette (2012).African American Women Chemists(ebook)(eninglés). Oxford / Nova York: Oxford University Press. pp. 19-24.ISBN 978-0199742882. 
  • Guttman, D. Molentia; Golden, Ernest (2011).African Americans in Hawaii. Colección: Images of America(eninglés). Charleston (South Carolina): Arcadia Publishing.ISBN 978-0-7385-8116-3. 
  • Swaby, Rachel (2015).Headstrong: 52 Women Who Changed Science—and the World(eninglés). Nova York: Broadway Books.ISBN 9780553446791. 
  • Wermager, Paul (2004). Miles M. Jackson, ed."Healing the Sick".Social Process in Hawai'i(eninglés) (Honolulu: Department of Sociology. University of Hawai'i at Manoa)43: 162–188.ISSN 0737-6871.OCLC 777929690. 
  • Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019).Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo.ISBN: 978-84-09-08025-0

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alice_Ball&oldid=6802359»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp