Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alfredo Astiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo Astiz
Biografía
Nacemento(es)Alfredo Ignacio AstizEditar o valor en Wikidata
8 de novembro de 1951Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Mar del Plata, ArxentinaEditar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Naval MilitarEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónmilitarEditar o valor en Wikidata
PeríodoProceso de Reorganización NacionalEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1974Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Carreira militar
Rama militarArmada ArxentinaEditar o valor en Wikidata
Rango militarCapitão de Fragata(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra das Malvinas
Proceso de Reorganización NacionalEditar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porasasinato
crime de lesa humanidadeEditar o valor en Wikidata

Alfredo Ignacio Astiz, nado enMar del Plata o8 de novembro de1951, coñecido comoel ángel rubio eel ángel de la muerte, é un excapitán de fragata daArmada Arxentina, que durante aditadura doProceso de Reorganización Nacional naArxentina se infiltrou nas organizacións de dereitos humanos como espía. Pertenceu ao GT (Grupo de Tarefas) 332 que actuaba con base naESMA. Entre osdelitos de lesa humanidade que se lle atribúen se contan casos de gran resonancia internacional como o secuestro, tortura e desaparición de dúas monxas francesas,Alice Domon eLéonie Duquet polos cales foi condenado en ausencia enFrancia a cadea perpetua, e a moza arxentino-sueca,Dagmar Hagelin.

Biografía

[editar |editar a fonte]
Escuela de Mecánica de la Armada, onde funcionaba oGrupo de Tareas 332 durante oProceso.

Ao producirse o golpe militar do24 de marzo de1976 que deu orixe ao chamadoProceso de Reorganización Nacional Alfredo Astiz foi asignado áEscuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o mando do capitán de corvetaJorge Eduardo Acosta. No marco daGuerra sucia na Arxentina na ESMA organizouse uncentro clandestino de detención e un Grupo de Tarefas para realizar operacións ilegais encubertas numerado como GT 332. A este último pertenceu Alfredo Astiz.

O Grupo de Tarefas 332 realizou gran cantidade de secuestros ilegais, levando aosdetidos-desaparecidos á ESMA, onde se estima que foron detidos e secuestrados ao redor de 5.000 persoas, das cales menos dun 5% sobreviviron. Como foi contado en detalle por outro represor da ESMA,Adolfo Scilingo, o modo básico de facer desaparecer definitivamente aos detidos, era a través dos denominadosvoos da morte, mediante os cales se sedaba aos detidos-desaparecidos e se lles tiraba vivos ao mar desde avións militares.

O grupo da igrexa Santa Cruz

[editar |editar a fonte]

A Alfredo Astiz encomendóuselle a tarefa especial de infiltrarse nas organizacións de dereitos humanos e en especial na AsociaciónNais de Praza de Maio. Para iso adoptou o nome falso de Gustavo Niño, simulando ser familiar dun detido-desaparecido. As nais adoitaban referirse a el cariñosamente como"el rubito", por mor do ton louro do seu cabelo e os seus ollos azuis. Nese carácter Astiz desempeñouse activamente e o seu nome suposto chegou a figurar na solicitude reclamando a liberdade dunha listaxe de detidos-desaparecidos que as organizacións de dereitos humanos publicaron no xornalLa Nación o10 de decembro de1977. Astiz, baixo o seu nome simulado de Gustavo Niño, acostumaba acompañar as nais e a outros activistas dos dereitos humanos, nas súas reunións e actividades na igrexa Santa Cruz pertencente aos paispasionistas, no barrioSan Cristóbal de Bos Aires e xogar coas nenas e nenos que integraban a agrupación de boy scouts da parroquia.

En decembro de1977 tomouse a decisión de facer desaparecer ao grupo de dereitos humanos que se reunía na igrexa Santa Cruz, en gran medida debido a que a exposición de Astiz fora moi alta. Entre o 8 e o 10 de decembro o Grupo de Tarefas 332 secuestrou e detivo clandestinamente ao grupo de Santa Cruz:Azucena Villaflor de Vicenti,Esther Ballestrino de Careaga,María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas francesasAlice Domon eLéonie Duquet, e os activistas de dereitos humanosÁngela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo. Durante o operativo Astiz seguiu aparentando ser un familiar e foi sinalando cun abrazo no adro da igrexa a quen debían ser secuestrados. Durante varios anos considerouse que Gustavo Niño era un desaparecido e incluíse nas listaxes para reclamar pola súa vida.

Os doce membros da igrexa Santa Cruz foron torturados e asasinados ao ser guindados ao mar nunvoo da morte. En2005 algúns dos seus corpos serían achados enterrados como NN no cemiterio de General Lavalle, próximo ás praias ás que as correntes mariñas os botaran en 1977.

Hasta en sus peores momentos de dolor, la Hermana Alice que estaba en "Capucha"- preguntaba por la suerte de sus compañeros y en el colmo de la ironía- en forma particular por el «muchachito rubio», que no era otro que el Teniente de Fragata Astiz... (Testemuño de Lisandro Raúl Cubas, Cartapacio N° 6974, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985)[1]

Dagmar Hagelin

[editar |editar a fonte]

O26 de xaneiro de1977 o Grupo de Tarefas 332 da ESMA detivo a Norma Burgos, esposa dun alto dirixente da organización guerrilleiraMontoneros. Un grupo, no que se atopaba Astiz, permaneceu na casa de Norma Burgos co fin de agardar a chegada, ao día seguinte, deMaría Antonia Berger, outra alta dirixente de Montoneros.

O27 de xaneiro de1977, ás 8:30 da mañá, unha moza de 17 anos, loura e de ollos celestes, chamada Dagmar Hagelin, amiga de Norma Burgos, chegou á súa casa a saudala. Debido ao tipo nórdico de Dagmar Hagelin, o Grupo de Tarefas pensou que era a dirixente montonera que esperaban, e en canto traspasou a porta do xardín apuntáronlle coas armas. Dagmar, que practicaba atletismo, respondeu volvendo saír á rúa para fuxir correndo. Astiz e un cabo de apelido Peralta foron tras ela. Astiz entón deulle dúas veces a orde de alto e procedeu a dispararlle, acertándolle no lado esquerdo cerca do arco superciliar esquerdo, sen causarlle unha ferida de moita gravidade. A consecuencia do disparo Dagmar caeu boca abaixo sobre a beirarrúa. As forzas de seguridade detiveron entón un taxi Chevrolet, chapa-patente C-086838, conducido por Jorge Eles, onde a moza ferida foi introducida no maleteiro. Segundo o dito polas numerosas testemuñas que presenciaron a acción Dagmar atopábase viva e consciente pois intentou frear coas súas mans a tapa do maleteiro antes de pecharse. Dagmar foi vista con vida na ESMA, perdéndose todo rastro dela logo de marzo de 1977.

Escándalo internacional

[editar |editar a fonte]

A desaparición das monxas francesas Léonie Duquet e Alice Domon e da moza arxentino-sueca Dagmar Hagelin produciu un involucramento activo e directo dos gobernos deFrancia eSuecia, respectivamente, para esixir ao goberno arxentino información concreta sobre as tres mulleres desaparecidas. No caso de Dagmar Hagelin ata reclamaron enerxicamente ao presidente dosEstados UnidosJames Carter e ao PapaXoán Paulo II.

En novembro de1979 a opinión pública mundial coñeceu por primeira vez testemuños directos dos campos de concentración na Arxentina, a través das declaracións de tres liberadas que estiveran na ESMA: Ana María Martí, Alicia Milia de Pirles e Sara Solarz de Osatinsky. A prensa sueca dixo entón que"Dagmar fue arrojada al mar", pero ningunha das tres coñecía nada sobre a sorte da moza. Con todo Pirles e Osatinsky deron a coñecer unha información decisiva: que Norma Susana Burgos tamén fora liberada e estaba en Madrid.

As autoridades suecas tomaron entón contacto con Norma Burgos, quen prestou un testemuño decisivo o13 de decembro de1979. Contou que mentres estaba detida na ESMA, viu e falou con Dagmar Hagelin en tres ocasións, o mesmo 27 de xaneiro en que a moza foi secuestrada e novamente, dous ou tres días despois e ao finalizar a primeira semana de febreiro. Nas dúas primeiras ocasións Dagmar atopábase consciente nunha padiola na enfermería do soto. Presentaba unha ferida un pouco máis arriba do arco superciliar esquerdo, un derramo avermellado baixo os seus ollos e non podía controlar esfínteres. Chegou a preguntarlle como estaba e Dagmar contestou algo equivalente a"a pesar de todo me siento bien". A última vez que a viu foi no terceiro piso, levantándose a capucha por uns poucos segundos: Dagmar estaba nunha habitación soa, de pé e cun camisón ou bata floreada. Aproximadamente o 10 de febreiro, Burgos viu que a habitación na que se atopaba Dagmar estaba baleira e logrou que un custodio lle informase que fora trasladada individualmente. Burgos declarou tamén que:

...a diferencia de otros casos que solían ser referidos en los diálogos entre los captores y entre estos y sus prisioneros, nunca nadie más hizo mención a la suerte corrida por Dagmar Ingrid Hagelin.[2]

Norma Burgos conservou a blusa que Dagmar tiña posta cando foi secuestrada e levada á ESMA, e entregoulla ao pai.

No seu testemuño Burgos brindou outro dato fundamental, ao individualizar á persoa que disparou contra Dagmar e que conducía ao grupo que a secuestrou: Alfredo Astiz.

O11 de abril de1980 logo de anos de intentar que o goberno arxentino colaborase para establecer o que sucedera coa moza, o goberno sueco deu a coñecer publicamente o testemuño de Norma Susana Burgos e entregou á prensa europea unha foto de Astíz dicindo:

Este es el secuestrador.[3]

A súa participación na Guerra das Malvinas

[editar |editar a fonte]

Pouco tempo despois, o2 de abril de1982 a Arxentina ocupou militarmente as Illas Malvinas dando orixe áGuerra das Malvinas. Astiz nesa situación foi destinado ás IllasGeorgias do Sur para dirixir un grupo comando chamadoLos Lagartos. O 25 de abril as tropasbritánicas desembarcaron nas illas. Poucas horas despois Astiz, ante tropas non moi superiores e ao disparo do primeiro mísil blow pipe británico, rendeu incondicionalmente o pavillón arxentino. Unha histórica fotografía mostra o momento no que Astiz, de barba asina a rendición ante os capitáns Pentreath e Barker das forzas armadas británicas.

Astiz quedou entón detido comoprisioneiro de guerra. Francia e Suecia reclamaron entón a súa extradición para xulgalo. PeroGran Bretaña, gobernada entón porMargaret Thatcher, invocou aConvención de Xenebra, para negar a extradición e devolveuno á Arxentina ao finalizar a guerra[4].

A vida de Astiz unha vez finalizada a ditadura

[editar |editar a fonte]

Máis aló das contraditorias consecuencias que para a súa liberdade tiveron os diferentes xuízos por delitos de lesa humanidade que se lle seguiron, unha vez terminada a ditadura Alfredo Astiz simbolizou paradigmáticamente as aberracións cometidas durante aguerra sucia na Arxentina e adoita sufrir agresións de diverso tipo as poucas veces que aparece en lugares públicos.

A xornalista arxentinaGabriela Cerruti realizoulle unha histórica reportaxe na que dixo, entre outras cousas:

Yo digo que a mí la Armada me enseñó a destruir. No me enseñaron a construir, me enseñaron a destruir. Sé poner minas y bombas, sé infiltrarme, sé desarmar una organización, sé matar. Todo eso lo sé hacer bien. Yo digo siempre: soy bruto, pero tuve un solo acto de lucidez en mi vida, que fue meterme en la Armada.[5]

Xuízos

[editar |editar a fonte]

A causa penal contra Astiz pola desaparición de Dagmar Hagelin foi pechada en1986 por considerar que a causaprescribira.

Pouco despois, as presións militares levaron a sancionar as leis dePunto Final eObediencia Debida que cancelaron a maioría dos xuízos porcrimes de lesa humanidade acontecidos durante aguerra sucia na Arxentina.

Ante a impunidade establecida na Arxentina para xulgar a Astiz, Francia xulgouno en ausencia en1990 condenándoo aprisión perpetua, polo secuestro e o asasinato deAlice Domon eLéonie Duquet. A partir dese momento Astiz nunca máis puido saír da Arxentina pois podía ser inmediatamente detido e enviado a Francia para cumprir a súa condena.

En1998 foi expulsado da Mariña e perdeu o seu rango.

En2003 o Congreso Nacional anulou as leis de Punto Final e Obediencia Debida permitindo a reapertura de varias causas coas que estaba vinculado, dispoñéndose por tal motivo a súaprisión preventiva na mega-causa ESMA.

En maio de2006 foi procesado con prisión preventiva pola desaparición do grupo da Igrexa Santa Cruz e outros seis casos de secuestros e torturas.[6] En Francia foi condenado a cadea perpetua.

Pouco despois, o18 de agosto de2006 a Cámara de Casación Penal, admitiu a trámite a petición de reapertura da investigación do ocorrido con Dagmar Hagelin por consideraladelito de lesa humanidade e como tal imprescriptible.[7]

Por outra banda en1997 o xuíz españolBaltasar Garzón solicitou a detención e extradición de 45 militares arxentinos e un civil a quen procesou por xenocidio,terrorismo de Estado e someter a torturas apresos políticos durante o réximede facto que gobernou na Arxentina entre 1976 e 1983. Entre eles atópase Alfredo Astiz.[8] A petición foi rexeitada varias veces polo goberno arxentino alegando o principio de territorialidade.

O 27 de xullo de2003 o presidenteNéstor Kirchner mediante o Decreto 420/03 modificou o criterio de rexeitamento das extradicións sustentado ata ese momento ordenando "obrigatoriedade do trámite xudicial" solicitado pola Xustiza española, e abrindo así o camiño á extradición efectiva dos militares requiridos.[9]

Simultaneamente, en agosto de2003, o entón presidente de EspañaJosé María Aznar ordenou non continuar co proceso de extradición das solicitudes por crimes durante o goberno de facto na Arxentina. Pero en2005 esta decisión foi anulada pola Corte Suprema de España,[10] ordenando continuar adiante coas extradicións solicitadas por Garzón.

Actualmente, Alfredo Astiz padece duncancro de páncreas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Informe Nunca Más, Capítulo II, Víctimas, E. Religiosos, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985". Arquivado dendeo orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 02 de xaneiro de 2008. 
  2. "Testemuño de Norma Susana Burgos ante o goberno de Suecia, 13 de decembro de 1979". Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 30 de decembro de 2007. 
  3. "Dagmar Ingrid Hagelin, Desaparecidos". Arquivado dendeo orixinal o 12 de agosto de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2007. 
  4. Malvinas, 20 años después, por Ricardo Herren, El Mundo, Madrid, 2002
  5. "El asesino está entre nosotros; Gabriela Cerrutti, Revista Trespuntos (Director: Héctor Timerman), Bos Aires, 14 de xaneiro de 1998". Arquivado dendeo orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de decembro de 2007. 
  6. "Página/12 :: El país :: Otro cerrojo para Astiz y la patota de la ESMA".www.pagina12.com.ar(encastelán). Consultado o2023-06-26. 
  7. "Página/12 :: El país :: El caso Hagelin".www.pagina12.com.ar. Consultado o2023-06-26. 
  8. "Auto de procesamiento de Marinos argentinos por genocidio - Espanha".www.derechos.org. Consultado o2023-06-26. 
  9. "Argentina al rojo vivo tras la decisión del presidente Kirchner de habilitar la extradición de militares acusados de violaciones a los derechos humanos, El Espectador, 27 de xullo de 2003". Arquivado dendeo orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 30 de decembro de 2007. 
  10. seguadmin."Segured".Segured(encastelán). Consultado o2023-06-26. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfredo_Astiz&oldid=7202884»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp