Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alfalfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Alfalfa (homónimos).
Alfalfa

Medicago sativa enOtto Wilhelm Thomé:Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Rosidae
Orde:Fabales
Familia:Fabaceae
Subfamilia:Faboideae
Tribo:Trifolieae
Xénero:''Medicago''
Especie:Medicago sativa
Nome binomial
'Medicago sativa'
L.,Sp.Pl2: p.778. 1753[1]
Subespecies
[2][3]
Sementes de alfalfa crúas
Valor nutricional por 100 g
Enerxía96 kJ (23 kcal)
2.1 g
Fibra alimentaria1.9 g
0.7 g
4 g
VitaminasCantidade
Tiamina(B1)
7%
0.076 mg
Riboflavina(B2)
11%
0.126 mg
Niacina(B3)
3%
0.481 mg
Ácido pantoteico(B5)
11%
0.563 mg
Vitamina B6
3%
0.034 mg
Ácido fólico(B9)
9%
36 μg
Vitamina C
10%
8.2 mg
Vitamina K
29%
30.5 μg
MineraisCantidade
Calcio
3%
32 mg
Ferro
7%
0.96 mg
Magnesio
8%
27 mg
Manganeso
9%
0.188 mg
Fósforo
10%
70 mg
Potasio
2%
79 mg
Sodio
0%
6 mg
Cinc
10%
0.92 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando arecomendación de US para os adultos.
Fonte:Base de datos USDA Nutrient
Inflorescencia e follas trifolioladas.
Froitos en hélices sinistras, maduros e inmaturos.

Aalfalfa oualforfa[1] (Medicago sativa), é unhaespecie deplanta herbácea pertencente á familia dasfabáceas oulegumes empregada comaforraxe.Cultívase en todo o mundo. No caso de Galiza non é unha cultura común, porén, agás en casos extremos e zonas moi sombrizas, a alforfa pódese sementar en calquera zona de Galiza e da cornixa cantábrica[2].

Descrición

[editar |editar a fonte]

É unha planta que se utiliza amplamente comopasto e con este propósito é cultivada intensivamente no mundo enteiro. Ten un ciclo vital de entre cinco e doce anos, dependendo da variedade utilizada, así como do clima; en condicións benignas pode chegar a vinte anos.[3] Chega acadar unha altura de 1 metro, desenvolvendo mestos feixes de flores miúdas de corpúrpura. As súasraíces adoitan ser moi fondas, podendo acadar os 4,5 metros. Deste xeito, a planta é especialmente resistente áseca.

Ten unxenomatetraploide.[4]

É unha especie que amosaautotoxicidade, polo que non é doado para a súa semente medrar en cultivares de alforfa[5] xa existentes. Así, recoméndase que os seus cultivares seroten con outrasespecies (por exemplo,millo outrigo) antes de volver sementar.[6]

Historia

[editar |editar a fonte]

A alforfa procede dePersia, onde probabelmente foi adoptada para o uso por parte do ser humano durante aIdade de bronce para alimentar asbestas procedentes deAsia Central.[6][7] SegundoPlinio o Vello, introduciuse enGrecia arredor do 490 a. C., durante aPrimeira Guerra Médica,[8] posibelmente en forma de sementes chegadas co penso da cabalaríapersiano. Pasou a ser un cultivo habitual destinado á alimentación dos cabalos.[9][10][11] O humano pode inxerila comorebentos en ensaladas e emparedados.[12][13]

Coma todos os legumes, as súas raíces posúen nódulos que conteñen asbacteriasSinorhizobium meliloti, con habilidade defixar nitróxeno, que producen alimento altoproteico, sen importar o nitróxeno dispoñíbel nosolo.[14] A súa habilidade fixadora de nitróxeno (incrementando o N do solo) e o seu uso comopenso animal mellora a eficiencia da agricultura.[15][16]

Cultivo en Galiza

[editar |editar a fonte]

Tradicionalmente, nas zonas húmidas de España, veñense cultivando pasteiros mixtos dando lugar a unha produción estacional de forraxe con dous picos ou puntas, unha máxima a final da primavera ou comezos do verán e outra menor ao comezo do outono. Fica, entrambas, unha paraxe estival, máis curta canto máis preto esteamos da costa cantábrica, que ten que ser cuberta ben con forraxes conservadas ou ben con cultura de alternativa estival, comomillo e en menor contía con híbridosorgo e pasto do Sudán ou ben conxirasol forraxeiro ultimamente. Isto obriga a facer labores anuais, o que supón, ademais do gasto, un trastorno para a explotación, xa que as épocas máis axeitadas para as facer adoitan coincidir coas tempadas de choivas primaverais e outonizas. O incremento dosregadíos e a implantación de especies máis resistentes ás temperaturas estivais son factores que paliaron, en parte, estes problemas. Entre estas especies cómpre salientar a alforfa e mais afestuca.As maiores dificultades para a expansión do cultivo da alforfa en Galiza, e en xeral en zonas húmidas, foron entre outras, as falla deinoculación con cepas debacterias específicas para esta especie, a carencia de coñecementos agronómicos para a súa implantación e, por último, o descoñecemento dos sistemas para axudar á alforfa a combater asespecies espontáneas, moito máis agresivas, especialmente no final do inverno e comezo da primavera.Exceptuando casos extremos e zonas moi sombrizas, a alforfa pódese sementar en calquera zona de Galiza e da cornixa cantábrica[17].

Sinónimos

[editar |editar a fonte]
  • Medicago afganica (Bordere)Vassilcz.
  • Medicago alaschanica Vassilcz.
  • Medicago asiatica subsp.sinensisSinskaya
  • Medicago beipinensis Vassilcz.
  • Medicago grandiflora (Grossh.) Vassilcz.
  • Medicago ladak Vassilcz.
  • Medicago mesopotamica Vassilcz.
  • Medicago orientalis Vassilcz.
  • Medicago pekinensis Vassilcz.
  • Medicago polia (Brand) Vassilcz.
  • Medicago praesativa Sinskaya
  • Medicago praesativa subsp.spontanea Sinsk.
  • Medicago roborovskii Vassilcz.
  • Medicago sativa f.albaBenke
  • Medicago sativa var.grandiflora Grossh.
  • Medicago sativa var.tibetanaAlef.
  • Medicago sogdiana (Brand) Vassilcz.
  • Medicago tibetana (Alef.) Vassilcz.
  • Trigonella upendraeH.J.Chowdhery &R.R.Rao[18]

Principios activos

[editar |editar a fonte]

Propiedades medicinais

[editar |editar a fonte]

Utilízase a folla, tendo cualidades nutritivas excepcionais. Contén máis proteínas que a maior parte dos vexetais. É tamén rica enVitamina A, e minerais derivados. Contén cantidades pouco usuais deVitamina K (necesaria para callar o sangue).[20]

Alforfa xeneticamente modificada

[editar |editar a fonte]

A alforfaRoundup Ready é unhavariedadexeneticamente modificada porenxeñaría xenética, patentada porMonsanto Co., resistente aoherbicida de Monsanto «glifosato»; así aínda que a meirande parte das plantas de folla ancha, incluíndo a alforfa común, son sensíbeis a dito herbicida, o agricultor pode pulverizar os cultivares de "Alfalfa Roundup Ready" co 'glifosato', e así matar asmalezas, sen danar a cultura de alforfa modificada.

Nomes vernáculos

[editar |editar a fonte]

Engalego recibe osnomes comúns dealforfa,alfalfa ,lucerna etrevo caracol[21].Cómpre destacar que o nomealforfa corresponde tamén a unha planta brava semellante:Trigonella foenum-graecum.

Pragas e doenzas

[editar |editar a fonte]

Polo de agora non se teñen ollado ataques de insectos en Galiza, agás os de rosquilla (Prodenia litura) na costa de Lugo. Téñense ollado pradeiras achegadas a alforfais atacadas detípula e non se manifestar o ataque na alforfa, o que se pode deber a teren un ciclo vexetativo distinto ou ben a que ao manter o chan ceibo de más herbas non atopa o acubillo que as pradarías polífitas lle fornecen. É de agardar que, de se estender o cultivo, as primeiras pragas que aparezan sexan: cuca (Co/aspidema atrum) en zonas cálidas e dificilmente no norte; verme verde (Phytonomus variabilis) nas mesmas condicións;apion (Apion s.p.) epulgón (Aphis s.p.) algo entrado o verán.Para todos eles poden utilizarse produtos a base deCarbaril,Lindano, Clorpirifos, Fenitrotión, Malatión, Triclorfón etc., seguindo as instrucións do fabricante e utilizando uns ou outros segundo a época de ataque e a marxe de seguranza que se desexe entre tratamento e aproveitamento.No se teñen ollado ataques denematodos nos talos (Ditylenchus dipsaci). Respecto das enfermidades, aínda non se presentaron ataques graves de raíz, aínda que si existiron casos de asfixia cos conseguintes fungos saprofíticos posteriores. Tampouco deVerticillium,Sclerotinia eColletotrichum (antracnose), o que non significa que non aparezan no futuro. Se ocorrer habería que pensar en utilizar variedades resistentes aVerticillium (Prima,Vertus, Verneuil, Lutece, Sverre, Maris kabul e Sabilt).En conxunto, as variedades flamingas son resistentes aos fungos que atacan as follas:Pseudopeziza,Uromyces etc., noAcuscuta non é problema se se utilizan variedades seleccionadas e certificadas. Os mesmos tratamentos contra as herbas daniñas a base de Paracuat resultan bastante efectivos no seu control[17].

Lista de enfermidades

[editar |editar a fonte]
Enfermidadesbacterianas
[editar |editar a fonte]

As plantas atacadas presentan síntomas de detención de crecemento da punta do talo, e amareleamento ó segundo ou terceiro ano do estabelecemento. Os abrochos teñen follas cativas e as puntas murchan no verán cando vai calor. A sección das raíces pasa a ter unha cor marrón clara nocambium. Non existe tratamento para combater a doenza, mais pódense tomar precaucións para manter a produtividade da alfalfa como é afertilización, o bo manexo, e efectuar os cortes nas épocas secas, xa que hai que ter en conta que a infección ten lugar a través de feridas e fendas da planta.

Enfermidades producidas porfungos
[editar |editar a fonte]

Doenza que causa os maiores danos na alforfa, sendo difícil de combater. O síntoma clásico é a aparición na coroa ou colo dunha podremia. Espállase ao se anegar o chan e por danos producidos polo gado ou a maquinaria.

  • Outras enfermidades producidas por fungos son:
Verticilose (Verticillium albo-atrum,Reinke eBerth).
Podremia branda, mal doesclerocio (Sclerotinia trifoliorum).
Enfermidades dos órganos aéreos
[editar |editar a fonte]

É a doenza máis frecuenta das partes aéreas da alforfa, semellante á roia. Presenta tacas cloróticas nas follas novas e inferiores ao teren estas máis humidade. O tratamento consiste en aplicar produtos funxicidas organocúpricos.

  • Outras enfermidades aéreas son:
Roia da alforfa (Uromyces striatus).
Mildio da alforfa (Peronospora trifoliorum ouPeronospora estivalis,De Bary).
Oídio da alforfa (Erysiphe polygoni,Erysiphe pisi ouErysiphe martii).
Antracnose (Colletotrichum trifolli,Bain).

Pragas

[editar |editar a fonte]

Importante en todo o sur deEspaña.

Dentro deste grupo dehemípteros o máis importante é opulgón verde (Acyrtosiphon trifoliiT. maculata), son chuchadores dozume doparénquima. Para a súa eliminación é frecuente o uso deinsecticidas.

  • Outras pestes frecuentes nos cultivos de alforfa son:
Aschinchas da alforfa.
A gardama (Laphigma exiguaHB).
Aprodenia negra[22]Spodoptera littoralis,Prodenia litura,Agrotis segetis).
Overme verde (Phytonomus ouHypera variabilis Hb).
Cuca, ouverme negro (Colaspidema atrum,Latr.).
Osapións (Apión spp).
Gurgullos.
Sitonas.
As moscas da alforfa.
Trips (Frankliniella spp).
Ácaros (Tetranynchus spp).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraalfalfa.
  2. El cultivo de la alfalfa en zonas húmedas José Jesús García González.Hojas Divulgadoras do Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, 1984
  3. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/14595/alfalfa
  4. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 28 de marzo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  5. "Understanding Autotoxicity in Alfalfa".Team Forage(eninglés). Consultado o 01 de febreiro de 2019. 
  6. 6,06,1"Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 07 de setembro de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  7. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 17 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  8. :Historia naturalXVIII, 43 (en inglés).
  9. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 27 de maio de 2010. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  11. , Robin (2005):El mundo clásico. La epopeya de Grecia y Roma. – Crítica, Barcelona, 2007, p. 180.ISBN 978-84-8432-898-8
  12. http://cookeatshare.com/ingredients/alfalfa-sprouts
  13. <http://alfalfa.ucdavis.edu/IrrigatedAlfalfa/pdfs/UCAlfalfa8305Industrial_free.pdfArquivado 07 de outubro de 2011 enWayback Machine.
  14. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  15. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  16. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 07 de outubro de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  17. 17,017,1’’El cultivo de la alfalfa en zonas húmedas’’ José Jesús García González. ‘’Hojas Divulgadoras’’ do Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, 1984
  18. Sinónimos enThe Plant List, Kew GardensArquivado 23 de setembro de 2012 enWayback Machine.
  19. Font Quer, Pío : Plantas Medicinales - El Dioscórides Renovado, Editorial Labor, Barcelona, 1980, p.367-368.
  20. (PASSE). 2008. Pag. 73 a 75
  21. Nomes vulgares en diferentes fontes:Vocabulario do medio agrícola,Santiago de Compostela], Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988.Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004.Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991.Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2012
  22. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Alfalfa
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Alfalfa

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alfalfa&oldid=6963772»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp