Para a planta cultivada forraxeira chamada alforfa, véxase artigoalfalfa.
Aalforfa[1] (Trigonella foenum-graecum) é unha plantafabácea,planta con flor,anual de entre 20 e 50 cm de altura confollas compostas de tres partes oblongas.
Florece en primavera. As súas follas son vilosas, as flores brancas e o froito é unha vaíña longa con sementes amarelas, duras e de aroma agradábel.
Medra salvaxe polo sur deEuropa, mais a súa orixe establécese no suroesteasiático, lugar onde existen plantacións hoxe en día, aínda que se cultiva en todo o mundo como penso, ademais de ser un ingrediente importante da cociña daIndia eTailandia, e ter propiedades tales como ser un dixestivo ou aumentar oleite materno.
O uso desta planta nas actividades humanas é moi antigo, sábese que era unha das plantas empregadas polosexipcios nos procesos deembalsamado (talvez polo seu peculiar aroma). Os usos desta planta foron moi diversos e pode dicirse que acompaña a humanidade desde os seus comezos. Un exemplo disto último pode encontrarse na interconexión doárabe no que a alforfa exprésase mediante a palabrahulba mentres que nochinés mandarín a palabra éhu lu ba.
Debido ás calidades aromáticas da alforfa emprégase comoespecia nacociña dalgúns países e no seu uso culinario tómanse tanto asfollas como assementes procedentes do seu froito en forma de vaiña e que adoita conter entre dez e vinte sementes, cun aspecto duro e cadrado.
As sementes nagastronomía da India tómanse desecadas enteiras e ás veces lixeiramente torradas para realzar o seu sabor, ou moídas, pero para iso hai que poñelas en remollo antes. O emprego das sementes enteiras son un dos ingredientes da halawa. As sementes hai que usalas con moderación xa que ten un lixeiro sabor amargo, non obstante se se torran, débese facer con precaución xa que se se pasan potenciase o amargor.
As follas verdes enTailandia son tomadas crúas en ensaladas. NoIemen empréganse as follas como condimento principal no prato denominadosaltah. A alforfa emprégase na cociña deIrán na receita doqormeh sabzi.
Na medicina tradicional asocióuselle a propiedade de facilitar adixestión, é ideal no tratamento de sinusites, conxestión pulmonar, reduce a inflamación e combate as infeccións (http://www.theepicentre.com/Spices/fenugree.htmlArquivado 25 de setembro de 2019 enWayback Machine.). A semente da alforfa úsase amplamente como galactogogo (axente produtor de leite) por nais lactantes. Asociouse tamén co incremento do tamaño demamas. Pódese encontrar en presentación de cápsulas en tendas nutricionais (http://commons.wikimedia.org/wiki/Trigonella_foenum-graecum). Tamén incrementa o apetito e úsase no tratamento da anorexia, posúe tamén un efecto anabólico pola súa composición química, aumentando, a masa corporal, o apetito, a saúde mental e mellorar os ciclos de sono.
Os suplementos de alforfa demostraron reducir os niveis decolesterol,triglicéridos elipoproteínas de baixa densidade en persoas, así como en modelos experimentais de hipercolesterolemia e hipertrigliceridemia (Basch et al., 2003). Algunhas probas en humanos demomstraron que os efectos antidiabéticos das sementes de alforfa aminoran moitos dos síntomas asociados con diabetes tipo I e II, tanto en humanos como en modelos animais (Bash et as., 2003; Sinnivas, 2005). A alforfa encóntrase comercialmente en forma encapsulada e recoméndase como suplemento dietético para o control da hipercolesterolemia e diabetes na medicina alternativa.
- ↑Nome vulgar galego enVocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; eGran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009