Alexandre IV, nado comaRinaldo Conti enAnagni (Italia) cara a1199 e finado enViterbo o25 de maio de1261, foi o 181ºPapa daIgrexa católica dende1254 ata1261, referido comaSignum ostiense nas profecías deSan Malaquías.
Foi sobriño por parte de nai do papaGregorio IX, e tamén familiar do papaInocencio III. O seu tío Gregorio IX faino cardeal en 1227, despois cardeal-bispo de Ostia en 1231. Á morte deInocencio IV, elixírono papa enNápoles o12 de decembro de1254.
O seu pontificado é marcado polos esforzos de unificación entre as igrexasortodoxa ecatólica, a protección dasuniversidades, os favores concedidos asordes mendicantes e aos seus intentos de organizarcruzadas contra os Tártaros. Cando as autoridades académicas e relixiosas tentaron excluír a franciscanos e dominicos do ensino universitario, Alexandre IV mediou no conflito propiciando o doutoramento deBoaventura de Bagnoregio e deTomé de Aquino que terán unha grande influencia nafilosofía medieval.
En1255 aprobou a creación daUniversidade de Salamanca porAfonso X, concedeulle selo propio e a licenzaubique docendi.
En1256 promulgou abulaLiceo Ecclesiae Catholicae, pola que organizou os diversos grupos de ermitáns de inspiraciónagustiniana, nunha soa e únicaOrde.