| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de xuño de 1874 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 22 de novembro de 1948 A Coruña, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritor |
| Membro de | Real Academia Galega (académico de número)(1936–1948) Real Academia Galega (membro correspondente)(1905–1936) |
| Familia | |
| Irmáns | Augusto Barreiro Noya |
Alejandro Barreiro Noya, nado enSantiago de Compostela o4 de xuño de1874 e finado naCoruña o22 de novembro de1948, foi un escritor e xornalista galego.
Estudou na Coruña e Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira xornalística enLa Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. En 1905 foi designado primeiro Secretario da Asociación da Prensa da Coruña, contribuíndo á súa fundación. Colaborou na prensa de España e América e foi correspondente deDiario de la Marina da Habana, doDiario Español de Buenos Aires e dos xornais madrileñosEl Imparcial,El Liberal,La Tribuna,ABC, eBlanco y Negro; tamén colaborou enLa Hoja del Lunes da Coruña.
Ingresou naReal Academia Galega o 12 de marzo de 1936 coa lectura do discursoBernardo Barreiro de Vázquez Varela y su tiempo, respondido porFernando Martínez Morás. Foi secretario desta institución desde 1937 a 1942 de forma interina e desde entón até 1948 xa elixido no cargo. Pertenceu tamén áAcademia Provincial de Belas Artes da Coruña e á de San Telmo de Málaga. Membro de Honra da American Society of Heraldy.
DirixíaLa Voz de Galicia cando tivo lugar ogolpe de Estado do 18 de xullo de 1936, e ao non dar a noticia de forma triunfal foi multado e apartado temporalmente do posto, ata que foi cesado definitivamente o 11 de agosto de 1937, substituíndoo o falanxista cántabroMaximiano García Venero. A partir de entón quedou como colaborador do xornal, asinando os seus traballos cos pseudónimos deHerculano eSantiago del Burgo.[1]
Casou con Encarnación López, e foi pai de Alejandro Barreiro López.
Dende 1968 unha rúa do barrio da Gaiteira, da Coruña, leva o seu nome.[7]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Barreiro Noya |