Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alcàsser

Coord.:39°22′04″N0°26′41″O / 39.3677,-0.4447
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlcàsser
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 39°22′04″N0°26′41″O / 39.3677,-0.4447
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta SudEditar o valor en Wikidata
CapitalAlcàsserEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.676(2024)Editar o valor en Wikidata (1.184,91hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante)Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie9,01 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude15 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldesaEditar o valor en WikidataEva Isabel Zamora Chanzà(2015–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46290Editar o valor en Wikidata
Código INE46015Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46015Editar o valor en Wikidata

Sitio webalcasser.es…Editar o valor en Wikidata
Facebook: AjuntamentAlcasserTwitter: AjuntAlcasserEditar o valor en Wikidata

Alcàsser é unconcello daComunidade Valenciana, pertencente áprovincia de Valencia, nacomarca daHorta Sud. O topónimo vén do vocábuloárabeal-qasr, "a fortaleza", que evolucionou engalego como "alcázar".

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Situado ao sur da cidade deValencia, e á dereita do antigo Camiño Real deMadrid. A superficie do termo é chaira. Crúzano os barrancos de Picasent e do Realón. O clima é tépedo; predominan os ventos de poñente e levante. As terras de cultivo, arxilosas e profundas, están moi repartidas en parcelas. Régase con augas da Quenlla Real do Xúcar, da fonte de Ninyerola, e mediante pozos.

Alcácer limita cos concellos deTorrent,Catarroja,Albal,Beniparrell,Silla ePicassent, todos daprovincia de Valencia.

Historia

[editar |editar a fonte]

Habitada por musulmáns, o reiXaime I cedeuna a Artal de Foces que tentou, en1248, poboala de cristiáns. En1250 o seu señor feudal era Pere Roiç de Corella e en1299 a familia Riusech. O22 de outubro de1364,Pedro o Cerimonioso doou a Pere Boïl a xurisdición criminal; a Vidal de Villanova e a súa muller Sibila a torre e fortaleza de Alcácer, e seis días despois vendeullas a Giner Rabassa por 60.000 soldos, incluíndo o terzo décimo e censos sobre as casas e os homes co mero e mixto imperio. En1400 vendeuse a baronía en pública poxa sendo adquirida por Jaume Roméu, quen conseguiu que o señorío se integrase na particular contribución de Valencia, beneficiándose dalgunhas das franquías desta. En1417 foi comprada por Bernat Guillem Català e en1443, é cando, Joan Català, obtivo a suprema xurisdición. En1446 vendeu a baronía ao seu primo Galcerà de Castella, barón dePicassent. Segundo a carta de poboación do 13 de decembro de1417, os vasalos habían de contribuír con elevadas cargas: un cuarto dalgunhas colleitas, terzo décimo e outros dereitos feudais. Nas Cortes Valencianas de1604, o señor de Alcácer, Cristòfol Çanoguera, pediu a confirmación da suprema xurisdición. Dende1328 houbo de existir unha igrexa, aínda que o actual edificio acabouse de construír en1805.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Alcàsser conta cunha poboación de 8.925 habitantes en2008.

Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701981199120002005200620072008
3.2003.4113.5304.0554.3684.4734.6795.4496.5557.1917.2298.3518.5058.7168.925

Colexios e institutos

[editar |editar a fonte]

Alcácer, ten tres colexios deeducación primaria, un deles privado; un instituto público de Educación Secundaria e unha escola de Adultos.

Gastronomía

[editar |editar a fonte]

Destacan os doces: "prato de gloria" ("plat de glòria"), "coca de cabaza" ("coca de carabassa"), "coca de arroupe", "coca fina", "coca bébeda" ("coca borratxa") e "palotes doces" ("pilotes dolçes").

Economía

[editar |editar a fonte]

A primeira metade doséculo XIX producíafroitas,trigo,millo, bastanteseda (grazas a que importaba a folla de moreira dos pobos da Ribeira), e aceite de oliva que exportaba á capital. Actualmente cultívase principalmentelaranxeiras, pasando cada vez máis a ser un pobo industrial.

Alcàsser contén 2 polígonos industriais, o de "O Plá" e o de "L'Alter", diversos bancos e tendas.

Monumentos

[editar |editar a fonte]
  • Igrexa de Sant Martí Bisbe (1610, ampliada en 1805); con interesantes frescos deMartiño de Tours e San Luís Beltrán, atribuídos a Vicente López, pintor de cámara das cortes deCarlos IV eFernando VII; así como a capela do Cristo da Fe (1819). Aínda que a construción data do séculoXVIII sufriu importantes cambios: unha remodelación, unha substitución, unha restauración e diversos engadidos necesarios. Destaca tamén dentro das construcións relixiosas O convento de María Auxiliadora. Ademais é posible visitar o Museo daHorta Sud, o cal conserva ou salvagarda as tradicións da comarca así como os seus costumes dende 1996, momento en que foi inaugurado.
  • Palacio da Baronía. O antigo palacio, levantado sobre unha fortaleza de orixe musulmá, foi transformado en Casa do Concello.
  • Praza da Casa do Concello.
    Praza da Casa do Concello.
  • Palacio da Baronía, transformado en Casa do Concello.
    Palacio da Baronía, transformado en Casa do Concello.
  • Igrexa de Sant Martí Bisbe.
    Igrexa de Sant Martí Bisbe.
  • Igrexa de Sant Martí Bisbe.
    Igrexa de Sant Martí Bisbe.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AlcàsserModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alcàsser&oldid=6628097»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp