Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alemaña

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:51°N10°L / 51,10
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o actual país que existe dende 1990. Para a República Federal de Alemaña de 1949–1990 véxase:República Federal Alemá.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2015.)

Modelo:Xeografía políticaAlemaña
Bundesrepublik Deutschland (de)
Deutschland (de)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional alemánEditar o valor en Wikidata

Lema«Einigkeit und Recht und Freiheit»Editar o valor en Wikidata
EpónimoXermania Magna,alamanos,saxóns,Prusia,theodisk(en)Traducir,estrangeiro(pt)Traducir emudez(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 51°N10°L / 51,10
CapitalBerlín(1990–)Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación83.577.140(2024)Editar o valor en Wikidata (233,72hab./km²)
Lingua oficiallingua alemáEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie357.587,77 km²Editar o valor en Wikidata
Auga2,3 %Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Báltico eMar do NorteEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoZugspitze (2.962 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoNeuendorf-Sachsenbande(pt)Traducir (−3,54 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 23 de maio de 1949:  (Alemaña do Oeste)Editar o valor en Wikidata
Evento clave
8 de abril de 1949Occupation statute(en)Traducir
23 de maio de 1949Lei Fundamental da República Federal de Alemaña
1 de xaneiro de 1957Sarre
1957Treaties of Rome(en)Traducir
13 de agosto de 1961Muro de Berlín
22 de xaneiro de 1963Tratado do Elíseo
1972Xogos Olímpicos de 1972 (Múnic)
21 de decembro de 1972Basic Treaty(en)Traducir
9 de novembro de 1989Reunificación alemá
1 de xullo de 1990união econômica, monetária e social(pt)Traducir
12 de setembro de 1990Tratado Dous Máis Catro
decembro de 1995Guerras iugoslavas
decembro de 2001Guerra de AfganistánEditar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónArcanxo MiguelEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
federación
república federal parlamentarista(pt)Traducir
República parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataFrank-Walter Steinmeier(2017–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno Federal da Alemanha(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Chanceler Federal da Alemanha(pt)TraducirEditar o valor en WikidataFriedrich Merz(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoBundesrat(pt)Traducir ,(Escano: 69)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Constitucional Federal da Alemanha(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal4.121.200.000.000 € (2023)Editar o valor en Wikidata
Orzamento476.290.763.000 € (2023)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.deEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+49Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e110Editar o valor en Wikidata
Código de paísDEEditar o valor en Wikidata
Código NUTSDEEditar o valor en Wikidata

Sitio webverwaltung.bund.deEditar o valor en Wikidata
BNE: XX450924

Alemaña[1] (Gl-Alemaña.oggpronunciación (axuda · info)) (enalemán:DeutschlandDe-Deutschland.ogg [ˈdɔʏtʃlant] (axuda · info), enalto sorbio:Němska, enbaixo alemán:Düütschland, enbaixo sorbio:Nimska, endinamarqués:Tyskland, enfrisón:Dütschland, enromaní:Jermaniya) oficialmenteRepública Federal de Alemaña (Gl-República Federal de Alemaña.oggpronunciación (axuda · info)) (enalemán:Bundesrepublik DeutschlandDe-Bundesrepublik_Deutschland.ogg [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] (axuda · info)) é un estado federal daEuropa central. Limita ao norte comar do Norte,Dinamarca e omar Báltico, ao leste conPolonia e aRepública Checa, ao sur conAustria eSuíza, e ao oeste conFrancia,Luxemburgo,Bélxica e osPaíses Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por unclima temperado estacional.

Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, é o país máis poboado daUnión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamadaXermania, habitada polosXermanos, foi coñecida edocumentada antes do ano100 a.C.. Dende oséculo X os territorios alemáns formaron parte doSacro Imperio Romano Xermánico até1806. Durante oséculo XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro daReforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en1871, durante aguerra franco-prusiana. TralaSegunda guerra mundial, Alemaña ficou dividida en dous estados con fronteiras determinadas polas tropas aliadas en1949. Ambos paísesreunificáronse en1990. Alemaña (RFA) foi membro fundador daCEE en1957, convertida naUnión Europea en1993. Asemade, o país forma parte daZona Schengen e adoptou oEuro en1999.

Alemaña é unharepública parlamentariafederal constituída pordezaseis estados (enalemán:Bundesländer). A capital e principal cidade do país éBerlín. É membro dasNacións Unidas, aOTAN, oG8 e oG4, e tamén asinou oprotocolo de Kyoto. O país constitúe aquinta maior economía porPIB e o principal país exportador no ano2007. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria para a cooperación co desenvolvemento,[2] e o sexto en gasto militar.[3] O país desenvolveu unalto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exterioreseuropeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un lídercientífico etecnolóxico en diversos eidos.[4][5]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O termo "Alemaña" deriva dofrancésAllemagne (terra dosalamáns), en referencia ao pobo xermánico de mesmo nome que vivía na actual rexión fronteiriza entreFrancia e Alemaña, e que durante oséculo V cruzou oRío Rin e invadiu aGalia.[6] O país tamén é coñecido porXermania, que deriva dolatínGermania (terra dosxermanos).[7]

Debido á súa situación xeográfica nocentro de Europa e á súa longa historia coma rexión formada por variados tribos e estados, hai unha gran variedade de nomes do país, probablemente máis que calquera outra rexión europea. Así, en xeral, os nomes de Alemaña pódense clasificar en seis grupos diferentes:

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Alemaña.

Tribos xermánicas

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Pobos xermánicos e Xermania (Roma).

A etnoxénese dastribos xermánicas asúmese que ocorreu durante aIdade de Broncenórdica ou, ao máis tardar, durante aIdade de Ferroprerromana. A partir daEscandinavia meridional e do norte de Alemaña, as tribos comezaron a expandirse cara ao sur, leste e oeste noséculo I a. C., e entraron en contacto coas tribosceltas daGalia, así como tribosiranianas,bálticas, e triboseslavas naEuropa Oriental. Pouco se sabe sobre historia xermánica antes diso, excepto a través das súas interaccións coImperio Romano, pescudas etimolóxicas e achados arqueolóxicos.

Expansión dastribos xermánicas (750 a. C. -1 d. C.).

Por orde do emperadorAugusto, o xeneral romano Publius Quinctilius Varus comezou a invadirXermania (termo usado polos romanos para definir un territorio que comezaba norío Rin e ía até osUrais), e foi neste período cando as tribos xermánicas se familiarizaron coas tácticas de guerra romanas, mantendo porén a súa identidade tribal. No9 d. C., treslexións romanas lideradas por Varo foron derrotadas polo líderqueruscoArminio nabatalla da fraga de Teutoburgo. O territorio da actual Alemaña, así como os vales dosríos Rin eDanubio, permaneceron fóra doImperio Romano. No ano100 d. C., na época do libroXermania dePublio Cornelio Tácito, as tribos xermánicas asentadas ao longo do Rin e do Danúbio (aLimes Germanicus oufronteira xermánica) ocupaban a maior parte da área da actual Alemaña. Oséculo III viu o xurdir dun gran número de tribos xermánicas occidentais:alamáns,francos,chatti,saxóns,frisios,anglos,suevos,visigodos,vándalos,godos,ostrogodos,longobardos,sicambres eturinxios. Ao redor do260, os pobos xermánicos romperon as súas fronteiras do Danubio e expandiron alimes cara ás terras romanas.

No ano723 o territorio daXermania central foi obxecto da predicación do apóstoloinglésWynfrith, que adoptou o nome latino co que foi canonizado de Bonifacio. A conversión dossaxóns do norte deuse só durante o imperiocarolinxio (comezos doséculo IX), coa súa conversiónCarlomagno ao final puido civilizar a súa rexión, unificando culturalmente a Alemaña, como os romanos fixeran naGalia.

Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806)

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Sacro Imperio Romano Xermánico.
Os Príncipe Electores doSacro Imperio Romano (1341).

O25 de decembro de800 foi fundado oImperio Carolínxio, o cal foi dividido en843. O imperio medieval xurdiu coa porción oriental deste, existindo en diversas formas dende962 até1806. Estendíase dende oRío Eider, ao norte do país, até oMediterráneo, no litoral sur. Moitas veces referido coma oSacro Imperio Romano (ou o Antigo Imperio), foi oficialmente chamado Sacro Imperio Romano da Nación Alemá (enlatín: "Sacro Romanum Imperium Nationis Germanicæ") a partir de1448, para axustar o nome para o seu territorio de entón.

Martiño Lutero deu inicio áReforma protestante.

Só co reinado dos emperadoresOtonianos (919-1024) foron consolidados osducados deLorena,Saxonia,Franconia,Suabia,Turinxia eBaviera, e o rei alemán foi coroadoEmperador do Sacro Imperio Romano desas rexións en962. Baixo o reinado dos emperadoresSalianos (1024-1125), o Sacro Imperio Romano absorbeu o norte daItalia e aBorgoña. Con todo, o emperador perdeu parte do poder a través daQuerela das Investiduras coaIgrexa católica. Baixo os emperadoresHohenstaufen (1138-1254), os príncipes alemáns aumentaron a súa influencia cara ao sur e o leste, territorios habitados porpobos eslavos,bálticos eestonianos antes da ocupación alemá da rexión.

Co colapso do poder imperial en1250, debido ao constante batallar coaIgrexa católica, fíxose necesario a creación dun novo sistema de escolla do emperador. Creouse así, o consello dos sete príncipes-electores, que tiñan o poder de escoller o comandante do Sacro Imperio. Durante ese período, as cidades comerciais uníronse para protexer os seus intereses comúns; sendo a máis coñecida delas aLiga Hanseática, que reunía poderosas cidades do norte alemán comoHamburgo eBremen. A partir doséculo XV, os emperadores foron elixidos case exclusivamente a partir da dinastíaHabsburgo deAustria.

O monxeMartiño Lutero publicou as súas95 Teses en1517, desafiando as prácticas daIgrexa católica, e dando inicio áReforma protestante. Oluteranismo tornouse a relixión oficial de moitos estados alemáns tras1530 o que levou a conflitos relixiosos resultantes da división relixiosa no imperio, que xeraron aguerra dos Trinta Anos (1618-1648) que devastou os territorios alemáns. APaz de Westfalia (1648) acabou coa guerra relixiosa entre os estados alemáns, mais o imperio estabade facto dividido en moitos principados independentes. De1740 en diante, o dualismo entre a Monarquía austríaca dosHabsburgo e oReino de Prusia dominou a historia alemá. En1806, oImperium foi disolto como resultado dasguerras napoleónicas.

Restauración e revolución (1814-1871)

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Confederación Xermánica.
Artigo principal:Unión Alfandegueira Alemá.
OParlamento de Frankfurt (1848).

Despois da caída deNapoleón Bonaparte, oCongreso de Viena reuniuse en1814 e a súa resolución fundou aConfederación Xermánica (enalemán:Deutscher Bund), a unión detrinta e nove estados soberanos.

Desentendementos coa restauración política proposta poloCongreso de Viena, parcialmente levou ao xurdir de movementosliberais, esixindo unidade e a liberdade. Estes, porén, foron reprimidos con novas medidas de represión por parte do estadista austríacoMetternich. AZollverein, unha unión aduaneira, procuraba unha unión económica dos estados alemáns. Durante esta época, moitos alemáns foran axitados cos ideais daRevolución Francesa, e onacionalismo pasou a ser unha forza máis significativa, especialmente entre os mozos intelectuais. Por primeira vez, o negro, o vermello e o dourado foron escollidos para representar o movemento, os cales máis tarde se tornaron as cores dabandeira de Alemaña.

Por mor dunhaserie de movementos revolucionarios na Europa, que estabeleceron con éxito unha repúblicaen Francia, intelectuais e burgueses comezaron aRevolución de 1848 nos Estados alemáns. Os monarcas inicialmente aceptaron as esixencias dos revolucionarios liberais para conter a mobilización popular. Ao ReiFrederico Guillerme IV foille ofrecido o título deEmperador, mais sen poderabsoluto. Con todo, rexeitou a coroa e a proposta deConstitución, o que conduciu a un revés temporal no movemento.

O conflito entre o reiGuillerme I dePrusia e o parlamento cada vez máis liberal foi roto durante a reforma militar en1862, cando o rei nomeou aOtto von Bismarck o novoPrimeiro Ministro dePrusia. Bismarck trabou con logro unhaguerra coa Dinamarca, en1864. A vitoria prusiana naguerra austro-prusiana de1866 permitiu crear aConfederación Alemá do Norte (enalemán:Norddeutscher Bund), que excluía aAustria, ex-líder dos estados alemáns, dos asuntos dos Estados restantes.

Imperio alemán (1871-1918)

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Unificación Alemá e Imperio alemán.
Fundación da moderna Alemaña enVersalles,Francia, en1871.Bismarck aparece no centro cun uniforme branco.

O estado coñecido comoAlemaña foiunificado como un moderno Estado-nación en1871, cando oimperio alemán foi creado coReino de Prusia, o seu principal constituínte. Trala derrota francesa naguerra franco-prusiana, o Imperio alemán foi proclamado enVersalles o18 de xaneiro de1871. ACasa de Hohenzollern de Prusia declarou o novo imperio, con capital enBerlín. O imperio, coñecido comoSegundo Reich era unha unificación de tódalas partes de Alemaña, agásAustria, aKleindeutschland ("Pequena Alemaña"). A partir de1884, o país comezou a estabelecercolonias fóra deEuropa, primeiro por iniciativa privada e despois co aval estatal. Durante ese período experimentou un gran crecemento económico, cunha forte industrialización, especialmente das industriasmineira emetalúrxica, e das derivadas dasenxeñarías eléctrica,mecánica equímica.

OImperio Alemán (1871-1918), coReino de Prusia en azul.

NoGründerzeit, período posterior áunificación, a política externa deGuillerme I garantiu a posición doImperio Alemán mediante alianzas comerciais e políticas con outros países europeos. Deste xeito, foi illando aFrancia por medios diplomáticos, a través de acordos secretos. A unificación foi consolidada conRusia como principal aliada.

Con todo, o káiserGuillerme II, comooutras potencias europeas, tomou un cursoimperialista debido á fricción cos países veciños. A maior parte das alianzas que Alemaña tiña non foron renovadas, e as novas alianzas excluían o país. Especificamente, Francia estabeleceu novas relacións coa sinatura daentente cordiale coReino Unido e garantiu os lazos coImperio Ruso. Alén dos contactos conAustria-Hungría, Alemaña tornouse cada vez máis illada. Tivo inicio o período armamentista, aPaz Armada.

O imperialismo alemán, aWeltpolitik, superou as súas propias fronteiras e uniuse a outros poderes europeos que reivindicaban a súa parte deÁfrica, dividida naConferencia de Berlín. Alemaña obtivo varios anacos do continente, como aÁfrica Oriental Alemá, oSuroeste Africano Alemán,Togolandia e oCamerún. A repartición de África causou tensión entre asgrandes potencias, o que contribuíu para as condicións que levaron áprimeira guerra mundial.

Oasasinato en Saraxevo do príncipeFrancisco Fernando de Austria o28 de xuño de1914 desencadeou aprimeira guerra mundial. Alemaña, como parte dasPotencias Centrais, foi derrotada polobando aliado. Arevolución alemá estourou ennovembro de1918, o que forzou aokáiser Guillerme I e a tódolos príncipes áabdicación. O11 de novembro foi asinado un armisticio que puxo fin á coñecida como "Gran Guerra". Alemaña foi forzada a asinar oTratado de Versalles enxuño de1919. A súa negociación, ao contrario da diplomacia tradicional de posguerra, excluíu as derrotadasPotencias Centrais. O tratado foi percibido no país xermánico como unha humillante continuación da guerra por outros medios, e a súa dureza é frecuentemente citada como unha das causas do ascenso donazismo.

República de Weimar (1919-1933)

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:República de Weimar.
Ilustración da época sobre a Dolchstoßlegende, unha táctica da dereita da época para acceder ao poder.

Tralo éxito daRevolución Alemá ennovembro de1918, foi proclamada aRepública de Weimar. A súaconstitución entrou en vigor coa sinatura doPresidenteFriedrich Ebert o11 de agosto de1919. OPartido Comunista de Alemaña (Kommunistische Partei Deutschlands, KPD) foi creado porRosa Luxemburg eKarl Liebknecht en1918, e o Partido dos Traballadores Alemán (Deutsche Arbeiterpartei, DAP), enxaneiro de1919. Este último foi o antecedente doPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), coñecido tamén comoPartido Nazi, unha abreviación de Nationalsozialist, por analoxía conSozi, de Sozialdemokrat (Partido Socialdemócrata de Alemaña), rival político do DAP.

Sufrindo as duras condicións impostas poloTratado de Versalles, xunto cunha longa sucesión de gobernos máis ben inestábeis, cada vez había menos identificación política coademocracia parlamentaria. Esta situación foise agravando pola ampla divulgación dun mito político por parte da dereita (monárquicos,völkischs enazis): aDolchstoßlegende oucoitelada polas costas, que alegaba que Alemaña perdera aGran Guerra debido áRevolución Alemá e non á derrota militar. Por outro lado, os partidos da esquerdacomunista, como aSpartakusbund, querían abolir o que entendían como "goberno capitalista" e estabelecer uncomunismo de consellos, oRäterepublik. Diversos partidos crearontropas paramilitares ouFreikorps , e producíronse asasinatos por motivos políticos. OsFreikorps sementaban a violencia e a rabia entre o pobo, que sufría unha elevada taxa dedesemprego epobreza. Despois dunha serie de gabinetes frustrados, o presidentePaul von Hindenburg, empurrado polos seus asesores de dereita, nomeouchanceler aAdolf Hitler o30 de xaneiro de1933.

Terceiro Reich (1933-1945)

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Alemaña nazi e Segunda guerra mundial.
Adolf Hitler, líder doTerceiro Reich.

O27 de febreiro de1933 produciuse oincendio do Reichstag. Como consecuencia, algúns dereitos democráticos fundamentais foron rapidamente revogados por un decreto de emerxencia. Unha Lei de plenos poderes deulle a Hitler o poder lexislativo absoluto. Só oPartido Socialdemócrata votou en contra. OPartido Comunista de Alemaña non foi quen de presentar oposición, pois os seus membros foran asasinados ou presos. A centralizacióntotalitaria estatal foi estabelecida por unha serie de decretos políticos, e Alemaña tornouse nunEstado de partido único.

Houbo queimas de libros de autores considerados "inimigos da nación" e persecucións a artistas e científicos, polo que moitos emigraron, principalmente cara aosEstados Unidos de América. A industria foi fortemente regulamentada con cotas e requirimentos, para mudar a economía a unha base produtiva de guerra. En1936 as tropas alemás entraron na desmilitarizadaRenania, e as políticas de acougo doprimeiro ministro do Reino UnidoNeville Chamberlain resultaron insuficientes. Entusiasmado, Hitler seguiu adiante dende1938 co seu plan de crear aGroßdeutschland, a Grande Alemaña. En marzo deste ano comezou coaAnschluss, a anexión deAustria. Para evitar unha guerra de dúas frontes, Hitler concluíu oPacto Molotov-Ribbentrop coaUnión Soviética, un pacto que el mesmo rompería máis tarde.

En1939, as tensións de nacionalismo, militarismo, e cuestións territoriais levaron ao Terceiro Reich áblitzkrieg, a "guerra lóstrego", o1 de setembro contraPolonia. Dous días despois, oReino Unido eFrancia fixeron cadansúa declaración de guerra, o que supuxo o inicio daSegunda guerra mundial. Alemaña rapidamente logrou control directo ou indirecto da maioría deEuropa.

Berlín en ruínas trala fin dasegunda guerra mundial,Potsdamer Platz,1945.

O22 de xuño de1941, Hitler rachou o pacto coaURSS. Abriu a Fronte Oriental e puxo en marcha aOperación Barbarossa, a invasión da Unión Soviética. En decembro dese ano, oXapón, aliado do Terceiro Reich,atacou a base de Pearl Harbor nas illas de Hawai‘i, e así Alemaña declarou a guerra aosEstados Unidos de América. Aínda que inicialmente o exército alemán avanzou rapidamente sobre a Unión Soviética, abatalla de Stalingrado marcou un xiro importante na contenda, pois fixo recuar aWehrmacht, o exército alemán. ODesembarco de Normandía marcou unha volta importante sobre a Fronte Occidental. As forzas aliadas desembarcaron no norte de Francia e avanzaron con rapidez, o que precipitou a derrota de Alemaña. O8 de maio de1945,as forzas armadas alemás capitularon trala ocupación deBerlín poloExército Vermello .

No que foi coñecido posteriormente como oHolocausto, oTerceiro Reich elaborou políticas que subxugaban directamente moitos colectivos, entre eles a comunidadexudía, opobo xitano, persoashomosexuais, membros da disidenciapolítica ou persoas condiscapacidade. Durante este período, calcúlase que preto de once millóns de persoas foron asasinadas, incluídas as vítimas doscampos de concentración e exterminio. No total, a segunda guerra mundial e o xenocidio nazi foron responsábeis duns 35 millóns de vítimas mortais enEuropa.

División e reunificación (1945-1990)

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:República Democrática Alemá e Reunificación alemá.
Zonas ocupadas polosaliados en Alemaña en1947, cos territorios ao leste da liña Oder-Neisse baixo administraciónpolaca ou anexiónsoviética, alén doprotectorado de Sarre e aBerlín dividida. AAlemaña Oriental era formada pola Zona Soviética, mentres aAlemaña Occidental era formada polas zonasestadounidense,británica efrancesa en1949 e doSarre en1957.

A guerra supuxo, entre outros, a morte de case dez millóns de soldados alemáns e civís, a expulsión duns 15 millóns de alemáns dosterritorios orientais e doutros países e a destrución de varias cidades. O resto do territorio nacional foi dividido coa ocupación militar daspotencias aliadas.Berlín, así mesmo, ficou dividida en catro zonas.

Os sectores controlados porFrancia, oReino Unido e osEstados Unidos de América fusionáronse o23 de maio de1949 e formaron aRepública Federal de Alemaña, aBundesrepublik Deutschland, con capital enBonn. O7 de outubro dese mesmo ano, a Zona Soviética creou aRepública Democrática de Alemaña, aDeutsche Demokratische Republik, con capital enBerlín Leste. A RFA declarou que ostatus de Bonn como capital era provisional, a fin de salientar que a existencia de dous Estados alemáns foi unha solución artificial e provisional.

AAlemaña Occidental, estabelecida como unharepública federalparlamentaria e cunha "economía social de mercado", foi aliada dosEstados Unidos de América,Francia e oReino Unido. O país chegou a beneficiarse dun crecemento económico prolongado a partir dadécada de 1950, o que se coñeceu comoWirtschaftswunder ou milagre económico alemán. Ingresou naOTAN en1955 e foi membro fundador daComunidade Económica Europea en1958.

OMuro de Berlín na fronte daPorta de Brandeburgo pronto trala súa apertura en1989.

Pola súa parte, aAlemaña Oriental foi un estado dobloque do leste baixo control político e militar daUnión Soviética a través doPacto de Varsovia. O poder político foi executado exclusivamente poloPolitburo, os principais membros doPartido Socialista Unificado de Alemaña. O seu poder foi asegurado poloStasi, unservizo secreto, e unha variedade de sub-organizacións que controlaban tódolos aspectos da sociedade. Á súa vez, as necesidades básicas da poboación foron cubertas por custos baixos polo Estado. A economía planificada foi implantada, e máis tarde a RDA pasou a ser un estado doCOMECON. OMuro de Berlín, construído en1961 para impedir a fuga para Alemaña Occidental, tornouse nun símbolo da coñecida comoguerra fría.

As tensións entre os dous estados alemáns foron lixeiramente calmadas no inicio dos anos1970 polochancelerWilly Brandt mediante aOstpolitik, que incluíu a aceptaciónde facto das perdas territoriais de Alemaña naSegunda guerra mundial.

Por mor dunha crecente migración do Leste para Alemaña Occidental a través deHungría e de manifestacións en masa durante o verán de1989, as autoridades do Leste alemán facilitaron as condicións fronteirizas en novembro, e permitiron o tránsito do Leste cara ao Occidente. A medida foi orixinalmente concibida como un método de presión para manter a Alemaña Oriental como un estado. Porén, a abertura da fronteira acelerou o proceso de reforma na Alemaña Oriental. Este finalmente concluíu coTratado Dous Máis Catro o12 de setembro de1990 e areunificación alemá ocorreu en3 de outubro de1990. Segundo os termos do tratado, as catro potencias ocupantes renunciaban aos seus dereitos, e Alemaña recuperaba a plenasoberanía do territorio.

República de Berlín e integración na UE

[editar |editar a fonte]
Alemaña adoptou oeuro o1 de xaneiro de2002.

Con base na Lei Bonn-Berlín, aprobada polo parlamento o10 de marzo de1994, a capital do Estado unificado pasou a serBerlín.Bonn obtiña ostatus único deBundesstadt (cidade federal) e retivo algúns ministerios federais. A mudanza do goberno foi concluída en1999.

Dende a reunificación, Alemaña vén tendo un rol de liderado naUnión Europea e naOTAN. Participou no exército que garantiu a estabilidade nosBalcáns durante as guerras neses territorios. Así mesmo, enviou tropas aAfganistán como parte daOTAN, co obxectivo de "proporcionar seguranza neste país". Estes desprazamentos foron controvertidos, debido a que trala guerra, Alemaña estaba obrigada por lei a manter unicamente tropas de defensa. Estas incursións foron entendidas como alleas á lei de defensa. Porén, a votación parlamentaria sobre a cuestión legalizou a acción nun contexto de "mantemento da paz".

En2005,Angela Merkel, candidata daUnión Demócrata Cristiá, converteuse na primeira mullerchanceler de Alemaña. De2005 a2009 liderou unha gran coalición entre a Unión Social Cristiá de Baviera (CSU), o seu partido irmán deBaviera, e oPartido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Despois das elección xerais do27 de setembro de2009, Merkel construíu unha coalición de goberno en que substituíu o SPD polo Partido Democrático Liberal (FDP).

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Alemaña.

O territorio de Alemaña cobre 357.021 km², sendo 349.223 km² de terra e 7.798 km² de auga. É o sétimo maior país por área deEuropa e o 63° maior do mundo. Esténdese dende as altas montañas dosAlpes (o punto máis elevado é oZugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas domar do Norte (Nordsee) e domar Báltico (Otsee) no norte. Entre os dous está presente un bosque que liga as terras altas do centro ás terras baixas do norte, sendo o punto máis baixo o Neuendorfer/Wilstermarsch a 3,54 m baixo o nivel do mar, atravesadas por algúns dos maioresríos deEuropa como oRin, oDanubio e oElba.

Por mor da súalocalización central, Alemaña comparte fronteiras con máis países europeos que calquera outro estado no continente. Os seus veciños son aDinamarca ao norte,Polonia e aRepública Checa ao leste,Austria eSuíza ao sur,Francia eLuxemburgo ao suroeste eBélxica e osPaíses Baixos ao noroeste.

Relevo

[editar |editar a fonte]

En Alemaña distínguense tres grandes rexións fisiográficas: unha chaira de terras baixas ao norte que forma parte dachaira noreuropea, unha área de mesetas no centro denominada aAlemaña Media, e unha rexión montañosa ao sur. As terras baixas, que conforman a chaira de Alemaña do Norte, teñen un relevo variado que engloba diversos vales fluviais e un gran terreo poboado debreixos.

A rexión central, cuxos límites aproximados están entre a cidade deHannover ao norte e orío Main ao sur, abrangue un territorio composto de suaves montañas, vales fluviais, ríos e concas ben definidas.

As cadeas montañosas inclúen ao oeste as cordilleirasEifel eHunsrück, no centro as montañasTaunus eSpessart, e ao leste acordilleira de Fichtelgebirge. Porén, é ao sur onde se encontran os montes máis altos do país, todos eles nosAlpes Bávaros, no estado de Baviera:

Montes de maior altitude
PosiciónImaxeMonteSistemaAltitude (m)
1ZugspitzeWettersteingebirge2.962
2HochwannerWettersteingebirge2.744
3WaltzmannBerchtesgadener Alpen2.713
4DreitorspitzeWettersteingebirge2.682
5HochkalterBerchtesgadener Alpen2.607
6BiberkopfAllgäuer Alpen2.599
7Großer HundstodBerchtesgadener Alpen2.593
8HochvogelAllgäuer Alpen2.592
9Östliche KarwendelspitzeKarwendel2.538
10HocheisspitzeBerchtesgadener Alpen2.523

En microescala, a superficie alemá está a sufrir cambios de altitude, en particular na cunca do Ruhr, baixando o nivel da súa superficie nesa zona ata 5 mm/ano.[8]

Hidrografía

[editar |editar a fonte]
Ríos
ORhin, enMayence,Renania-Palatinado.

A continuación enuméranse os maiores ríos de Alemaña, coa súa lonxitude total, a lonxitude do tramo que atravesa Alemaña, e a cidade maior que atravesa a súaconca fluvial.

Desembocan noMar Negro
Río Danubio2852 km647 kmMúnic
Desembocan noMar do Norte
Río Rhin1236 km865 kmColonia
Río Elba1165 km727 kmHamburgo
Desembocan noMar Báltico
Río Oder866 km187 kmFrankfurt an der Oder

Os ríos máis longos que flúen integramente por Alemaña desembocan no Mar do Norte:

Lagos
O lago Tegern,Alta Baviera,Baviera.

Clima

[editar |editar a fonte]
Paisaxealpina no sur deBaviera.

Gran parte de Alemaña ten unclima temperado no cal predominan os ventos húmidos occidentais. O clima é moderado pola Corrente Norte-Atlántica, a extensión norte daCorrente do Golfo. As augas quentes traídas por esa corrente afectan as áreas litorais doMar do Norte incluíndo a península daXutlandia e a área ao longo doRin, que corre en dirección ao Mar do Norte.

Consecuentemente no noroeste e no norte, o clima éoceánico; aschoivas sucédense durante todo o ano tendo o seu punto culminante no verán. Os invernos son suaves e os veráns frescos, aínda que as temperaturas poden exceder os 30°C por períodos prolongados. No leste, o clima é máiscontinental; os invernos poden ser moi rigorosos, os veráns moi quentes, e teñen sido rexistrados longos períodos de seca. O centro e o sur de Alemaña son rexións de transición que varían entre os climas oceánico moderado e o continental. A temperatura máxima tamén pode exceder os 30 °C no verán.

Biodiversidade

[editar |editar a fonte]
Aaguia é unha ave protexida da caza e oanimal heráldico nacional.

Fitoxeograficamente, Alemaña está dividida entre as provincias do Atlántico Europeo e Centro Europeo da Rexión Circumboreal dentro do Reino boreal. O seu territorio pode ser subdividido en catro rexións bioxeográficas: os remanentes forestais doAtlántico, os bosques mixtos doBáltico, os bosques mixtos daEuropa Central e os bosques de anxiospermas daEuropa Occidental. A maior parte de Alemaña está cuberta por terras arables (33%) oubosques efragas (31%). Só o 15% do territorio está cuberto por pastos permanentes.

As plantas e animais que se poden atopar son os xeralmente comúns daEuropa central.Faias,carballos e outras árbores defolla caduca constitúen un terzo dos bosques; asconíferas están aumentando como resultado da reforestación.Abetos epiñeiros predominan nas montañas superiores. Hai moitas especies defentos,flores,fungos emusgos. Abundanpeixes nos ríos e nomar do Norte. Os animais salvaxes inclúenporcos bravos,veados salvaxes,monflóns,raposos,teixugos,lebres, e un pequeno número decastores. Varias aves migratorias cruzan Alemaña naprimavera e nooutono.

Alemaña é coñecida polos seus moitos xardíns zoolóxicos,parques nacionais, parques de animais salvaxes,acuarios e parques de aves. Máis de 400 zoolóxicos e parques de animais rexistrados operan en territorio xermano.

Medio ambiente

[editar |editar a fonte]
O maiorparque eólico do mundo está instalado en Alemaña.

A Alemaña é coñecida pola súa consciencia ambiental. Os alemáns consideran que o home é unha das principais causas doquecemento global. O país está comprometido coProtocolo de Kyoto e varios outros tratados para promover a biodiversidade, os baixos padróns de emisións, a reciclaxe, a utilización de enerxías renovábeis e apoia odesenvolvemento sustentábel a nivel global.

O goberno alemán deu inicio a unha ampla actividade de redución de emisións e as emisións globais do país están caendo. Con todo, Alemaña ten unha das máis elevadas taxas deemisións de dióxido de carbono per cápita daUE, aínda que significativamente menor en comparación conArabia Saudita,Australia,Canadá ou osEstados Unidos.

As emisións a partir de produción de enerxía proveniente da queima de carbón e as industrias contribúen para a polución do ar. Achoiva ácida, resultante das emisións de óxidos denitróxeno exofre, é prexudicial para osbosques. A polución noMar Báltico a partir de refugallo bruto e efluentes industriais nos ríos na antigaAlemaña Oriental foron reducidas. O goberno doex-chancelerSchröder anunciou a intención de acabar co uso da produción de electricidade a partir deenerxía nuclear. Alemaña está traballando para cumprir o compromiso daUnión Europea de identificar áreas de preservación natural de acordo coa directiva de Flora, Fauna e Hábitats da UE. Os perigos naturais son as enchentes fluviais na primavera e os fortes ventos que ocorren en tódalas rexións.

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
OReichstag, sede doBundestag.

Alemaña é unharepública federal,democrática, representativa eparlamentaria. O sistema político alemán opera baixo un marco establecido nodocumento constitucional de1949 coñecido como aGrundgesetz (Lei Fundamental). Ao chamar o documentoGrundgesetz, no canto deVerfassung (constitución), os autores expresaron a intención de que sería substituído por unha constitución axeitada unha vez que Alemaña fosereunificada como un só estado. As emendas áGrundgesetz xeralmente requiren unha maioría de dous terzos de ámbalas dúas cámaras doparlamento; os artigos que garanten os dereitos fundamentais, a separación de poderes, a estrutura federal, e o dereito de resistir aos intentos de derrocar a constitución son válidos en perpetuidade e non poden ser modificados. Malia a intención inicial, aGrundgesetz segue en vigor logo da reunificación alemá en1990, aínda que con algunhas modificacións.

Frank-Walter Steinmeier, presidente federal dende 2017

OBundeskanzler (chanceler federal) é o xefe dogoberno e exerce opoder executivo, semellante ao papel dunPrimeiro Ministro noutrasdemocraciasparlamentarias.Angela Merkel ocupa este posto dende o 2005. Opoder lexislativo recae no parlamento composto poloBundestag (Dieta Federal) e oBundesrat (Consello Federal), que en conxunto forman un único tipo de órganolexislativo. OBundestag é elixido medianteeleccións directas respectuosas da representación proporcional. Os membros doBundesrat representan aos gobernos dos dezaseis estados federais e son membros dosgabinetes de estado. Os respectivos gobernos estatais teñen o dereito de nomear e mudar os seus enviados en calquera momento. Dende1949, o sistema de partidos estivo dominado polaUnión Demócrata Cristiá (CDU) e oPartido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), aínda que os partidos máis pequenos, como oPartido Democrático Libre (FDP, que ten membros noBundestag dende1949) eAlianza 90 - Os Verdes (Die Grünen, que controla escanos no Parlamento dende1983) desempeñan tamén un papel importante.

Oxefe de Estado alemán é oBundespräsident (presidente) elixido polaBundesversammlung (convención federal), unhainstitución integrada polos membros doBundestag e un número igual de delegados estatais enviados polos parlamentos doLänder (Landtage).Frank-Walter Steinmeier é o actual presidente dende 2017, cando sucedeu aJoachim Gauck. O segundofuncionario alemán máis alto na orde de precedencia é oBundestagspräsident (presidente doBundestag), que é elixido poloBundestag, sendo responsable de supervisar as sesións do corpo. O terceiro, e máis alto oficial da Xefatura do goberno é ochanceler, que é designado poloBundespräsident logo de ser elixido poloBundestag. O chanceler pódese mudar de xeito construtivo a través dunha moción de non confianza por parte doBundestag, onde simultaneamente se elixe un sucesor. O brazoxudicial inclúe o Tribunal Constitucional, chamadoBundesverfassungsgericht, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Estados de Alemaña.

Alemaña está dividida endezaseis estados federados (enalemán:Bundesländer, singularBundesland).

EstadoCapitalÁrea (km²)Poboación[cando?]
Baden-WürttembergStuttgart35 75210 569 100
Baixa SaxoniaHannover47 6187 779 000
BavieraMúnic70 54912 519 600
BerlínBerlín8923 375 200
BrandeburgoPotsdam29 4772 449 500
BremenBremen404654.800
HamburgoHamburgo7551 734 300
HessenWiesbaden21 1156 016 500
Mecklemburgo-AntepomeraniaSchwerin23 1741 600 300
Renania do Norte-WestfaliaDüsseldorf34 04317 554 300
Renania-PalatinadoMaguncia19 8473 990 300
SarreSaarbrücken2 569994.300
SaxoniaDresde18 4164 050 200
Saxonia-AnhaltMagdeburg20 4452 259 400
Schleswig-HolsteinKiel15 7632 806 500
TurinxiaErfurt16 1722 170 500

Lexislación

[editar |editar a fonte]
Oficial dapolicía deHamburgo.

OTribunal de Xustiza é independente dopoder executivo e olexislativo. Ten unestatuto civil que se basea nodereito romano con algunhas referencias ao dereito xermánico. OBundesverfassungsgericht (Tribunal Constitucional Federal), con sede enKarlsruhe, é o Tribunal Supremo alemán responsable de asuntosconstitucionais, co poder de realizar procesos de revisión xudicial. Actúa como a máis alta autoridade xurídica e asegúrase de que as prácticas dos poderes lexislativo e xudicial axústanse á práctica a Lei Fundamental para a República Federal de Alemaña (Lei Fundamental). Actúa con independencia dos outros órganos do Estado, pero non pode actuar no seu propio nome.

O sistema do tribunal supremo, chamadoOberste Gerichtshöfe des Bundes, conta con dependencias especializadas. Para as causas civís e penais, o máis alto tribunal de apelación é o Tribunal Federal de Xustiza, con sede enKarlsruhe eLeipzig. A sala é de estilo inquisitorial. Outros tribunais federais son o Tribunal Federal do Traballo enÉrfurt, o Tribunal Social Federal deKassel, o Tribunal Federal de Facenda enMúnic e o Tribunal Administrativo Federal en Leipzig.

O dereito penal e dereito privado están codificados no plano nacional noStrafgesetzbuch e oBürgerliches Gesetzbuch, respectivamente. O sistema penal diríxese cara á rehabilitación docriminal, o seu obxectivo secundario é a protección do público en xeral. Para lograr este último, o condenado penal pode ser posto en prisión preventiva (Sicherheitsverwahrung), ademais de regular a pena se se lle considera unha ameaza para o público en xeral. OVölkerstrafgesetzbuch regula as consecuencias doscrimes de lesa humanidade,xenocidio e crimes de guerra.

Opoder lexislativo está dividido entre a federación e os estados. A lei fundamental estipula que os estados deben seguir as disposicións do poder lexislativo a nivel estatal, agás casos designados pola propia lei fundamental. A lei federal prevalece sobre a lei de cada estado, xa que o poder lexislativo reside no nivel federal. OBundesrat é o órgano federal a través do cal os estados participan na lexislación nacional. Cada estado ten os seus propios tribunais constitucionais.

Dereitos humanos

[editar |editar a fonte]

En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Alemaña firmou ou ratificou:

AlemañaAlemaña Status dos principais instrumentos internacionais dedereitos humanos[9]
CESCRCCPRCERDCEDCEDAWCAT[10]CRCMWCCRPD
CESCRCESCR-OP[11]CCPRCCPR-OP1CCPR-OP2-DPCEDAWCEDAW-OP[12]CATCAT-OPCRCCRC-OP-ACCRC-OP-SCCRPDCRPD-OP[13]
PertenzaFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado e ratificadoAlemaña recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoSen informaciónFirmado e ratificadoFirmado pero non ratificadoFirmado pero non ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Alemaña.
Frankfurt,cidade global financeira.

Alemaña, polo desenvolvemento da súa economía, é considerada en termos xerais como a terceira potencia mundial e a primeira deEuropa. En2006 o seuProduto interior bruto (PIB) pasou os 3 billóns dedólares estadounidenses. As súas bazas industriais son diversas; os tipos principais de produtos fabricados sonmedios de transporte,aparellos eléctricos e electrónicos,maquinaria,produtos químicos,materiais sintéticos ealimentos procesados. É un foco de riqueza e iso reflíctese naeconomía do centro de Europa. Cunha infraestrutura deestradas amplas e un excelente nivel de vida, é unha das naciónsmáis desenvolvidas do mundo.

Francia é o máis importante socio comercial de Alemaña e viceversa. En2005, Francia cun 10,2%, volveu ser o principal destino das exportacións alemás e a orixe do 8,7% das importacións. En2006, máis do 14 % das exportacións francesas tiveron como destino a Alemaña e preto do 17 % do total das importacións francesas proveu de Alemaña. Os países daUnión Europea son os principais compradores dos produtos alemáns (Reino Unido o 7,8% eItalia o 6,9% en 2005). O principal socio comercial de Alemaña fóra de Europa son osEstados Unidos, país ao que en2005 realizou o 8,8% das súas exportacións e do que recibiu o 6,6% das súas importacións. ODeutsche Bundesbank e oBanco Central Europeo (BCE) teñen a súa sede central na cidade deFrankfurt.

Porén, acrise económica exerce tamén a súa influencia sobre Alemaña, afectándoa en dous modos diferentes. Por un lado, a crise de débeda que afecta fundamentalmente os países mediterráneos ten permitido ao país teutón conseguir financiamento nos mercados internacionais a un interese practicamente nulo, ao preferir os especuladores mercar débeda alemá escasamente rendible a expoñerse a unha perda de capital mediante a adquisición de débeda soberana de países insolventes.[14]. Pero por outro lado, a dependencia do comercio alemán con respecto aos outros países daUnión Europea provocou unha desaceleración na evolución do seu PIB en 2012[15] e unha caída dos pedidos industriais.[16] En conxunto, durante a actual crise económica o PIB alemán recuou un 4,7 %, como consecuencia do descenso das súas exportacións, aínda que este dato non se reflectiu nun aumento do desemprego, grazas principalmente a un mercado de traballo fortemente regulado, coa participación dos traballadores nos equipos de dirección das empresas, con escasa marxe para a flexibilidade laboral.[17]

Infraestruturas

[editar |editar a fonte]
OAeroporto de Frankfurt é o terceiro de Europa en número de pasaxeiros.

Dende que nosanos 1930 aAlemaña nazi iniciase a construción da primeira rede deautoestradas en grande escala no mundo, o país dispón de vías de comunicación rápidas (Autobahnen) que suman preto de 12.000 km cubrindo a totalidade do territorio. Ademais conta con máis de 40.000 km de estradas, o que o converte no país con maior densidade de vías para vehículos. A totalidade de autoestradas do país son gratuítas para vehículos particulares; dende2005, os camións de carga deben pagar unha peaxe que se desconta automaticamentevía satélite, unha vez que o camión deixa a ruta, e que é porcentual ao número de quilómetros percorridos.

Alemaña é líder mundial tamén na construción decanles. Esta clase de construción milenaria tomou renovado impulso a partir doséculo XIX. A Canle de Kiel, que une omar do Norte comar Báltico, é unha das máis impoñentes. Numerosas canles fluviais, como a Rin-Main-Danubio, o Dortmund-Ems ou o Elba-Seitenkanal, dotan ao país dunha completa rede de canles.

Por outra banda, asenerxías renovables representan un papel crecente no desenvolvemento do país, especialmente dende que o partido políticoAlianza 90 - Os Verdes formou parte do goberno central. Cidades comoFriburgo dispoñen de modernas instalacións para o aproveitamento daenerxía solar. As grandes rexións industriais, como as conca do Ruhr, rexiónRin-Main ouColonia, desenvolveron un dinamismo económico que mantén a súa base industrial e que ademais soubo implementarse na área dos servizos.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Alemaña.
Cidades alemás maiores de 100 000 habitantes.

Con 82 millóns de habitantes é o primeiro país daUnión Europea e o segundo deEuropa en poboación, superado tan só porRusia. A afluencia á zona occidental de alemáns doutros puntos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica.

A maior parte da poboación descende de diversos gruposxermánicos que se estabeleceran na rexióncentroeuropea no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como osceltas e oseslavos. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste.

A chegada de inmigrantes áAlemaña occidental na segunda metade doséculo XX compensou as perdas humanas ocasionadas polasegunda guerra mundial, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xente nova do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, comoxudeus,eslavos edinamarqueses, así comofranceses descendentes doshugonotes fuxidos do seu país a finais doséculo XVII.

Nenos nunha gardería deFreital.

Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobre todo nas décadas de1960 e1970, eran principalmenteturcos,iugoslavos,italianos,gregos,españois eportugueses. Aemigración galega á Alemaña remóntase a finais doséculo XX, e no 2005 o número de galegos en Alemaña cífrábase nuns 90 000, agrupados en once centros galegos.[18]

NaAlemaña Oriental, que constituíu un país autónomo entre1949 a1990, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns dealemáns expulsados dePolonia, deChecoslovaquia e deHungría. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas.

A interrupción do crecemento da poboación e mesmo a redución desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas doséculo XX, tanto na zona occidental como na oriental. Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación nova, como consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida.

Composición étnica de Alemaña[cando?]
Alemáns
  
91,2%
Turcos
  
2,1%
Outros
  
6,7%

Cunha taxa de fertilidade de 1,41 (2008) por muller, Alemaña posúe unha das taxas máis baixas do mundo,[19] aínda que esta cifra constitúe unha mellora fronte aos 1,39 fillos do ano2006. As estatísticas federais estiman que a poboación do país diminuirá ata estancarse entre os 69 e 74 millóns no ano 2050 (69 millóns asumindo unha inmigración neta de +100.000 por ano; 74 asumindo unha inmigración de +200.000 por ano).[20]

No censo do ano2004, Alemaña contaba con sete millóns de cidadáns estranxeiros rexistrados, así mesmo, o 19% da poboación tiña a súa orixe total ou parcialmente nun país estranxeiro. O maior grupo de estranxeiros, con 2,3 millóns, provén deTurquía, o resto provén na súa maioría docontinente europeo, sendo os países que máis estranxeiros acheganItalia,Serbia,Grecia,Polonia eCroacia. Como consecuencia das restricións das antigas leis de inmigración e petición de asilo, o número de inmigrantes que buscan asilo ou reclaman a nacionalidade alemá (a maioría da antigaUnión Soviética) está sufrindo un retroceso dende o ano2000.

ListaxeCidadeEstadoPob.ListaxeCidadeEstadoPob.

Berlín

Hamburgo

Múnic
1BerlínBerlín3 662 38111BremenBremen584 332
2HamburgoHamburgo1 892 12212DresdenSaxonia563 019
3MúnicBaviera1 512 49113HannoverBaixa Saxonia545 045
4ColoniaRenania do Norte-Westfalia1 084 83114NürnbergBaviera523 026
5FrankfurtHessen773 06815DuisburgoRenania do Norte-Westfalia503 185
6StuttgartBaden-Württemberg632 86516WuppertalRenania do Norte-Westfalia358 876
7DüsseldorfRenania do Norte-Westfalia616 31917BochumRenania do Norte-Westfalia357 024
8LeipzigSaxonia616 09318BielefeldRenania do Norte-Westfalia331 519
9DortmundRenania do Norte-Westfalia601 34318BonnRenania do Norte-Westfalia327 913
10EssenRenania do Norte-Westfalia584 58020MünsterRenania do Norte-Westfalia320 946
Datos do censo a 31 de decembro de 2022[21]

Relixión

[editar |editar a fonte]
ACatedral de Colonia, á beira dorío Rin, éPatrimonio Mundial da UNESCO.

DendeMartiño Lutero, e aReforma protestante, Alemaña foi escenario de conflitos relixiosos entre os seguidores de Lutero, posteriormente chamadosluteranos, xeralmente máis numerosos no norte, e oscatólicos, por regra xeral máis fortes no sur. No entanto, a distribución das relixións está lonxe de ser homoxénea. Zonas cunha poboación predominantemente católica sonBaviera (onde precisamente naceu o papaBieito XVI) eRenania. Zonas cunha poboación predominantemente luterana son os estados do leste e do norte. No norte, ao longo da fronteira cosPaíses Baixos, hai tamén presenza decalvinistas. En canto aos non relixiosos, incluíndoateos eagnósticos, son crecentes en número e proporción, unha tendencia constatada tanto en Alemaña canto noutros países europeos. En Alemaña concéntranse principalmente na antigaAlemaña Oriental e nas áreas metropolitanas.

Até 2012, as principais confesións relixiosas en Alemaña eran oluteranismo e ocatolicismo, respectivamente, con 32,9% e 32,3% de fieis[22] e preto do 24,9% de alemáns se declararon non relixiosos ouateos. Seguen como minorías, oislamismo (4%), seguido poloxudaísmo e obudismo (ambos con 0,25%). O hinduísmo ten só 90.000 seguidores (0,1%), mentres outras relixións corresponden a 50 mil persoas ou o 0,05% da poboación alemá.

En 2024, o panorama mudou substancialmente. A confesión máis importante é acatólica romana con 20.400.000 de fieis (malia perder 537.590 respecto 2023),[23] seguida polo conxuntos de igrexasevanxélicas, con 18.600.000 millóns de fieis (con 552.827 menos respecto 2022) e, das cales, a máis numerosa é aigrexa luterana con 10.814.631 de fieis.[24] Tamén é moi significativo o número demusulmáns de diferentes correntes e que se estiman entre 5.300.000 e 5.600.000.[25] Tamén é significativo o número de persoas que non declaran ter unha adscrición relixiosa e que vai en aumento. A derradeira referencia é de 2017 con 27, 1 millóns de persoas, que son 400.000 máis que no ano anterior.[26]

Educación

[editar |editar a fonte]
A Técnica deMúnic, segunda mellor universidade alemá segundo QS World University Rankings.

A responsabilidade da supervisión educativa recae principalmente nos estados federais a título individual, mentres que o goberno só ten un papel secundario. O xardín de infancia é de carácter opcional, e imparte educación para todos os nenos entre tres e seis anos, despois, a escolarización é obrigatoria polo menos durante dez anos. Aeducación primaria adoita durar catro anos e asescolas públicas non están estratificados nesta etapa. En contraste, aeducación secundaria inclúe catro tipos de escolas sobre a base da capacidade do alumno segundo o determinado polas recomendacións doprofesorado: oGymnasium, que inclúe a maioría de nenos considerados máis aptos para o estudo, prepara aos estudantes para os estudosuniversitarios e a asistencia dura oito ou nove anos, dependendo do estado; oRealschule ten unha gama máis ampla de especial interese para estudantes intermedios e dura seis anos; oHauptschule prepara alumnos para o ensino profesional, e oGesamtschule combina o tres enfoques.

A Universidade deHeidelberg é a máis antiga de Alemaña.

OInforme PISA, avalía as habilidades dos estudantes de 15 anos de idade nos países daOrganización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e unha serie de países socios. En2006, os escolares alemáns melloraron a súa posición con respecto a anos anteriores, clasificándose (estatisticamente) nun nivel superior de forma significativa á media (rango 13) nasciencias, e non de modo significativo por encima ou por baixo da media enmatemáticas (rango 20) e habilidades delectura (rango 18). As diferenzas socio-económicas son elevadas, e o rendemento dos alumnos é máis dependente deste factor que na maioría doutros países.

Neste sentido, e sobre todo tras os malos resultados dos informes PISA 2000 e 2003, existen elementos do sistema educativo alemán fortemente criticados. A Comisión de Dereitos Humanos daONU criticou a falta dunha igualdade real de oportunidades por mor da selección excesivamente temperá dos escolares, que desaproveitaría o potencial do 44% dos escolares.[27] A integración dos alumnos estranxeiros, o papel daHauptschule como escola das capas inferiores, a falta de creatividade e a escaseza de horas lectivas son outros puntos polémicos.[28]

Para entrar nunha universidade, os estudantes desecundaria necesitan aprobar o exameAbitur, aínda que tamén é posible entrar na universidade cunFachabitur, o cal é un Abitur especializado, por exemplo, eneconomía. Os estudantes que posúan undiploma dunha escola deformación profesional poden entrar nunha Universidade de Ciencias Aplicadas. A maioría das universidades alemás son de propiedadeestatal. En todas as universidades hai que pagar osimpostos administrativos, os cales son entre 50 e 200 euros. Nalgúns Estados ademais hai que pagar por dereitos de matrícula que ascenden até os 500 euros por semestre.As universidades son recoñecidas a escala internacional. Na clasificaciónTHES 2006, dez universidades alemás foron clasificadas entre as primeiras duascentas do mundo.

Sociedade

[editar |editar a fonte]
OOktoberfest enMúnic.

Alemaña realizou en2006 a campaña demercadotecnia «Terra das ideas» co fin de promoverse durante a fase final daCopa Mundial de Fútbol. En2008 retomouse o proxecto. «Terra das ideas» céntrase nas innovacións recentes nas institucións públicas e privadas, nasuniversidades einstitutos de investigación, nas empresas e inclusive enproxectossociais eculturais. Dende a celebracións doMundial de fútbol de 2006, a percepción interna e externa da imaxe do país cambiou. Nasenquisas realizadas a nivel mundial coñecidas comoÍndice de GMI Anholt, o país ocupou a segunda posición. Tomáronse en conta criterios económicos, a reputación do país en termos de cultura, política, os seus cidadáns e o seu atractivo turístico.

Alemaña é tanto legalmente como culturalmente un paístolerante cos homosexuais. As unións de homosexuais permitíronse dende o ano2001, aínda que estas non teñen todos os dereitos dun matrimonio heterosexual perante a lei.Gays elesbianas poden adoptar legalmente aos fillos da súa parella.

Durante a última década doséculo XX, Alemaña cambiou considerablemente a súa actitude en relación aos inmigrantes. A pesar de que aproximadamente o 10% da poboación era estranxeira, até mediados dos anos noventa, a opinión pública era que Alemaña non era un país de inmigración. Con todo, as leis de asilo endurecéronse considerablemente nesa década para evitar o seu abuso.O actual contexto de crise económica nos países do sur de Europa converte o país alemán nun atractivo foco de destino de xente nova cualificada procedente de España, Portugal, Italia e Grecia, o que ten sido considerado por algúns sectores do país de xeito positivo.[29] Porén, algunha medidas do goberno alemán, como a limitación imposta aos estranxeiros á hora de cobrar axudas non contributivas, teñen sido interpretadas como un freo á inmigración da Europa meridional.[30].

Segundo datos de 2011,Turquía, con 1 607 161 persoas censadas, é a orixe maioritaria dos inmigrantes establecidos en Alemaña. SéguenlleItalia (520 159 persoas),Polonia (468 481 persoas), os antigos estados integrantes daex-Iugoslavia,Serbia eMontenegro (404.690 persoas) eGrecia (283.684 persoas).

Os alemáns investiron 58 000 millóns de euros en viaxes internacionais en2005, o cal os converte en campións mundiais en viaxar. Os destinos máis populares foronAustria,España,Italia eFrancia.

Lingua

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lingua alemá.
Coñecemento de alemán naUnión Europea.

O alemán é a lingua oficial e predominante de Alemaña.[31] A lingua alemá é unha das vinte e treslinguas oficiais da Unión Europea e unha das tres linguas de traballo da Comisión Europea xunto coinglés o efrancés. Ademais do alemán, no país están recoñecidas como linguas das minorías obaixo alemán, odinamarqués, ofrisón osorbio e oromaní. As principais linguas dos inmigrantes son oturco, opolaco, oruso e as linguas dosbalcáns. O alemán estándar é unhalingua xermánica occidental relacionada coinglés,neerlandés esueco. A meirande parte do vocabulario do alemán provén da póla xermánica dasLinguas indoeuropeas. A lingua xermana posúe numerosos empréstitos dolatín,grego, e con menor medida do francés e do inglés.

Dende oséculo XIV, aescrita gótica foi substituída durante oRenacemento en todaEuropa; con todo, en Alemaña, a letra gótica continuou vixente até ser finalmente abolida en1945, trala fin dasegunda guerra mundial. Por este motivo ás veces a letra é chamada estilo gótico alemán. Hoxe, o alemán escríbese empregando oalfabeto latino. Xunto ás vinte e seis letras estándar, ten tres vogais máis con diérese ouUmlaut (ä, ö e ü), ademais da letraEszett ou (SZ/ese-zeta): ß, ás veces representada comoss.

Os dialectos do alemán varían en diferentes graos do alemánestándar. Estes dialectos proveñen das diferentes variedades locais das antigas tribos alemás. Moitos deles son dificilmente inintelixibles para os falantes dalingua estándar, xa que moitos se diferencian nasintaxe,fonoloxía eléxico. Un exemplo disto é obávaro, arredor da cal existe un debate lingüístico arredor da súa entidade. Hai quen a clasifica como un dos diversos dialectos do alemán e hai quen a considera propiamente unha lingua.

En todo o mundo, o alemán é falado por 100 millóns de falantes nativos (na súa maioría enEuropa) e 80 millóns de non nativos. A lingua alemá e a lingua nai de 90 millóns de persoas (18%) naUnión Europea. Canto ao coñecemento de linguas estranxeiras, o 67% dos alemáns son quen de falar unha lingua estranxeira, mentres que o 27% di poder falar dúas.[32]

Cultura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cultura de Alemaña.
Ludwig van Beethoven.

Alemaña é a miúdo chamadoDas Land der Dichter und Denker (a terra dos poetas e dos pensadores).[33] A cultura alemá comezou moito antes do xurdimento de Alemaña como nación-estado e abranguiu toda a zona defala alemá. Dende os seus alicerces, a cultura en Alemaña formouse polas principais correntes intelectuais e populares en Europa, tanto relixiosas como laicas. Como resultado, é difícil identificar unha determinada tradición alemá separada do marco máis amplo da cultura europea. Outra consecuencia destas circunstancias é o feito de que algunhas figuras históricas, tales comoWolfgang Amadeus Mozart eNicolás Copérnico, entre outras, aínda que non foron cidadáns de Alemaña no sentido moderno, deben ser considerados no contexto do eido cultural alemán para comprender o seu traballo.

Blaues Pferd I,Franz Marc (1911).

En Alemaña desenvolvéronse algúns dos principais compositores de renome daMúsica clásica europea, con inclusión deJohann Sebastian Bach,Ludwig van Beethoven,Johannes Brahms eRichard Wagner. Dende o ano2006, Alemaña constitúe o quinto mercado da música no mundo e influíu na música pop e rock a través de artistas comoKraftwerk,Scorpions eRammstein.

Numerosos pintores alemáns gozaron de prestixio internacional[34] a través do seu traballo en diversas correntes artísticas.Hans Holbein o Mozo,Matthias Grünewald, eAlbrecht Dürer eran importantes artistas doRenacemento,Caspar David Friedrich doRomanticismo, eMax Ernst dosurrealismo. Entre as contribucións alemás na arquitectura inclúense os estilos carolinxio e Otoniano, que son importantes precursores dorománico. A rexión máis tarde converteuse no sitio das obras importantes en estilos coma ogótico,renacentista ebarroco. Alemaña é especialmente importante nos primeiros movemento modernos, sobre todo a través do movementoBauhaus fundado porWalter Gropius.Ludwig Mies van der Rohe converteuse nun dos máis salientados arquitectos do mundo na segunda metade doséculo XX. A fachada de vidro enrañaceos foi a súa idea.

Ciencia

[editar |editar a fonte]
Wilhelm Röntgen, descubridor dosraios X.

Alemaña é o fogar dalgúns dos máis destacados investigadores en diferentes eidos daciencia.[35][36][37][38] De feito preto de 100 alemáns (de nacionalidade ou orixe) foron laureados coPremio Nobel. O traballo deAlbert Einstein eMax Planck foi crucial para a fundación dafísica moderna, queWerner Heisenberg eMax Born desenvolveron aínda máis. Os seus devanceiros foronfísicos comoHermann von Helmholtz,Joseph von Fraunhofer, eDaniel Gabriel Fahrenheit.Wilhelm Conrad Röntgen descubriu osraios X, un logro que lle fixo ser o primeiro gañador doPremio Nobel de Física en1901. En Alemaña e outros países osraios X denomínanse"Röntgenstrahlen" (raios de Röntgen). O traballo deHeinrich Rudolf Hertz no eido daradiación electromagnética foi fundamental para o desenvolvemento das modernas telecomunicacións.Wilhelm Wundt é célebre por desenvolver o primeiro laboratorio depsicoloxía, á que deu a categoría deciencia.Alexander von Humboldt e o seu traballo como científico natural e explorador foi fundacional para abioxeografía.

AutomóbilBenz de1885.

Numerosos importantesmatemáticos tiveron como berce Alemaña,[39][40][41] entre os que se atopanCarl Friedrich Gauss,David Hilbert,Bernhard Riemann,Gottfried Leibniz,Karl Weierstrass eHermann Weyl. Alemaña foi tamén fogar de famosos inventores e enxeñeiros, comoJohannes Gutenberg, quen se acreditou a invención daimprenta de tipos móbiles en Europa;Hans Geiger, o creador docontador Geiger, eKonrad Zuse, que construíu o primeiroordenador dixital totalmente automático. Inventores, enxeñeiros e mais industriais, coma o condeFerdinand von Zeppelin,Otto Lilienthal,Gottlieb Daimler,Rudolf Diesel,Hugo Junkers eKarl Benz contribuíron a dar forma moderna aoautomóbil e á tecnoloxía do transporte aéreo.

Importantes institucións de investigación son aSociedade Max Planck,[42] oHelmholtz-Gemeinschaft e aSociedade Fraunhofer. Estas traballan de xeito independente ou vencelladas externamente ao sistema universitario contribuíndo nunha medida considerable á produción científica. O prestixiosopremio Gottfried Wilhelm Leibniz concédese a 10 científicos e académicos cada ano. Cunha adxudicación máxima de 2,5 millóns deeuros, é un dos premios de investigación máis altamente dotados no mundo.

Literatura e filosofía

[editar |editar a fonte]
Friedrich W. Nietzsche.

A literatura alemá remonta áIdade Media. Considérase a primeira poeta nada en Alemaña aHrosvitha de Gandersheim, quen elaborou a súa obra enlatín. Posteriormente, son cruciais as obras de escritores comoWalther von der Vogelweide eWolfram von Eschenbach. Diversos autores e poetas alemáns gañaron gran renome, incluíndoJohann Wolfgang von Goethe eFriedrich Schiller. As coleccións de contos populares publicados polosIrmáns Grimm popularizou o folclore alemán no plano internacional. A influencia de autores doséculo XX inclúenThomas Mann,Bertold Brecht,Hermann Hesse,Heinrich Böll eGünter Grass.

A influencia de Alemaña nafilosofía é historicamente significativa e moitos notables filósofos alemáns contribuíron a dar forma áfilosofía occidental dende a Idade Media.Gottfried Leibniz e as súas contribucións aoracionalismo,Immanuel Kant,Georg Wilhelm Friedrich Hegel,Friedrich Wilhelm Joseph Schelling eJohann Gottlieb Fichte que forxaron oidealismo,Karl Marx eFriedrich Engels formularon a teoríacomunista,Arthur Schopenhauer desenvolveu a composición depesimismo metafísico,Friedrich Nietzsche desenvolveu oPerspectivismo, a obra deMartin Heidegger en Ser e Tempo, e as teorías sociais deJürgen Habermas foron especialmente influentes.

Medios de comunicación

[editar |editar a fonte]

Alemaña é o mercado detelevisión maior de Europa, cuns 34 millóns de fogares que dispón de televisión. As numerosas cadeas públicas rexionais e nacionais organízanse de acordo coa estrutura política federal. Ao redor do 90% dos fogares alemáns teñen cable ou televisión por satélite, e os telespectadores poden elixir de entre unha variedade de libre acceso pública e as canles comerciais.

O país é o fogar dalgúns dos maiores conglomerados de medios de comunicación, incluíndoBertelsmann e a editorialAxel Springer.

Cine

[editar |editar a fonte]
O Berlinale Palast durante o festival do ano2007

O cine alemán foi especialmente influente durante os anos da República de Weimar cos expresionistas alemáns comoRobert Wiene(O gabinete do Doutor Caligari) eFriedrich Wilhelm Murnau. Da órbita cultural alemá foi o cineasta austríacoFritz Lang, quen desenvolveu a súa carreira entre Alemaña eEstados Unidos, autor de obras de culto comaMetropolis (1927) ouDer Testament des Dr. Mabuse (1933). A época nazi produciu obras significativas como a películaMünchhausen (1943) ou o controvertido traballo da directoraLeni Riefenstahl.

Durante o período 1970-1980 directores comoVolker Schlöndorff,Werner Herzog,Wim Wenders,Rainer Werner Fassbinder colocaron o cine alemán de volta na escena internacional coas súas películas a miúdo provocadoras. Máis recentemente, películas comoDas Boot (1981),Lola rennt (1998),Good Bye, Lenin! (2003),Gegen die Wand (2004),Der Untergang (2004) eDas Leben der Anderen (2007) gozaron de éxito internacional.

Recentemente, o austríaco nado en MúnicMichael Haneke tense perfilado coma un dos mellores cineastas do cine europeo. Obras comaDas Weiße Band (2009),Palma de Ouro noFestival de Cannes eGlobo de Ouro á mellor película estranxeira, eAmour (2012), que engadiu aos premios anteriores oÓscar á mellor película de fala non inglesa, foron mundialmente recoñecidas.

O Festival de Cine de Berlín, celebrado anualmente dende1951, é un dos festivais de cine máis prestixiosos. A cerimonia anual dos Premios do Cine Europeo celébrase cada dous anos na cidade deBerlín, onde se atopa a Academia do Cine Europeo. Os estudos Babelsberg, enPotsdam, son os máis antigos de grande escala no mundo e constitúen un centro internacional para a produción de películas.

Deporte

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Alemaña nos Xogos Olímpicos e Deporte en Alemaña.
OAllianz Arena, estadio doBayern München e doMundial 2006.

A participación de Alemaña nosXogos Olímpicos é unha das máis destacadas dende que se realiza este evento. O país organizou osXogos Olímpicos de Verán en 1936 enBerlín, e en1972Alemaña Occidental fixo o propio enMúnic. A Federación Alemá de Deportes (DSB) conta con preto de 27 millóns de membros en ao redor de 91.000 clubs.[43] Segundo datos desta organización, aproximadamente a terceira parte da poboación do país realiza a práctica deportiva a través dun club ou asociación nalgunha das preto de 127.000 instalacións de carácter deportivo que existen no territorio.

Pola súa banda aFederación Alemá de Fútbol (DFB) conta con máis de 26.000 clubs, totalizando 6 millóns de membros, a maior membresía de entre todas as federacións deportivas no mundo. O arraigamento deste deporte fixo que aSelección de fútbol de Alemaña consiga trestítulos mundiais (en1954,1974 e1990); e tresEurocopas (1972,1980 e1996). Así mesmo o país foi sede dos campionatos mundiais de1974 e2006. Alemaña tamén se destaca nofútbol feminino, categoría na que conquistou dúas coroas de campioa do mundo, en2003 e en2007.

Michael Schumacher.

A nivel de clubs destacan equipos como oBayern Múnic, o máis laureado do país e á súa vez, un dos clubs maiores de Europa. O seu maior fito foi o gañar tresCopas de Europa de xeito consecutivo (1974, 1975 e 1976. Posteriormente gañaría no ano 2001). Tamén están oHamburger SV, oBorussia Dortmund, clubs que tamén gañaron a Copa de Europa, en 1983 e 1997, respectivamente; á parte doutros campións europeos como oBayer Leverkusen,Borussia Mönchengladbach,Werder Bremen eSchalke 04.

En canto ao automobilismo, Alemaña é unha das nacións principais a nivel mundial. Con numerosos automóbiles gañadores de carreiras como condutores alemáns. Precisamente o condutor con máis éxito daFórmula 1 na historia é o alemánMichael Schumacher, sete veces Campión do Mundo e un dos deportistas mellor pagados da historia.[44]

Tamén ociclismo é un deporte popular en Alemaña e un dos mellores ciclistas dos tempos recentes,Jan Ullrich, gañou oTour de Francia en1997 e finalizou segundo en cinco ocasións. O país obtivo dúas medallas de ouro en Campionatos masculinos dehóckey herba en2002 e2006 e na categoría feminina ostenta dúas medallas de ouro nos torneos de1976 e1981. Outros deportes destacados a nivel de público son obalonmán (disciplina na que o país destaca tanto a nivel de clubs como de seleccións, proclamándose campioa do mundo, de Europa e olímpica en diversas ocasións, así como numerosos segundos e terceiros postos),tenis,baloncesto (destacando a figura deDirk Nowitzki),hóckey sobre xeo, así como obíatlon ou oesquí alpino.

Gastronomía

[editar |editar a fonte]
Currywurst.

A cociña alemá varía enormemente dunha rexión a outra. As rexións do sur deBaviera eSuabia, por exemplo, comparten unha cultura culinaria conSuíza eAustria. Carne de porco, carne de vacún, e aves de curral son as principais variedades da carne consumida en Alemaña, coa carne de porco como a máis popular. Ao longo de todas as rexións, a carne adoitase comer en forma desalchicha. Máis de 1.500 diferentes tipos de salchichas prodúcense en Alemaña. Os chamados alimentos orgánicos teñen unha cota de mercado no país de ao redor do 3,0% e estímase que sexa unha tendencia crecente.[45]

Un dito popular en Alemaña é: «Almorzar como un emperador, comer como un rei e cear como un esmoleiro». O almorzo é usualmente unha selección decereais emel oumarmelada conpan. Algúns alemáns comen embutidos ouqueixo con pan para o almorzo. Máis de 300 tipos de pans son coñecidos en todo o país.

Ao ser un país de inmigrantes, Alemaña adoptou moitos pratos internacionais. Pratositalianos como apizza e apasta, outurcos e árabes como okebab están ben establecidos, sobre todo nas cidades maiores. Os restaurantes chineses egregos están tamén considerablemente espallados ao longo do país.

Aínda que oviño é cada vez máis popular en moitas partes de Alemaña, a bebida nacional é acervexa. De feito o coñecido festivalOktoberfest está adicado a esta bebida. En Alemaña o consumo de cervexa por persoa está diminuíndo, pero con 116 litros por ano está aínda entre os máis altos do mundo. De 18 países occidentais enquisados, o consumo per cápita de refrescos resultou ser inferior á media (14ª na lista), mentres que o consumo de mollo defroitas é un dos máis altos (terceiro na lista).

Festividades

[editar |editar a fonte]
Celebración do día da Reunificación alemá enBremen.
DataNome en galegoNome local
1 de xaneiroAninovoNeujahr
6 de xaneiroEpifaníaEpiphanie
Marzo ouabrilVenres SantoKarfreitag
Marzo ouabrilPascuaOstern
1 de maioDía do TraballoErster Mai
Maio ouxuñoDía da Ascensión
Día do Pai
Christi Himmelfahrt
Vatertag
Maio ouxuñoPentecostésPfingsten
Maio ouxuñoCorpus ChristiFronleichnam
3 de outubroDía da Unificación AlemáTag der Deutschen Einheit
31 de outubroFesta da ReformaReformationsfest
1 de novembroDía de Tódolos SantosAllerheiligen
25 e26 de decembro1º e 2º días doNadal1. und 2. Weichnachtsfeiertag

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303.ISBN 9788482887524.Alemaña 
  2. "Germany world's second biggest aid donor after US". Arquivado dendeo orixinal o 24 de maio de 2011. Consultado o 17 de maio de 2008. 
  3. "The fifteen major spenders in 2006"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 14 de agosto de 2007. Consultado o 17 de maio de 2008. 
  4. "The leader of Europe? Answers an ocean apart". Arquivado dendeo orixinal o 04 de abril de 2008. Consultado o 04 de abril de 2008. 
  5. "Confidently into the Future with Reliable Technology". Arquivado dendeo orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 17 de maio de 2008. 
  6. Motomura, Marina."Por que o nome de alguns países muda de um lugar para outro?".Mundo Estranho(enportugués). Arquivado dendeo orixinal o 22 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  7. Schulze, Hagen (1998).Germany: A New History(en inglés).Cambridge, MA:Harvard University Press. p. 368. 
  8. "Germany land motion mapped".www.esa.int(eninglés). Consultado o2020-11-03. 
  9. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos."Status by country"(eninglés).Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  10. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  11. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales(PDF) (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  12. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  13. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  14. Alemania saca beneficio de la crisis al financiarse prácticamente gratis,El País, 23/5/2012.
  15. La economía alemana se desacelera mientras que Francia sale tímidamente del estancamiento,20 minutos, 15/11/2012.
  16. Alemania acusa la crisis con una caída del 8 % de los pedidos industriales,La Vanguardia, 8/8/2012.
  17. Garzón, A.; Navarro, V. e Torres, J. (2011).Hay altenativas, SequiturATTAC España, Madrid.
  18. "Galegos en Europa". Arquivado dendeo orixinal o 10 de maio de 2008. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  19. "The World Factbook". Arquivado dendeo orixinal o 11 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  20. Destatis.de
  21. "Mitgliedsstädte".Deutscher Städtetag(enalemán). 31 de decembro de 2022. Consultado o 27 sw maio de 2025. 
  22. "Religionen in Deutschland: Mitgliederzahlen". Arquivado dendeo orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2010. 
  23. "Mitgliederzahlen: Katholizismus".remid.de(enalemán). 2025. Consultado o 27 de maio de 2025. 
  24. "Mitgliederzahlen: Protestantismus".remid.de(enalemán). 2025. Consultado o 27 de maio de 2025. 
  25. "Mitgliederzahlen: Islam".remid.de(enalemán). 2025. Consultado o 27 de maio de 2025. 
  26. "Religionen & Weltanschauungsgemeinschaften in Deutschland: Mitgliederzahlen".remid.de(enalemán). 2025. Consultado o 27 de maio de 2025. 
  27. Déficits en el sistema de educación alemán,Deustsche Welle.
  28. Schulte, B. (2004).El sistema educativo alemán, Universidade Humboldt de BerlínArquivado 20 de xuño de 2013 enWayback Machine. enQuaderns Digitals.
  29. La inmigración cualificada es para Alemania "un golpe de suerte", según la ministra de Trabajo,El Diario.es, 24/2/2013
  30. Alemaña ten unha estratexia para desfacerse dos europeos do sur pobres,Praza Pública, 4/3/2013
  31. Eurobarómetro: Os europeos e as súas linguas
  32. Os europeos e as súas linguas
  33. Germans and indians
  34. 2006 A Dictionary of Architecture and Landscape Architecture (Paperback), Second (en inglés), Oxford University Press, 880.ISBN 0-19-860678-8
  35. "Back to the Future: Germany - A Country of Research". Arquivado dendeo orixinal o 06 de febreiro de 2006. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  36. "The Alfred B. Nobel Prize Winners, 1901–2003". Arquivado dendeo orixinal o 10 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  37. Historical figures in telecommunications
  38. Wilhelm Maximilian Wundt
  39. AutomobileArquivado 29 de outubro de 2009 enWayback Machine.,Encarta Encyclopedia.
  40. "The Zeppelin". Arquivado dendeo orixinal o 01 de maio de 2011. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  41. "The Natural History Legacy of Alexander von Humboldt (1769 to 1859)". Arquivado dendeo orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  42. "Gottfried Wilhelm Leibniz Prize". Arquivado dendeo orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  43. "Culture, Sports & Events". Arquivado dendeo orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 01 de abril de 2013. 
  44. "What we will miss about Michael Schumacher" enThe Guardian
  45. "Organic Agriculture in Germany". Arquivado dendeo orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 15 de maio de 2008. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AlemañaModificar a ligazón no Wikidata
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Atlas de Alemaña
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  Alemaña

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
 Conflito árabe-israelí  
ParticipantesPersoeirosConflitosDiplomacia / Propostas de paz

Primarios:
Estados e autoridades:

ExiptoExipto
Iraq
Israel
Xordania
LíbanoLíbano
Palestina/Estado de Palestina
Arabia Saudita
Siria
Iemen

Organizacións:

Liga Árabe
Partido Baaz
Al-Fatah
Hamas
Consello Lexislativo
Hesbulá
FPLP
PIJ
OLP

Antigos participantes:

Exército da Guerra Santa
Man Negra
Haganah
Irgun
Lehi
Exército do Líbano do Sur
Mandato de Palestina

Outros:
Estados:

Canadá
Francia
AlemañaAlemaña
Irán
NoruegaNoruega
RusiaRusia
Reino UnidoReino Unido
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Organizacións:

Unión EuropeaUnión Europea
ONUONU

Antigas organizacións:

Unión SoviéticaUnión Soviética
República Árabe UnidaRepública Árabe Unida

Lester B. Pearson
ExiptoHosni Mubarak
República Árabe UnidaGamal Abdel Nasser
ExiptoAnwar Sadat
AlemañaJoschka Fischer
IránMahmoud Ahmadinejad
IránAli Khamenei
IránMohammad Khatami
IránRuhollah Khomeini
Reino de IraqFaisal I de Iraq
Saddam Husayn
Ehud Barak
Menachem Begin
David Ben-Gurion
Moshe Dayan
Levi Eshkol
Golda Meir
Benjamin Netanyahu
Ehud Olmert
Shimon Peres
Yitzhak Rabin
Ariel Sharon
Chaim Weizmann
Abdullah II de Xordania
Hussein I de Xordania
LíbanoHassan Nasrallah
LíbanoFouad Siniora
Mona Juul
Johan Jørgen Holst
Terje Rød-Larsen
Mahmoud Abbas
Yasser Arafat
Salam Fayyad
Marwan Barghouti
Ismail Haniya
Amin al-Husayni
Khaled Mashal
Ahmed Yassin
Folke Bernadotte
Hafez al-Assad
Bashar al-Assad
Idi Amin
Arthur Balfour
Ernest Bevin
Madeleine Albright
Ralph Bunche
George W. Bush
Jimmy Carter
Bill Clinton
Henry Kissinger
Dennis Ross
Cyrus R. Vance

1920 Revoltas de Palestina
1921 Revoltas de Iafa
1929 Revoltas de Palestina
1936–1939 Gran Revolta Árabe
1947 Revoltas de Xerusalén
1948 Guerra árabe-israelí
1953 Operación Shoshana
1956 Guerra de Suez
1967 Guerra dos Seis Días
1968–1970 War of Attrition
1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
1972 Operación Cólera de Deus
1973 Operation Spring of Youth
1973 Guerra do Yom Kippur
1975–1990 Guerra civil libanesa
1976 Operación Entebbe
1978 Operación Lintani
1979 Revolución iraniana
1981 Operación Ópera
1982 Guerra do Líbano
1982–2000 Conflito do Líbano do Sur
1985 Operación Perna de Madeira
1987–1990 Primeira Intifada
1991 Guerra do Golfo
1993 Operación Contabilidade
1996 Operación Uvas da Ira
2000–2005 Intifada de Al-Aqsa
2002 Operación Defensive Shield
2004 Operación Arco da Vella
2004 Operación Días de Penitencia
2006 Conflito de Gaza e Israel
2006 Conflito do Líbano e Israel
2007 Batalla de Gaza
2008-2009 Operación chumbo fundido
2014 Operación Marxe Protectora
2023 Conflito israelí-palestino
2023 Xenocidio de Gaza

Carta de Cambon
Declaración de Balfour de 1917
Acordo Faiçal-Weizmann de 1919
Conferencia de San Remo de 1920
Libro Branco de Churchill de 1922
Libro Branco de 1939
Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947
Declaración de independencia de Israel
Resolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948
Acordos de armisticio de 1949
Carta Nacional Palestina de 1964
Resolución de Khartoum de 1967
Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos de Camp David de 1978
Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Tratado de Paz exipcio-israelí de 1979
Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983
Conferencia de Madrid de 1991
Acordos de Oslo de 1993
Tratado de Paz xordano-israelí de 1994
Acordos de Wye River de 1998
Cume de Camp David de 2000
Cume de Taba de 2001
Iniciativa árabe de paz de 2002
Plan para a Paz de 2002
Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Cume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005
Plan de retirada unilateral israelí
Documento dos prisioneiros palestinos de 2006
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alemaña&oldid=7161669»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp