Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Aldo Puccinelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAldo Puccinelli
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1920Editar o valor en Wikidata
Bientina, Italia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1994Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Livorno, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Altura1,55 m.
Peso56 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1957), adestrador de fútbolEditar o valor en Wikidata
DeportefútbolEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de eventos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
1939–1940Unione Sportiva Città di Pontedera
1940–1943SS Lazio52(11)
1943–1944U.S. Massese 19198(2)
1945–1955SS Lazio287(66)
1955–1957U.S. Livorno 191561(15)

Aldo Puccinelli, nado enBientina o25 de decembro de1920 e finado enLivorno o11 de marzo de1994, foi unfutbolista eadestradoritaliano. Xogaba comodianteiro e militou durante 15 anos naLazio, converténdose nun símbolo do club. É o segundo futbolista con maior número de partidos de liga disputados coa camiseta do club (339), só por detrás deȘtefan Radu.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Como xogador

[editar |editar a fonte]

Comezou a xogar aofútbol noPontedera e en1940 foi fichado polaLazio, na que militou durante os seguintes 15 anos. Chegou aRoma con só 20 anos, pisando por primeira vez unha gran cidade. Despois dun ano no club e con só dúas aparicións no primeiro equipo, gustoulle enseguida ao adestrador da tempada seguinte (1941-42), o austríacoPopovic, quen lle encomendou a camiseta de titular.

Puccinelli (de pé, primeiro dende a dereita) ata o Lazio en 1940-1941

Empezou xogando na banda esquerda e só despois da guerra pasou a aparecer principalmente pola dereita. O 24 de maio de1942 marcou o gol do empate (1-1) nun derbi coaRoma que máis tarde gañaría oscudetto.

A súa carreira tamén estivo influenciada polos acontecementos bélicos, que romperon un dos mellores momentos da súa carreira, xa que se viu obrigado a abandonar Roma e regresar áToscana para estar preto da súa familia nos momentos máis duros do conflito. Despois da guerra, con todo, volveu á"Cidade Eterna" para retomar o seu lugar nas filas da Lazio.

Foi un elemento básico dunha formación que incluía, entre outros, aos irmáns Sentimenti (Lucidio,Vittorio ePrimo),Francesco Antonazzi eRomolo Alzani. Con ese equipo, a Lazio acadou o cuarto posto en liga tres veces seguidas, entre finais dos anos 40 e principios dos 50. Disputou co club romano un total de 342 partidos oficiais (339 naliga e 3 naCopa Italia), nos que marcou 78 goles, e foicapitán do equipo na parte final do seu paso polo club.

En1955 fichou poloLivorno, onde xogou ata1957, cando colgou as botas.

Adestrador

[editar |editar a fonte]

Unha vez rematada a súa carreira como futbolista, Puccinelli iniciou unha carreira como adestrador, que comezou a mediados dadécada de 1950 coCuoiopelli toscano. Pasou despois poloCascina,[1] oSiena, oEmpoli, oViareggio, e en 1969 sentou no banco doLivorno, equipo que máis tarde dirixiría tamén na parte final da tempada 1974/75.

Faleceu en 1994 aos 73 anos.[2]

Palmarés como adestrador

[editar |editar a fonte]
Empoli

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "La Gazzetta dello Sport"(enitaliano). 2 de decembro de 1959. p. 5. 
  2. "Morto Aldo Puccinelli, ex grande della Lazio".Corriere della Sera(enitaliano). 12 de marzo de 1994. p. 36. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aldo_Puccinelli&oldid=6897179»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp