Alexandre VII, nado enSiena (Gran Ducado de Toscana) o13 de febreiro de1599 e finado enRoma o22 de maio de1667, foi o 237ºpapa daIgrexa católica e bispo deRoma dende1655 até a súa morte.
Naceu enSiena comoFabio Chigi. Foiordenado sacerdote en decembro de1634, e ao ano seguinte foi nomeado bispo deNardò. Recibiu a consagración episcopal o1 de xullo de1635, de mans do bispo deMaltaMiguel Juan Balaguer Camarasa. No consistorio do19 de febreiro de1652, o papaInocencio Xcreouno cardeal.
Inicialmente contrario aonepotismo, durante o seu primeiro ano do seu papado prohibiu aos seus parentes mesmo visitar Roma. Non obstante, durante oconsistorio do 2 de abril de1656, anunciou que o seu irmán e os seus sobriños acudirían a asistirlle quedando a partir de entón en mans dos seus parentes a administración eclesiástica. Esta medida, que supuxo un novo florecemento do nepotismo, complementouna proporcionando aos membros da súa familia que residía na súa cidade natal os postos civís e eclesiásticos mellor pagados así como magníficos pazos e facendas.
Favoreceu os españois nas súas reclamacións sobrePortugal, que restablecera a súa independencia en1640.
Mantivo a condena contra oxansenismo ao defender este a maldade da natureza humana. Favoreceu aosxesuítas, conseguindo a súa readmisión enVenecia.
Foi inimigo do sucesor doCardeal Richelieu o tamén poderoso noReino de Francia, cardeal Mazarino. Este realizou unha política a prol do seu Estado en contra dos intereses daIgrexa católica enEuropa.
Fomentou así mesmo a arquitectura e o embelecemento xeral deRoma, onde se derrubaron casas para realizar un novo trazado das rúas romanas, converténdose ademais nun granmecenas, especialmente deBernini, a quen encargou a construción da bela columnata da praza da Basílica de San Pedro e confiou obras como a ornamentación da igrexa de Santa María del Popolo.
Canonizou aFrancisco de Sales,Ramón Nonato eTomé de Villanueva.