Alfred Russel Wallace
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | 8 de xaneiro de 1823 Brynbuga, Reino Unido |
|---|
| Morte | 7 de novembro de1913 (90 anos) Broadstone, Reino Unido(pt)  |
|---|
| Educación | Birkbeck College Richard Hale School(en)  |
|---|
| Actividade |
|---|
| Campo de traballo | Bioxeografía,evolución,naturalismo,bioloxía exeografía |
|---|
| Ocupación | matemático, botánico, apicultor, xeógrafo, viaxeiro polo mundo, coleccionista de animais, escritor, coleccionista de plantas, entomólogo, activista antivacinas, explorador, biólogo, ornitólogo, antropólogo, naturalista, zoólogo, coleccionista científico |
|---|
| Membro de | |
|---|
| Interesado en | Bioloxía da cor |
|---|
| Obra |
|---|
| Abreviación dun autor en botánica | Wallace |
|---|
| Familia |
|---|
| Cónxuxe | Annie Mitten |
|---|
| Pais | Thomas Vere Wallace e Mary Anne Greenell |
|---|
| Irmáns | John Wallace |
|---|
| Premios |
|---|
|
Sinatura  |
|
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética xeorxiana, (vol:10, p.162) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih,  |
|---|
| Sitio web | wallacefund.info |
|---|
     |
Alfred Russel Wallace, nado en Usk (Monmouthshire) o8 de xaneiro de1823 e finado enBroadstone (Dorset) o7 de novembro de1913, foi unnaturalista explorador ebiólogo,xeógrafo eantropólogogalés einglés. Wallace é coñecido sobre todo por desenvolver el só o concepto deevolución porselección natural, central na teoría biolóxica daevolución, e publicalo en conxunto conCharles Darwin en 1858.[1] Foi pioneiro nabioxeografíaevolutiva.[2]
En 1855 Wallace publicou un artigo titulado «Sobre da lei que regulou a introdución de novas especies»[3] onde achega probas de que as especies orixínanse a partir doutras veciñas semellantes, cuestión que xa formulara anos atrás a partir das súas observacións dos monos suramericanos, pero que agora resolvía con multitude de probas na coñecida como lei de Sarawak por redactala nesa illa; un principio fundamental na nova ciencia da bioxeografía. A pesar disto, non se atreveu daquela a propoñer ningún mecanismo que explique como as especies cambian. Sobre iso escribe tres anos máis tarde nun novo ensaio de Ternate, «Sobre a tendencia das variedades a apartarse indefinidamente do tipo orixinal»[4], no que destaca a "presión ambiental" como causa de que unicamente sobrevivan as "variedades superiores" baixo as "circunstancias favorables", mentres que as "feblemente organizadas" sofren a extinción[5]. A equivalencia co mecanismo explicativo da transmutación das especies nomeado "selección natural" por Darwin é evidente. Asemade, ambos autores empregan o termo "loita pola vida" e, aínda que con distinta profundidade, ambos comparan o mecanismo coa cría de animais domésticos. Wallace remitiu o artigo aDarwin para a súa revisión. Cando este o leu atopouse co que cualificou de mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde había máis de vinte anos. Tras consultar conCharles Lyell e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante aSociedade Linneana de Londres, acreditando a Wallace como codescubridor.
Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época. Na súa primeira viaxe acompañou ao seu coñecidoHenry Bates áAmazonia. Henry Bates era un afeccionado áentomoloxía, e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara aLeicester para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e plantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido porSuramericano, percorrendo oRío Amazonas e oRío Negro. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista.
Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou porInsulindia, oarquipélago Malaio, recollendo espécimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libroO archipelago de Malaia[6][7], publicado en1869. Unha achega sinalada e duradeira deste período é o estabelecemento da que logo se coñeceu comoliña de Wallace, un límite bioxeográfico moi preciso que separa as rexións bioxeográficas Australiana e Oriental asiática, moi diferenciadas, e que pasa entre asillas da Sonda,Nova Guinea e asCélebes, por unha banda, eXava,Borneo eFilipinas por outra. A Wallace considérase como un dos principais fundadores dabioxeografía.
Wallace desenvolveu co tempo unha tendencia mística que condicionou a súa interpretación do proceso evolutivo, sobre todo no referente á evolución humana, interesándose cada vez máis poloespiritismo. Así, a pesar dunha férrea defensa da selección natural, sen tantas concesións coma o propio Darwin, non compartía con este a idea daselección sexual por considerarse que xogara un importante papel na evolución humana e tampouco aceptaría que a selección natural afectase ao sistema nervioso central.