Santo Alexandre I, de orixe probablementeromana, foibispo de Roma dende o ano107 até o113[1] ou115. Foi o sexto papa, se ben este título foi creado moitas décadas despois.
Da súa vida e do seu pontificado téñense poucos datos, e os que hai son abondo confusos e pouco fiables. O seu mandato como bispo de Roma debeu rematar estando de emperadorTraxano, aínda queEusebio de Cesarea sinala que foi ao pouco de comezar o mandato do emperadorHadrián (por volta, pois, de120).
Atribúeselle a institución daauga bieita nas igrexas e nas casas. Tamén puido ser el quen decidise que ashostias se fixesen con pan sen levedar e que o viño daeucaristía se mesturase con auga.
Unha tradición doséculo V afirmaba que o papa Alexandre I fora decapitado a canda santo Evencio e san Teodoro, pero por outros datos parece que o terceiro nese martirio fose un Alexandre distinto do papa. Cando no século XIX se atopou unha tumba preto deRoma, ao pé davía Nomentana, con tres cadáveres decapitados, pensouse que eran estes tres e os seus restos foron trasladados áigrexa de Santa Sabina, en Roma.
Porén, non está probado sequera que Alexandre I fose martirizado, malia que a igrexa católica considérao así. Como tódolos papas anteriores aoedicto de Milán, é consideradosanto e a súa festa celébrase o3 de maio.