Aleocharinae é unha das maiores subfamilias deescaravellos da familia dosestafilínidos, que contén unhas 12.000 especies. Anteriormente houbo un amplo debate sobre se esta subfamilia merecía o status de familia, pero hoxe considérase unha subfamilia dentro deStaphylinidae.[3][4]
Os Aleocharinae son xeralmente escaravellos pequenos ou diminutos, xa que poden acadar unha lonxitude máxima duns 10 mm, pero normalmente son de entre 3 e 5 mm e unhas poucas especies de só 1 mm, polo que están entre os escaravellos máis pequenos. O corpo é xeralmentre delgado, a miúdo cunha puntuación densa e fina; a cabeza é máis ou menos redonda e a cor pode ser marrón clara ou escura, marrón avermellada ou negra, ás veces con cores contrastadas vermellas, amarelas e negras.[4]
Debido ao tamaño da subfamilia, a súa anatomía é extremadamente variable. Porén, unhas poucas características clave son comúns a todo o grupo. Todos os membros teñen antenas con 10 ou 11 segmentos. A inserción das antenas é posterior ou anterior a unha liña debuxada entre as marxes anteriores dos ollos. Os segmentos tarsais varían de 2-2-2 a 4-5-5.
Están distribuídos por todo o mundo en todos os hábitats terrestres. son comunmente predadores en comunidades dosolo e dos leitos de follas caídas, frecuentementeinquilinos en formigueiros e termiteiros ou asociados con fungos.[4]
Esta subfamilia é común en todos os hábitats terrestres. Recoléctanse usando varios métodos, como o uso deluz ultravioleta, cámaras de emerxencia, peneirando, co uso dun funil Berlese de material orgánico e trampas de pozos.
A bioloxía da subfamilia é complexa. Moitas especies están moi especializadas, e isto fainas máis provclives á extinción. Coñécense na subfamilia formas de vida libre, parasitas, herbívoras, carnívoras, funxívoras, voadoras, camiñadoras, corredoras, nadadoras, sociais e solitarias, pero a súa historia vital é case descoñecida a nivel de especie.
Esta subfamilia é unha das máis grandes dos escaravellos, comprendendo 52tribos, uns 1000 xéneros e unhas 12000 especies descritas. Esta subfamilia é taxonomicamente complicada.[4]
↑Newton, A. F., Jr., M. K. Thayer, J. S. Ashe, and D. S. Chandler. 2001. 22. Staphylinidae Latreille, 1802. p. 272–418. In: R. H. Arnett, Jr., and M. C. Thomas (eds.). American beetles, Volume 1. CRC Press; Boca Raton, Florida. ix + 443 p.
Ferro, M. L., M. L. Gimmel, K. E. Harms, and C. E. Carlton. 2012a. Comparison of the Coleoptera communities in leaf litter and rotten wood in Great Smoky Mountains National Park, USA. Insecta Mundi 259: 1–58.[1]
Newton, A. F., Jr., M. K. Thayer, J. S. Ashe, and D. S. Chandler. 2001. 22. Staphylinidae Latreille, 1802. p. 272–418. In: R. H. Arnett, Jr., and M. C. Thomas (eds.). American beetles, Volume 1. CRC Press; Boca Raton, Florida. ix + 443 p.
Ashe, J. S. 2005: Phylogeny of the tachyporine group subfamilies and 'basal' lineages of the Aleocharinae (Coleoptera: Staphylinidae) based on larval and adult characteristics. Systematic entomology, 30: 3–37. doi: 10.1111/j.1365-3113.2004.00258.
Thomas, J. C. 2009: A preliminary molecular investigation of aleocharine phylogeny (Coleoptera: Staphylinidae). Annals of the Entomological Society of America, 102: 189–195. doi: 10.1603/008.102.0201