O(chữ) quốc ngữ («escritura da lingua nacional») é unharomanización da linguavietnamita que goza do estatuto de ortografía oficial. É unalfabeto latino aumentado con numerososdiacríticos que serven para notar tanto o valor fonético dalgunhas letras como ostons da lingua.
O quốc ngữ non é a máis antiga escritura doVietnam. En efecto, esta desprazou antigas escrituras locais, como ochữ nôm,sistema deideo-fonogramas formados a partir dossinogramas e empregado entre oséculo – II e oséculo XX, así como o chữ Hán, «escritura chinesa», (ouchữ nho, «escritura culta»), que é simplementechinés clásico; alingua chinesa, en efecto, foi a lingua da administración e do poder durante a dominación chinesa (de-111 a939 e durante a dinastía dosNguyên que subiu ao poder en1804, tras o golpe de estado liderado polo que ía converterse no emperadorGia Long, e foi abandonada oficialmente en1954, data da abdicación deBao Dai).
Desde1527,xesuítas portugueses en misión e evanxelización no Vietnam empezaron a utilizar o alfabeto latino (de feito principalmente na súa versión portuguesa) para escribir a lingua local. É oxesuíta nado en Aviñón,Alexandre de Rhodes (1591-1660), o que compilou, mellorou e sistematizou os sistemas detranscrición dos seus predecesores misioneiros, especialmenteFrancisco de Pina, entre1624 e1644. A súa primeira obra imprimida na escritura latinizada actual é un dicionario vietnamita-portugués-latín aparecido en1651, continuación dun dicionario portugués-vietnamita deGaspar Do Amaral eAntónio Barbosa.
Esta transcrición, que se volveu moi popular, conseguiu o estatuto de ortografía oficial da lingua en1918 no sistema escolar francés destinado aos indíxenas (en competencia ata entón coas dúas outras escrituras) baixo a presión dos colonos franceses que desexaban:
cortar de raíz os movementos independentistas ligados áintelligentsia que escribía en caracteres chineses;
obter rapidamente intérpretes, relevo da acción dos colonizadores.
O quốc ngữ foi unha ferramenta de democratización da educación, xa que é máis doado de aprender que a escritura vietnamita tradicional que reclama unha aprendizaxe previa do chinés. É a escritura oficial das administracións vietnamitas desde1954. O chinés foi conservado no seu estatuto de lingua oficial da 'administración imperial polos colonizadores.
O quốc ngữ segue os mesmos principios cópinyin: a transcrición éfonolóxica e nonfonética; a notación alfabética dunhalingua illante como o vietnamita disimula algúns feitos inherentes á estrutura silábica da lingua: os fonemas, en efecto, non están en distribución libre; cada elemento dasílaba, ataque, núcleo e coda, só pode ser ocupado por certos fonemas. A presentación do quốc ngữ de maneira alfabética precisa, pois, indicar que posición pode representar cadafonema. Para máis detalles, consultar o artigo «pronunciación do vietnamita».
Cando undígrafo se escribe sobre a mesma liña que unha letra simple, só se trata dun alógrafo contextual, que non ten o estatuto de carácter independente (á maneira do dígrafo dofrancésge engeôle, que só representa «g suave» antea,o eu). Os valores fonéticos indícanse enAPI. Cando se dan dous valores, o primeiro é o do vietnamita do norte, o segundo o do sur; como hai numerosas variacións dialectais, estes valores son os que se admiten máis comunmente.
Os costumes daslinguas románicas, particularmente os doportugués, atópanse na ortografía (os traballos de Alexandre de Rhodes, en efecto, retomaban os dos misioneiros portugueses):
[k] escríbeseq anteu para formar odígrafoqu [kw],k ante as vogais anteriorese,ê ei,c doutro xeito;
[ɣ] escríbeseg ante as vogais posteriores, perogh ante as anteriores;
[ŋ] segue os mesmos principios:ng /ngh ;
[ɲ] escríbese á portuguesa,nh.
A influencia portuguesa (e non «hispánica») na ortografía constátase facilmente:
nh para[ɲ] (contrañ hispánico);
a utilización do til sobre vogais (que porén non notan a nasalización), procedemento que non coñecen as ortografías hispánicas;
a utilización dex es para[s] e[ʃ] (no sur), fonemas que remontan, segundo Nguyễn Ðình-Hoà (artigo «Vietnamese» da sección 59, «Adaptations of the Roman Alphabet», deThe World's Writing Systems de Peter Daniels e William Bright), a[s̻] (/s/ laminal, que se parece a un[ʃ]) e[s] antigos, que os misioneiros notaron simplemente á portuguesa porx es. Aevolución fonética, con todo, fai que a ortografía sexa agora inversa con relación ao portugués;
a utilización doacento circunflexo para marcar o carácter semi-pechado das vogais. Lembremos que en portuguésâ =['ɐ],ê['e] eô['o], exactamente como en quốc ngữ, e que as linguas hispánicas ignoran o acento circunflexo.
OVISCII (Vietnamese Standard Code for Information Interchange), e nunha menor medida oCP1258, sonpáxinas de código concibidas para representar os caracteres do quôc ngu.