Este artigo amosaescritos coptos. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Oalfabeto copto é oalfabeto utilizado para escribir alingua copta. Esta lingua é o herdeiro moderno doexipcio, escrito con anterioridade mediante osxeroglíficos, que deixou de ser unha lingua viva noséculo X pero continúa a ser empregada comolingua litúrxica daIgrexa Ortodoxa Copta. O alfabeto copto é, xa que logo, unha escritura «sagrada».
A escritura xeroglífica antiga cedeu o seu posto, para escribir a lingua copta, a un alfabeto derivado dogrego, cuxas letras se tomaron prestadas a finais doséculo I. A nai deste alfabeto é, pois, o gregouncial. Como a lingua copta erafoneticamente distinta da lingua grega, houbo que completar o alfabeto de vinte e catro letras con sete signos suplementarios, que se tomaron dodemótico, escritura de orixe xeroglífica que precedeu ao alfabeto copto e deixou de ser utilizado durante oséculo V. Á Inversa, algunhas letras gregas eran inútiles para a notación docopto, pero foron conservadas para a notación de termos tomados do grego bíblico.
O alfabeto copto está hoxe reservado aos textos cristiáns. Con todo, servía ao principio para escritos de variado contido, como textos «máxicos». Para W. V. Davies (cf. bibliografía), a importación de letras gregas nesta lingua ─ que podía utilizar unha escritura ancestral pero foneticamente imprecisa ─ explicaríase pola necesidade de representar o máis fielmente posíbel os sons das fórmulas máxicas. O alfabeto nas súas versións máis antigas non está normalizado e contén, segundo os lugares e os dialectos, numerosas letras saídas do demótico que non se conservaron na versión definitiva, que está ben testemuñada a partir doséculo IV. Co transcurso dos séculos, os documentos relixiosos empezaron a predominar sobre os profanos, entre os que se podías atropar cartas, correspondencia comercial e textos legais.
Feito notábel, oalfabeto nubio deriva do alfabeto copto malia as linguas non teren relación ningunha entre elas.
damos as letras do alfabeto bohaírico. Como a orixe gregauncial é evidente, non a damos (por exemplo, e veñen de e etc.). É de remarcar a presenza esperada dosigma lunar. Para as letras saídas dodemótico, véxase máis abaixo. Para os dous valores fonolóxicos indicados así como o nome das letras, véxase máis abaixo.
As letras utilízanse tamén ─ a partir do bohaírico ─, como en grego, en función de números (onde a presenza no alfabeto dun signo non literal e puramente numeral,sou, saído dodigamma grego, e dunhaligatura abreviativa, orō barrado, cun valor de 900, en lugar dosampi grego); consultarnumeración copta para máis detalles. O sa’ídico semella ignorar unha práctica tal e nota os números enteiros.
Trazado
Nome
Transliteración
Valor 1
Valor 2
Número
alpʰa
a
/a/
1
bēta
b
/b, v/
2
gamma
g
/k/
/g, ŋ, ɣ/
3
dalda
d
valign="top" | /d/
/d, ð/
4
ei
e
/e/
5
sou
─
─
(6)
zēta
z
/s/
/z/
7
ēta
ē
/eː/
/ɛː, i/
8
tʰēta
tʰ
/tʰ/
/tʰ, θ/
9
iōta
i
/i, j/
10
kappa
k
/k/
20
laula
l
/l/
30
mē
m
/m/
40
nē
n
/n/
50
kˢi
kˢ
/ks/
60
ou
o
o
70
pi
p
/p/
80
rō
r
/r/
100
sēmma
s
/s/
200
tau
t
/t/
/t, d/
300
he
u
/u, w/
/u, w, i, v/
400
pʰi
pʰ
/pʰ/
/pʰ, f/
500
kʰi
kʰ
/kʰ/
/kʰ, χ, ʃ/
600
pˢi
pˢ
/ps/
700
ō
ō
/oː/
800
šai
š
/ʃ/
─
fai
f
/f/
90
ḫai
ḫ
─
/x/
─
hori
h
/h/
─
ḏanḏia
ḏ (j)
/ʤ/
/ʤ, g/
─
čima
č
/q/
/ʧ/
─
ti
ti
/ti/
─
pˢisənše
─
─
900
As sete últimas letras do alfabeto non son de orixe grega senón tomadas dodemótico exipcio. Permiten notar sons que o grego da época non coñecía e non sabía, polo tanto, escribir. A súa orixe é ben coñecida: pódense en efecto remontar xeroglíficos ata a letra copta pasando polo trazado demótico
O alfabeto copto pódese considerar bicameral: cada letra posúe unhacapital e unhaminúscula. De feito, agás en certos estilos particularmente adornados, as capitais non son máis que minúsculas de gran formato e non precisan unha aprendizaxe separado. Non hai nada comparábel no caso do grego actual, no que a minúscula de Ν é ν, por exemplo. A letraḫai é probabelmente a única cuxas dúas variantes son diferentes independentemente do estilo:Ϧ en capital,ϧ en minúscula.
neta táboa aparece un dos numerosos nomes posíbeis para cada letra,grosso modo son os dados pola gramática de Plumley (cf. bibliografía). Pódese considerar que son os nomes antigos.
Os nomes des letras non están en efecto realmente normalizados e neste ámbito atopámonos con moitas variantes segundo os textos: mínimos (a letrafai pode ser chamadafei) ou máis notábeis (he é a miúdo designada co nomeepˢilon nos textos recentes). A helenización da pronunciación (véxase máis abaixo) desempeñou con seguridade un papel non pequeno, o mesmo que as obrigas ligadas á lingua copta mesma: a aparición dunha vogalepentética en inicio de palabra nunha sílaba que en caso contrario empezaría por dúas consoantes é visíbel en casos comokˢi a miúdo chamadoekˢi.
A partir de agora, as palabras codificadas en alfabeto grego en itálica hai que lelas como se estivesen escritas en copto. En efecto, Unicode non distingue aínda os dous bloques de caracteres (véxase máis abaixo). As palabras escritas en grego enromana deben ser entendidas como grego.
Por razóns de simplicidade, eliximos representar osēmma (sigma grego) pola letra latinac: en efecto, como o copto tomou prestado osigma lunar grego, non coñece a variante final ς. Escribir σ en fin de palabra sería demasiado estraño para o ollo habituado a ler o grego Tamén é máis prudente codificarmos o sigma lunar por medio dunc mellor que polo carácter grego previsto en Unicode (ϲ U+03F2), que non sempre está presente nas fontes habituais.
Escollemos unhatransliteración e non unha transcrición para as palabras coptas. Esta transliteración é bixectiva: a cada símbolo oudígrafo simbólico escollido só pode corresponder unha soa letra copta e á inversa, de onde a notación das consoantes aspiradas par unʰ. Así,pʰ(φ) non pode ser confundido coa secuencia de letrasph(πϩ). Notar queḏ pode ser substituído facilmente porj. A presenza dunḏinkim (véxase máis abaixo) é indicada par unə en superíndice:ρ̄ é transliterado comoər.
As diferentes fontes consultadas dan para certas letras valores moi diferentes, segundo que se sitúen nunha perspectiva histórica (o copto tal e como se falaba no pasado) ou actual (tal e como se pronuncia agora nas cerimonias relixiosas). Ademais, compre distinguirmos a pronunciaciónsa’ídica (dialecto agora extinto) dabohaírica (único dialecto aínda «vivo»). Os textos recentes consagrados ao copto xeralmente insisten máis sobre a pronunciación bohaírica litúrxica actual. Dúas obras, non obstante, apóianse sobre a pronunciación antiga: o artigo de Ritner e a gramática de Plumley (cf. bibliografía).
Por outra parte, segundo Emile Maher Ishak (cf. bibliografía), a pronunciación bohaírica da lingua copta tería sido aproximada artificialmente á dogrego moderno a mediados doséculo XIX, co fin de permitir unha fusión entre a igrexa ortodoxa grega e a de Exipto, fusión que finalmente non tivo lugar. Este movemento de helenización, baixo a éxida dopopeCirilo IV e de Arian Girgis Moftah, profesor de copto litúrxico, foi aceptándose global e paulatinamente: hoxe, agás en escasas igrexas, o copto é lido «á grega». Porén esta pronunciación é considerada artificial (e aínda por riba non se aplica a todas as palabras: para non contravir os usos establecidos, os nomes propios, por exemplo, pronúncianse a miúdo «á antiga»). Considérase, pois, que pertence ao «antigo bohaírico» unha pronunciación máis hipotética restituída e que data de antes da helenización, pronunciación que ─ con razón ou sen ela ─ ás veces se di que se corresponde coa do sa’ídico.
Na táboa inferior, indicamos como primeiro valor o probábel do sa’ídico (ou do «antigo bohaírico»), restituído a partir doexipcio clásico, das prácticas escriturarias antigas e do valor das letras gregas na época de adaptación do alfabeto. O segundo valor é o do bohaírico helenizado actual. Imos describir os dous sistemas.
Asconsoantes aspiradas gregas empregáronse ao principio como atallos que permitían notar unha consoante oclusiva seguida de /h/. Así,θ correspondía á secuencia de consoantesτϩ, ou sexa /th/. Tales letras transcribían, pois, dúas consoantes e non unha soa (engrego antigo, θ líase /tʰ/). Atopamos, por exemplo, as grafías equivalentesθε ouτϩε /the/ (e non /tʰe/ xa que as consoantes aspiradas non existen en copto) para o palabra «camiño». A utilización destas letras, en sa’ídico, é moito máis limitada que en bohaírico (as máis das veces atoparémolas en palabras de orixe grega cando non serven de atallo, é dicir, de letra dobre); o mesmo se pode dicir deφ eχ, que poden substituírπϩ eκϩ.
O caso é similar coas dúas consoantes dobres gregasξ eψ, que, nos textos antigos, serven ás veces de atallo paraκc eπc, sen que o seu uso sexa obrigatorio (ao contrario do grego). Por exemplo, o número 9 pode escribirseπcιc ouψιc.
Actualmente, na pronunciación bohaírica helenizada as consoantes aspiradas se pronuncian ben como simples (θ vale logoτ,φ leseπ eχ comoκ) ben dunha maneira similar á pronunciación dogrego moderno (pero adaptada a unha poboación maioritariamente arabófona).
θ: trasc,τ,υ, eϣ → /t/, se non → /θ/;
φ: nun nome propio → /f/, se non → /v/;
χ: nunha palabra copta → /k/, sei non (principalmente en palabras gregas) → /x/ trasα,ο eω, /ʃ/ trasε,η,ι eυ (por imitación do grego [ç]).
A utilización das aspiradas así como das consoantes dobres (cuxa pronunciación non suscita problema ningún) é máis frecuente en bohaírico que nos textos máis antigos.
As letras gregas γ, δ e ζ, pronunciadas /g/, /d/ e /zː/ en grego antigo, forman parte das que ben se podía aforrar o copto, xa que os sons en cuestión non son fonemas do copto antigo (mentres que o β grego, que xa pasara a /v/ na época medieval, era útil). Nos textos antigos, nótase unha grande propensión á confusión coas xordas máis ou menos equivalentes: así,γ alterna conκ ouϭ (que, en sa’ídico, non se le /ʧ/ senón probabelmente /q/),δ conϯ,ζ conc.
Como regra xeral, estas consoantes empréganse principalmente (pero non exclusivamente) enpréstamos do grego.
Parece que acantidade vocálica (diferenza entre vogais breves e vogais longas) é pertinente en copto antigo. A lingua coñece tres timbres fonolóxicos fundamentais, /a/, /e/ e /o/. Estes nótanse conα /a/,ε /e/ eο /o/ para as breves,ι /i/ (ouη /eː/), η /ē/ eω /oː/ (ouου /uː/) para as longas: os timbres non se corresponden xa que logo exactamente (a causa probabelmente dunhaapofonía) e non parece queι sexa por forza unha vogal longa.
A vogal /uː/ así como a consoante /w/ escríbense regularmente grazas aodígrafoου, pois a letraυ soa está reservada para as palabras gregas ou como segundo elemento de ditongo. Por exemplo,νουτε /nuːte/, «deus» eουααβ /waab/, «santo». A vogal /i/ e a consoante /j/ escríbense de maneira diferente:ι serve para a vogal,ει para a consoante en inicio de sílaba (por vecesϊ, forma máis común en bohaírico),ϊ en fin de sílaba. Así:ψιc /psis/, «9»,ειωϩε (máis raro:ϊωϩε) /joːhe/ «campo»,ηϊ /eːj/, «casa».
Este signo (transcrito máis a miúdojinkim), moi frecuente, indica que a consoantesoante que o leva estávocalizada. Na práctica, pronúnciase cunschwa [ə] ou un [e] lixeiro (representado aquí cunə na transliteración). Oḏinkim trázase de forma diferente segundo os dialectos: en sa’ídico, é unmacrón, unacento grave en akhmimico e fayoumico, un acento grave ou unpunto subscrito en bohaírico. Actualmente, é o macrón o que parece ser preferido nas edicións recentes.
O fonema /x/ non existe en sa’ídico. A letraḫai non se emprega, pois, nese dialecto. A forma usual,, é propia do bohaírico. Hai pegada dela en akminmico; esta segunda grafía non provén do demótico senón dunhori barrado.
Esta «letra»,, só se usa nanumeración (co valor 6), cousa que explica que aquí estea representada coa súa barra subscrita. Remonta claramente aodigamma grego n súa grafía antiga, Ϝ, letra que, xa en grego, xa non tiña valor literal (agás cando foi confundida cunstigma).
A semellanza do grego, ao que copiou, o copto desenvolveu moitasligaduras e signos deabreviación. Os máis notábeis son os caracteres compostos e a ligadura abreviativa seguintes:
As outras abreviacións atinxen sobre todo aos nomes propios bíblicos gregos e semíticos: están contraídos e representados por dúas ou tres letras da palabra, letras que aparecen as máis das veces subliñadas. Así,χ̅c̅ representaΧριcτοc, Cristo. Os usos son semellantes aos seguidos nos manuscritos gregos.
Este signo, un dobreguión, serve, nas obras didácticas, para indicar que unha palabra está no estado pronominal (seguida dunsufixo pronominal). O guión simple é o que serve para indicar o estado construto do verbo ou dapreposición (cando a forme vai seguida dun complemento nominal). A forme absoluta, no caso contrario, preséntase sen o guión. Cando a tipografía editorial se adapta ao estilo das letras coptas, este dobre guión toma fasquías máis inclinadas. De feito, é posíbel substituílo polo signo= (cousa que faremos aquí). Unicode prevé consagrarlle un lugar.
Pódese saber así, nas gramáticas e nos dicionarios, que tal preposición ou tal verbo ha de ser seguido dun complemento nominal, que tal outra forma debe ser seguida dun sufixo persoal:
κοτ=kot= «construír» → estado pronominal (exemplo:κοτ=ϥ̄kot=əf «construílo», como en «cómpre construílo») ;
Nun dicionario, poderíamos atopar as indicacións seguintes:
ε-e-,ερο=ero=, preposición, «para».
Cumpriría, logo, comprendermos que a preposición que significa «para, a» ten a formaεe cando ten como réxime un nome, a formaεροero cando é un sufixo persoal:επηϊepēï «á casa»,εροϥerof «para el».
Estes usos son idénticos aos que atopamos en exiptoloxía: consultarTranscrición dos xeroglíficos para máis detalles.
Polo momento,Unicode (na súa versión 4) non distingue as letras gregas das letras coptas, considerando que o copto só é unha variante gráfica e «estilística» do grego. Téñense posto moitas peticións para que as dúas grafías se separen («desunificadas») . O alfabeto copto debería estar integrado en Unicode (probabelmente no plano multilingüe de base).
A existencia das letras demóticas, porén, forzou, desde as primeiras versións de Unicode, a garantir unha codificación dos caracteres específicos, que están situados no bloque «Grego e copto». Eses caracteres son os seguintes:
šai en capitalϢ (U+03E2) :
UTF-8 :0xCF 0xA2 ;
UTF-8, representación octal
\317\242 ;
entidade dixital decimal HTML :Ϣ ;
šai en minúsculaϣ (U+03E3) :
UTF-8 :0xCF 0xA3
UTF-8, representación octal :\317\243
entidade dixital decimal HTML :ϣ
fai en capitalϤ (U+03E4) :
UTF-8 :0xCF 0xA4 ;
UTF-8, representación octal :\317\244 ;
entidade dixital decimal HTML :Ϥ ;
fai en minúsculaϥ (U+03E5) :
UTF-8 :0xCF 0xA5 ;
UTF-8, representación octal :\317\245 ;
entidade dixital decimal HTML :ϥ ;
ḫai en capitalϦ (U+03E6) :
UTF-8 :0xCF 0xA6 ;
UTF-8, representación octal :\317\246 ;
entidade dixital decimal HTML :Ϧ ;
ḫai en minúsculaϧ (U+03E7) :
UTF-8 :0xCF 0xA7 ;
UTF-8, representación octal :\317\247 ;
Referencia decimal :ϧ ;
Ϩ
ϩ
Ϫ
ϫ
Ϭ
ϭ
Ϯ
ϯ
Se o alfabeto copto debe integrarse no Unicode pola desunificación, estas letras non han poder, con todo, situarse no novo bloque de caracteres (posto que normalmente non se pode desprazar caracteres xa existentes).
Charles Higounet,L'écriture, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Presses universitaires de France, 11e édition de 2003 ;
Wolfgang Kosack,Koptisches Handlexikon des Bohairischen. Koptisch - Deutsch - Arabisch. Verlag Christoph Brunner, Basel 2013,ISBN 978-3-9524018-9-7.
The World's Writing Systems, article « The Coptic Alphabet » de R. K. Ritner, Oxford University Press, Oxford, 1996 ;
Reading the Past, artigo « Egyptian Hieroglyphs » de W. V. Davies, British Museum Press, Londres, 1990 ;
Emile Maher Ishak,The Phonetics and Phonology of the Bohairic Dialect of Coptic, Oxford University Press, Oxford, 1975 ;
Charles Fossey,Notices sur les caractères étrangers anciens et modernes rédigées par un groupe de savants, presses de l'Imprimerie nationale, Paris, 1948 ;
J. M. Plumley,An Introductory Coptic Grammar (Sahidic Dialect), Home & van Thal, Londres, 1948 (edición electrónicaconsultábel en liña);
W. E. Crum,A Coptic Dictionary, Clarendon Press, Oxford, 1939 (edición electrónicaconsultábel en liña);
Reichsdruckerei,Alphabete und Schrifzeichen des Morgen- un Abendlandes, zum allgemeinen Gebrauch mit besonderer Berücksichtigung des Buchwerbes, Berlin, 1924 ;
Jean-François Champollion,Grammaire égyptienne,fac simile da edición orixinal editada entre 1836 e 1841 por Firmin Didot, éditions Solin, Acte Sud, Paris, 1997;
Jean-François Champollion,Dictionnaire égyptien en écriture hiéroglyphique, Paris, Firmin-Didot Frères, 1841-1843 (edición electrónicaconsultábel en liña).